Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Humanidades  »  Información da Materia

G5091121 - Introducción á historia da literatura española (Maior en Lingua e Literatura Españolas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
  • Áreas: Literatura Española
  • Centro: Facultade de Humanidades
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
CHOUCIÑO FERNANDEZ, ANA GLORIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Obxectivos específicos
    - Iniciar ao estudante nos estudos literarios cunha perspectiva histórica, crítica e filológica.
    - Proporcionar os coñecementos e ferramentas básicos para a lectura, a interpretación e a análise dos textos da literatura española.
    - Preparar ao alumno para a investigación literaria facilitándolle os métodos adecuados e orientándoo no emprego eficaz dos recursos dispoñibles.

    Obxectivos xerais
    - Fomentar o hábito de lectura do estudante.
    - Ofrecer orientación histórica e teórica que axude a identificar e situar os textos literarios.
    - Mellorar a formación cultural do alumno.
    - Contribuír ao desenvolvemento da capacidade de expresión.

    Contidos
    PARTE TEÓRICA
    CONTIDOS BÁSICOS
    I. Aproximación á historia da literatura española: visión xeral a través de textos representativos.
    1. Idade Media
    2. Séculos XVI e XVII
    3. Séculos XVIII e XIX
    4. Séculos XX e XXI
    II. O comentario de textos literarios: técnicas e métodos
    1. Textos poéticos
    2. Textos en prosa
    3. Textos teatrais
    III. O traballo de investigación
    1. Criterios da investigación literaria e tipos de traballos de investigación
    2. Obxectivos da investigación literaria
    3. A bibliografía
    4. As notas
    5. As citas
    6. Elementos de presentación
    7. A estrutura do traballo
    8. A redacción
    9. A reseña
    CONTIDOS COMPLEMENTARIOS
    I. A recompilación de datos
    1. As bibliotecas: introdución histórica
    2. Historia da bibliografía
    II. O libro e a súa casuística
    1. Partes do libro
    2. Tipoloxía do libro e da edición
    3. A censura e a propiedade intelectual
    4. Elementos do libro antigo
    III. Nocións de crítica textual
    PARTE PRÁCTICA
    ACTIVIDADES BÁSICAS
    I. Funcionamento de grupos de traballo nas sesións interactivas
    1. Discusión de temas propostos
    2. Análise de textos
    3. Realización dun traballo de investigación
    II. Realización individual de comentarios de textos.
    ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
    I. Consulta directa de fondos bibliográficos
    II. Asistencia a sesións complementarias (conferencias, descrición do catálogo da BUSC)

    LECTURAS
    -antología de fragmentos narrativos, teatrales y poéticos de obras representativas de la literatura española (será proporcionada a principio de curso)
    -Vida de Lazarillo de Tormes
    -Cervantes, El Quijote, capítulos I 6, I 20, I 32-35, II 22-23, II 46
    -Fuentes, Aura.

    Bibliografía básica e complementaria
    Balutet, N., El comentario de textos literarios, Berriozar (Navarra), Cénlit, 2010.
    Blanco, M., Introducción al comentario de la poesía amorosa de Quevedo, Madrid, Arco Libros, 1998.
    Camarero, M., Introducción al comentario de textos, Madrid, Castalia, 1998.
    Chicharro Chamorro, A., “Acerca del comentario de textos literarios como instrumento docente (Significación actual y perspectivas de futuro)”, Revista de Literatura, 53, 1991, pp. 585-594.
    Crespillo, M. y J. Lara Garrido, Comentario de textos literarios, Málaga, Analecta Malacitana, 1997.
    Del Moral, R., Diccionario práctico del comentario de textos literarios, Madrid, Verbum, 2004.
    Del Olmo Iturriarte, A., Comentario de textos poéticos medievales, Universitat de les Illes Balears, 2000.
    Díaz de Castro, F., ed., Comentario de textos. Poetas del siglo XX, Universitat de les Illes Balears, 2001.
    Díez Borque, J. M., Comentario de textos literarios, método y práctica, Madrid, Playor, 1988.
    Domínguez Caparrós, J., Introducción al comentario de textos, Madrid, Ministerio de Educación y Ciencia, 1977.
    Escartín Gual, M. y E. Martínez Celdrán, Comentario estilístico y estructural de textos literarios, 2 vols., Barcelona, PPU, 1989.
    Fernández Vizoso, M., El comentario de textos. Asimilación y sentido crítico, Madrid, Edinumen, 1983.
    García Posada, M., El comentario de textos literarios, Madrid, Anaya, 1982.
    García Tejera, M. C. y J. A., Hernández Guerrero, Orientaciones prácticas para el comentario crítico de textos, Sevilla, Algaida, 1995.
    Hernández Guerrero, J. A., Teoría y práctica del comentario literario, Universidad de Cádiz, 1996.
    Lázaro Carreter, F. y E. Correa Calderón, Cómo se comenta un texto literario, Madrid, Cátedra, 2001.
    López Casanova, A., El texto poético. Teoría y metodología, Salamanca, Colegio de España, 1994.
    Luján Atienza, A. L., Cómo se comenta un poema, Madrid, Síntesis, 1999.
    Martínez, J., Aproximaciones diversas al texto literario, Universidad de Murcia, 1996.
    Moreno Castillo, G., El correlato objetivo y el texto literario, Madrid, Editorial Pliegos, 1994.
    Navarro Durán, R., La mirada al texto. Comentario de textos literarios, Barcelona, Ariel, 1995.
    Olmedo, J. A., El comentario literario. Lírica, narrativa y teatro de la Edad Media al siglo XX, Madrid, McGraw-Hill, 1995.
    Onieva Morales, J. L., Introducción a los géneros literarios a través del comentario de textos, Madrid, Playor, 1992.
    Reis, C., Fundamentos y técnicas del análisis literario, Madrid, Gredos, 1981.
    Reis, C., Comentario de textos. Metodología y diccionario de términos literarios, Salamanca, Almar, 1979.
    Alcina Franch, J., Aprender a investigar: métodos de trabajo para la redacción de tesis doctorales, Madrid, Compañía Literaria, 1994.
    Díez Borque, J. M., coord., Métodos de estudio de la obra literaria, Madrid, Taurus, 1985.
    Jauralde Pou, P., Manual de investigación literaria (Guía bibliográfica para el estudio de la literatura española), Madrid, Gredos, 1981.
    Rodríguez Fer, C., Guía de investigación literaria, Gijón, Júcar, 1998.

    Competencias
    Conforme aos obxectivos establecidos, a repercusión do programa formativo desta materia proporcionará ao alumno un conxunto de competencias no estudo, comprensión e análise da literatura española.

    Competencias específicas
    - Ser capaz de identificar as características que permiten situar un texto ou obra nunha época literaria determinada.
    - Posuír unha visión global do desenvolvemento da historia literaria e coñecer os textos e autores máis representativos de cada unha das súas etapas.
    - Adquirir destreza no comentario de textos literarios.
    - Coñecer e saber aplicar os principios da crítica textual.
    - Aprender a elaborar un traballo de investigación en todas as súas fases, desde a procura de información ata a redacción da versión escrita.
    Competencias xenéricas / transversais
    - Lograr un funcionamento eficaz e dinámico en grupos de traballo.
    - Mellorar a expresión escrita e oral, así como a capacidade de argumentación e participación en debates.
    - Desenvolver o espírito crítico e polémico en xeral.
    - Aprender a organizar e levar a cabo un traballo de investigación sobre calquera outra materia estudada na titulación.
    - Consolidar as aptitudes intelectuais de relación, profundización e abstracción en calquera disciplina que se estude.

    Metodoloxía da ensinanza
    Metodoloxía do ensino
    A formulación da materia como unha introdución xa indica que a súa docencia non debe centrarse tanto nos contidos como nas técnicas, os métodos e os enfoques. Para adecuarse aos obxectivos e competencias fixados, a profesora tratará de manter un equilibrio entre as explicacións teóricas e a participación e traballo dos alumnos dentro do aula.
    Na realización de actividades en grupos de traballo, a profesora terá como función dirixir e orientar as actividades, propondo temas de discusión ou investigación, formando os grupos, establecendo as etapas do traballo, resolvendo dúbidas e comentando os resultados.
    As sesións interactivas aplicarán diversas metodoloxías que promovan a participación dos alumnos, entre as que destaca o traballo en grupo. As sesións de titorías están destinadas a comunicar as tarefas do grupo á docente, que poderá coñecer o estado do traballo, facer suxestións e resolver dúbidas. O horario destas reunións dependerá das propostas de cada grupo, aínda que se recomenda que teñan lugar ao comezo do cuadrimestre, para unha maior eficacia orientativa.
    Tanto as sesións interactivas como as titorías poden incorporar o desenvolvemento de actividades individuais, como comentarios de texto ou exercicios de crítica textual, dirixidos e corrixidos pola profesora.

    Metodoloxía da aprendizaxe
    O alumno debe adoptar en clase dúas actitudes complementarias, que implican atención e participación. Durante o desenvolvemento das explicacións teóricas poderá intervir expondo dúbidas ou obxeccións e respondendo eventuais preguntas. Pero a súa actitude participativa demostrarase principalmente dentro dos grupos de traballo.
    Así mesmo, o alumno deberá desenvolver fora da aula determinadas actividades:
    - lecturas de textos literarios e críticos, en relación coas explicacións teóricas
    - lecturas, procuras bibliográficas e reflexións individuais sobre os problemas discutidos no traballo en grupo
    - realización de comentarios de textos e outros exercicios propostos.

    Sistema de evaluación
    A importancia concedida ao traballo na aula xustifica o sistema de avaliación continua como o máis adecuado. Teranse en conta os resultados das actividades realizadas desde o comezo do curso, como forma progresiva de avaliar a adquisición das competencias específicas e xenéricas adscritas á materia. Completará a avaliación un exame teórico-práctico, ao final do cuadrimestre.
    Solicitarase a participación dos alumnos no proceso de avaliación dos resultados dos traballos en grupo. Cada grupo será avaliado polos restantes, con arranxo a uns criterios debidamente xustificados. O resultado, ponderado pola profesora, será tido en conta na avaliación do traballo en grupo.
    Aplicaranse as seguintes porcentaxes e criterios de avaliación:

    AVALIACIÓN DO TRABALLO PRESENCIAL NO AULA
    Avaliación global do grupo correspondente 20%
    Avaliación particularizada do traballo de cada alumno como membro dun grupo 10%
    Avaliación individual do traballo nas tutorías 10%
    Avaliación individual do traballo, actitude e intervención nas sesións presenciais 10%
    Porcentaxe total da avaliación polo traballo presencial no aula 50%

    AVALIACIÓN DO TRABALLO FORA DA AULA
    Resultado do exame 30%
    Resultado dos comentarios de textos 20%
    Porcentaxe total da avaliación polo traballo persoal do alumno 50%

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades presenciais-horas
    Sesións expositivas: 30
    Sesións interactivas: 15 (-3)
    Sesións de tutorías programadas: 2
    Sesións de avaliación : 3
    Actividades complementarias: (3) (computadas como sesións interactivas)
    Total de horas de actividade presencial: 50

    Actividades non presenciais-horas
    Estudo e preparación de actividades programadas en clase: 50
    Realización de traballos de diverso tipo: 20
    Lecturas: 20
    Preparación de exames: 10
    Total de horas de actividade non presencial:100

    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia asidua e participativa.
    Planificación das lecturas e do traballo persoal.
    Requisitos para realizar a materia:
    Dominio da lingua española oral e escrita (para alumnos estranxeiros esixirase o nivel B2).
    Hábito de lectura.
    Nocións xerais ou elementais de historia e literatura.
    Bases da análise literaria.