G5091325 - Gramática Española 3 : Morfoloxía (Maior en Lingua e Literatura Españolas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Lingua Española
- Áreas: Lingua Española
- Centro: Facultade de Humanidades
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaa) Coñecer as unidades da análise morfolóxica e saber aplicalas na descrición da estrutura da palabra
b) Comprender os mecanismos de creación léxica
c) Entender o funcionamento das categorías nominais e verbais do español
Contidos1. A Morfoloxía como estudo da estrutura da palabra
2. As unidades da análise morfolóxica
3. Morfoloxía derivativa e morfoloxía flexiva
4. Aspectos básicos da análise morfolóxica
5. As categorías gramaticais do español
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA XERAL DE CARÁCTER BÁSICO
1. ANÁLISE MORFOLÓXICA
Academia, Real __ Española: Esbozo de una nueva gramática de la lengua española, Madrid, Espasa-Calpe, 1973. Segunda parte: Morfología, págs. 163-346.
Lang, Mervyn F. (1990): Formación de palabras en español, Madrid, Cátedra, 1992.
Lyons, John: Introducción en la lingüística teórica, Barcelona, Teide, 1977, págs. 283-346 y 362-401.
Matthews, Peter H.: Morfología. Introducción a la teoría de la estructura de la palabra, Madrid, Paraninfo, 1980, caps. 1-9.
Moreno Cabrera, Juan Carlos: Curso universitario de lingüística general, tomo II: Semántica, pragmática, morfología y fonología, Madrid, Síntesis, 1994, caps. 15-18.
Pena, Jesús: “La palabra: estructura y procesos morfológicos”, Verba, 18, 1991, págs. 69-128
Scalise, Sergio: Morfología generativa, Madrid, Alianza Editorial, 1987.
2. CATEGORÍAS GRAMATICAIS
Alarcos Llorach, Emilio (1980): Estudios de gramática funcional del español, Madrid, Gredos, 2ª ed., págs. 50-89.
Lyons, John (1968): Introducción en la lingüística teórica, Barcelona, Teide, págs. 283-346 y 362-401.
Pena, Jesús (1985): “Las categorías gramaticales: sobre las denominadas ‘categorías verbales’”, Verba, 12, págs. 5-29.
Rojo, Guillermo (1990): “Relaciones entre temporalidad y aspecto en el verbo español”, en I. Bosque (ed.): Tiempo y aspecto en español, Madrid, Cátedra, 1990, págs. 17-43.
CompetenciasTema 1
a) Comprender algúns aspectos básicos da unidade ‘palabra’
b) Discernir as partes posibles da morfoloxía
c) Recoñecer interrelaciónelas ou interfaces da morfoloxía coas outras partes da gramática
Tema 2
a) Saber delimitar e definir as unidades básicas do compoñente morfolóxico dunha lingua
b) Saber definir e identificar as unidades raíz, afijo, tema e base
c) Saber definir o morfema e coñecer os distintos criterios de clasificación
Tema 3
a) Distinguir entre as regras de formación de palabras (RFP) e as regras de flexión (RF)
b) Delimitar os distintos tipos de procesos para crear novas palabras
c) Recoñecer a estrutura dunha forma flexiva e definir o que é un paradigma flexivo
Tema 4
a) Comprender os aspectos básicos na análise formal da palabra
A segmentación da palabra en morfemas
A agrupación dos alomorfos
Os criterios para a clasificación dos alomorfos
b) Entender as dificultades e limitacións que presenta a análise morfolóxica
Tema 5
a) Identificar as categorías gramaticales flexivas ou propiedades morfosintácticas expresadas mediante flexión
b) Coñecer as oposicións de significado no paradigma nominal
c) Coñecer as oposicións de significado no paradigma verbal
Metodoloxía da ensinanza O curso ten unha vertente teórica e outra práctica. En principio, o labor docente repartirase do seguinte modo: dúas horas de clase semanais de exposición e explicación por parte do profesor/a e unha hora semanal dedicada á formulación, resolución e comentario de cuestións e exercicios cunha finalidade fundamentalmente práctica, sen descartar o labor intelectivo e a capacidade crítica do alumno no seu proceso gradual de aprendizaxe.
Sistema de evaluación1. Procedemento seguido na ‘oportunidade ordinaria’
A avaliación será continuada, con exercicios en clase, ademais do exame
final obligatorio. Os exercicios consistirán nunha serie de probas breves de tipo teórico e, sobre todo, de tipo práctico, cuxo fin será o seguimiento continuado e progresivo do traballo do alumno ao longo do curso.
Na cualificación final, a participación activa en clase representará ata un 10% da
nota, as probas supoñerán ata un 40% e ao exame final corresponderalle o 50%.
2. Procedemento seguido na ‘oportunidade extraordinaria de recuperación’
Haberá un exame referido á totalidade dos contidos do programa.
Tempo de estudo e traballo persoalAs actividades non presenciais ocuparán ao alumno 96 horas de traballo, o que sumado ás 54 horas de traballo no aula supón 150 horas, equivalentes a 6 créditos ECTS.
ObservaciónsRequisito previo para cursar esta materia:
Dominio instrumental avanzado da lingua española (en alumnos non nativos esixirase
nivel de español B2).