Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Humanidades  »  Información da Materia

G5091118 - Lingua Galega 2 (Lingua Galega) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Galega
  • Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
  • Centro: Facultade de Humanidades
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Silva Dominguez, M Carme.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego

  • Obxectivos da materia
    . Conseguir un coñecemento abondo da variación lingüística, no que respecta á lingua galega, en toda a súa extensión: a histórica, a xeográfica, a social e a situacional.
    . Proporcionar os coñecementos básicos sobre a historia da lingua e examinala nos textos
    . Proporcionar os coñecementos básicos sobre a a situación actual da lingua, tanto no que toca á súa diversidade xeográfica coma á súa situación social.
    . Facelo reflexionar sobre os aspectos sociais e políticos da construción dos estándares lingüísticos e comprender o proceso de estandarización da lingua galega.
    . Capacitar os alumnos para poder acceder, cos coñecementos correspondentes a esta materia, ao título de Grao en Lingua e Literatura Galega.

    Contidos
    1. Concepto e tipos de variación lingüística. A variación lingüística na lingua galega: variacións históricas, xeográficas e sociais

    a. Definición de lingua: plano científico / plano histórico. A lingua histórica: unidade e diversidade. A lingua como diasistema / polisistema. Lingua, dialecto e variedade. Arquitectura do (poli)sistema lingüístico.
    b. Variación lingüística: variables, variantes e variedades (lectos). A variación sociolingüística.
    c. Parámetros da variación: identidade social (usuario) e acto lingüístico (situación).
    d. Dimensións de variación. Variación intersistémica e variación intrasistémica. Diacronía, xeografía, estratificación social, especialización, estilo de comunicación. Lingua oral / lingua escrita.
    i. A variación intersistémica. Interferencias e interlectos.
    ii. Diacronía: innovación e cambio lingüístico. Arcaísmo, neoloxismo. Os cronolectos, estadios históricos da lingua.
    iii. Xeografía: centro e periferia, urbano e rural. Os dialectos: trazos innovadores e trazos conservadores, cambio lingüístico e distribución xeolectal.
    iv. Estratificación social: niveis de lingua e sociolectos.
    v. Especialización socio-funcional: lectos especializados, xergas e tecnolectos.
    vi. Estilo de comunicación: rexistros, formalidade / informalidade.
    vii. Lingua oral / lingua escrita: caracterización. Densidade léxica / intrincacidade sintáctica.
    viii. Variedade estándar e variedade común.

    2. Introdución á historia da lingua e á gramática histórica galega.

    a. Introdución á variación histórica da lingua galega: periodización da historia da lingua galega. O sistema lingüístico galego medieval e contemporáneo.
    b. Antigüidade (ss. I-VII). Orixes do galego. Latinización e linguas prelatinas.
    c. Alta Idade Media. Formación da lingua galega (ss. VIII-XII).
    d. Idade Media Central e Baixa. O galego antigo (ss. XIII-XV): emerxencia, florecemento e decadencia.

    e. Idade Moderna. O galego medio (ss. XV-XVIII).
    f. Idade Contemporánea (ss. XIX-XX). O galego contemporáneo.
    i. Século XIX: Pre-rexurdimento e Rexurdimento.
    ii. Século XX: Xeración Nós, Franquismo e Democracia.

    3. Introdución á dialectoloxía da lingua galega.
    a. Introdución á variación xeográfia na lingua galega. Principais características e principais trazos caracterizadores: áreas lingüísticas. (visión de conxunto).
    b. Os falares galegos occidentais. Principais trazos e subdivisións. As áreas fisterrá, iriense, sudoccidental e tudense.
    c. Os falares galegos centrais. Principais trazos e subdivisións. As áreas mindoniense e lucu-auriense.
    d. Os falares galegos orientais. O galego estremeiro: o galego de Asturias e o berciano.

    4. Introdución á sociolingüística da lingua galega.

    a. Sociolingüística e socioloxía da lingua.
    b. Nocións básicas: bilingüismo e contacto de linguas, comunidade lingüística / comunidade discursiva / espazo de comunicación, competencia lingüística, dominios de uso, diglosia, asimilación e substitución lingüística. Conflito lingüístico e normalización.
    c. Da micro- á macrosociolingüística: análise do acto de comunicación.
    d. Descrición e evolución recente da situación sociolingüística de Galicia. Principais fontes de datos sociolingüísticos. Variables máis importantes: hábitat, clase social, nivel de educación, idade.
    e. Actitudes e ideoloxías lingüísticas. Lingua e identidade(s). Ideoloxías e discursos sobre a lingua.
    f. Estatuto político e marco legal da lingua galega. O galego no ensino, modelos educativos en situación de bilingüismo social.

    5. Variación e estándar.

    a. Norma obxectiva (inherente) / Norma prescritiva. A prescrición e a norma lingüística.
    b. Variedade padrón, variedade común e variedades vernáculas.
    c. Norma subxectiva e ideal de lingua. O galego estándar.
    d. O proceso de normativización do galego. Síntese histórica, principais correntes e discusións.

    Bibliografía básica e complementaria

    Bibliografía básica e complementaria
    A normalización lingüística a debate, Vigo: Xerais, 2002.
    Costas, Xosé Henrique (coord.) (2010): 55 mentiras sobre a lingua galega: análise dos prexuízos máis comúns que difunden os inimigos do idioma. Bertamiráns, Ames: Laiovento.
    Dubert García, Francisco (2002): Os sociolectos galegos;, Cadernos de lingua 24, 5-28. http://web.usc.es/~fgdubert/artigos/sociolectos.pdf
    Fernández Rei, Francisco (1990): Dialectoloxía da lingua galega. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
    Fernández Rei, Francisco / Carme Hermida Gulías (ed.) (20032): A nosa fala: bloques e áreas lingüísticas do galego. Santiago de Compostela: Consello da Cultura galega.
    González González, Manuel (dir.) (2007): Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. A Coruña: Real Academia Galega.
    Halliday, M.A.K. (19892): Spoken and written language. Oxford: University.
    Lorenzo, Anxo (2008): “A situación sociolingüística do galego: unha lectura”, Grial 179, 19-31.
    Fernández Rodríguez, Mauro A. / Modesto A. Rodríguez Neira (coords.) (1994): Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia. A Coruña: Real Academia Galega, Seminario de Sociolingüística.
    Fernández Rodríguez, Mauro A. / Modesto A. Rodríguez Neira (coords.) (1995): Usos lingüísticos en Galicia: compendio do II volume do Mapa Sociolingüístico de Galicia. A Coruña: Real Academia Galega.
    Fernández Rodríguez, Mauro A. / Modesto A. Rodríguez Neira (coords.) (1996): Actitudes lingüísticas en Galicia : compendio do III volume do Mapa Sociolingüístico de Galicia. A Coruña : Real Academia Galega, Seminario de Sociolingüística
    Monteagudo, X. Henrique (1999): Historia social da língua galega: idioma, sociedade e cultura a través do tempo. Vigo: Galaxia.
    Monteagudo, X. Henrique (2004): “Outra volta na procura da recendente pantera? O Acordo Normativo de 2003. Antecedentes e perspectivas”, Anúario Internacional de Comunicação Lusófona, 79-93.
    Monteagudo, X. Henrique (2005): “Do uso á norma, da norma ao uso: variación sociolingüística e estandarización no idioma galego”, en Rosario Álvarez / Henrique Monteagudo (eds.): Norma lingüística e variación: unha perspectiva desde o idioma galego. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 377-436. http://www.consellodacultura.org/mediateca/pubs.pdf/norma_lingua.pdf
    Santamarina, Antón (1994): “Norma e estándar”, en Holtus / M. Metzeltin / C. Schmitt (eds.): Lexikon der Romanistischen Linguistik, Tübingen: Max Niemeyer, vol. 6, 2, 66-79. Reed. en H. Monteagudo (ed.) (1995): Estudios de sociolingüística galega. Sobre a norma do galego culto. Vigo: Galaxia, 53-98.

    Competencias
    Capacidade para recoñecer, polos seus trazos lingüísticos, as distintas áreas dialectais do galego
    Capacidade para distinguir os textos galegos a través do tempo, polas súas características específicas.
    Capacidade para identificar as características que distinguen a lingua oral fronte a escrita, e os distintos rexistros lingüísticos
    Capacidade para analizar criticamente a realidade sociolingüística de Galicia
    Capacidade para elaborar unha reflexión crítica fronte ás cuestións sociolingüísticas

    Metodoloxía da ensinanza

    Metodoloxía da ensinanza
    As tarefas concretas programadas para esta materia detállanse na guía docente que se lle entregará ao alumno no comezo do curso. Haberá os seguintes tipos de actividades:
    . Sesións expositivas, onde se explicarán os conceptos fundamentais da materia.
    . Sesións de seminario, onde se proporán diversas actividades consistentes en lectura de artigos, análise de textos de distintas etapas históricas da lingua galega (medievais, medios, prenormativos) e comentario de textos orais e de textos escritos de diferentes rexistros (coloquiais, elaborados).

    Para o seguimento da mateira contarase coa axuda das aulas virtuais.

    Sistema de evaluación

    Sistema de avaliación da aprendizaxe
    A nota final do curso determinarase consonte os seguintes criterios:
    1. O exame oficial do 21/05/2014 valerá o 60%.
    2. O tres exercicios que os alumnos deberán entregar durante o curso valerán o 30% (10% cada un). Estes exercicios deberanse entregar nas datas indicadas na guía docente. Non se recollerá ningún exercicio entregado fóra de prazo.
    3. A asistencia e a participación activa nas aulas valerá o 10%.

    Para os alumnos que teñan dispensa de asistencia á clase ou que, polo motivo que sexa, non asistan ás aulas os criterios serán os seguintes:
    1. O exame oficial do 21/05/2014 valerá o 70%.
    2. O tres exercicios que os alumnos deberán entregar durante o curso valerán o 30% (10% cada un). Estes exercicios deberanse entregar nas datas indicadas na guía docente. Non se recollerá ningún exercicio entregado fóra de prazo.

    Na segunda oportunidade (mes de xullo) os criterios para o cálculo da nota serán os mesmos. Os alumnos que teñan menos de 5 nalgún dos tres exercicios do curso deberán repetilo(s) e entregalo(s) o mesmo día do exame do 7/7/2014. Tamén poderán repetir estes exercicios aqueles alumnos suspensos na primeira oportunidade que, tendo neles unha cualificación de 5 ou máis puntos, desexen subir a nota.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades presenciais
    Sesións expositivas: 24 horas
    Sesións de seminario: 24 horas
    Sesións de titoría: 3
    Sesións de avaliación: 3
    Total: 60horas

    Actividades non presenciais

    Estudo e preparación de actividades programadas nas aulas expositivas: 48 horas
    Estudo e preparación de actividades programadas nos seminarios: 36 horas.
    Preparación de titorías: 3 horas
    Preparación de exame: 12 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia ás aulas e realización dos traballos propostos