Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Humanidades  »  Información da Materia

G5091323 - Literatura Hispanoamericana ata o século XIX (Maior en Lingua e Literatura Españolas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
  • Áreas: Literatura Española
  • Centro: Facultade de Humanidades
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CHOUCIÑO FERNANDEZ, ANA GLORIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    1.- Estudar, a través dun enfoque histórico, as principais etapas, movementos, autores e obras da Literatura Hispanoamericana dende os seus comenzos ate o século XIX.
    2.- Exercitarse no comentario de textos literarios da etapa estudada para identificar os matices temáticos e estilísticos propios das letras hispanoamericanas.
    3.-Coñecer e manexar os principais materiais documentais e fontes bibliográficas (primarias e secundarias) para procurar autónomamente un máis profundo dominio da disciplina.
    4.- Coñecer as características e particularidades básicas da cultura hispanoamericana ate o século XIX (históricas, intelectuais, artísticas) a través dos seus textos literarios
    5.-Comprender e valorar a contribución da literatura hispanoamericana ao conxunto das culturas hispánica e occidental.


    Contidos
    SECCIÓN PRIMEIRA: O PERÍODO COLONIAL EN AMÉRICA LATINA

    TEMA 1. Introducción aos estudos literarios latinoamericanos
    1.1.-Contidos Teóricos.
    O concepto de literatura hispanoamericana. Zonas culturais hispanoamericanas.
    1.2 Contidos Prácticos
    Selección de textos

    TEMA 2. A crónica de Indias
    Contidos Teóricos.
    2.1.-Introducción aos xéneros cronísticos.
    Contidos Prácticos.
    2.2.-Selección de textos.

    TEMA 3 Renacemento e Barroco hispanoamericanos.
    Contidos Teóricos
    3.1.-Lírica e épica renacentista e barroca.
    Contidos Prácticos.
    3.2.-Selección de textos.

    SECCIÓN SEGUNDA: A LITERATURA HISPANOAMERICANA DO SÉCULO XIX

    TEMA 4. A literatura da independencia.
    Contidos Teóricos.
    4.1.- Da producción literaria da emancipación ao romanticismo.
    4.2.- O xénero gauchesco.
    Contidos prácticos
    4.3.- Leitura: E. Echeverria, “El matadero”.

    TEMA 5.- Proceso da novela do século XIX.
    Contidos Teóricos.
    5.1.- A novela romántica e realista-naturalista.
    Contidos prácticos.
    5.2.-Leitura: G. G. Avellaneda, Sab/ o Jorge Isaacs María
    E. Cambaceres, Sin rumbo.

    TEMA 6.- O ensaio en tempos da modernidade.
    Contidos Teóricos.
    6.1.- O pensamento espiritualista.
    Contidos Prácticos.
    6.2.- Leitura: J.E. Rodo, Ariel.




    Bibliografía básica e complementaria
    Leituras Obligatorias
    -Selección de textos: textos ilustrativos de etapas, autores, e obras (fotocopiadora).
    -Sor Juana Inés de la Cruz: Poesía lírica, Cátedra, (ed. de González Boixo).
    -Esteban Echeverría: El matadero. Cátedra, (ed. de Leonor Fleming),
    -G.Gómez de Avellaneda: Sab//Jorge Isaacs: María, Cátedra (ed. Donald McGrady).
    - E. Cambaceres, Sin rumbo, Madrid, Cátedra, (ed. Claude Cymerman).

    Bibliografía secundaria fundamental
    FERNÁNDEZ, Teodosio, Becerra e Millares, Historia de la literatura hispanoamericana. Madrid, Universitas, 1995.
    MADRIGAL, Luís Íñigo, Historia de la literatura hispanoamericana, Madrid, Cátedra, 1996 (2 vol).
    OVIEDO, José Miguel, Historia de la literatura hispanoamericana, Madrid, Alianza, 1997 (vol. 1, “De los orígenes a la emancipación” y vol. 2 “Del Romanticismo al Modernismo”).
    RAMA, Ángel, La ciudad letrada, Hanover, Ediciones del Norte, 1984.


    Competencias
    En relación cos obxectivos enumerados, atópanse as competencias que se citan a continuación e que se espera que o alumno acade ou perfeccione ao cursar esta materia:

    Competencias Xerais:
    1.- Capacidade de estudio organizado (e distribuido ó longo dun cuadrimestre) dos contidos conceptuais dunha materia e de relacionalos con outros adquiridos nas materias cursadas anteriormente.
    2.- Aptitude para percibir as características da materia a través das súas manifestacións documentais.
    3.- Valoración da contribución da literatura hispanoamericana ao conxunto das culturas hispánica e occidental.
    Competencias xerais e específicas:
    4.- Coñecemento, selección, clasificación e síntesis das fontes bibliográficas da disciplina, que permitan ao alumno autonomía na aprendizaxe da mesma.
    Competencia específica:
    5.- Perfeccionamiento do análisis crítico ca práctica do comentario de textos literarios hispanoamericanos ate o século XIX. Para elo é necesario o reforzo do hábito de leitura e a sistematización da práctica do comentario a través dunha guía ou modelo concreto (que o propio alumno pode desenvolver persoalmente ou con asistencia dos profesores).

    Metodoloxía da ensinanza
    A literatura hispanoamericana do século XIX é unha materia de 6 créditos ECTS, o que supón para o alumno unha carga de traballo de 150 horas que serán repartidas entre horas presenciais e horas de traballo autónomo.

    As horas presenciais dividiránse en aulas expositivas e interactivas.
    As aulas expositivas seguirán os temas propostos a través dunha panorámica histórica das épocas ou períodos a estudar. Os profesores realizarán unha breve presentación dos contextos histórico-culturais e da traxectoria dos principais xéneros, tendencias ou escolas, autores e máis obras da literatura hispanoamericana ate o século XIX inclusive.
    As clases prácticas poderán centrarse en diversas actividades a criterio dos profesores, que o anunciarán oportunamente:
    1º.- Lectura e comentario (escrito) de textos literarios. Esta actividade pretende que o alumno desenvolva a súa capacidade crítica e amplíe os seus coñecementos sobre os contidos teóricos. Espérase que o alumno realice un análisis o máis profundo posible das manifestacións textuais ás que se enfrente: que sexa capaz de captar os aspectos temáticos, formais e estilísticos para poder chegar a comprender o seu sentido en tódalas súas dimensións (como texto autónomo e como producción artística no seu momento histórico). Poñerase atención especial en aqueles asuntos que teñan que ver cas especificidades da literatura hispanoamericana.
    2ª.- Lectura e discusión de textos críticos (seleccionaránse entre a bibliografía secundaria e repartirase copia dos mesmos). A criterio do profesor, os alumnos poderán preparar unha ficha (entregarán copia) cos puntos principais de textos da bibliografía secundaria. (Proporcionaríase un modelo para a preparación da ficha).
    3º.- Exposicións orais: poderán ser asignados textos críticos diferentes a cada alumno para a súa presentación (con un modelo a seguir). O alumno debe preparar un guión sobre a súa leitura e repartir copias aos compañeiros de aula. Estes exercicios poden ser plantexados como actividades de traballo individual e/ou en grupo.
    4º.- Titorías personalizadas nas que os alumnos consultan dúbidas e comentan o traballo realizado cos profesores.

    Sistema de evaluación
    Realizarase un examen final que contará o 60% da calificación global do curso. A parte práctica contabilizará o 40% restante, según o seguiente cómputo:
    Comentarios de texto: 30%
    Outras actividades: participación nas discusiones e exposiciones orais: 10%.
    O examen será escrito. Consistirá en dúas preguntas teóricas e dous comentarios de textos sobre pasaxes das obras de lectura obrigatoria. A proba medirá o dominio dos diferentes niveis de análisis textual, a asimilación dos conceptos teóricos e a expresión.
    O examen poderá conter tamén unha proba de leitura que consistirá na identificación e clasificación dunha serie de citas e fragmentos das obras de leitura obrigatoria.

    Valoraráse muy positivamente a lectura das obras recomendadas.

    ***Nas convocatorias extraordinarias aplicaránse os mesmos requisitos e criterios de avaliación que na ordinaria, debendo entregar o alumno os exercicios prácticos indicados polos docentes da materia no día do exame.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas Presenciais:
    18 horas teóricas: 6 temas
    18 horas de discusións e comentarios de textos
    2 horas para titorías persoalizadas
    4 horas para exámen.
    Total: 42 Horas

    Horas de traballo persoal.
    40 horas de leitura obras literarias.
    20 horas de leitura de bibliografía secundaria para la ampliación da materia:
    20 horas de prácticas individuais de comentarios de texto.
    30 horas de preparación exámenes
    Total: 110 Horas

    Horas presenciais: 42
    Horas traballo autónomo: 110
    TOTAL HORAS ECTS: 152

    Recomendacións para o estudo da materia
    Espérase que o alumno prepare adecuadamente as clases (debe ler as obras e textos antes da presentación dos temas teóricos) e que teña unha participación activa, informada e pertinente nas CLASES PRÁCTICAS (INTERACTIVAS).

    Recoméndase revisar ou poñerse ao día nas técnicas de comentario de textos, incluindo cuestións de métrica e recursos retóricos.