Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Humanidades  »  Información da Materia

G5091108 - Lingua Galega 1 (Lingua Galega) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Galega
  • Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
  • Centro: Facultade de Humanidades
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Silva Dominguez, M Carme.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia


    • Coñecer os distintos niveis de análise gramatical, as diferentes perspectivas de estudo e as correspondentes disciplinas lingüísticas.
    • Comprender a complexidade do feito lingüístico e a interrelación entre as distintas compoñentes gramaticais.
    • Iniciarse na reflexión lingüística sobre o galego (nas diferentes compoñentes gramaticais) a través da análise de cuestións concretas e, esencialmente, daquelas nas que o alumnado ten traballado desde un punto de vista descritivo.
    • Coñecer conceptos e métodos fundamentais de análise gramatical do galego (sintáctica, morfolóxica e fonética).
    • Coñecer ferramentas e recursos aos que poder acudir para a resolución de dúbidas, para a ampliación de coñecementos ou para a obtención de datos de cara á reflexión lingüística.
    • Iniciarse na lectura de traballos de investigación lingüística.
    • Iniciarse na elaboración de traballos de análise gramatical sobre o galego.
    • Consolidar un dominio avanzado na produción de textos galegos orais e escritos.

    Contidos

    Contidos
    1. Recursos para o uso e a aprendizaxe do galego

    2. Linguaxe, linguas e lingüística
    2.1. A linguaxe e as linguas. Unidade e diversidade.
    2.2. Lingüística descritiva e lingüística prescritiva.
    2.3. As disciplinas lingüísticas

    3. Fonética
    3.1. Divisións da fonética
    3.2. A fonética articulatoria
    3.3. O Alfabeto Fonético Internacional e a transcrición fonética.

    4. Morfoloxía
    4.1. Unidades e procesos morfolóxicos
    4.2. Flexión de palabras vs. creación de palabras.

    5. Sintaxe
    5.1. Unidades sintácticas e unidades comunicativas.
    5.2. Funcións sintácticas, semánticas e informativas.
    5.3. Constituíntes sintácticos. Análise sintáctica.

    Bibliografía básica e complementaria
    BÁSICA
    REPERTORIOS BIBLIOGRÁFICOS
    García Gondar, F. (dir.) (1995): Repertorio bibliográfico da lingüística galega: desde os seus inicios ata 1994 inclusive. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Pódese consultar unha versión actualizada en
    http://www.cirp.es/WXN/wxn/frames/bilega.html.
    Regueira Fernández, X.L. (coord.) (1996): Guía bibliográfica da lingüística galega. Vigo: Xerais.
    DICIONARIOS DE LINGÜÍSTICA
    Alcaraz Varó, E. (2004): Diccionario de lingüística moderna. Barcelona: Ariel.
    Câmara Júnior, J. Mattoso (1985): Dicionário de linguistica e gramática : referente à língua portuguesa. Petrópolis : Vozes
    Crystal, D. (1987): The Cambridge encyclopedia of language. Cambridge : University
    Moreno Cabrera, J. C. (1998): Diccionario de Lingüística neológico y multilingüe, Madrid: Síntesis.
    Simpson, J. M. Y. (1994): The Encyclopedia of language and linguistics, Oxford : Pergamon Press.
    Trask, R. L. (2007): Language and linguistics: the key concepts. London/New York: Routledge.
    Werner, W. (1985): Lingüística moderna : terminología y bibliografía. Madrid: Gredos.
    Xavier, M. F. / M. H. Mateus (1990/1992): Dicionário de termos linguísticos, Lisboa: Cosmos.
    GRAMÁTICAS GALEGAS E OUTRAS OBRAS DE REFERENCIA
    Álvarez, R. / X. Xove (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.
    Freixeiro Mato, X. R. (1998-2000): Gramática da Lingua Galega I, II e III. Vigo: A Nosa Terra.
    González González, M. e A. Santamarina (coord.) (2004): Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLGa). A Coruña: RAG / Santiago: ILG.
    Hermida Gulías, C. (2004): Gramática práctica (morfosintaxe). Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.
    ILG / RAG (2003): Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Santiago: ILG / RAG.
    Ramallo, F. / X. P. Rodríguez Yáñez (eds.): Manual de ciencias da linguaxe, Vigo: Xerais
    Regueira Fernández, X. L. (coord.) (1998): Os sons da lingua. Vigo: Xerais.
    COMPLEMENTARIA
    FONÉTICA
    Catford, J. C. (1988): A practical introduction to phonetics. Oxford: Clarendon.
    Ladefoged, P./I. Maddieson (1996): The Sounds of the World's Languages, Oxford: Blackwell.
    Martínez Celdrán, E. (2002): Introducción á fonética: o son na comunicación humana. Vigo: Galaxia
    Martínez Celdrán, E./Fernández Planas, A. M. (2007): Manual de fonética española : articulaciones y sonidos del español. Barcelona: Ariel.
    MORFOLOXÍA
    González Pereira, M. / G. Rei-Doval / F. Albertuz Carneiro (2000): "Morfoloxía", en F. Ramallo / X. P. Rodríguez Yáñez (eds.): Manual de ciencias da linguaxe,Vigo: Xerais, 585-627.
    Matthews, P. H. (1991): Morphology, Cambridge: Cambridge University Press. Existe traducción española da primeira edición (1974): Morfología, Madrid: Paraninfo, 1980.
    Pena, J. (1991): “La palabra: estructura y procesos morfológicos”, Verba 18, 69-128.
    SINTAXE
    Cuenca, M. J. (1996): Sintaxi fonamental: les categories gramaticals, Barcelona: Empúries.
    Duarte, I. / A. Mª. Brito (1996): “Sintaxe”, en I. Hub Faria et alii (org.): Introdução à linguistica geral e portuguesa, Lisboa: Caminho, 247-302.
    García-Miguel, J. M.ª (1995): Las relaciones gramaticales entre predicado y participantes, Santiago de Compostela: USC.

    Competencias
    • Capacidade para asignar un problema lingüístico a un nivel concreto de análise ou, no seu caso, a diferentes niveis de análise.
    • Capacidade para distinguir entre descrición e explicación e mais entre descrición e prescrición.
    • A un nivel básico, capacidade para realizar análise gramatical do galego (sintáctica, morfolóxica e fonética).
    • A un nivel básico, capacidade para formular hipóteses explicativas de determinados feitos lingüísticos galegos.
    • Capacidade para buscar e atopar solucións a distintas cuestións lingüísticas a través de diferentes recursos (dicionarios, gramáticas, bases de datos...).
    • Capacidade para comprender e extraer os obxectivos e as conclusións principais de traballos de investigación con pouco nivel de dificultade comprensiva.
    • Capacidade para elaborar pequenos traballos de análise gramatical, correctamente estruturados. Neste sentido:
    • Capacidade para ordenar e plasmar adecuadamente as ideas, tanto no nivel oral como no escrito.
    • Capacidade para distinguir entre obxectivos, metodoloxía, análise e conclusións.
    • Capacidade para elaborar traballos adecuados desde un punto de vista formal (ortografía técnica, bibliografía...).
    • Capacidade para elaborar un discurso coherente e ben cohesionado.
    • Capacidade para elaborar un discurso que responda ás características do código normativo galego e aos trazos fónicos e prosódicos do galego.

    Metodoloxía da ensinanza
    Os tipos de actividades que se realizarán son os seguintes:
    • Sesións expositivas. Nelas introduciranse os conceptos teóricos e metodolóxicos de análise lingüística. A explicación dos profesores apoiarase con frecuencia na lectura e comentario de textos e na exposición e comentario de exemplos.
    • Sesións de seminario. Esencialmente traballaranse de forma aplicada algúns dos contidos vistos nas sesións expositivas. Faranse comentarios de lecturas, exposicións de traballos e exercicios de diverso tipo. Todas estas tarefas estarán guiadas e supervisadas polos profesores. Algúns dos materiais de traballo atoparanse nas aulas virtuais.
    • Titorías en grupo. Como o resto das actividades, serán de asistencia obrigatoria. Dedicaranse a facer un seguimento do traballo do alumno e moi especialmente dos traballos de curso que estea a realizar.
    • Actividades de curso. Trátase de exercicios, traballos, exposicións, comentarios... de carácter obrigatorio que serán recollidos polos profesores. Algúns deles terán carácter non presencial e deberán ser entregados nas datas que no seu momento se indiquen.
    • Lecturas. Ao longo do curso os profesores encargarán unha serie de lecturas obrigatorias, que se deberán preparar en horas non-presenciais.
    Os alumnos gardarán nunha carpeta ou cartafol todos os exercicios e actividades realizadas ao longo do cuadrimestre, organizado de maneira ordenada. Non se incluirá o material teórico, apuntamentos, lecturas propostas e todo o que non consista en traballo persoal. En caso de ser necesario reunir máis datos para a avaliación final, esta carpeta do alumno poderá ser requirida contra o final do cuadrimestre, en data que indicarán os profesores.
    Nesta materia empregaranse os recursos da aula virtual.

    Sistema de evaluación
    AA avaliación da consecución das competencias esixidas terá en conta:
    Actividades do curso (35% da cualificación global): ao longo do curso, o profesor recollerá diversos traballos e exercicios, tanto de elaboración presencial como non-presencial e ben individuais, ben feitos en grupo. Así mesmo, será obrigatoria a realización de exposicións. Valorarase a calidade e, no seu caso, a orixinalidade, así como o deseño e presentación. Os alumnos que non presenten estas actividades no día ou prazo indicado serán cualificados cun 0, agás que documenten unha causa xustificada. En tal circunstancia, os profesores indicarán no seu caso un novo prazo.
    Contidos da materia (65% da cualificación global): realizarase un exame escrito. Valorarase o dominio do código normativo, da coherencia e cohesión textual e dos contidos teórico-prácticos. O exame supoñerá un 65% do total da materia. É imprescindible obter unha cualificación igual ou superior a 5 para superar a materia. Para poderse presentar ao exame final é requisito imprescindible a presentación en prazo de todos os traballos requiridos ao longo do curso.
     Asistencia e participación nas clases: valorarase a asistencia á clases así como a participación do alumno a través de comentarios, exercicios, reflexións, etc. A carpeta do alumno poderá ser tida en conta na nota final deste apartado. A puntuación será proporcional á asistencia, ponderarase segundo o aproveitamento que o alumno realice das clases e poderá supoñer un incremento de ata un 10% na nota final.
    CONVOCATORIA DE XULLO:
    Recuperación de actividades do curso: aqueles alumnos que o precisen para superar a materia ou para compensar a cualificación final deberán presentar por escrito e no prazo indicado polos profesores unha serie de actividades de carácter obrigatorio. A puntuación acadada con estes exercicios suporá un 35% da nota final.
    Exame escrito: deberán presentarse aqueles alumnos que non obtiveron un 5 na convocatoria de febreiro. Suporá un 65% do total da materia. No exame escrito os parámetros de valoración coinciden cos indicados arriba. É imprescindible obter unha cualificación igual ou superior a 5 para superar a materia.
    Nesta convocatoria terase en conta tamén a asistencia e participación nas aulas.

    Os alumnos que obteñan a dispensa de asistencia a clase por parte da xunta do centro e a acrediten debidamente (tamén os alumnos repetidores que así o desexen) rexeranse polo seguinte sistema de avaliación, tanto na convocatoria de febreiro como na de xullo:
    Exame escrito, que supoñerá un 65% da cualificación. No exame escrito os criterios de valoración coinciden cos indicados para os alumnos que asisten ás clases. É imprescindible obter unha cualificación igual ou superior a 5 para superar a materia.
    Actividades. Os profesores determinarán os traballos que o alumno deberá realizar, así como os prazos de entrega. Esta parte suporá un 35% da cualificación.
    Os alumnos que opten por este sistema deberán poñerse en contacto cos profesores antes do 30 de outubro.

    Observacións
    1. Dado que se segue un sistema de avaliación continua, os alumnos que presenten algún dos traballos requiridos ao longo do curso ou que conten con algunha cualificación pola súa asistencia non serán avaliados como Non Presentados, senón que contarán cunha nota numérica, con independencia de que non asistan ao exame final.
    2. Hai que ter en conta que para superar a materia é requisito imprescindible o dominio do galego, tanto no nivel oral como no escrito. En consecuencia, na cualificación tanto dos exames como dos traballos repercutirán negativamente as faltas de ortografía (-0'2 por cada falta), así como os problemas de redacción, estilo, coherencia, etc.
    3. No caso de que os alumnos superen algunhas das partes da materia obxecto de avaliación (actividades de curso, por exemplo), pero suspendan outras (exame escrito, por exemplo), é posible que o resultado numérico que se obteña ao sumar a cualificación das distintas partes sexa igual ou superior a 5. Non obstante, dado que para superar a materia é requisito imprescindible aprobar cada unha das partes obxecto de avaliación de maneira independente, o alumno non terá aprobada a materia. En tales casos, a nota que se asignará na acta correspondente será 4,9.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades Horas presenciais Horas non-presenciais TOTAL
    Sesións
    Expositivas 24 48 (9 TD) 72
    Sesións de
    Seminario 24 36 (12 TD) 70
    Sesións de
    Titoría 3 3 6
    Sesións de
    Avaliación 3 9 12

    TOTAL 54 96 (21 TD 150


    Observacións

    As profesoras fornecerán unha ficha que debe ser debidamente cuberta e entregada antes do 30 de setembro. Os traballos de alumnos que non entregaran as fichas non serán avaliados nin cualificados.
    Para poder superar a materia, os alumnos deben amosar dominio do galego oral. No caso de que os profesores perciban insuficiencias a este respecto nalgún alumno, este será apercibido ao respecto e daránselle unha serie de indicacións para subsanar a deficiencia. Ao final de curso os profesores verificarán que o alumno adquiriu o nivel requirido. Caso de non ser así, o alumno non superará a materia.