Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Humanidades  »  Información da Materia

G5091202 - Conceptos fundamentais de Teoría Literaria e Literatura Comparada (Formación Básica (elixir 2 linguas, niveis 1 e 2)) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
  • Áreas: Teoría da Literatura e Literatura Comparada
  • Centro: Facultade de Humanidades
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
RODRIGUEZ FONTELA, Mª ANGELES.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    -Achegarse á tradición dos Estudos literarios con particular atención aos conceptos que son de aplicación directa á análise de textos.
    -Coñecer as grandes áreas de investigación teórica sobre a literatura e a cultura.
    -Visualizar de forma xeral as principais correntes teórico-críticas contemporáneas sobre o fenómeno literario e as súas implicacións.
    -Fundamentar a análise crítica de textos literarios nos niveis formal-estrutural, semiótico, hermenéutico, cultural e sistémico.
    -Coñecer os conceptos e recursos da análise crítica do relato, dos textos poéticos, do texto dramático e teatral /espectacular e dos textos ensaísticos.
    -Coñecer os elementos básicos para poder abordar desde unha perspectiva moderna e interdisciplinar o fenómeno literario como un proceso complexo e suxeito a unha reflexión teórica e comparada.
    -Conseguir fundamentos rigorosos para o seu uso e aplicación nos Estudos literarios.
    -Adquirir conceptos e métodos que desenvolvan nos estudantes estratexias de observación persoal do feito literario.
    -Ampliar o campo de estudo do alumnado cara ás esferas problemáticas do comparatismo actual, é dicir, cara aos eidos que tan só esta disciplina ten como propios.

    Contidos
    1. Modernismo, Posmodernismo, Neobarroco.
    2. Temas e Mitos.
    3. Texto, Oralidade, Performance.
    4. Intermedialidade e Interartes.
    5. Canon, Literaturas emerxentes e Poscolonialismo.
    6. Literatura mundial e Globalización.

    Bibliografía básica e complementaria
    -ABUÍN GONZÁLEZ, A., Escenarios del caos. Entre la hipertextualidad y la "performance" en la era electrónica, Valencia, Tirant lo Blanch, 2006.
    -ABUÍN GONZÁLEZ, A., e C. DOMÍNGUEZ (dirs.), A Literatura Comparada hoxe. Boletín Galego de Literatura: 34, 2005.
    -AGUIAR E SILVA, V.M., Teoria da literatura, Coimbra, Livraria Almedina, 1988.
    -ALONSO, S. (ed.), Música y literatura. Estudios comparativos y semiológicos, Madrid, Arco Libros, 2002.
    -ALTAMIRANO, C. (dir.), Términos críticos de sociología de la cultura, Buenos Aires, Paidós, 2002.
    -BAJTIN, M. (P.N. Medvedev), El método formal en los estudios literarios. Introducción crítica a una poética sociológica, Madrid, Alianza, 1994.
    -BAL, M., Conceptos viajeros en las Humanidades. Una guía de viaje, Murcia, CENDEAC, 2009.
    -BELLER, M., e J. LEERSSEN (eds.), Imagology. The Cultural Construction and Literary Representation of National Characters. A Critical Survey, Amsterdam, Rodopi, 2007.
    -BOURDIEU, P., O campo literario, Ames, Laiovento, 2004.
    -BOURDIEU, P., La distinción. Criterio y bases sociales del gusto, 3ª ed., Madrid, Taurus, 2006.
    -CABO ASEGUINOLAZA, F., e M.C. Rábade Villar, Manual de Teoría de la Literatura, Madrid, Castalia, 2006.
    -CASANOVA, P., La República mundial de las Letras, Barcelona, Anagrama, 2001.
    -CASAS, A. (coord.), Elementos de Crítica literaria, Vigo, Xerais, 2004.
    -DANIEL, U., Compendio de Historia cultural. Teorías, práctica, palabras clave. Madrid, Alianza, 2OO5.
    -EQUIPO GLIFO (dir.), DiTerLi. Base de datos do Dicionario de termos literarios, Santiago de Compostela, Centro “Ramón Piñeiro” para a Investigación en Humanidades, 2006.
    -EVEN-ZOHAR, I., Papers in Culture Research, Tel Aviv, Unit for Culture Research, 2005. Accesíbel en http://www.tau.ac.il/~itamarez/works/books/EZ-CR-2005.pdf.
    -FIGUEROA, A., Nación, literatura, identidade. Comunicación literaria e campos sociais en Galicia, Vigo, Xerais, 2001.
    -GARCÍA CANCLINI, N., Diferentes, desiguales, desconectados. Mapas de la interculturalidad, Barcelona, Gedisa, 2004.
    -GAUDREAULT, A., e F. JOST, El relato cinematográfico: cine y narratología, Barcelona, Paidós, 1995.
    -GINER, S. (coord.), Teoría sociológica moderna, Barcelona, Ariel, 2003.
    -GUILLÉN, C., Entre lo uno y lo diverso. Introducción a la Literatura Comparada, Barcelona, Crítica, 1985.
    -GUILLÉN, C., Múltiples Moradas. Ensayo de literatura comparada, Barcelona: Tusquets, 1998.
    -HURTADO ALBIR, A., Traducción y traductología. Introducción a la traductología, Madrid, Cátedra, 2001.
    -IGLESIAS SANTOS, M. (ed.), Teoría de los polisistemas, Madrid, Arco Libros, 1999.
    -LAGERROTH, U.-B, H. LUND e E. HEDLING (eds.), Interart Poetics. Essays on the Interrelations of the Arts and Media, Amsterdam, Rodopi, 1997.
    -LANDOW, G.P. Hipertexto: La convergencia de la teoría crítica contemporánea y la tecnología, Barcelona, Paidós, 1995.
    -LOTMAN, I., La semiosfera I. Semiótica de la cultura y del texto, Madrid, Cátedra e Universitat de València, 1996.
    -MONEGAL, A. (ed.), Literatura y pintura, Madrid, Arco Libros, 2000.
    -MUÑOZ, J., y Á.M. FAERNA (eds.), Caminos de la hermenéutica, Madrid, Biblioteca Nueva, 2006.
    -ONG, W., Oralidad y escritura: tecnologías de la palabra. México: Fondo de Cultura Económica, 1993.
    -PAYNE, M. (ed.), A Dictionary of Cultural and Critical Theory, Oxford, Blackwell, 2000.
    -PICORNELL, M., e M. PONS (eds.), Literatura i cultura: aproximacions comparatistes, Palma de Mallorca, Lleonard Muntaner Ed., 2009.

    Competencias
    -Entender os obxectivos, posibilidades e métodos dos Estudos literarios no marco dinámico da súa propia tradición.
    -Asumir a pluralidade da noción de "literatura" e dos propios Estudos literarios.
    -Asimilar unha noción ampliada do concepto de "texto" e das análises correlativas.
    -Establecer as metas e mecanismos apropiados dunha análise textual.
    -Correlacionar conceptos como forma, estrutura, código, autoría, lectura, significado, interpretación, repertorio, posición e canon coa análise textual.
    -Entender e saber aplicar os fundamentos da análise narratolóxica, poética, dramático-teatral e ensaística.
    -Comprender unha serie de distincións nocionais básicas indispensábeis para aproximarse aos diferentes aspectos implicados no proceso literario.
    -Entender a diversidade de enfoques e modelos teóricos contemporáneos nos estudos literarios.
    -Asimilar os principios e métodos fundamentais para unha lectura crítica de textos teóricos e comparados.
    -Desenvolver a capacidade de reflexión crítica e de argumentación sobre o feito literario a partir do manexo dunha terminoloxía teórica sólida e absolutamente asimilada.

    Metodoloxía da ensinanza
    O rótulo identificador da materia enténdese en sentido non bipolar senón complementario e dialéctico. Isto significa que os conceptos fundamentais referidos se introducirán con perspectiva á vez teórico-crítica e comparatista, sen restrición a ámbitos lingüísticos ou culturais concretos e procurando activar no alumnado o interese por espazos literarios e artísticos plurais e mesmo pola interrelación entre os mesmos.
    Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura comparada aspira a articularse ademais como unha guía sólida para a comprensión e a utilización dunha serie ampla de nocións de uso frecuente nos Estudos literarios e culturais na actualidade. Esas nocións conforman de seu unha rede ou cartografía conceptual na que é necesario que os alumnos/as saiban orientarse con sentido crítico e proactivo, incorporando ao discurso descritivo sobre o feito literario —con naturalidade, solvencia e criterio propio— eses elementos analíticos e as epistemoloxías correspondentes.
    Outorgar aos conceptos a vertebración da materia implica unha selección atenta e un axuste equilibrado. Considerouse apropiado que cada tema ocupe dúas sesión expositivas, de maneira que haxa tempo suficiente para introducir pausadamente os contidos da materia. Contarase ademais con sesións de balance transversal e de prospectiva sobre cada bloque de temas, p que deixa así mesmo unha marxe de axuste para algún imprevisto que surda durante o curso ou para atender algunha suxestión específica do alumnado destinada a complementar a información compartida.
    As sesións expositivas a cargo do profesorado complementaranse coa participación nas clases dos alumnos/as mediante intervencións individuais que demanden maior claridade, profundidade ou ampliación de contidos, e tamén a través de propostas conxuntas derivadas de intereses específicos do grupo ou dun sector do mesmo. Estas sesións non terán un carácter reservadamente teórico senón que incorporarán dimensións prácticas e aplicacións concretas do marco conceptual presentado ao grupo.
    As sesións de seminario reforzarán a interactividade e os momentos de debate. Os materiais de apoio —textos literarios, teóricos e críticos relacionados cos temas do programa, así como outras producións artísticas e discursivas— están destinados a incentivar unha comunicación posta ao servizo dos obxectivos e competencias expostos no apartado 2 desta Guía. Para estas clases interactivas, recomendase a seguinte distribución para cada tema (dúas sesión):
    -primeira sesión: lectura conxunta de materiais, guiada polo profesor.
    -segunda sesión: intervención pública individual de cada un dos alumnos a partir dos materiais.
    Aula Virtual
    Activarase unha Aula Virtual para a materia e promoverase o uso e aproveitamento dos seus materiais e recursos. A continuidade no seguimento desta ferramenta terá incidencia directa na nota final.


    Sistema de evaluación
    -Á parte do exame final, valorarase a participación na clase, o uso da aula virtual, a elaboración de traballos (como mínimo un individual e un en grupo), a capacidade de interactuar cos compañeiros e a execución doutras actividades prácticas. A nota do exame representa o 60% da calificación final.
    -Da participación en clase e do uso da aula virtual terase en conta a constancia na interactividade, o nivel e o interese das intervencións e o progreso neses parámetros ao longo do curso. Valorarase a disposición a colaborar no marco do grupo, con atención particular á interacción co alumnado Erasmus (integración, apoio mutuo, activación de propostas en común...). Constituirá un 20% da calificación final.
    -Das actividades prácticas (resumos, traballos individuais e en grupo, etc.) valorarase a orixinalidade e a creatividade, a asimilación dos conceptos e modelos de análise expostos, o rigor argumentativo, a presentación escrita e a calidade da exposición oral. Esta avaliación supón un 20% da calificación final.
    -Con independencia desta avaliación tripartita, serán obxecto de estimación positiva (e en caso contrario negativa) a corrección ortográfica e gramatical e a propiedade na expresión oral e escrita, así como a coherencia lóxica do discurso e a capacidade de síntese.
    -Os criterios expostos manterán validez nas calificacións de maio e nas de xullo. Excepcionalmente, estimaranse circunstancias individuais que condicionen o seguimento estrito das tarefas programadas no día a día. Isto pode ter algunha repercusión na distribución 60/20/20 que se vén de detallar.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Ás cincuenta e catro horas presenciais, repartidas entre sesións expositivas (24), interactivas (24), titoriais (3) e de avaliación (3), súmanse noventa e seis horas non presenciais. A distribución destas últimas planifícase orientativamente do seguinte xeito:
    1) Actividades non presenciais dirixidas: 21 horas. — Consulta e estudo da bibliografía recomendada.
    2) Actividades non presenciais libres: 75 horas.
    — Preparación de traballos, debates e outras actividades: 12 horas.
    — Actividades autónomas de libre disposición para preparar a materia: 16 horas.
    — Estudo e reflexión sobre as sesións expositivas, interactivas e titoriais: 16 horas.
    — Seguimento da Aula Virtual: 16 horas. — Titorización non presencial: 3 horas. — Preparación de exames: 12 horas.


    Recomendacións para o estudo da materia
    Recomendacións para o estudo da materia
    Dado que a programación de contidos e prácticas está moi axustada na súa temporalización durante as dezaseis semanas lectivas do segundo cuadrimestre, recoméndase unha asistencia regular e puntual ás clases, o seguimento diario das tarefas programadas, a lectura serea e crítica dos textos de traballo e o uso de todas as canles comunicativas co profesor/a e coas fontes de aprendizaxe.
    En particular aconséllase ao alumnado o aproveitamento das horas de titoría, onde a aprendizaxe pode ser máis personalizada.


    Observacións
    No aproveitamento do programa desta materia é moi estimábel unha competencia lectora rica e plural, non só en sentido cuantitativo senón tamén cualitativo (multixenérica, multicultural e multilingüística). Resulta de especial incidencia o hábito de ler ensaio e de afacerse á consulta e seguimento de revistas especializadas no campo teórico-comparado. É así mesmo pertinente lembrar aquí o carácter teórico-comparado da materia e a apertura do horizonte textual e discursivo a prácticas artísticas e mediais diversas que serán contrastadas coas literarias (narrativas de transmisión oral, pintura, hipertexto, peformance, música, variantes interartísticas, etc.).
    Por último, recoméndase vivamente ao alumnado que poña en relación os contidos abordados nesta materia cos doutras materias afíns, en especial con Teoría e Crítica literarias e cos coñecementos adquiridos sobre as tradicións literarias e culturais propias de cada Grao.

    Continuación da Bibliografía:

    -POZUELO YVANCOS, J.M., Teoría del lenguaje literario, Madrid, Cátedra. 1994.
    -POZUELO YVANCOS, J.M., Poética de la ficción, Madrid, Síntesis, 1993.
    -SAID, E., Cultura e imperialismo, Barcelona, Anagrama, 1996.
    -SANZ CABRERIZO, A. (ed.). Interculturas, transliteraturas, Madrid, Arco Libros, 2008.
    -SARLO, B., La máquina cultural: maestras, traductores, vanguardistas, Buenos Aires, Seix Barral, 2007.
    -SULLÀ, E., El canon literario, Madrid, Arco Libros, 1998.
    -VALDÉS, M.J., La interpretación abierta: Introducción a la hermenéutica literaria contemporánea, Amsterdam, Rodopi, 1995.
    -VEGA, M.J., Imperios de papel. Introducción a la crítica poscolonial, Barcelona, Crítica, 2003.
    -VILARIÑO PICOS, M.T., e A. Abuín González (comp.), Teoría del hipertexto. La literatura en la era electrónica, Madrid, Arco Libros, 2006.
    -VILLANUEVA, D., Teorías del realismo literario, 2ª ed., Madrid, Biblioteca Nueva, 2004.
    -VILLANUEVA, D. (comp.), Avances en Teoría de la literatura, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 1994.
    -VIÑAS PIQUER, D., Historia de la crítica literaria, Barcelona, Ariel, 2002.
    -WAHNÓN BENSUSAN, S., El problema de la interpretación literaria. Fuentes y bases teóricas para una hermenéutica constructiva, Vigo, Academia del Hispanismo, 2009.