G5091105 - Lingua Inglesa 1 (Lingua Inglesa) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 16.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 16.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
- Áreas: Filoloxía Inglesa
- Centro: Facultade de Humanidades
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia Dende o punto de vista lingüístico-comunicativo, con este módulo o estudante deberá acadar un grao de dominio da lingua inglesa correspondente ao nivel B1 no Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas. En particular, a superación da materia implicará que o estudante ten acadado a competencia necesaria para realizar con normalidade as seguintes funcións:
Comprensión oral:
* Comprender as ideas principais cando o discurso é claro e na variedade estándar e trata asuntos cotiáns que teñen lugar no traballo, na escola, durante o tempo de lecer, etc.
*Comprender a idea principal de moitos programas de radio ou televisión que tratan temas actuais ou asuntos de interese persoal ou profesional, cando a articulación é relativamente lenta e clara.
Comprensión de lectura:
* Comprender textos redactados en lingua de uso habitual e cotiá ou relacionada co traballo.
*Comprender a descrición de acontecementos, sentimentos e desexos en cartas persoais.
Interacción oral:
*Desenvolver[se] en case todas as situacións que se presentan cando un viaxa a un país de fala inglesa.
*Participar espontaneamente nunha conversa que trate temas cotiáns de interese persoal ou que sexan pertinentes para a vida diaria (por exemplo, familia, afeccións, traballo, viaxes e acontecementos actuais).
Expresión oral:
*Enlazar frases de forma sinxela co fin de describir experiencias e feitos, soños, esperanzas e ambicións.
*Explicar e xustificar brevemente opinións e proxectos.
*Narrar unha historia ou relato, a trama dun libro ou dunha película
*Describir as reaccións propias.
Expresión escrita:
*Escribir textos sinxelos e ben enlazados sobre temas coñecidos ou de interese persoal.
*Escribir cartas persoais que describen experiencias e impresións.
ContidosContidos
Durante o curso abordaranse cuestións de gramática e de léxico relacionadas coa utilización da lingua inglesa ao nivel e para os fins previstos na anterior sección de obxectivos do curso, particularmente para a realización de actividades comunicativas en ámbitos da vida cotiá, persoais e profesionais. En concreto, no terreo do léxico está previsto tratar o vocabulario e as expresións máis comúns relacionadas con ámbitos tales como: a viaxe, a vida académica, as actividades de ocio e o mundo laboral, as tecnoloxías de uso cotiá, o fogar e a vida familiar, etc. No que toca á gramática, abordaranse durante o curso cuestións relativas ao uso correcto dos tempos verbais (con especial atención á falta de simetría co sistema verbal na lingua materna do alumno), os verbos modais, as estruturas condicionais ou a expresión da negación, o discurso indirecto, os artigos e os cuantificadores, entre outras. Ademais, ao longo do curso porase unha énfase especial no estudio dos medios dos que dispón o inglés para a realización de funcións comunicativas básicas relacionadas co uso da lingua en contextos da vida diaria, tales como: a expresión de opinións (apreciación e desconformidade ou desgusto), de preocupación, como dar ou pedir consellos, expresar unha necesidade, emitir e entender unha advertencia, explicar e pedir axuda para resolver un problema persoal, pedir e conceder permiso, dar conta das opinións e das ideas de terceiras persoas, narrar acontecementos ocorridos na vida diaria, etc.
Bibliografía básica e complementariaLibros de texto e outro material de uso habitual durante o curso
Farase uso dun libro de texto correspondente ao nivel B1 do MCER, así como dunha gramática axeitada ao mesmo nivel. Durante a primeira semana do curso especificaranse tanto as referencias concretas a estes dous tipos de materiais, manual e gramática, como ao libro de lecturas previsto para o curso.
Diccionarios recomendados
Gran diccionario Oxford Español-Inglés/Inglés-Español. Oxford University Press.
Collins Cobuild English Dictionary for Advanced Learners (Paperback). Harper Collins Publishers.
Recursos na rede para a consulta, a práctica e a auto-aprendizaxe.
Diccionarios (inglés e inglés-español
http://www.thefreedictionary.com/ (inglés)
http://dictionary.cambridge.org/ (inglés)
http://www.wordreference.com/ (inglés-español-inglés)
http://www.learnersdictionary.com/ (inglés)
http://dictionary.reference.com/ (varios en inglés)
http://sli.uvigo.es/CLIG/index.html (inglés-galego)
http://visual.merriam-webster.com/ (visual en inglés)
http://Idoceonline.com (inglés)
Sinónimos, antónimos e ideas relacionadas
http://thesaurus.reference.com/
Gramáticas:
http://www.edufind.com/english/grammar/index.cfm
(con exercicios)
http://www.englishpage.com/grammar/
(con exercicios)
Miscelánea (actividades, tests, lectura, podcasts...)
English Test Net
:http://www.english-test.net/
About.com:
http://esl.about.com/
Easy English:
http://www.easyenglish.com/
A4esl.org:
http://a4esl.org/
UsingEnglish.com:
http://www.usingenglish.com/
English Page
http://www.englishpage.com/
(gramática, exercicios, léxico, escritura...)
BBC Learning English
http://www.bbc.co.uk/worldservice/learningenglish/
(gramática, tests, actividades de lectura, comprensión oral, podcasts...)
British Council - Learning English
http://www.learnenglish.org.uk/
(gramática, tests, actividades de lectura, comprensión oral, podcasts...)
University of Victoria - Language Center
http://web2.uvcs.uvic.ca/elc/studyzone/index.htm
(gramática, tests, comprensión, escritura...)
CompetenciasAdemais dos obxectivos específicos relativos ao nivel de lingua que se deberá acadar, as actividades prácticas realizadas no marco desta materia permitirán aos estudantes pór en práctica e desenvolver unha serie de destrezas de carácter transversal:
- A través da utilización dos medios e recursos suxeridos ao longo do curso, os estudantes consolidarán as súas destrezas no manexo dunha serie de ferramentas de autoaprendizaxe dispoñibles libremente a través da rede, mellorando así as súas capacidades para a aprendizaxe autónoma.
- Os estudantes desenvolverán tamén a súa capacidade para argumentar e expor con claridade o seu punto de vista, ao tempo que adquiren flexibilidade para admitir perspectivas distintas, mellorando deste xeito as súas habilidades para participar de forma construtiva en debates.
- A interacción habitual en grupos pequenos axudaralles aos estudantes a mellorar as súas destrezas interpersoais, necesarias para a toma de decisións e a organización do traballo en equipo.
Para o alumnado do Grao en Ciencias da cultura e difusión cultural, cuxa memoria atopase no enlace abaixo, as competencias que van desenvolverse na aula son:
2G, 3G, 4G, T1, T3, E1, E3, E7.
(Para información mais detallada ver: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/sxopra/descargas/G5101_CC_Cultura_2010_11_def.pdf)
Para o alumnado do Grao en Lingua e Literatura españolas, cuxa memoria atopase no enlace abaixo, as competencias deste grao que van desenvolverse na aula son:
G3,G7,G8,G9, E1, E3, E10, E15, E18.
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/sxopra/descargas/Memoria_Grao_Lengua_Literatura_Espanolas.pdf
Metodoloxía da ensinanza As clases teórico-expositivas combinarán breves presentacións por parte do profesor, particularmente de cuestións de índole gramatical, léxica e de uso do inglés, coa realización de actividades prácticas na aula por parte dos alumnos, individualmente ou en grupo. O profesor encargado da parte teórico-expositiva regularmente proporá como complemento a realización fóra da aula por parte dos alumnos de actividades sobre cuestións lingüísticas que requiran, pola súa complexidade, unha práctica intensa e reforzada, pequenas actividades de investigación sobre cuestións de índole lingüística ou non relacionadas cos temas que se abordan na aula ou participación en actividades de grupo tales como debates a través das cales se busca que o alumno poña en práctica as súas competencias comunicativas en inglés. Para a realización de todas estas actividades fóra da aula está previsto que se empregue o Campus Virtual da USC. Este instrumento servirá tamén como canle adicional para o seguimento e titorización dos estudantes.
As clases prácticas serán impartidas en grupos reducidos por un profesor falante nativo de inglés e terán xa que logo un horario específico e distinto das clases teórico-expositivas. O número reducido de participantes pretende buscar unha participación activa dos estudantes nas actividades da aula, particularmente centradas no desenvolvemento das competencia oral e escrita do alumno. O profesor proporá tarefas nas que o alumno deberá poñer en práctica a súas competencias escrita e oral (presentacións, conversa...).
As titorías personalizadas serán impartidas en grupos moi reducidos dun máximo de dez alumnos. O profesor encargado será o mesmo ca o das clases teórico-expositivas. O profesor reunirase obrigatoriamente con cada alumno, no despacho do propio profesor ou nunha aula do centro, alomenos unha vez durante o curso e ata un máximo de 3 horas por alumno/grupo. As titorías serán unha ocasión propicia para manteren profesor e alumno un contacto directo que permita monitorizar o progreso do alumno no curso, incluído o seu grao de adquisición dos coñecementos e habilidades que son obxecto de tratamento nas sesións “de aula”, e de poder xa que logo ulteriormente solicitar/ofrecer un consello personalizado que lle permita acadar mellor os obxectivos do curso. O profesor aproveitará ademais as titorías para comprobar a realización por parte do alumno das tarefas complementarias e de reforzo previstas para a súa realización fóra da aula. Por último, proporase nas primeiras semanas do curso a realización de lecturas (de artigos ou libros) que poderían ir acompañadas dalgunha activade complementaria de comprensión de texto, investigación, etc. das que se daría conta específicamente durante as sesións de titoría.
Sistema de evaluaciónO grao de consecución dos obxectivos da materia por parte do estudante valorarase por medio de varios procedementos combinados tal e como se recolle a continuación e segundo a convocatoria do exame final:
Exame ordinario (xaneiro):
(A) Para o alumnado que asiste regularmente á clase:
- Exame escrito final: 40%
- Avaliación continua por medio de actividades supervisadas:15%
- Exame de composición escrita:25%
- Exame oral: 20%
Os exames escritos realizaranse na data establecida oficialmente polo centro e constituirán, xunto coa avaliación das actividades realizadas ao longo do curso, un único bloque ao que corresponderá o 80% da cualificación final. O restante 20% da nota corresponderá ao resultado obtido nun exame oral, a data do cal se anunciará coa suficiente antelación. Para aprobar a materia os estudantes deberán superar as partes escrita e oral independentemente, se ben no caso de ter superado un dos bloques manterase esa cualificación na convocatoria de xullo.
(B) Para o alumnado que non ten a obriga legal de asistir a clase:
-Tarefas realizadas fora do aula: 15%
- Exame de composición escrita: 25%
- Exame escrito final: 40%
- Exame oral: 20%
Exame extraordinario de recuperación (xullo)
(A) O alumnado que asiste a clase e supera unha sección do exame de primeira opción pode gardar esta nota para o examen de segunda opción, en tal caso o sistema de avaliación está indicado enriba.
(B) Para lo alumnado que non ten a obriga legal de asistir a clase, o exame final sumaralle o 100% da nota final desta materia:
Exame escrito final : 70%
Exame oral final: 30%.
Alumnado repetidor:
Se un estudante ten que repetir esta materia e ten aprobada a parte de avaliación continua, conservará a nota de avaliación continua recibida ao longo do curso anterior. Se non ten aprobada a parte de avaliación continua terá que o exame final contará o 100% da súa nota final (30% oral + 70% escrito).
Tempo de estudo e traballo persoalAs 14 semanas de clase das que consta o curso permitirán dedicar unhas dúas sesións de docencia expositiva a cada unha das unidades temáticas do curso. Estas sesións teórico-prácticas complementaranse con sesións semanais de prácticas que se centrarán nas destrezas de interacción oral e composición escrita. Ademais das sesións presenciais os estudantes deberán realizar ao longo do curso unha serie de actividades que se supervisarán na medida do posible a través das titorías do curso e se discutirán nas sesións de titoría final de carácter obrigatorio.
Un total de 150 horas de traballo, das cales 54 corresponden a horas de presencia na aula (clases expositivas, prácticas e titorías) e 96 a traballo persoal do estudante fóra da aula.
TOTAL 56 + 94 = 150
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia á clase:
A asistencia á clase é obrigatoria, e o alumno debe ser capaz de realizar o traballo asignado na aula ao longo do curso. Ademais, porase certo énfase no traballo oral ao longo do ano académico; para a meirande parte dos alumnos, onde mellor se realiza este traballo oral é na aula. En calquera caso, o alumno que non asista a clase terase que responsabilizar do traballo feito na aula, tanto se está presente como se non. De feito, así o reflicte unha porcentaxe da cualificación final.
Traballo na aula e estudo na casa:
A participación activa na aula axudaralle ao alumno a mellorar a súa actuación tanto en inglés escrito coma oral. Despois de rematar cada unidade, na aula deberíase reflexionar sobre aquela ao realizar as tarefas do libro de exercicios e, no seu caso, das fotocopias que se atopan na fotocopiadora para ese fin. Durante o curso académico asignaranse varias redaccións que lle permitirán ao alumno practicar a súa técnica. Para que estes traballos sexan avaliados teranse que entregar mecanografados a dobre espazo.
Observacións. Datos descritivos da materia
Materia: Lingua inglesa 1 /Idioma Moderno I
Código: G5061102 /G5091105 e G5101106 (Lugo)
Créditos ECTS: 6.
Carácter: básico.
Curso e cuadrimestre: Primeiro curso, primeiro cuadrimestre.