Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Humanidades  »  Información da Materia

G5101447 - Escritura e Documento no Mundo Moderno e Contemporáneo (Formación Humanística) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia I
  • Áreas: Ciencias e Técnicas Historiográficas
  • Centro: Facultade de Humanidades
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Fernandez Suarez, Gonzalo Francisco.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Iniciación ó coñecemento da Paleografía e da Diplomática como ciencias xunto cos seus presupostos teóricos e metodolóxicos.

    - Lectura, comprensión, transcripción, datación, confección de rexestos e identificación do tipo de letra de textos de distintos ciclos escriturarios.

    - Realización de comentarios diplomáticos identificando de que tipo documental se trata en cada caso e distinguindo as partes que o integran.

    - Posibilitar que o alumno chegue a coñecer os distintos tipos de documentos e o seu valor en diferentes ámbitos (pericial, histórico, artístico, paisaxístico etc.)
    Contidos
    Bloque I: A Paleografía e a Diplomática: orixe, desenrolo e principios.

    Tema 1: A Paleografía: concepto, obxeto e método.
    Tema 2: Historia da Paleografía.
    Tema 3: A Diplomática: concepto, obxeto e método.
    Tema 4: Historia da Diplomática

    Bloque II: As fontes escritas

    Tema 5: O sistema abreviativo
    Tema 6: Caracteres extrínsecos do documento: materias, instrumentos escriptorios, tipo de escritura etc.
    Tema 7: Caracteres intrínsecos: a estructura documental.
    Tema 8: A xénese documental.
    Tema 9: A tradición documental.
    Tema 10: A elaboración dos documentos.
    Tema 11: Criterios para a clasificación dos documentos.


    Bloque III: Os ciclos escriturarios e tipoloxía documental en época moderna e contemporánea.

    Tema 12: A escritura cortesana e procesal. A tipoloxía documental en época trastámara e habsbúrgica (último tercio do século XIV-s. XVII).
    Tema 13: A escritura humanística. A tipoloxía documental en época borbónica.
    Tema 14: A escritura e o documento en época contemporánea



    Bibliografía básica e complementaria
    Paleografía e Diplomática

    Paleografía e Diplomática

    Manuais e outros traballos:
    - Floriano Cumbreño, Antonio C.: Curso general de Paleografía y Paleografía y Diplomática españolas. Oviedo, 1946
    - García Rodríguez, Antonio: Diplomática del documento administrativo actual: tradición e innovación. Carmona, 2001
    - Marín Martínez, Tomás y otros: Paleografía y Diplomática. Madrid, 2002
    - Morterero y Simón, Conrado: Apuntes de iniciación a la paleografía española de los siglos XII a XVII. Madrid, 1979
    - Núñez Contreras, Luis: Manual de Paleografía: fundamentos e historia de la escritura latina hasta el siglo VIII. Madrid, 1994
    - Pino Rebolledo, Fernando: Tipología de los documentos municipales. Vallladolid, 1991
    - Riesco Terrero, Ángel y otros: Introduccción a la Paleografía y la Diplomática general. Madrid, 1999
    - Romero Tallafigo, Manuel; Rodríguez Liañez, Laureano; Sánchez González, Antonio: Arte de leer escrituras antiguas. Paleografía de lectura. Huelva, 1996
    - Romero Tallafigo, Manuel: Diplomática del documento contemporáneo: sus aportaciones para la valoración y selección en los archivos.” En: Primeras Jornadas sobre metodología para la identificación y valoración de fondos documentales de las administraciones públicas. Madrid, 1992, p. 51-59
    - Idem: “Historia del documento en la Edad Contemporánea: la comunicación y la representación del poder central de la nación. Carmona, 2002
    - Rubio Merino, Pedro: "Tipología documental en los archivos parroquiales." En: Archivística: estudios básicos. Sevilla, 1981, pp. 209-236
    - Tamayo, Alberto: Archivística, diplomática y sigilografía. Madrid, 1996

    . Madrid, 2000

    Coleccións de láminas:

    - Arribas Arranz, Filemón: Paleografía documental hispánica. Valladolid, 1965, 2v.
    - Colomera y Rodríguez, Venancio: Paleografía castellana. Valladolid, 2002
    - Costa, Avelino Jesús da: Album de paleografia e diplomática portuguesas: estampas. Coimbra, 1997
    - Millares Carlo, Agustín: Album de paleografía hispanoamericana de los siglos XVI y XVII. Barcelona, 1975, 2v.
    - Idem: Tratado de paleografía española. Madrid, 1983, 3v.
    - Morterero y Simón, Conrado: Apuntes de inciación a la paleografía española de los siglos XII a XVII. Madrid, 1979
    - Riesco Terrero, Ángel y otros: Aproximación a la cultura escrita: material de apoyo. Madrid, 1995
    - Romero Tallafigo, Manuel; Rodríguez Liañez, Laureano; Sánchez González, Antonio: Arte de leer escrituras antiguas. Paleografía de lectura. Huelva, 1996
    - Universidad Nacional de Educación a Distancia (ed.): Láminas de la Cátedra de Paleografía y Diplomática. Madrid, 2000

    Diccionarios:

    - Riesco Terrero, Ángel: Diccionario de abreviaturas hispanas de los siglos XIII al XVIII, con un apéndice de expresiones y fórmulas jurídico-diplomáticas de uso corriente. Salamanca, 1983

    Normas de transcripción paleográfica:

    - CSIC: Normas de transcripción y edición de textos y documentos. Madrid, 1944
    - Comission Internationale de Diplomatique: Diplomatique et Sigillographica: …. Zaragoza, 1984
    - Costa, Avelino Jesus da: Normas gerais de transcriçao e publicaçao de documentos e textos medievais e modernos. Coimbra, 1994
    - López Villalba, José Miguel: “Normas españolas para la transcripción y edición de colecciones diplomáticas.” Espacio, Tiempo y Forma. Serie III, Historia Medieval, T. 11, 1998, pp. 285-306
    - Lucas Álvarez, Manuel: “Para unas normas complementarias de transcripción de documentos gallegos.” Cuadernos de Estudios Gallegos, 12 (1949),
    Competencias
    Dentro das competencias xerais, sería desexable que os/as alumnos/-as tiveran uns coñecementos nas áreas de Humanidades adquiridos na súa educación secundaria e que fosen capaces de amplialos mediante o contacto con textos especializados e determinadas achegas; que saiban aplicar estes mesmos coñecementos de forma profesional ás tarefas que se desenrolarán na materia e posúan competencias para a elaboración e defensa de argumentos e a resolución das cuestións que se lle plantexen; e, finalmente, tamén resulta recomendable que desenrolen habilidades de aprendizaxe que lles permitan emprender estudos cun alto grado de autonomía.
    Aparte destas competencias xerais, os/as alumnos/-as que cursan esta materia desenrolan unhas competencias tanto transversais como específicas. Transversais porque a elaboración de determinados traballos obrigaralles a unha redacción axeitada dos textos e á súa presentación dacordo cuns parámetros. E específicas porque o programa que se presenta permitirá aos/ás alumnos/-as adquirir uns coñecementos sobre o eido da Paleografía e a Diplomática en época moderna e contemporánea e posibilitar que no futuro poidan completar a súa formación coa realización dun traballo de investigación dirixido e incluso, combinado cos coñecementos adquiridos noutras ensinanzas, poder abordar a creación e progreso de proxectos culturais, educativos, comunicativos etc.
    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía da ensinanza xirará entorno a 4 piares fundamentais:

    1º As clases maxistrais
    2º As clases prácticas
    3º A realización dun traballo obrigatorio

    Polo que se refire ás clases maxistrais, o seu cometido fundamental é o de proporcionar aos/ás alumnos/-as os coñecementos necesarios a traverso da exposición dos temas para o posterior desenrolo das activadades prácticas. Estes coñecementos serían aspectos tales como os tipos de abecedarios, as características dos distintos tipos de letra, os tipos de documentos etc. Para facilitar máis esta aprendizaxe por parte dos/-as alumnos/-as repartiráselles un conxunto de materiais acordes cos temas que en cada momento se vexan tales como abecedarios dos distintos tipos de escritura, signos especiais de abreviación, formularios nos que aparezan claramente diferenciadas as partes dos diferentes tipos documentais analizados, esquemas etc. Na maioría dos casos os temas daranse fotocopiados ao alumno para dar máis axilidade ás clases e centrarse naqueles aspectos que sexan máis difíciles de entender.

    As actividades prácticas que se desenvolverán terán que ver en boa medida coas ensinanzas impartidas nas sesións teóricas. Consistirán na correcta transcripción e presentación dun documento, a identificación do tipo de letra no que está escrito e o comentario das características da mesma. A continuación identificaremos a que tipo documental pertence, se se trata dun orixinal, copia ou borrador, dataremos correctamente e faremos un breve resume do mesmo atendendo ás súas características. Outro tipo de práctica desenrolarémola ben na clase ou ben nun arquivo. Consistirá esta en que o alumno identifique determinados tipos documentais e sinale algúns dos seus elementos.

    Para rematar, o traballo final obrigatorio ofrece duas posibilidades ao alumno:
    a) Facer un comentario paleográfico e diplomático sobre un documento, tal e como os feitos na clase.
    b) Elaboración dunha investigación sobre un determinado aspecto: tipo de escritura, tipo documental, abreviaturas. Pode ser un traballo que tome como fontes fundamentais os traballos xa feitos por outros investigadores ou ben que empregue documentación inédita dun determinado lugar e período (por exemplo, decidimos facer un traballo sobre as actas municipais de Lugo do ano 1800), sendo este último tipo de investigación a que máis se valorará por implica un maior traballo e esforzo do/-a alumno/-a ao obrigarlle non só a consultar documentación, senón tamén bibliografía para informarse previamente do tema que quere investigar.
    Ambos tipos de traballo, pódense facer en grupo, se ben as dimensións do mesmo non poden superar os 3 membros. Para a realización desta actividade, daráselle un prazo determinado aos/ás alumnos/-as para posteriormente expoñelos na clase, indicándolles con tempo de antelación o docente o día e hora para a súa presentación. Tras a súa exposición, o docente comentará aspectos do traballo e formulará determinadas cuestións sobre o mesmo.
    Sistema de evaluación
    Os criterios que se terán en conta á hora de avaliar a aprendizaxe son os seguintes:

    - A asistencia á clase e participación voluntaria na resolución dos exercicios sumará ata un máximo de 3 puntos (30% da nota global), estando obrigado/-a o/a alumno/-a a obter un mínimo de 1,5 puntos para superar esta parte.

    - O traballo obrigatorio, a súa correcta exposición e resposta ás cuestións formuladas polo docente sumará un máximo de 1 punto (10% da no global)

    - O exame constará de dúas partes ben diferenciadas. Unha parte teórica na que os/as alumnos/-as deberán responder a unha serie de cuestións relacionada co temario visto na clase, sobretodo preguntas que obriguen ao alumno a razoar sobre o que se lle pregunta e saber se entenderon ben a teoría, é dicir, as preguntas que se plantexen evitarase que leven o título do epígrafe concreto dos apartados dos temas vistos na clase. A parte práctica consistirá nun exercicio, parecido a algún dos vistos na clase, e no que o alumno deberá resolver aquelas cuestións que se lle plantexen. A parte teórica e a parte práctica sumarán en conxunto 6 puntos (60% da nota global), sendo obrigatorio que para superarse o/a alumno/-a obteña un mínimo de 4 puntos.
    Para aqueles alumnos que non asistiran á clase de forma regular e non participaran na resolución dos exercicios nin presentaran o traballo obrigatorio, o único criterio de avaliación será o exame que suporá para eles o 100% da nota. Se cumpren algún dos criterios anteriormente reseñados, é dicir, participación e resolución dos exercicios ou realización dun traballo, ese porcentaxe terase en conta á hora de avalialos e descargarase do porcentaxe que suporía se fosen unicamente avaliados mediante o exame do seguinte xeito:
    - se participan unicamente na resolución dos exercicios (30% de nota global) e obteñen a puntuación mínima requerida de 1,5 puntos, o exame para aqueles/-as alumnos/-as que estén neste suposto sumará un máximo de 7 puntos (70% da nota global), estando obrigados a obter unha puntuación mínima de 5 puntos para superalo.
    - se soamente presentan o traballo obrigatorio (10% da nota global), o exame para aqueles/-as alumnos/-as que estén neste suposto sumará un máximo de 9 puntos (90% da nota global), estando obrigados a obter unha nota mínima de 7 puntos para superalo.

    Aqueles outros alumnos repetidores desta materia ao ano seguinte de tela cursado, se teñen superada algunha parte dela no curso anterior, sexa a resolución dos exercicios, a presentación dun traballo obrigatorio ou do exame, soamente terán que examinarse da parte que non teñan superada.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    ACTIVIDADES PRESENCIAIS

    Sesións expositivas: 10

    Sesións interactivas / de seminario /aula de informática: 30

    Sesións de tutorías programadas: 3

    Sesións de avaliación: 2

    Exposicións na aula: 4

    Total de presenciais: 49

    ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS

    Estudio dos conceptos teóricos e preparación das actividades prácticas: 30

    Realización do traballo obrigatorio: 15

    Preparación do exame: 17,5

    Total non presenciais: 63,5


    Recomendacións para o estudo da materia
    As recomendacións para a superación da materia baséanse na propia experiencia persoal do docente e resúmense no seguinte:

    - asistencia continua ás clases para familiarizarse tanto coa terminoloxía como coa práctica na resolución das probas.

    - repaso diario dos conceptos teóricos que se vaian explicando durante as sesións expositivas.

    - participación activa e voluntaria nas prácticas como método máis axeitado de aprendizaxe.

    - plantexar todas as dúbidas que poidan xurdir ou ben acudir a tutorías se se prefire.
    Observacións
    1.1 Descripción da materia.
    A asignatura á que se refire o presente programa, denominada “Escritura e Documento no mundo moderno e contemporáneo”, é unha materia optativa de duración catrimestral que se cursa no segundo ciclo (4º curso) no segundo cuatrimestre no Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural impartido na Facultade de Humanidades da USC sita no campus de Lugo. O número de créditos dos que consta é de 4,5 ECTS

    1.2 Prerrequisitos
    Dado que esta materia impártese no 4º curso do citado grao, soe ser tamén a primeira vez que os alumnos entran en contacto coa Paleografía e Diplomática. Como prerrequisito básico e esencial, establécese o saber leer e escribir pois calquera persoa pode chegar a entender os principios básicos destas disciplinas. Polo que se refire ós prerrequisitos aconsellables, a súa aplicación na nosa materia queda moi minimizada, limitándose unicamente á denominación de certos elementos dentro de ambas ciencias. Pese a isto insistiremos nestes termos para que o alumno os coñeza, empregue e saiba a que nos estamos referindo.

    1.3 Profesor que imparte a materia e lingua na que vai ser impartida.
    A docencia desta materia será impartida polo Profesor Dr. Gonzalo Francisco Fernández Suárez, na actualidade Profesor Contratado Doutor LOU do Departamento de Historia I, Área de Ciencias e Técnicas Historiográficas, da USC. A lingua empregada nas súas intervencións na clase será o galego.

    1.4 Horario e lugar das titorías.
    As titorías desenvolveranse no seu despacho da Facultade de Humanidades, sito no primeiro andar do edificio, co número 129, os luns, mércores e xoves de 9:00h. a 11:00h. A elección destas horas ven propiciado polo feito de facelo coincidir cos días de clase e, deste xeito, evitar que os alumnos que residen fóra da cidade se teñan que desplazar a propósito por consultas titoriais outros días nos que non existe docencia na materia. Fóra deste horario, o docente tamén poderá atender as consultas do alumnado, sempre e cando as súas obrigas ocupacionais e a súa disposición llelo permitan. Neste caso será recomendable que o alumno se poña en contacto mediante teléfono, e-mail ou entrevista directa a fin de acordar o día e a hora para unha cita.