G5091225 - Literatura española do século XVI : Prosa e Teatro (Maior en Lingua e Literatura Españolas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Áreas: Literatura Española
- Centro: Facultade de Humanidades
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO estudo da prosa e do teatro do século XVI español en castelán abranguerá as seguintes vertentes:
1) Lectura crìtica dunha selección representativa de obras canónicas de ambolos dous xéneros, contextualizada nas pautas creativas do Humanismo renacentista, nos artificios compositivos da obra en sí, na súa intertextualidade, nas fontes e modelos, na sua pertenza a un xénero concreto e nas súas dimensiones pragmáticas (difusión, lectura, fundación dun xénero...)
2) As explicacions do profesor/a acollerán todos estes aspectos dende unha aproximación filolóxica e teórica, previos "estados da cuestión" bibliográfica ate a actualidade e previa reconstrucción de "contextos".
Os obxectivos deste plantexamento son:
1.- Ensinar a leer obras desta época para comprender o seu "senso literal" destas obras do pasado, en primer término. Logo, afondar nos seus outros sensos más imperceptibles (metafórico, alegórico, simbólico) e na sua entidade canónica y "clásica", atendendo tamén ao seu sentido na actualidade. A reconstrucción de contextos literarios e non literarios, o funcionamento das teorías da "aemulatio" no Renacemento. Os seus modelos e intertextualidades.
2.- Acceder á comprensión da "historicidade" dos textos en prosa e teatro escritos nesta centuria.
Contidos1. INTRODUCCIÓN: contexto histórico e filolóxico. O Humanismo renacentista: precedentes e conexións co Humanismo da Italia. Correntes filosóficas e espirituais. Los "Studia Humanitatis". Exégese e comentario de textos. Difusión e lectura
2. A PROSA no século XVI: xéneros e modelos. Libros e lectores.
2.1. Narrativa de ficción no século XVI: xeneralidades e prototipos.
2.1.1. O relato sentimental.
2.1.2. Os libros de cabaleirías.
2.1.3. Os relatos moriscos.
2.1.4. Obras celestinescas: continuacións e imitacións.
2.1.5. O conto e a novela curta.
2.1.6. Os relatos bizantinos.
2.1.7. Os relatos ou libros pastoriles. Jorge de Montemayor e "Los siete libros de La Diana".
2.1.8. O xénero picaresco. "Lazarillo de Tormes".
2.2. A prosa de ideas no século XVI: panorámica e principais modalidades
2.2.1. O diálogo no século XVI. Características e modelos. A obra de Juan y Alfonso de Valdés. "Diálogo de Mercurio y Carón". Outros diálogos.
2.2.2. A prosa epistolar.
2.2.3. A miscelánea ou prosa miscelánica.
2.2.4. Outros xéneros: paremioloxías; biografías exemplares; autobiografías; historiografías; prosa espiritual. A obra de Antonio de Guevara. A prosa de Teresa de Jesús: "Libro de la vida".
3. O TEATRO no século XVI:
3.0. Os lugares da representación. Teatro privado, teatro público.
3.1. Os antecedentes: Juan del Encina y Lucas Fernández.
3.2. Ol teatro cortesán: Gil Vicente y Torres Naharro.
3.3. O teatro relixioso: églogas y comedias. Auto sacramental.
3.4. O teatro escolar. Teatro universitario e xesuita. A comedia humanística. A tradición celestinesca.
3.5. A comedia de impronta italiana e/ou popular: Torres Naharro e Lope de Rueda. Primeiras teorizacións (Lope de Rueda, Juan de la Cueva).
3.6. A traxedia no teatro escenificado do século XVI.
3.7. O teatro profano breve: pasos e entremeses. Lope de Rueda.
** Todo lo concerniente a objetivos, competencias, metodología, calendario, cronograma, sistema de evaluación más detallado, recomendaciones para el buen estudio de la materia y bibliografía complementaria, se encuentra más detallado en la Guía docente de esta materia “colgada” en red desde julio pasado, a la que se accede desde “Secretaría Virtual” de la web de la USC.
Bibliografía básica e complementariaLECTURAS íntegras OBRIGATORIAS:
1. "Lazarillo de Tormes", ed. de Francisco Rico, Madrid, Cátedra, 1987.
2. Montemayor, Jorge de, "Los siete libros de la Diana", ed. de Juan. Montero, Barcelona, Crítica, 1996 // ed. de Asunción. Rallo, Madrid, Cátedra, 1991.
3. Valdés, Alfonso de, "Diálogo de Mercurio y Carón", ed. de Rosa. Navarro, Madrid, Cátedra, 1999 // ed. de J.V. Ricapito, Madrid, Castalia, 1993.
4. El Crótalon, ed. de Asunción Rallo, Madrid, Cátedra, 1982
5. Hermenegildo, A. (ed.), "Antología del teatro español del siglo XVI: del palacio al corra"l, Madrid, Biblioteca Nueva, 1998.
6. Bartolomé de Torres Naharro, “Prohemio” á súa "Propalladia".
7.Lope de Rueda. Paso quinto ou "La tierra de Jauja"
CADERNO”: SELECCIÓN DE TEXTOS COMPLEMENTARIOS DE TRABALLO preparada polos profesores e a disposición dos alumnos dende o primeiro día de clase, na Fotocopiadora. Servirá para traballar con eles na aula total ou parcialmente, segundo a marcha dos seminarios. Recolle anacos das obras seguintes:
-Ovidio, Metamorfosis.- Séneca, Cartas morales a Lucilio.- Marsilio Ficino, Acerca del amor.- Bembo, Los Asolanos.- Castiglione, El cortesano.-Erasmo de Rotterdam, Elogio de la locura, Coloquios familiares, Apotegmas de sabiduría antigua
-Garci Rodríguez de Montalvo, Amadís de Gaula.
-El Abencerraje.
-Jerónimo de Contreras, Selva de aventuras.
-Mateo Alemán, Guzmán de Alfarache (primera parte, 1599).
-Miguel de Cervantes, La Galatea.
-Lope de Vega, La Arcadia.
-Juan de Timoneda, Buen aviso y portacuentos.
-Antonio de Guevara, Epístolas familiares.- Menosprecio de corte y alabanza de aldea.- Relox de príncipes.
-Juan de Valdés, Diálogo de la lengua.
- Cristóbal de Villalón, El Crótalon de Cristóforo Gnofoso
-Teresa de Jesús, capítulos 1 a 10 de Libro de la vida
-Pedro Mexía, Silva de varia lección.
-Fray Luis de León, De los nombres de Cristo.
-Huarte de San Juan, Examen de ingenios para las ciencias.
-Bartolomé de Torres Naharro, Soldadesca
-Lope de Rueda, Eufemia (comedia)
BIBLIOGRAFÍA SECUNDARIA MOI BÁSICA:
-López Estrada (coord.): "Siglos de Oro: Renacimiento", en F. Rico, ed., Historia y crítica de la literatura española (Crítica)
-Pedraza," Manual de literatura española II. Renacimiento" (Cénlit)
-Canavaggio, "Historia de la literatura española, II. El siglo XVI" (Ariel)
-Álvaro Alonso, "La poesía italianista" (Eds. del Laberinto)
-Rallo Gruss, "La prosa didáctica del siglo XVI" (Taurus)
-Carrasco Urgoiti, López Estrada, Félix Carrasco," La novela española en el siglo XVI" (Iberoamericana-Vervuert)
-Díez Borque, "Los géneros dramáticos en el siglo XVI" (Taurus)
-Hermenegildo, "El teatro del siglo XVI" (Júcar).
CompetenciasA lectura e estudio das obras literarias do século XVI (prosa y teatro) proporcionará ao alumno o coñecimento dunha época fundamental da historia literaria en lengua castelá (no en van designada como "primeiro Século de Ouro" das letras españolas clásicas), na que se produce a revolución do Humanismo renacentista, se consolidan xéneros e formas novas e asimilanse as influenzas das literaturas grecolatina e italiana, todo elo para un proxecto de vida que rebasa á literatura, pero en ella se acubilla e expresa.
A aproximación crítica ás obras contribuirá á formación en aspectos técnicos, retóricos e estilísticos, que se poderán exercitar coa práctica de comentarios de textos e mais a realización de traball cutos obrgatorios que oprofesor/ irá propoñendo.
O estudo destes textos ofrecerá, asemade, unha aproximación á ideoloxía, mentalidade, formación intelectual dos escritores, á historia, sociedade, utopías, pensamento filosófico e espiritualidade dunha época, segundo se literaturiza ou ficcionaliza, máis ou menos trascendida e oblicuamente, nas creacións literarias
Metodoloxía da ensinanza -Nas sesións teóricas (un total de entre 28 e 32 horas reais) terá lugar a exposición crítica por parte do docente, previa entrega de esquemas ou de textos informativos, dos sucesivos epígrafes do temario, a fin de que a lección profesoral se combine coa discusión conxunta. Recurrirase, se fai o caso, ao uso de materiais dixitalizados.
-Nas sesiones de seminario (15 horas totais) procederase a comentar e analizar con mais detalle partes das obras íntegras de lectura obrigatoria, co engadido, se é pertinente, de breves pasaxes ou fragmentos das obras consignadas como complementarias. As análises e comentarios poderán ser realizados polos estudiantes, previa orientación do docente. Traballarase con diversos métodos que contribúan a implicar activamente ao alumnado na aprendizaxe da materia.
-As 3 horas de titorías invertiranse en clarificar, axudar, orientar e mesmo proporcionar bibliografía axeitada ao alumno no traballo que debe realizar pola sua conta, así como en proveelo, se fora preciso, de ferramentas para a análise e composición de comentarios escritos. Tambén se allanarán as suas dificultades de comprensión, si xurdiran, dalguns pasaxes dos textos de lectura íntegra obrigada.
Sistema de evaluaciónO principal sistema de avaliaación serán ás prácticas con resultados escritos e o exame final, salvo outra consideración consonte do profesor/a, que contarán porcentualmente, e respectivamente, o 40% e o 60% da calificación final.
A data do examen final será la que resolva determinar o Decanato da Facultade de Filoloxía (USC-Santiago) e mais o da Facultade de Humanidades (USC-Lugo), e que se publicitará a partir de xullo 2011. Poderá consultarse na web da USC. O mesmo cabe dicir para a segunda convocatoria de examen, a de xullo 2011.
Na calificación final tambén serán tidas en conta as intervencions orais, os comentarios escritos e as intervenciones en clases teóricas, seminarios y titorías elaborados polo alumnado.
Sobre o dereito e o deber da asistencia ás clases presenciais, véxase a "Normativa"de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES" (Espazo Europeo de Educación Superior", emanada do Consello de Goberno da USC en acordo do 25 de marzo, http:/www.usc.es/expòrt/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase
Tempo de estudo e traballo persoalAs normativas que rixen a este respecto os estudios de Grao xa estipulan 20 horas de dedicación, pola parte do alumno, ás lecturas íntegras das obras obrigatorias, que xa foron pensadas para que poidan abarcarse en tal cómputo. O alumno saberá repartilas e dosificalas a carón da explicación na aula de tales textos e os seus temas correspondentes.
Para o traballo persoal que, fora de cómputos estrictos, calquera estudiante universitario ha de acometer, recomendase, a maior abundamento, unha dedicación de 2 horas semanais coma mínimo, a fin de cubrir as 70 horas previstas para outras actividades no presenciais (50 horas para o estudio e preparación dos materiais, información e actividades programadas na clase, e 20 horas para a realización de traballos de diverso tipo.
Recomendacións para o estudo da materia-Priorizar temporalmente a lectura dos textos obrigatorios, a fin de que se estea familiarizado con eles antes ou ao tempo no que o profesor/a procede a su explicación e traballo conxunto.
-Leer estes, e outros textos literarios que conveñan, de manera analítica, profunda, crítica e atenta a comprender o que neles "leron" los lectores competentes do século XVI. As anotacións profusas nas edicions recomendadas (por eso son ésas, y non outras) xa lles facilitan esta operación.
-Consultar a bibliografía secundaria básica que se recomenda como "obras de referencia", para aclarar dudas que o estudiante poida por sí so resolver. Ademáis, consultar e asimilar a bibliografía que se opte por recomendar acerca dalguna cuestión máis específica da época, do autor e da obra en sí.
-Adoptar pautas de traballo persoal constantes, que eviten a nociva acumulación de lecturas e de estudio nas semans previas ao examen final.
ObservaciónsAos ESTUDIANTES EXTRANXEIROS, sexan "Erasmus" ou de "Intercambio", se lles demanda un nivel de coñecimento da lingua castelá ou española acorde co nivel de traballo, lecturas e comprensión crítica destes xéneros dunha parcela antigua da nosa historia literaria do século XVI.
Segundo o descriptor desta materia, recomendase unha formación previa, para todos os estudiantes, naa que, entre outros aspectos,"debe dominarse a lingua española oral e escrita (en alumnos extranxeiros exisirase o nivel B2), poseer o hábito da lectura, nocions de historia e de literatura, así como as bases da análise literaria".