G5091102 - Lingua Española 1 (Formación Básica (elixir 2 linguas, niveis 1 e 2)) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Lingua Española
- Áreas: Lingua Española
- Centro: Facultade de Humanidades
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO curso ten un dobre obxectivo, descritivo e metodolóxico. En relación co primeiro, o curso pretende familiarizar ó alumnado co estudo das realizacións fónicas e co das estructuracións morfolóxicas e coas clases de palabras do español, asegurando un coñecemento técnico e activo das materias. Por outra parte, preténdese que sexa un punto de partida metodolóxico para o ulterior desenvolvemento de estudios de fonética e fonoloxía, de morfoloxía ou de clases de palabras ao longo da carreira. Máis concretamente, a primeira parte ten coma obxectivo xeral a presentación dos conceptos e procedementos fundamentais da análise fónica e, coma aplicación dos mesmos, a exposición detallada dos rasgos fonéticos dos sonidos do español co seu valor fonolóxico.
A segunda parte ten coma obxectivo xeral a adquisición dun coñecemento claro da estructura morfolóxica, en xeral e especificamente do español, estudiando a estructura interna das palabras, as posibilidades de clasificación de acordo con esta estructura e os mecanismos de formación de palabras, ilustrando todo co español.
A Terceira parte concentrase no estudo das clases de palabras, os seus criterios de clasificación e os rasgos e categorías gramaticais asociados a cada unha delas.
ContidosO compoñente fónico do español
1. O estudio do sonido. Relacións entre fonética e fonoloxía
1.1. O sonido articulado
1.2. Clases xerais de sonidos (xordos/sonoros, punto e modo de articulación)
1.3. Fonemas e alófonos
1.4. Os alfabetos fonéticos
2. O sistema fonético español
2.1. Fonemas e alófonos do español
2.2. Neutralización e arquifonemas en español
2.3. Fonética, fonoloxía e sistemas de representación gráfica
3. As combinacións de sonidos: sílabas, grupos vocálicos, ditongos, hiatos
O compoñente gramatical: morfoloxía
4. A morfoloxía. Obxecto de estudo e relacións coas outras disciplinas
5. O morfema e a palabra
5.1. A palabra. Natureza e tipos
5.2. O morfema. Definición e diferenzas coa palabra
5.3. A estrutura da palabra e a análise morfolóxica: raíz, afixo, tema e base
5.4. Tipos de morfemas según distintos criterios clasificatorios
6. A formación de palabras
6.1. Procedementos de formación de palabras
6.2. Tipos de palabras dacordo coa súa formación
7. O compoñente gramatical: clases de palabras
8.Clases de palabras e categorías gramaticais asociadas
Bibliografía básica e complementariaGramáticas do español:
Academia, Real ___ Española, Nueva gramática básica de la lengua española, Barcelona, Espasa Libros, 20011
Academia, Real ___ Española, Nueva Gramática de la lengua española: Manual, Madrid, Espasa Libros, 2010.
Alcina, J. – Blecua, J. M., Gramática española, Barcelona, Ariel, 1994, 9ª ed. (1975).
Bosque, I. e V. Demonte (dirs.), Gramática descriptiva del español, Madrid, Espasa-Calpe/Real Academia Española, 1999 (3 volúmenes).
Butt, J. & C. Benjamín, A New Reference Grammar of Modern Spanish, London, Arnold, 2000, 3ª ed. (1988).
Gili Gaya, S., Curso superior de sintaxis española, Barcelona, Spes, 1961, 8ª ed.
Gómez Torrego, L., Gramática didáctica del español, Madrid, SM, 2007, 9ª ed. corr. y aum. (1997).
Seco, R., Manual de gramática española, Aguilar, Madrid, 1967, 9ª ed.
Dicionarios do español
Academia, Real ____ Española, Diccionario de la lengua española, Madrid, Espasa-Calpe, 2001, 22 ed. (http://lema.rae.es/drae/)
Gutiérrez Cuadrado, J. (coord.), Diccionario Salamanca de la lengua española, Madrid, Santillana, 2007.
Maldonado, C. (dir), Clave. Diccionario de uso del español actual, Madrid, SM, 2006 (http://clave.smdiccionarios.comp/app.php).
Moliner, M., Diccionario de uso del español, Madrid, Gredos, 2007, 3ª ed. (1966).
Seco, M., A. Olimpia e G. Ramos, Diccionario del español actual, Madrid, Santillana, 1999.
Diccionarios de dudas e terminolóxicos
Academia, Real ___Española, Diccionario panhispánico de dudas, Madrid, Santillana, 2005 (http://lema.rae.es/dpd)
Lázaro Carreter, F., Diccionario de términos filológicos, Madrid, Gredos, 1968, 3ª ed.
Martínez de Sousa, J., Diccionario de usos y dudas del español actual, Gijón, Trea, 2008, 4ª ed. corr. y aum.
Seco, M., Diccionario de dudas y dificultades de la lengua española, Madrid, Espasa-Calpe, 1994, 9ª ed.
CompetenciasO curso está deseñado para que se adquiran uns coñecementos xerais e sólidos sobre as diversas clases de palabras, a estructura morfolóxica e os rasgos do compoñente fónico, tanto en xeral como no español, así como unha serie de destrezas metodolóxicas e unha capacidade crítica no estudo da lingua, todo aplicable ao estudo de calquera lingua. As competencias xerais que se pretenden son, por tanto, as seguintes:
1) habilidades comunicativas, comunicación verbal e escrita
2) Capacidade de análise e síntese
3) Capacidade crítica
4) Manexo da bibliografia sobre os temas tratados e adquisición de destrezas para o estudo lingüístico
5) Uso das TIC aplicado á descrición e investigación nos temas tratados
Metodoloxía da ensinanza O curso ten unha dobre vertente teórico-descritiva e práctica. Eso fai que cada tema sexa inicialmente introducido polo profesor na clase, sendo esta explicación, con ou sen axuda de bibliografía, a base inicial do coñecemento. A explicación irá seguida das sesións prácticas correspondentes nas que, coa guía do profesor, o alumno formarase no uso dos conceptos estudiados e abordará a extensión e implicación dos mesmos sobre a base do seu uso en contextos concretos e reais. Finalmente, tras esta formación proporcionada pola práctica dos conceptos, faranse exercicios que permitan ver o dominio que os alumnos acadaron deles.
O curso dispón dunha aula virtual con materiais e recursos necesarios para o desenvolvemento dos temas e a realización das prácticas. Ademáis poderán utilizar outras ferramentas virutuais a criterio dos profesores.
Sistema de evaluación1ª oportunidade (xaneiro)
A avaliación será continuada, con varios exercicios cualificables, ademais do preceptivo exame final. Os exercicios poderán facerse na clase ou fóra da aula e consistirán nunha serie de probas breves, preferentemente de tipo prático, co fin de controlar o traballo do alumno ´´o longo do curso.
A continuación recóllense os aspectos avaliables e o seu peso na cualificación final:
a) Asistneica e participación (porcentaxe mínima de presencialidade para ser tida en conta: 80%). Peso 5%.
b) Exame final de carácter teórico-prático na data fixada pola Secretaria da Faculatade. Peso 70%.
c) Exercicios cualificables, en datas que se determinarán con antelación. Peso: 25%.
2ª oportunidade (xuño-xullo)
Farase unicamente a través dun exame escrito que suporá o 100% da nota e que incluirá cuestións teóricas e práticas sobre os contidos do programa. Este exame farase na data fixada pola Secretaría da Facultade.
Alumnado con dispensa de asistencia
Para os alumnos que obteñan a dispensa de asistencia a clase e a acrediten debidamente, a avaliación limítase a un exame final sobre os contidos do programa. Este exame farase na data fixada pola Secretaría da Facultade. ESte sistema de avaliación aplicarase tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Tempo de estudo e traballo persoalAs actividades non presenciais ocuparán ó alumno 96 horas de traballo , o que sumado ás 54 horas de traballo na aula supón 150 horas , equivalentes a 6 créditos ECTS.
Recomendacións para o estudo da materiaDominio instrumental avanzado da lingua española: en alumnos non nativos esixirase nivel de español B2.
Coñecementos elementais de gramática española.