G5091201 - Lingüística 2 (Formación Básica (elixir 2 linguas, niveis 1 e 2)) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Áreas: Lingüística Xeral
- Centro: Facultade de Humanidades
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaAdquirir competencias básicas propias dun lingüista que permiten:
(a) Abordar as linguas como usuarios reflexivos e curiosos.
(b) Aproximarse á Lingüística como aprendices de profesionais no campo, tratando de vencellar a descrición técnica coa realidade dos usos e das linguas.
(c) Prover ferramentas para a análise obxectiva da diversidade lingüística dende distintas perspectivas.
(d) Fomentar a capacidade de reflexión sobre a situación social dos grupos lingüísticos arredor do mundo.
(e) Analizar e contrastar a relación entre linguaxe e pensamento mediante o estudo de diferentes teorías, insistindo na necesidade de traballar con datos reais.
(f) Comprobar a importancia dos aspectos anatómicos e fisiolóxicos dos mecanismos que sustentan as producións lingüísticas.
(g) Describir e avaliar situacións de déficit comunicativo (infantil e adulto), reflexionando sobre as súas incidencias nas relacións interpersoais.
ContidosTEMA 1. DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA E PROCESAMENTO DAS LINGUAS. Unidade e variedade das linguas. Variación no plano social das linguas. Variación no plano neuropsicolóxico dos usuarios.
SEMINARIO 1.1
- Explicación do contido dos seminarios e titorías.
- Explicación do modo como se vai desenvolver e avaliar o traballo dos estudantes ao longo do cuadrimestre.
- Entrega de materiais cos que se traballará ao longo do seminario 1.2.
SEMINARIO 1.2
- Traballo con materiais relativos á variación intraidiomática-1.
SEMINARIO 1.3
- Traballo con materiais relativos á variación intraidiomática-2.
SEMINARIO 1.4
- Traballo con materiais relativos á variación intraidiomática-3.
SEMINARIO 1.5.
- Avaliación do Tema 1.
TITORÍA 1 (ao remate do tema 1)
- Resolución das cuestións ou dúbidas que presenten os estudantes derivadas dos seminarios anteriores.
- Normas de elaboración de traballos en grupo: presentación da Proposta de traballo en pequeno grupo (máximo 5 persoas) sobre a diversidade idiomática no mundo: trátase de recoller información tanto da situación sociolingüística como da localización xeográfica de distintas linguas do planeta. Este traballo deberá ser presentado oralmente e entregado por escrito no seminario 2.4.
TEMA 2. DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA E LINGUAS DO MUNDO. As linguas arredor do mundo. Linguas en contexto. Aplicacións da Lingüística ao abeiro da diversidade multilingüe.
SEMINARIO 2.1
- Presentación e consulta de materiais actualizados relacionados co estudo e a catalogación das linguas do mundo.
SEMINARIO 2.2
- Socioloxía das linguas: traballo con documentos de natureza diversa.
SEMINARIO 2.3
- Aplicacións da lingüística.
SEMINARIO 2.4
- Avaliación do Tema 2: entrega por escrito e presentación oral do traballo en grupo sobre linguas do mundo.
TITORÍA 2 (ao remate do tema 2):
- Revisión do proceso de elaboración do traballo sobre linguas do mundo. Resolución de dúbidas a propósito deste exercicio.
- Aclaración de cuestións sobre calquera aspecto do Tema 2 tratado nos seminarios anteriores.
TEMA 3. LINGUAXE, MENTE E CEREBRO. A adquisición da lingua e a aprendizaxe de linguas. Fundamentos biolóxicos da linguaxe. Os trastornos comunicativos. Aplicacións da lingüística en linguaxe, mente e cerebro.
SEMINARIO 3.1
- Visionado do vídeo "Genie: el milagro de la niña salvaje".
- Reflexión sobre o documental a partir dunha batería de preguntas entregada previamente.
SEMINARIO 3.2
- Prácticas –en pequenos grupos– cunha escolma de textos sobre as diferentes teorías explicativas da relación entre linguaxe e pensamento, e sobre o proceso de adquisición da lingua por parte do neno.
SEMINARIO 3.3
- Traballo práctico con mostras reais de fala infantil (1).
SEMINARIO 3.4
- Traballo práctico con mostras reais de fala infantil (2).
- Descrición e análise –a partir de casos reais– de trastornos comunicativos (1).
SEMINARIO 3.5
- Descrición e análise –a partir de casos reais– de trastornos comunicativos (2).
SEMINARIO 3.6
- Avaliación do Tema 3.
Bibliografía básica e complementariaTEMA 1. DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA E PROCESAMENTO DAS LINGUAS
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA (DE LECTURA OBRIGATORIA)
COSERIU, Eugenio (1973): Lecciones de lingüística general. Madrid: Gredos, 1981, pp. 316-327.
FERNÁNDEZ PÉREZ, Milagros (1999): Introducción a la Lingüística. Barcelona: Ariel, pp. 49-65.
MORENO FERNÁNDEZ, Francisco (1998): Principios de sociolingüística y sociología del lenguaje. Barcelona: Ariel, 2ª ed., 2005, pp. 17-31.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
AITCHINSON, Jean (1991): El cambio en las lenguas: ¿progreso o decadencia? Barcelona: Ariel, 1993.
COSERIU, Eugenio (1981): "Los conceptos de 'dialecto', 'nivel' y 'estilo de lengua' y el sentido propio de la Dialectología". Lingüística española actual, III/1, pp. 1-32.
FERNÁNDEZ PÉREZ, Milagros (1999): "El interés por la 'variación' en la lingüística actual". En Homenatge a Jesús Tuson. Barcelona: Empúries, pp. 104-125.
MILROY, Lesley (1980): Language and social networks. Oxford: Blackwell, 2ª ed., 1987.
MORENO FERNÁNDEZ, Francisco (1992): "Theoretical and methodological aspects of stylistic variation". Lynx, 3, pp. 55-90.
TRUDGILL, Peter (1983): On Dialect (Social and Geographical Perspectives). Oxford: Blackwell.
TUSON, Jesús (2009): Patrimonio natural. Elogio y defensa de la diversidad lingüística. Barcelona: Ariel.
WIERZBICKA, Anna (1999): Emotions Across Languages and Cultures. Cambridge: Cambridge University Press.
TEMA 2. DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA E LINGUAS DO MUNDO
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA (DE LECTURA OBRIGATORIA)
MORENO CABRERA, Juan Carlos (2006): “La diversidad lingüística en el siglo XXI”. En F. Martí et al. (eds.): Palabras y mundos. Informe sobre las lenguas del mundo. Barcelona: Icaria, pp. 87-132 (selecc.).
ROMAINE, Suzanne (1996): El lenguaje en la sociedad. Una introducción a la Sociolingüística. Barcelona: Ariel, cap. 1.
SAPIR, Edward (1921): “Tipos de estructura lingüística”. En El lenguaje. Introducción al estudio del habla. México: FCE, 12ª reimpr., 1991, pp. 141-168. (Existe unHa tradución galega de 2010: SAPIR, Edward: A linguaxe. Introdución ao estudo da fala. Santiago: Universidade de Santiago).
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
ABLEY, Mark (2006): Aquí se habla… Un recorrido por las lenguas amenazadas. Barcelona: RBA Libros.
JUNYENT, Carme (1999): La diversidad lingüística: didáctica y recorrido de las lenguas del mundo. Barcelona: Octaedro.
MORENO CABRERA, Juan Carlos (2003): El Universo de las lenguas: clasificación, denominación, situación, tipología, historia y bibliografía de las lenguas. Madrid: Castalia.
TEMA 3. LINGUAXE, MENTE E CEREBRO
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA (DE LECTURA OBRIGATORIA)
FERNÁNDEZ PÉREZ, Milagros (1999): Introducción a la Lingüística. Barcelona: Ariel, cap. 4: “El lenguaje y su naturaleza neuropsicológica” (pp. 137-204).
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
AITCHISON, Jean (1992): El mamífero articulado. Introducción a la Psicolingüística. Madrid: Alianza.
CAPLAN, David (1988): “La base biológica del lenguaje”. En Frederick J. Newmeyer (comp.) (1992): Panorama de la lingüística moderna de la Universidad de Cambridge, vol. III. Madrid: Visor, cap. 9.
CRYSTAL, David (1981): Patología del lenguaje. Madrid: Cátedra, 3ª ed., 1993.
LORENZO, Guillermo & Víctor M. LONGA (2003): Homo Loquens. Biología y evolución del lenguaje. Lugo: Tris Tram.
TOMASELLO, Michael (2003): Constructing a Language. A Usage-Based Theory of Language Acquisition. Cambridge, MA: Harvard U. P.
Competencias(1) Dominar conceptos, terminoloxía básica e métodos que desenvolvan nos alumnos estratexias de observación dos feitos comunicativos e que lles permitan a reflexión e o estudo lingüísticos.
(2) Emprego de recursos e fontes de información que permitan aos estudantes adquirir coñecementos sobre os feitos lingüísticos autonomamente.
(3) Comprender e explicar textos básicos relacionados coa materia.
(4) Expoñer oralmente as reflexións propias relacionadas cos contidos da materia.
(5) Desenvolver a motivación, a atención e o esforzo para a aprendizaxe, así como actitudes de apertura, participación e responsabilidade perante o traballo académico.
Metodoloxía da ensinanza A materia distribuirase en tres horas semanais: unha sesión expositiva (1 hora e media) e unha sesión seminario (1 hora e media) en grupos interactivos. Periodicamente introduciranse titorías programadas en grupos pequenos. Haberá dúas sesións de titorías programadas de 1 hora e media en grupos de dez estudantes. A súa finalidade é guiar o traballo autónomo do alumno.
Utilizaremos o entorno da USC-Virtual para a organización das actividades non presenciais, a entrega de documentos aos alumnos e a comunicación virtual entre todos os membros da aula.
Sistema de evaluación1ª OPORTUNIDADE (MES DE XANEIRO): Realizarase por avaliación continuada: o 40% da cualificación corresponderá ás actividades e traballos realizados e/ou programados nas sesións de seminario e mais nas titorías programadas. O 60% restante corresponderá ao exame de
toda a materia, que versará sobre os contidos das sesións expositivas e das lecturas obrigatorias. Este exame realizarase ao remate do primeiro semestre na data fixada pola Secretaría do Centro.
Os aspectos, criterios e instrumentos de avaliación aparecen reflectidos no seguinte esquema:
ASPECTO
Asistencia, participación e aproveitamento das clases presenciais
CRITERIOS
-Participación activa nas clases
-Calidade científica dos traballos: asimilación de contidos, comprensión dos textos, análises e interpretacións adecuados
INSTRUMENTO
Traballos escritos entregados ou expostos nos seminarios ou nas titorías programadas
VALOR
40%
ASPECTO
Conceptos, métodos e ferramentas aprendidos durante todo o curso
CRITERIOS
-Dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia
-Aproveitamento das lecturas obrigatorias
INSTRUMENTO
-Exame de toda a materia ao remate do primeiro semestre (data fixada pola Secretaría do Centro)
VALOR
60%
2ª OPORTUNIDADE: A avaliación para a convocatoria de xullo efectuarase exclusivamente a través dun exame que incluirá cuestións teóricas e prácticas (correspondentes ás sesións expositivas e ás sesións seminario). Este exame realizarase no mes de xullo na data establecida pola Secretaría do Centro.
ALUMNADO REPETIDOR:
Deberá seguir o mesmo sistema de avaliación da primeira oportunidade.
ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA TEÓRICA:
Os estudantes que teñan concedida polo Decanato a dispensa de asistencia a clase e, polo tanto, non poidan seguir a avaliación continua, deberán falar co profesorado da materia na primeira semana do semestre para establecer un plan de traballo alternativo.
ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL:
O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por razóns de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo á profesora, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria).
URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/integracion.html
Tempo de estudo e traballo persoalSESIÓNS EXPOSITIVAS: 24 (horas presenciais) + 48 (horas non presenciais) = Total 72 horas
SESIÓNS SEMINARIO: 24 (horas presenciais) + 36 (horas non presenciais) = Total 60 horas
SESIÓNS TITORÍA GRUPO: 3 (horas presenciais) + 3 (horas non presenciais) = Total 6 horas
SESIÓNS AVALIACIÓN: 3 (horas presenciais) + 9 (horas non presenciais) = Total 12 horas
TOTAL: 54 (horas presenciais) + 96 (horas non presenciais) = Total 150 horas
Recomendacións para o estudo da materiaSe ben a Lingüística xa non é unha materia novidosa para os estudantes de segundo curso, os contidos do programa están ordenados e secuenciados para facilitar a aprendizaxe progresiva sen perder de vista o conxunto. Faise, por tanto, imprescindible evitar baleiros de comprensión nos temas, xa que limitarán o avance en estadios posteriores. O traballo constante é o factor clave.
(1) As explicacións detalladas dos contidos do programa no aula facilitan a aprendizaxe. A información recibida directamente na clase pódese converter en coñecemento automaticamente coa vantaxe da interacción na dinámica das sesións de seminario.
(2) Sustentar os contidos proporcionados na aula mediante a consulta de fontes bibliográficas específicas para cada tema. A autoaprendizaxe, que será guiada nas titorías programadas, é importante; e a lectura selectiva segundo as pautas marcadas para cada apartado dos temas fornece os mecanismos de autocoñecemento e reflexión crítica.
(3) A posta en práctica dos conceptos e das técnicas de análise é imprescindible para asentar e madurar a preparación na materia mediante a realización dos exercicios propostos.
(4) O estudo é un proceso continuado con resultados de aprendizaxe paulatina e dilatados no tempo.