Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Humanidades  »  Información da Materia

G5091101 - Lingüística 1 (Formación Básica (elixir 2 linguas, niveis 1 e 2)) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
  • Áreas: Lingüística Xeral
  • Centro: Facultade de Humanidades
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
GONZALEZ PEREIRA, MIGUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Adquirir competencias básicas propias dun lingüista que permiten:

    (a) abordar as linguas como usuarios reflexivos e curiosos;

    (b) aproximarse á Lingüística como aprendices de profesional no campo.

    Contidos
    TEMA 1. A NATUREZA COMPLEXA DA LINGUAXE

    OBXECTIVOS: Comprender os aspectos que integran a natureza da linguaxe e a súa conexión coas diferentes áreas da Lingüística.

    GUIÓN
    1.1. Introdución: Linguaxe e linguas. Natureza complexa da linguaxe.
    1.2. Natureza biolóxica e natureza social da linguaxe. Dimensións social, representacional e psicolóxico-cognitiva da linguaxe.
    1.3. Multidimensionalidade da linguaxe e áreas da Lingüística. Lingüística teórica e Lingüística aplicada. Ramas e divisións da Lingüística.

    SEMINARIO 1.1
    - Explicación do contido dos seminarios e titorías.
    - Explicación do modo como se vai avaliar o traballo dos alumnos.
    - Panorámica das fontes de información bibliográfica en Internet: criterios de selección (1).
    SEMINARIO 1.2
    - Panorámica das fontes de información bibliográfica en Internet: criterios de selección (2).
    - Prácticas (en pequenos grupos) cunha selección de fragmentos de textos das lecturas obrigatorias do tema 1º, ademais da consulta de dicionarios para clarexar termos técnicos que resulten escuros.
    SEMINARIO 1.3
    - Prácticas (en pequenos grupos) cunha selección de fragmentos de textos das lecturas obrigatorias do tema 1º, ademais da consulta de dicionarios para clarexar termos técnicos que resulten escuros.
    SEMINARIO 1.4
    - Prácticas (en pequenos grupos) cunha selección de fragmentos de textos das lecturas obrigatorias do tema 1º, ademais da consulta de dicionarios para clarexar termos técnicos que resulten escuros.
    -Entrega de textos sobre arbitrariedade/iconicidade para traballar na casa e presentar no seguinte seminario.



    TEMA 2. LINGUAXE E COMUNICACIÓN: BASES SEMIÓTICAS E PRAGMÁTICAS DA COMUNICACIÓN HUMANA

    OBXECTIVOS: Canalizar os vínculos entre cognición, representación e interpretación. Constatar a importancia dos códigos nas estruturas e nos usos. Notar a presenza da Pragmática e non só da Gramática.

    GUIÓN
    2.1. Introdución: Cognición, información e comunicación. Falar unha lingua significa facerse entender nela.
    2.2. Símbolos e representación da realidade. Cognición e codificación. Información e códigos. Natureza dos símbolos e tipos de código. Arbitrariedade e iconicidade.
    2.3. Interacción e comunicación: intencións, contexto e propósito. Regras pragmáticas como regras codificadas de uso da lingua. Eficacia comunicativa e símbolos na fala. Tipos de actos de fala.
    2.4. Semiótica verbal e visión do mundo. Diversidade idiomática e relevancia perceptiva: a lingüística tipolóxica e a pragmática intercultural.
    SEMINARIO 2.1

    - Posta en común dos comentarios dos textos sobre arbitrariedade/iconicidade e análise de exemplos concretos.
    - Revisar o nivel de comprensión dos trazos de deseño de Hockett e resolver dúbidas.

    SEMINARIO 2.2

    - Proxección do vídeo “Hablando con extraños” (1 hora) e revisar cos alumnos a dualidade nos diferentes sistemas de comunicación animal (media hora).

    SEMINARIO 2.3

    - Exercicios de análise de actos de fala e significado implícito (principio de cooperación de Grice).

    SEMINARIO 2.4

    - Avaliación do tema 1 e do tema 2.


    TEMA 3. AS LINGUAS COMO ESTRUTURAS DE SIGNOS

    OBXECTIVOS: Adquirir técnicas e métodos de análise que permitan analizar e contrastar a organización fónica, gramatical e léxico-semántica en diferentes tipos de linguas. Describir as estruturas e unidades lingüísticas

    GUIÓN
    3.1. Introdución aos métodos e técnicas para analizar e contrastar as linguas.
    3.2. Principios de análise estrutural: funcionalidade, oposición, sistematicidade e neutralización. Unidades estruturais: fonema e signos (simples e complexos).
    3.3. Tipos lingüísticos: tipoloxía fonética, morfolóxica e sintáctica.

    Ao final dos tres primeiros seminarios deste tema entregarase unha batería de preguntas curtas para responder na casa e farase unha posta en común das respostas ao comezo do seguinte seminario.

    SEMINARIO 3.1

    - Traballo con textos para repasar conceptos clave e comprobar a polisemia terminolóxica que se dá en lingüística (inclúe traballo de consulta de dicionarios).
    - Entrega da 1ª batería de cuestións.

    SEMINARIO 3.2

    - Posta en común da 1ª batería de cuestións.
    - Traballo con textos para repasar conceptos clave e comprobar a polisemia terminolóxica en lingüística (inclúe traballo de consulta de dicionarios).
    - Entrega da 2ª batería de cuestións.

    SEMINARIO 3.3

    - Posta en común da 2ª batería de cuestións.
    - Traballo con exemplos de diversas linguas para comprobar as diferenzas tipolóxicas na expresión morfolóxica / sintáctica / léxica de diferenzas semánticas. Esta aplicación supón tamén a posta en práctica da metodoloxía para segmentar unidades e identificar invariantes.
    - Entrega da 3ª batería de cuestións.

    SEMINARIO 3.4

    - Posta en común da 3ª batería de cuestións.
    - Traballo con exemplos de diversas linguas para comprobar as diferenzas tipolóxicas na expresión morfolóxica / sintáctica / léxica de diferenzas semánticas. Esta aplicación supón tamén a posta en práctica da metodoloxía para segmentar unidades e identificar invariantes.

    SEMINARIO 3.5
    - Análise de exemplos de diversas linguas para comprobar as diferenzas tipolóxicas na expresión morfolóxica / sintáctica / léxica de diferenzas semánticas.

    SEMINARIO 3.6 (DATA QUE SE CONCRETARÁ CO ALUMNADO)
    - Avaliación do tema 3.
    SEMINARIO 3.7
    - Presentación oral do resumo dunha lectura por parte de cada grupo de cinco alumnos (20 minutos para cada grupo).

    TITORÍAS PROGRAMADAS
    Os profesores desenvolverán as seguintes titorías en grupos de 10 alumnos:
    TITORÍA 1 (SEGUNDA QUINCENA DE OUTUBRO)
    - Normas de presentación de traballos e citas bibliográficas.
    - Organización dos grupos e distribución das lecturas cuxos resumos os estudantes deberán presentar oralmente no seminario 3.7
    TITORÍA 2 (PRIMEIRA QUINCENA DE DECEMBRO)
    - Revisión/orientación da elaboración dos resumos das lecturas que se presentarán no seminario 3.7.


    Bibliografía básica e complementaria
    1.Introducións á Lingüística
    A.A.V.V., New Horizons in Linguistics, vol. 2, London, Penguin, 1987.
    Bernárdez, Enrique, Qué son las lenguas, Madrid, Alianza, 1999.
    Coseriu, E., Introducción a la lingüística, Madrid, Gredos, 1986.
    Fernández Pérez, Milagros, Introducción a la lingüística. Dimensiones del lenguaje y vías de estudio, Barcelona, Ariel, 1999.
    López, Ángel et al., Lingüística general y aplicada, Valencia, Universitat de Valencia, 1990.
    López, Ángel & Gallardo, Beatriz, Conocimiento y lenguaje, Valencia, Universitat de Valencia, 2005.
    López Morales, Humberto (coord.), Introducción a la lingüística actual, Madrid, Playor, 1983.
    Lyons, John, Introducción al lenguaje y a la lingüística, Barcelona, Teide, 1984.
    Martín Vide, Carlos (ed.), Elementos de lingüística, Barcelona, Octaedro, 1996.
    Simone, Raffaele, Fundamentos de lingüística, Barcelona, Ariel, 1993.
    Tusón, Jesús, Introducción al lenguaje, Barcelona, UOC, 2003.
    Yule, George, El lenguaje, Madrid, Cambridge University Press, 1998.
    No ‘Portal de las Humanidades-Liceus’, http://www.liceus.com/cgi-bin/aco/index.asp e, concretamente, na sección de ‘Lingüística general’, http://www.liceus.com/cgi-bin/aco/ling_geral/index.asp, ofrécense capítulos introductorios a diferentes campos lingüísticos.

    2.Enciclopedias e panorámicas da Lingüística
    Aronoff, Mark & Rees-Miller, Janie (eds.), The Handbook of Linguistics, Oxford, Blackwell, 2002.
    Asher, Robert E. (ed.), The Encyclopedia of Language and Linguistics, Oxford & New York, Pergamon Press, 1994, 10 vols.
    Bright, William (ed.), International Encyclopaedia of Linguistics, Oxford, Oxford University Press, 1992, 4 vols.
    Brown, Keith (ed. en jefe), Encyclopedia of Language and Linguistics, 2ª ed., Boston, Elsevier, 2006, 14 vols.
    Collinge, Neville E. (ed.), An Encyclopaedia of Language, London & New York, Routledge, 1990.
    Crystal, David, Enciclopedia del lenguaje de la Universidad de Cambridge, Madrid, Taurus, 1994. Trad. de la 1ª ed. inglesa de 1987 (existe una segunda edición inglesa no traducida de 1997).
    Frawley, William J., International Encyclopaedia of Linguistics, Oxford, Oxford University Press, 2003, 4 vols.
    Malmkjaer, Kirsten, The Linguistics Encyclopaedia, London & New York, Routledge, 1991.
    Newmeyer, Frederick (coord.), Panorama de la lingüística moderna de la Universidad de Cambridge, Madrid, Visor, 1993, 4 vols.

    3.Dicionarios terminolóxicos
    Abraham, Werner, Diccionario de terminología lingüística actual, Madrid, Gredos, 1981.
    Alcaraz Varó, Enrique & Martínez Linares, Mª. Antonia, Diccionario de lingüística moderna, 2ª ed. Barcelona, Ariel, 2004.
    Bussmann, Hadumod, Routledge Dictionary of Language and Linguistics, London & New York, Routledge, 1996.
    Cardona, Giorgio R., Diccionario de Lingüística, Barcelona, Ariel, 1991.
    Crystal, David, A Dictionary of Linguistics and Phonetics, 5ª ed., Oxford, Blackwell, 2003.
    Crystal, David, Diccionario de lingüística y fonética, Barcelona, Octaedro, 2000.
    Dubois, Jean et al., Diccionario de Lingüística, Madrid, Alianza, 1979.
    Ducrot, Oswald & Schaeffer, Jean-Marie, Nuevo diccionario enciclopédico de las ciencias del lenguaje, Madrid, Arrecife, 1998.
    Finch, Geoffrey, Linguistic terms and concepts, Houndmills & London, Macmillan Press, 2000.
    Lázaro Carreter, Fernando, Diccionario de términos filológicos, 3ª ed. corr., Madrid, Gredos, 1987.
    Lewandowski, Theodor, Diccionario de Lingüística, Madrid, Cátedra, 1982
    Welte, Werner, Lingüística moderna: terminología y bibliografía, Madrid, Gredos, 1985.


    Competencias
    1)Dominio de conceptos, terminoloxía básica e métodos que desenvolvan nos alumnos estratexias de observación dos feitos comunicativos e que lles acheguen ao estudo e a reflexión lingüística.
    (2) Emprego de recursos e fontes de información que permitan aos estudantes adquirir coñecementos sobre os feitos lingüísticos autonomamente.
    (3)Coñecemento das bases semióticas e pragmáticas da comunicación humana.
    (4)Capacidade para valorar a eficacia comunicativa dos diferentes recursos lingüísticos en función das coordenadas contextuais e socio-culturais.
    (5) Habilidades para a descrición das estruturas e unidades lingüísticas, así como dos usos e valores comunicativos que levan asociados.
    (6) Dominio de técnicas e métodos de análise que permitan analizar e contrastar a organización fónico, gramatical, léxico-semántica e pragmática en diferentes tipos de linguas.

    Metodoloxía da ensinanza
    A materia distribuirase en tres horas semanais: unha sesión expositiva (1 hora e media) e unha sesión seminario (1 hora e media) en grupos reducidos. Ademais, desenvolveranse dúas titorías programadas en grupo co obxectivo de guiar o traballo autónomo dos alumnos.
    Sistema de evaluación
    1ª OPORTUNIDADE (MES DE XANEIRO): Realizarase por avaliación continua: O 40% da cualificación corresponderá ás actividades e traballos realizados e /ou programados nas sesións de seminario segundo a información que aparece nesta mesma guia. O 60% restante corresponderá ao exame de toda a materia, que versará sobre os contidos das sesións expositivas e as lecturas obrigatorias. Este exame realizarase na data fixada pola Secretaría da Facultade ao remate do primeiro cuadrimestre. Os estudantes que teñan concedida polo Decanato a dispensa de asistencia a clase e, polo tanto, non poidan seguir a avaliación continua poderán avaliarse de toda a materia mediante un exame na segunda oportunidade (mes de xullo).
    2ª OPORTUNIDADE (MES DE XULLO): Efectuarase exclusivamente a través dun exame que incluirá cuestións teóricas e prácticas (correspondentes ás sesións expositivas e ás sesións seminario). Este exame realizarase na data establecida pola Secretaría da Facultade no mes de Xullo.
    Tempo de estudo e traballo persoal

    SESIÓNS EXPOSITIVAS 24 (horas presenciais) 48 (horas non presenciais) Total 72
    SESIÓNS SEMINARIO 24 (horas presenciais) 36 (horas non presenciais) Total 60
    SESIÓNS TITORÍA GRUPO 3 (horas presenciais) 3 (horas non presenciais) Total 6
    SESIÓNS AVALIACIÓN 3 (horas presenciais) 9 (horas non presenciais) Total 12
    TOTAL 54 (horas presenciais) 96 (horas non presenciais) Total 150


    Recomendacións para o estudo da materia
    A lingüística é unha materia novidosa para os estudantes de primeiro ano na Universidade. Os contidos do programa están ordenados e secuenciados para facilitar a aprendizaxe progresiva sen perder de vista o conxunto. Faise por tanto imprescindible evitar baleiros de comprensión nos temas, xa que limitarán o avance en estadios posteriores. O traballo constante é o factor clave.

    (1) As explicacións detalladas dos contidos do programa no aula facilitan a aprendizaxe. A información recibida directamente na clase pódese converter en coñecemento automaticamente coa vantaxe da interacción na dinámica das sesións de seminario.
    (2) Sustentar os contidos proporcionados no aula mediante a consulta de fontes bibliográficas específicas para cada tema. A autoaprendizaxe, que será guiada nas titorías programadas, é importante; e a lectura selecta segundo as pautas marcadas para cada apartado dos temas fornece os mecanismos de autocoñecemento e reflexión crítica.
    (3) A posta en práctica dos conceptos e das técnicas de análise é imprescindible para asentar e madurar a preparación na materia mediante a realización dos exercicios propostos.
    (4) O estudo é un proceso continuado con resultados de aprendizaxe paulatino e dilatados no tempo.

    Observacións
    Os textos do programa aos que os profesores outorgan validez legal son os das versións elaboradas por eles mesmos (i.e., a versión galega e a castelán).