Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Humanidades  »  Información da Materia

G5091322 - Literatura española do século XVII : poesía (Maior en Lingua e Literatura Españolas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
  • Áreas: Literatura Española
  • Centro: Facultade de Humanidades
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Juan Bolufer, M De Los Desamp.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    1) Análise da evolución da poesía española do século XVII (1580-1650) a través dos seus principais autores e obras.

    2) Estudo das figuras poéticas máis destacadas, Góngora, Lope de Vega e Francisco de Quevedo, representantes de tres orientacións poéticas diferentes.
    Contidos
    Tema 1. - Escolas, xeracións e grupos poéticos durante o século XVII. A "escola sevillana". Os poetas aragoneses. Os poetas madrileños. Os medios de difusión da poesía lírica.
    Tema 2. Teorías e xuízos sobre a poesía. As polémicas en torno á dificultade poética. As nocións de "concepto" e "agudeza".
    Tema 3. A poesía de Góngora. Sinopse biográfica. Difusión das súas obras. Métrica. Temas. Principais trazos estilísticos. O teatro de Góngora. "Polifemo e Galatea". Comentaristas e anotadores de Góngora. A súa influencia noutros escritores españois.
    Tema 4. A poesía de Lope de Vega. Os seus xuízos sobre a poesía. Inventario da súa obra poética. Os romances. As "Rimas". As "Rimas sacras". "Rimas de Tomé de Burguillos".
    Tema 5. A poesía de Quevedo. Teoría literaria. Difusión dos seus poemas. A poesía moral. A poesía satírica e burlesca. A poesía amorosa. As silvas.

    Textos de lectura obrigatoria:
    a) Luis de Góngora: "Antología poética", ed. de A. Carreira, Madrid, Barcelona: Crítica, 2009.
    b) Lope de Vega: "Poesía selecta", ed. de A. Carreño, Madrid, Cátedra, 1984.
    c) Francisco de Quevedo: "Poesía varia", edición de J. María Pozuelo Yvancos, Madrid: Biblioteca Nueva, 1999. "Poesía varia", edición de J.O. Crosby, Madrid, Cátedra, 1982.
    d) Así mesmo, serán de lectura obrigatoria todos os poemas doutros poetas que se faciliten durante o curso.
    Bibliografía básica e complementaria
    1. Xeral
    AGRAIT, Gustavo: El “beatus ille” en la poesía lírica del Siglo de Oro, Universidad de Río Piedras, 1971.
    ALBORG, Juan Luis: Historia de la literatura española. Siglo XVII, Madrid: Gredos, 1970 y ss.
    CABAÑAS, Pablo: El mito de Orfeo en la literatura española, Madrid: CSIC, 1948.
    COSSÍO, José M. de: Fábulas mitológicas en España, Madrid: Istmo, 1998.
    BAEHR, Rudolf: Manual de versificación española, Madrid: Gredos, 1973.
    FERRI COLL, J. M., Las ciudades cantadas. El tema de las ruinas en la poesía española del Siglo de Oro, Alicante: Universidad, 1995.
    FUCILLA, Jospeh. G.: Estudios sobre el petrarquismo en España, Madrid: Anejo RFE, 1960.
    GALLEGO MORELL, Antonio: El mito de Faetón en la literatura española, Madrid: CSIC, 1965.
    GARCIA AGUILAR, IGNACIO: Poesía y edición en el Siglo de Oro, Madrid: Calambur, 2009.
    LÓPEZ BUENO, Begoña: La poética cultista de Herrera a Góngora, Sevilla: Alfar, 1987.
    MARAVALL, José Antonio: La cultura del Barroco, Barcelona: Ariel, 1975.
    PARKER, Alexander: La filosofía del amor en la literatura española. 1480-1680, Madrid: Cátedra, 1987.
    RUIZ PEREZ, Pedro: La rúbrica del poeta, Valladolid: Universidad, 2009.
    SÁNCHEZ, José: Academias literarias del Siglo de Oro español, Madrid: Gredos, 1961.


    2. Góngora
    Alonso, Dámaso: Góngora y el gongorismo, Madrid: Gredos, 1978-1984, 3 volúmenes.
    Orozo, Emilio: Lope y Góngora, frente a frente, Madrid: Gredos, 1973.
    Woods, Michael: The Poet and the Natural World in the Age of Góngora, Oxford: University Press, 1978.


    3. Lope de Vega

    Alonso, Dámaso: Poesía española. Ensayo de métodos y límites estilísticos, Madrid: Grados, 1971
    Carreño, Antonio: El romancero lírico de Lope de Vega, Madrid: Gredos, 1978.
    Zamora Vicente, Alonso: Lope de Vega. Su vida y su obra, Madrid: Gredos, 1969.

    4. Quevedo
    Alonso Veloso, María José: Tradición e ingenio en las letrillas, las jácaras y los bailes de Quevedo, Vigo: Universidad, 2005.
    Arellano, Ignacio. Poesía satírico-burlesca de Quevedo, Pamplona: Eunsa, 1984
    Candelas Colodrón, M. A.: La poesía de Quevedo, Vigo: Universidad, 2007.
    Rey, Alfonso: Quevedo y la poesía moral española, Madrid: Castalia, 1995


    Competencias
    O estudo da complexa poesía de Góngora, Lope de Vega, Quevedo constituirá unha axeitada mostra do rigor filolóxico con que se debe afrontar o estudo da literatura do pasado. Adicionalmente, axudará a coñecer outros aspectos da historia da literatura española, por exemplo, as escolas poéticas do século XX, así como a entender mellor a literatura europea do Renacemento e Barroco.
    Metodoloxía da ensinanza
    Nas sesións teóricas (en torno a 33 horas) terá lugar a lección do profesor, centrada en aspectos históricos, culturais e terminolóxicos, tomando como referencia os textos de lectura obrigatoria.
    Nas sesións de seminario (en torno a 15 horas) afondaranse no comentario dos textos de lectura obrigatoria, estudando co máximo detalles os seus aspectos temáticos, estilísticos e métricos.
    As 3 horas de titorías de despacho dedicaranse a axudar ao alumno resolvendo as súas dúbidas ou ampliando a súa información.
    Eventualmente, proporcionaranse materiais de traballo a través da AULA VIRTUAL DA USC.
    Sistema de evaluación
    A asistencia a clase é obrigatoria.
    Participación activa nas clases e realización de traballos: 20%
    Exame final: 80 %
    Avaliación en segunda convocatoria: 80% por exame final e 20% por traballos realizados durante o curso.
    Alumnos con dispensa de asistencia: exame final 100%.

    Sobre o dereito e o deber da asistencia ás clases presenciais, véxase" a recente "Normativa" de asistencia a clase nas ensinanzas "adaptadas ao EEES" (Espazo Europeo de Educación Superior", emanada do Conselo de Goberno dá USC en acordo do 5 de xuño de 2012: http:/www.usc.es/expòrt/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Sesións expositivas: 32 horas.
    Sesións de seminario: 16 horas.
    Elaboración de traballos: 20 horas.
    Lecturas complementarias: 10 horas.
    Sesións de avaliación: 3 horas.
    Preparación de exames: 18

    Para o traballo persoal recoméndase unha dedicación de 2 horas semanais co fin de cubrir un total de 60 horas: 40 para o estudo e 20 para a realización de traballos de diverso tipo.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Levar ao día todo tipo de lecturas e traballo, dando prioridade aos textos obrigatorios.
    Ler estes e outros textos literarios que conveñan de xeito analítico, con perspectiva histórica.
    Consultar a bibliografía secundaria básica.