G5091321 - Fonética e Fonoloxía históricas do Español (Maior en Lingua e Literatura Españolas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Lingua Española
- Áreas: Lingua Española
- Centro: Facultade de Humanidades
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaProporcionar ao alumno os instrumentos teóricos e prácticos que lle permitan:
1. Coñecer e identificar os cambios fonéticos operados desde o latín ata a actualidade
2. Coñecer e identificar os cambios fonolóxicos producidos desde o sistema do latín ata o sistema do español actual.
3. Abordar a interpretación fonético-fonolóxica de textos casteláns correspondentes a etapas anteriores na evolución da lingua, en especial á etapa medieval.
ContidosTema 1. Breve introdución: fonética e fonoloxía diacrónicas. Obxecto e métodos
1.1. Fenómenos evolutivos fonéticos
1.1.1. Tipoloxía dos cambios fonéticos
1.1.2. A actuación analóxica e a lei fonética
1.2. Fenómenos evolutivos fonolóxicos
1.2.1. Determinacións interna e externa do cambio fonolóxico
1.2.2. Tipoloxía dos cambios fonolóxicos
Tema 2. O vocalismo: cambios fonéticos e fonolóxicos
2.1. Do sistema vocálico do latín clásico ao sistema romance hispánico
2.2. Vocais tónicas e átonas
2.2.1. Cambios fonéticos xenerais
2.2.2. Cambios fonéticos condicionados
Tema 3. O consonantismo: cambios fonéticos e fonolóxicos
3.1.O sistema consonántico do latín clásico.
3.2. Evolución fonética: Consonantes iniciais, interiores e finais
3.2.1. Cambios fonéticos xenerais
3.2.2. Cambios fonéticos condicionados
3.3. Do sistema consonántico do latín clásico ao sistema consonántico do español actual.
3.3.1. A lenición consonántica protorromance occidental
3.3.2. O sistema consonántico do castelán medieval. Fonemas e “ortografía alfonsí”
3.3.3. A constitución do sistema fonolóxico español moderno.
Bibliografía básica e complementariaAlarcos Llorach, Emilio (1950): “Fonología diacrónica del español”, en Fonología española, Madrid: Gredos, 1986, 4ª ed.
Cano Aguilar, Rafael (1988): El español a través de los tiempos, Madrid: Arco/Libros, 1988.
Cano Aguilar, Rafael (coord.) (2004): Historia de la lengua española, Madrid: Ariel, 2004.
Corominas, Joan (1973): Breve diccionario etimológico de la lengua castellana, Madrid: Gredos, 1973.
Lapesa, Rafael (1942): Historia de la lengua española, Escelicer, Madrid, 1942; 9ª ed., corregida y aumentada, Madrid: Gredos, 1981.
Lloyd, Paul M. (1987): From Latin to Spanish, vol I, Historical Phonology and Morphology of tne Spanish Language, The american Philosophical Society, Philadelphia, 1987; vers. esp. de la Del latín al español I. Fonología y morfología históricas lengua española, Madrid: Gredos, 1993.
Menéndez Pidal, Ramón (1904) Manual elemental de gramática histórica española, Victoriano Suárez, Madrid, 1904; 6ª ed. revisada, Manual de gramática histórica española, Madrid: Espasa-Calpe, 1941.
Penny, Ralph (1991): A History of the Spanish Language, Cambridge University Press, Cambridge, 1991. Trad. esp. de José Ignacio Pérez Pascual y Mª Eugenia Pérez Pascual: Gramática histórica del español, Barcelona: Ariel, 1993.
Pensado Ruiz, Carmen: Cronología relativa del castellano. Salamanca: Universidad de Salamanca, 1984.
Competencias1. Competencias xerais
–– Capacidade de comprensión, análise e síntese.
–– Capacidade de comunicación oral e escrita.
–– Capacidade reflexiva, crítica e asociativa
–– Dominio instrumental avanzado da lingua española (en alumnos non nativos esixirase un nivel de español B2)
2. Competencias específicas
–– Coñecementos básicos de latín
–– Coñecementos de fonética e fonoloxía do español correspondentes ao terceiro curso de grao.
Metodoloxía da ensinanza Dadas as características da materia, aplicarase un método de interrelación constante entre o compoñente teórico, de explicación da xénese e difusión dos cambios fonéticos e fonolóxicos, e o compoñente práctico, no que priman a identificación e comprensión de cada unha das fases evolutivas que caracterizan, desde o nivel gráfico ata o fonolóxico, as distintas etapas da lingua.
As clases teóricas consisten na explicación do programa por parte do profesor, a quen corresponde tamén a aplicación práctica da teoría durante as primeiras semanas do curso –– posto que se trata dunha materia descoñecida para o alumno––; nas semanas subseguintes, os alumnos incorporaranse progresivamente á reflexión teórica e a aplicación práctica, sempre sobre a base do xa explicado. Pola súa banda, as clases prácticas centraranse na elaboración de exercicios, o cal permitirá ao alumno pór en xogo os seus coñecementos, razoar sobre o apreso e entrar en discusión sobre os aspectos teóricos que poida considerar problemáticos; así mesmo permitirá ao profesor o control do traballo do alumno ao longo do curso.
Sistema de evaluación1ª oportunidade (mes de xaneiro)
A avaliación será continua, con tres aspectos avaliables cuxo valor porcentual é o seguinte: (a) Asistencia a clase e participación activa do alumno: 5% do total (porcentaxe mínima de asistencia para que este aspecto sexa tido en conta: 80%). (b) Exercicios: 25% do total. (c) Exame final: 70% do total.
2ª oportunidade (mes de xullo)
Limitarase ao exame escrito teórico-práctico dos contidos do programa, que suporá o 100% da cualificación.
Alumnado con dispensa de asistencia
Para os alumnos que obteñan dispensa de asistencia a clase e a acredíten debidamente, a avaliación limítase ao exame final que suporá o 100% da nota e que se realizará nas datas oficiais que fixe a Facultade. Este sistema de avaliación aplicarase tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Tempo de estudo e traballo persoalAínda que o tempo de traballo varía dependendo cuestiones comprensión, atención e organización individuais, é posible calcular que o traballo persoal do alumno supón unha hora e media por cada hora de exposición teórica.
En canto á preparación de sesións prácticas, o tempo calculado é dunhas dúas horas por cada hora de seminario ou clase práctica. Se todo isto leva a cabo correctamente, a preparación do exame final requirirá só entre catro e seis horas.
Recomendacións para o estudo da materiaA aprendizaxe da materia esixe un traballo continuado e acumulativo, pois non é posible a correcta descrición e explicación das evolucións fonéticas e fonolóxicas se se teñen en conta só os cambios vocálicos, ou só os consonánticos. Xa que logo, sempre é necesario recorrer aos coñecementos adquiridos desde o comezo ata o final do curso.