G5091223 - Literatura Española do século XV e poesía do século XVI (Maior en Lingua e Literatura Españolas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Áreas: Literatura Española
- Centro: Facultade de Humanidades
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaMateria de 6 créditos,
equivalentes a 150 horas de traballo (50 presenciais 100 non presenciais),
que por congruencia se impartirá en español.
Descriptor: Introdución ao estudo histórico e filolóxico dos principais conceptos, etapas, movementos, estilos, autores e obras da literatura española.
(Aprobada USC 22/12/2008 [cód. G5041121])
É obxectivo básico que os estudantes acaden claros coñecementos sobre o establecido no
descriptor da materia: instalarse na consciencia histórica, filolóxica e estética da literatura española desde as súas orixes á actualidade.
Trátase de preparar ao estudante para afrontar -cos instrumentos adecuados e os métodos ofrecidos pola Filoloxía- o estudo da literatura española e a análise e interpretación dalgúns dos seus textos máis significativos no decurso da historia, iniciándolle na metodoloxía básica da investigación e a crítica literarias, con coñecemento de textos representativos e participación activa.
Presentar un panorama profundo dos principais xéneros, autores, obras e correntes literarias do século XV en España, así como na poesía do XVI, no seu desenvolvemento histórico e nos seus específicos marcos socio-culturais co seu carácter interdisciplinar.
Comprobar como no ámbito da poesía do século XVI tamén se produce a revolución do Humanismo renacentista, aséntanse o racionalismo e o individualismo, consolídanse xéneros e formas novas e asimílanse as influencias das literaturas grecolatina e italiana.
Dado a formulación participativa que se pretende e o carácter práctico, orientativo e tutorial das clases e os seminarios, a asistencia é obrigada e ata será controlada oportunamente.
ContidosCLASES EXPOSITIVAS
1. Prosa do século XV: modalidades. Didáctica. O Libro do Arcipreste de Talavera.
Historia. Os libros de cabalerías: de Paris e Viana a Partinuples.
A narrativa sentimental: Diego de San Pedro e Cárcel de amor.
2. Teatro do século XV: autores e obras. Fernando de Rojas e La Celestina.
Espectáculos paradramáticos.
3. Romancero e lírica tradicional: xénese e desenvolvemento. Teorías. Tipoloxía.
O villancico: temas, métrica e estilo.
4. Poesía de cancionero ou cortesá: orixe, temas, subxéneros, métrica e estilo.
As “poéticas” cancioneriles. Cancioneros, autores e textos destacables.
5. As orixes do mundo moderno. Racionalismo e individualismo. O Humanismo.
Os studia humanitatis. O Renacemento en España. A sociedade do Renacemento.
O novo concepto do mundo e da relixión. A recuperación da Antigüidade.
Os xéneros clásicos e a súa xerarquía. O desenvolvemento da Poética.
6. Poesía do século XVI. A poesía renacentista. O petrarquismo: temas e formas.
Os xéneros clasicistas. Garcilaso de la Vega e o garcilasismo (Boscán, Castillejo, Diego Hurtado de Mendoza, Gutierre de Cetina, Hernando de Acuña).
Frei Luis de León, san Juan da Cruz, Herrera. Figueroa, Aldana, Francisco de la Torre, Medrano, Baltasar del Alcázar, Juan de la Cueva. Poesía relixiosa e épica.
posibles SEMINARIOS
1.- El passo honroso y el Doctrinal de los cavalleros.
2.- Corbacho.
3.- Cárcel de amor.
4.- Juan del Enzina.
5.- Celestina.
6.- Romance.
7.- Villancico.
8.- Canción sefardí.
9.- Canción cortés I.
10.- Canción cortés II.
11.- Jorge Manrique.
12.- Garcilaso.
13.- Cetina.
14.- Fray Luis de León.
15.- San Juan de la Cruz.
Bibliografía básica e complementariaLECTURAS
Ademais das de carácter creativo ou crítico que se recomenden periodicamente ao longo do curso,
1. Textos medievales de caballerías, ed. Viña Liste (Cátedra) [textos 24 a 36].
2. Alfonso Martínez de Toledo: Libro del Arcipreste de Talavera o Corbacho,
ed. Gerli, (Cátedra). [selección*]
3. Diego de San Pedro: Cárcel de amor. (Cátedra, Crítica, Castalia).
4. Fernando de Rojas: La Celestina. (Crítica, Cátedra, Castalia, Espasa).
5. Romancero, ed. Díaz Roig (Cátedra). [selección*]
6. Lírica española de tipo popular, ed. M. Frenk (Cátedra).
7. Poesía de cancionero, ed. Alonso (Cátedra). [selección*]
8. Garcilaso de la Vega: Poesía castellana completa (Cátedra).
9. Fray Luis de León: Poesía (Cátedra).
10. Poesía lírica del siglo de oro (Cátedra). [selección*]
11. San Juan de la Cruz: Poesía (Cátedra).
Recoller en Reprografía
LECTURAS COMPLEMENTARIAS
BIBLIOGRAFÍA XERAL
Ademais da recomendada no curso, poden consultarse:
- F. Rico y A.D. Deyermond (dir. y coord.), Historia y crítica de la literatura española.
Tomo I. Edad Media.
Tomo I/1: primer suplemento, Barcelona, Editorial Crítica.
- F. López Estrada, Introducción a la literatura medieval española, Madrid, Gredos.
- J. Mª Díez Borque, coord., Historia de la literatura española. Tomo I: La Edad Media, Madrid,
Taurus.
- A. D. Deyermond, Historia de la literatura española. Tomo I: La Edad Media, Barcelona, Ariel
—————————————————————————————————————
- F. Rico y F. López Estrada (dir. y coord.), Historia y crítica de la literatura española.
Tomo II y suplº. Siglos de Oro: Renacimiento, Barcelona, Crítica.
- F. Pedraza, Manual de literatura española II. Renacimiento, Cénlit.
- J. Canavaggio, dir., Historia de la literatura española, II. El siglo XVI, Ariel.
- J.M.Díez Borque, dir., Historia de la literatura española II. El Renacimiento y el Barroco
(siglos XVI-XVII), Madrid, Taurus, 19802.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
PRIMARIA
Textos literarios indicados na sección de lecturas.
SECUNDARIA
Manuais de consulta indicados.
Manuais e obras xerais:
Alonso, Álvaro, La poesía italianista, Madrid, Laberinto.
Alvar, Carlos y José M. Lucía Megías, Diccionario filológico de literatura medieval española: textos y transmisión, Madrid, Castalia, 2002.
Boletín bibligráfico de la Asociación Hispánica de Literatura Medieval, 1 (1987) y ss.
Canavaggio, Jean, dir., Historia de la literatura española. I. La Edad Media, Barcelona, Ariel, 1994.
Corominas, Joan (1973): Breve diccionario etimológico de la lengua castellana, Madrid, Gredos, 1973 , 3ª ed.
Curtius, Ernst Robert (1948): Literatura europea y Edad Media latina, trad. de M. Frenk y A. Alatorre, México, FCE, 1955 (1948, 1ª edición).
García de Cortázar, José Angel (1981): La época medieval, en Miguel Artola, dir., Historia de España Alfaguara II, Madrid, Alianza-Alfaguara, 1981, 8ª ed.
Gómez Redondo, Fernando (1999): Historia de la prosa medieval castellana. II. El desarrollo de los géneros. La ficción caballeresca y el orden religioso, Madrid, Cátedra, 1998.
Lacarra, María Eugenia, ed. (1991): Evolución narrativa e ideológica de la literatura caballeresca, Bilbao, Universidad del País Vasco, 1991.
Lapesa, Rafael (1981): Historia de la lengua española, Madrid, Gredos, 1981, 9ª ed. (1942, 1ª ed.).
Manero, M. Pilar, Introducción al estudio del petrarquismo en España, Barcelona, PPV, 1987.
Menéndez Peláez, Jesús, Historia de la literatura española. I. Edad Media, León, Everest, 1993.
Meregalli, Franco, coord., Storia della civiltà letteraria en Spagna I, Turín, UTET, 1990; versión española, Historia de la literatura española. I. Desde los orígenes al siglo XVII, Madrid, Cátedra, 1990.
Pérez-Abadín, S., La oda en la poesía española del siglo XVI, Santiago, USC, 1995.
Prieto, A., La poesía española del siglo XVI, Madrid, Cátedra, 1984-1987, 2 vols.
Viña Liste, José Mª, Cronología de la literatura española. I. Edad Media, Madrid, Cátedra, 1991.
Estudos particulares sobre poesía do Renacemento
Poden atoparse nos xenerais, ademais dos recomendados en clase.
Competencias- Afrontar, cos métodos e instrumentos adecuados e actualizados, o estudo da literatura española do século XV e a poesía do XVI nos seus textos e contextos.
- Coñecer os procedementos e dominar os conceptos (históricos, culturais, lingüísticos, estruturais, retóricos, métricos) para analizar os textos máis representativos da época.
- Ler co seu particular prosodia e interpretar con soltura textos do período estudado.
- Enfocar o coñecemento das etapas matrices da literatura española con vistas ao posterior estudo das seguintes épocas a ela vinculada, a fin de comprobar o carácter orgánico e histórico do sistema literario español.
- Confeccionar de modo claro e ordenado notas persoais, guións e esquemas.
- Ensaiar técnicas didácticas que poidan ser útiles para un futuro exercicio profesional e incitadoras á reflexión e á lectura crítica persoal.
Metodoloxía da ensinanza 1. O curso organízase contando co esforzo persoal e a PARTICIPACIÓN dos alumnos, en colaboración co profesor, como orientador das súas tarefas. Non tanto, pois, pensando en que o profesor impoña o seu ensino e intente dar todos os problemas resoltos, senón no estudante que, orientado, aprende en por si e en relación cos demais membros do curso.
2. A participación realízase coa ASISTENCIA ASIDUA ás clases e seminarios, coa intervención activa neles por medio de preguntas, respostas orais e escritas, formulación de dúbidas, proposición de suxestións, exposicións, ampliacións e discusións ou debates.
3. É necesario, con todo, adaptarse ao ritmo establecido nas clases e aterse á CRONOLOXÍA ou aos prazos que se sinalen para as diversas actividades, por razóns de eficacia e de orde. Puntualidade: cando empece unha clase, por respecto ao grupo, ninguén pode entrar xa no aula.
4. O AULA é o lugar natural de encontro entre o profesor e os seus alumnos; alí estes entregaranlle persoalmente as súas fichas, probas e traballos, e alí seranlles devoltos. As actividades prácticas dos alumnos, por mínimas ou breves que sexan, entregaranse por escrito, preferentemente durante as clases prácticas, ou, se non é posible, ao final das teóricas.
5. Das TITORÍAS colectivas tratarase con preferencia ao principio das clases, de acordo coa necesidade de orientación conveniente para os estudantes.
As consultas persoais e as conversacións particulares de duración previsiblemente prolongada realizaranse no despacho do profesor nas horas sinaladas para TITORÍA. Para elas é conveniente concertar cita previa ao final da clase, cando sexa posible, para evitar así dilatadas esperas e perdas de tempo.
6. O profesor nas súas explicacións de CLASE centrarase fundamentalmente en directrices e conceptos básicos que orienten aos estudantes nas súas lecturas, estudos e reflexións persoais, abordando os seus problemas esenciais e as cuestións que maior interese susciten.
7. Os alumnos, ademais da súa inescusable LECTURA das obras e textos programados, sobre os cales versarán as probas, exames e traballos, poderán servirse para o seu estudo dos manuais de consulta, das introducións e repertorios bibliográficos incluídos nas edicións recomendadas, así como dos guións de traballo que se lles poidan ir facilitando en clase ao longo do curso.
Tamén se facilitará información bibliográfica adicional, máis ampla e detallada, a quen a necesiten para as súas sinxelas investigacións ou estudos concretos do seu interese.
Nas CLASES ofreceranse pautas orientativas para cada un dos 6 temas.
Nos SEMINARIOS, que son aplicación e aclaración do explicado en clase, ademais de verificar as lecturas programadas, trataranse os 15 ítems indicados.
Sistema de evaluaciónA disciplina está integrada por clases teórico-prácticas en aula e seminario que forman un conxunto indisoluble con correspondencia temporal aos 6 créditos.
TRABALLOS ESCRITOS: Daranse normas sobre presentación en clase.
Dous traballos especiais valoraranse xunto coas demais actividades breves desenvolvidas e encargadas nas aulas como o 60% da nota final.
Entrega: 1º, antes do 28 de outubro; 2º, antes do 16 de decembro.
EXAME: na data establecida pola Facultade. O seu valor será o 40% da nota final.
Constará de tres bloques: 1) parte teórica ou desenvolvemento dun tema; 2) análise dun texto correspondente ás obras de lectura obrigatoria; 3) "control de lecturas" propostas.
O obxectivo deste tipo de exame é comprobar a asimilación de coñecementos, a capacidade de relación de datos, o grao de profundidade e adecuación con que se efectuou a lectura das obras propostas, a destreza na análise filológico das mesmas, a coherencia e claridade de conceptos, a capacidade de síntese e a competencia para compor unha exposición escrita fluída, ben organizada, clara e con corrección gramatical e ortográfica.
A PARTICIPACIÓN asidua e activa no curso repercutirá na nota final cun coeficiente entre 0,8 e 1,2, de acordo coa participación no curso.
- Valoración potestativa suplementaria do cartafol/arquivo/dossier co traballo persoal realizado ao longo do curso.
Ademais dos controis periódicos, actividades e traballos escritos, que ponderarán como un 60% da cualificación, haberá un exame final ordinario de tipo recapitulativo sobre o traballado durante o curso que completará o 40% restante.
- Valoración potestativa do cartafol/arquivo/dossier co traballo persoal realizado ao longo do mesmo.
___________________________________________________________________________
A nota das actividades previas ao exame final, se é positiva, conservarase para a SEGUNDA convocatoria final EXTRAORDINARIA, na que se exporá tan só un novo exame.
Se non o for, realizarase entón un exame global sobre todo o planificado no curso.
___________________________________________________________________________
POSIBLES TRABALLOS ESCRITOS E DATA DE ENTREGA (supra)
1. Resumo crítico dun artigo literario
2. Comentario literario dun texto
Tempo de estudo e traballo persoalA materia é cuadrimestral de 6 créditos presenciais, con 3 horas semanais de traballo no aula (2 de clases expositivas e 1 de seminario) ao longo dos meses de setembro a xaneiro.
O volume de horas totais de traballo do alumno, segundo o sistema de créditos ECTS, é de 150 horas (valor de 1 crédito ECTS = 25 horas aprox.) para unhas 15 semanas teóricas de curso académico.
Tendo en conta o calendario escolar oficial, correspóndenlle realmente unhas 15 semanas lectivas, que suman unhas 45/50 horas de traballo no aula [TA] co profesor.
As 100 horas correspondentes ao resto do traballo persoal do alumno convén que se repartan aproximadamente da forma seguinte:
________________________________
30 horas para estudo e aplicación do tratado nas clases [EA]
10 horas para os dous traballos escritos [CHE]
50 horas para a lectura das obras obrigatorias [O]
e complementarias [LC]
10 horas para consulta de manuais e titorías [CT]
___________________________________________________
A programación establecida esixe unha cadencia de lectura dun libro ou selección cada 11 días, para un total dunhas 1200 páxinas, o que equivale a unhas 10 páxinas por día,
que poden asimilarse en menos de 20 minutos diarios.
Recomendacións para o estudo da materia- PRERREQUISITOS para poder inscribirse no curso:
Dominio da lingua española oral e escrita (para alumnos estranxeiros esixirase o nivel B2).
Hábito de lectura.
Nocións xerais ou elementais de historia e literatura.
Bases da análise literaria.
A participación realízase coa ASISTENCIA ASIDUA ás clases e seminarios,
coa intervención activa neles por medio de preguntas, respostas orais e escritas, formulación de dúbidas, proposición de suxestións, exposicións,
ampliacións e discusións ou debates.
É necesario, con todo, adaptarse ao ritmo establecido nas clases e aterse á CRONOLOXÍA ou aos prazos que se sinalen para as diversas actividades,
por razóns de eficacia e de orde.
O AULA é o lugar natural de encontro entre o profesor e os seus alumnos.
Cada alumno, ao recibir 3 horas de orientación colectiva por semana, debe dedicar polo menos outras 6 horas á aplicación persoal da mesma.
ObservaciónsPRERREQUISITOS para poder inscribirse no curso:
Dominio da lingua española oral e escrita (para alumnos estranxeiros esixirase o nivel B2).
Hábito de lectura.
Nocións xerais ou elementais de historia e literatura.
Bases da análise literaria.
No caso excepcional de que non poida ser regular a asistencia á clase, haberá de presentarse a preceptiva Exención de docencia, prevista para casos de enfermidade ou de traballo no horario lectivo.