Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Humanidades  »  Información da Materia

G5091111 - Teoría e Crítica Literarias (Formación Básica (elixir 2 linguas, niveis 1 e 2)) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
  • Áreas: Teoría da Literatura e Literatura Comparada
  • Centro: Facultade de Humanidades
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
RODRIGUEZ FONTELA, Mª ANGELES.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    -Achegarse á tradición dos Estudos literarios con particular atención aos conceptos que son de aplicación directa á análise de textos.
    -Coñecer as grandes áreas de investigación teórica sobre a literatura e a cultura.
    -Visualizar de forma xeral as principais correntes teórico-críticas contemporáneas sobre o fenómeno literario e as súas implicacións.
    -Fundamentar a análise crítica de textos literarios nos niveis formal-estructural, semiótico, hermenéutico, cultural e sistémico.
    -Coñecer os conceptos e recursos da análise crítica do relato, dos textos poéticos, do texto dramático e teatral /espectacular.
    -Coñecer os elementos básicos para poder abordar desde unha perspectiva moderna e interdisciplinar o fenómeno literario como un proceso complexo e suxeito a unha reflexión teórica e comparada.
    -Conseguir fundamentos rigorosos para o seu uso e aplicación nos Estudos literarios.
    -Adquirir conceptos e métodos que desenvolvan nos estudantes estratexias de observación persoal dos feitos literarios.
    -Ampliar o campo de estudo do alumno cara ás esferas problemáticas do comparatismo actual, é dicir, cara aos eidos que tan só esta disciplina ten como propios.
    Contidos
    I) OS ESTUDOS DA LITERATURA E DA CULTURA NA ACTUALIDADE

    1. O concepto de literatura desde as principais correntes teóricas

    2. As disciplinas literarias

    3. Teoría dos xéneros literarios. O concepto de xénero na actualidade. Posxenericidade e medialidade


    II) ANÁLISE DO TEXTO NARRATIVO

    1. Narrador e enunciación narrativa

    2. Tempo

    3. Espazo e personaxes


    III) ANÁLISE DO TEXTO POÉTICO

    1. A enunciación poética. Poesía e ficción

    2. Elementos constituíntes do texto poético. Os sistemas métricos

    3. A estrutura e a clausura poemáticas. O fragmento poético


    IV) ANÁLISE DO TEXTO TEATRAL E ESPECTACULAR

    1. Texto dramático e texto espectacular. A dobre enunciación teatral

    2. O espazo teatral. Os signos teatrais

    3. O tempo e a acción. O diálogo e personaxe dramático




    Bibliografía básica e complementaria
    -ABUÍN GONZÁLEZ, A., Escenarios del caos. Entre la hipertextualidad y la "performance" en la era electrónica, Valencia, Tirán Lo Blanch, 2006.
    -ASENSI, M. Historia de la teoría de la literatura, vols. I-II, Valencia, Tirant Lo Blanch, 1998-2003.
    -BAL, M., Teoría de la narrativa. (Una introducción a la narratología), Madrid, Cátedra, 1987.
    -BOBES NAVES, Mª. C., Semiología de la obra dramática, Madrid, Arco, 1997.
    -BOBES NAVES, Mª. C. (ed.), Teoría del teatro, Madrid, Arco, 1997.
    -CABO ASEGUINOLAZA, F. (comp.), Teorías sobre la lírica, Madrid, Arco, 1999.
    -CABO ASEGUINOLAZA, F., e María do Cebreiro Rábade Villar, Manual de Teoría de la Literatura, Madrid, Castalia, 2006.
    -CASAS, A. (coord.), Elementos de Crítica literaria, Vigo, Xerais, 2004.
    -CHATMAN, S., Historia y discurso, Madrid, Taurus, 1990.
    -DOLEŽEL, L. Historia breve de la Poética, Madrid, Síntesis, 1997.
    -EQUIPO GLIFO, Diccionario de termos literarios, vol. I (A-D), Santiago de Compostela, -Centro «Ramón Piñeiro» para a Investigación en Humanidades, 1998.
    -EQUIPO GLIFO, Diccionario de termos literarios, vol. II (E-H), Santiago de Compostela, Centro «Ramón Piñeiro» para a Investigación en Humanidades, 2003.
    -ESTÉBANEZ CALDERÓN, D., Diccionario de términos literarios, Madrid, Alianza, 1996.
    -FISCHER-LICHTE, E., Semiótica del teatro, Madrid, Arco, 1999.
    -GARRIDO DOMÍNGUEZ, A., El texto narrativo, Madrid, Síntesis, 1993.
    -GENETTE, G., Figuras III, Barcelona, Lumen, 1989.
    -GUILLÉN, C., Entre lo uno y lo diverso. Introducción a la Literatura Comparada, Barcelona, Crítica, 1985.
    -KOWZAN, T., El signo y el teatro, Madrid, Arco, 1997.
    -LANDOW, G. P. Hipertexto: La convergencia de la teoría crítica contemporánea y la tecnología, Barcelona, Paidós, 1995.
    -LÓPEZ CASANOVA, A. El texto poético. Teoría y metodología, Salamanca, Ediciones Colegio de España, 1994.
    -LUJÁN ATIENZA, Á. L. Cómo se comenta un poema, Madrid, Síntesis, 1999.
    -MORTARA GARAVELLI, B., Manual de retórica, Madrid, Cátedra, 1991.
    -NÚÑEZ RAMOS, R., La Poesía, Madrid, Síntesis, 1992.
    -OLIVA, C. e F. TORRES MONREAL, Historia básica del arte escénico, Madrid, Cátedra, 1990.
    -PAVIS, P. Diccionario del teatro, Barcelona, Paidós, 1984.
    -POZUELO YVANCOS, J. Mª. Teoría del lenguaje literario, Madrid, Cátedra. 1994.
    -REIS, C., e A. C. M. LOPES, Diccionário de narratologia, Coimbra, Almedina, 1987.
    -SILVA, V. M., de Aguiar e, Teoria da Literatura, Coimbra, Livraria Almedina, 1988.
    -SULLÀ, E. (ed.), Teoría de la novela. Antología de textos del siglo XX, Barcelona, Crítica, 1996.
    -UBERSFELD, A., Semiótica teatral, Madrid, Cátedra, 1998.
    -VALLES CALATRAVA, J., Introducción histórica a las teorías de la narrativa, Almería, Universidad de Almería, 1994.
    -VILARIÑO PICOS, Mª Teresa, e Anxo Abuín González (comp.), Teoría del hipertexto. La literatura en la era electrónica, Madrid: Arco Libros, 2006.
    -VILLANUEVA, D. El comentario del texto narrativo: cuento y novela, Madrid, Marenostrum, 2006.
    -VILLANUEVA, D., Teorías del realismo literario, 2ª ed. corregida y aumentada, Madrid, Biblioteca Nueva, 2004.
    -VILLANUEVA, D. (comp.), Avances en Teoría de la literatura, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 1994.
    -VILLANUEVA, D. (coord), Curso de Teoría de la literatura, Madrid, Taurus, 1994.

    Competencias
    -Entender os obxectivos, posibilidades e métodos dos Estudos literarios no marco dinámico da súa propia tradición.

    -Asumir a pluralidade da noción de "literatura" e dos propios Estudos literarios.

    -Asimilar unha noción ampliada do concepto de "texto" e das análises correlativas.

    -Establecer as metas e mecanismos apropiados dunha análise textual.

    -Correlacionar conceptos como forma, estrutura, código, autoría, lectura, significado, interpretación, repertorio, posición e canon coa análise textual.

    -Entender e saber aplicar os fundamentos da análise narratolóxica, poética, dramático-teatral.

    -Comprender unha serie de distincións nocionais básicas indispensábeis para aproximarse aos diferentes aspectos implicados no proceso literario.

    -Entender a diversidade de enfoques e modelos teóricos contemporáneos nos estudos literarios.

    -Asimilar os principios e métodos fundamentais para unha lectura crítica de textos teóricos e comparados.

    -Desenvolver a capacidade de reflexión crítica e de argumentación sobre o feito literario a partir do manexo dunha terminoloxía teórica sólida e absolutamente asimilada.
    Metodoloxía da ensinanza
    Combinaranse as sesións expositivas do profesor coa participación na clase do alumno, xa mediante preguntas que demandan maior claridade, profundidade ou ampliación, xa mediante respostas a preguntas que o profesor faga en determinados puntos da exposición.

    Nas sesións prácticas, procurarase en todo momento e reforzarase a interactividade na dobre dirección apuntada arriba. O material de apoio, textos literarios, teóricos e críticos relacionados cos temas do programa, dará incentivo a unha comunicación que deberá desenvolver as competencias relacionadas coa capacidade de observación, de sensibilidade artística, de crítica e de argumentación do alumno e coas habilidades interpretativas.

    Outras carencias ou retrasos na aprendizaxe remediaranse nas horas de titorías obrigatorias onde a atención poderá ser máis persoalizada.

    Poderán empregarse tamén os novos medios tanto nas sesións expositivas como en sesións de aula virtual, canles que se introducirán de xeito progresivo neste e nos sucesivos cursos.
    Sistema de evaluación
    -A asistencia é obrigatoria.
    -Á parte do exame final, valoraranse a participación activa e informada na clase e a elaboración de traballos e actividades prácticas. A nota do exame representa o 60% da calificación final.
    - Da participación terase en conta a constancia na interactividade, a calidade das intervencións e o progreso nesa calidade. Constituirá un 10% da calificación final.
    - Das actividades prácticas (resumos, traballos individuais e en grupo, etc.) valorarase a orixinalidade e creatividade, a asimilación dos conceptos e modelos de análise aprendidos, a presentación escrita e a exposición oral. Esta avaliación supón un 30% da calificación final.
    -Estas últimas cualificacións parciais, correspondentes á participación e ás actividades prácticas, quedará establecida no momento de finalización do período lectivo e non se modificará en caso de acudir á segunda edición do exame.

    MOI IMPORTANTE

    En caso de plaxio entre traballos ou de fontes impresas ou de Internet, o alumno recibirá de maneira inmediata un suspenso, que, dependendo da gravidade do plaxio, pode implicar o suspenso da materia.

    Con independencia desta avaliación tripartita, serán obxecto de estimación positiva (e en caso contrario negativa) a corrección gramatical, a ortografía e a propiedade léxica da expresión oral e escrita, así como a coherencia lóxica dos discursos e a capacidade de síntese.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    As horas non presenciais poderán distribuírse do seguinte modo:

    -Estudo e reflexión sobre as sesións expositivas, interactivas, titoriais; estudo e reflexión sobre a bibliografía: 28

    -Realización de traballos e de actividades de diversa índole: 25

    -Lectura de textos literarios: 25

    -Preparación de exames: 12
    Recomendacións para o estudo da materia
    Dado que a programación de contidos e prácticas está moi axustada na súa temporalización, recoméndase ao alumno a asistencia regular e puntual á clase, o seguimento diario das tarefas programadas, a lectura serea e profunda dos textos de traballo e o uso de todas as canles comunicativas co profesor e coas fontes de aprendizaxe. En particular aconséllase ao alumno o aproveitamento máximo das horas de titoría onde a aprendizaxe pode ser máis persoalizada.
    Observacións
    No aproveitamento do programa desta materia é moi estimábel unha competencia lectora rica tanto nun sentido cuantitativo como cualitativo (multixenérica, multicultural, etc.). Só deste xeito, os contidos teóricos poderán ser contrastados e valorados na súa dimensión hermenéutica e analítica nunha proxección mesmo retrospectiva.

    Así mesmo, recoméndase ao estudante que poña en relación os contidos abordados nesta materia de Teoría e Crítica literarias cos de materias de perspectiva teórica afín (Lingüística I, Introdución á Historia da Literatura Española, Introdución á Literatura Galega, Introdución á Literatura Inglesa; por exemplo) e cos coñecementos adquiridos sobre as diversas tradicións literarias específicas de cada Grao.