G5091326 - Literatura española : Ilustración e Romanticismo (Maior en Lingua e Literatura Españolas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Áreas: Literatura Española
- Centro: Facultade de Humanidades
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaEstudo da produción literaria española do século XVIII e da primeira metade do século XIX, da Ilustración e do Romanticismo, enmarcada no seu correspondente proceso histórico (social, político, ideolóxico, cultural, estético), a través da lectura, explicación e análise das obras e textos máis representativos dos autores fundamentais indicados no PROGRAMA.
ContidosPROGRAMA
A. O século XVIII. A Ilustración
Tema I. Introdución. Historia, Arte e Cultura no século XVIII. A literatura española no século XVIII: temas e problemas.
Tema II. A prosa
Lectura 1: Selección de textos de FEIJOO, Teatro Crítico Universal, Cartas Eruditas e Curiosas; CADALSO, Cartas marruecas; JOVELLANOS, Memoria sobre [...] espectáculos y diversiones públicas.
Tema III. A poesía
Lectura 2: Selección de poesía española do século XVIII (ed. Reyes Cano, Cátedra).
Tema IV. O teatro
Lectura 3: FERNÁNDEZ DE MORATÍN, El sí de las niñas (ed. Pérez Magallón, Crítica).
B. A primeira metade do século XIX: O Romanticismo
Tema V. O Romanticismo na cultura europea. A literatura romántica española: temas e problemas.
Tema VI. A prosa
Lectura 4: LARRA, selección de Artículos (ed. Pérez Vidal, Crítica); GIL Y CARRASCO, El señor de Bembibre (ed. Rubio Cremades, Cátedra).
Tema VII. O teatro
Lectura 5: RIVAS, Don Álvaro o la fuerza del sino (ed. Lama, Crítica).
Tema VIII. A poesía
Lectura 6: ESPRONCEDA, selección de textos (ed. Ynduráin, Cátedra).
Bibliografía básica e complementariaAGUILAR PIÑAL, F., Introducción al siglo XVIII, en R. de la Fuente (dir.), Historia de la Literatura Española, Madrid: Júcar, 1991.
ALBIAC BLANCO, María-Dolores, Razón y sentimiento. El siglo de las Luces (1692-1800), en IV, Historia de la Literatura española, José-Carlos Mainer, (dir,), Barcelona, Crítica, 2011.
ALBORG, J. L., Historia de la Literatura Española. III. Siglo XVIII, Madrid: Gredos, 1975.
_____, Historia de la Literatura Española. IV. El Romanticismo, Madrid: Gredos, 1980.
CARNERO, G. (ed.), Siglo XVIII (I). Siglo XVIII (II), en V. García de la Concha (dir.), Historia de la Literatura Española, 6 e 7, Madrid: Espasa Calpe, 1995.
_____ (ed.), Siglo XIX (I), en V. García de la Concha (dir.), Historia de la Literatura Española, 8, Madrid: Espasa Calpe, 1997.
CASO GONZÁLEZ, J. , Ilustración y Neoclasicismo, en F. Rico (dir.), Historia y Crítica de la Literatura Española, 4, Barcelona: Crítica, 1983.
GIES, D. T. e R. P. SEBOLD, Ilustración y Neoclasicismo, en F. Rico (dir.), Historia y Crítica de la Literatura Española, 4/1, Barcelona: Crítica, 1992.
GLENDINNING, N., El siglo XVIII, en R. O. Jones (coord.), Historia de la Literatura Española, 4, Barcelona: Ariel, 1973.
ROMERO TOBAR, L., Panorama crítico del Romanticismo español, Madrid: Castalia, 1994.
ZAVALA, I. M. (ed.), Romanticismo, en F. Rico (dir.), Historia y Crítica de la Literatura Española, 5, Barcelona: Crítica, 1983.
_____ (ed.), Romanticismo, Primeiro Suplemento, en F. Rico (dir.), Historia y Crítica de la Literatura Española, 5/1, Barcelona: Crítica, 1994.
Competencias-Distinguir os distintos mecanismos de produción e recepción literaria que afectan aos dous periodos da Modernidade estudados: Ilustración e Romanticismo.
-Relacionar os textos estudados coas tendencias literarias nas que se encadran.
-Apreciar o funcionamento do eixe da simultaneidade dialecticamente enfrontado a descontinuidades e rupturas.
-Establecer estilos e personalidades literarias en función das lecturas correspondentes ao século XVIII e á primeira metade do século XIX.
-Amosar coñecemento preciso da terminoloxía teórico-crítica.
-Saber ler: descobrir nos textos literarios o seu contido e a súa forma expresiva.
-Redactar con claridade e sen erros.
Metodoloxía da ensinanza Aplicarase unha metodoloxía teórico-práctica. Explicaranse os contidos teóricos, históricos e críticos dos temas e analizaranse as claves fundamentais dos textos -poéticos, xornalísticos, narrativos e teatrais- propostos vencellados á serie literaria. As exposicións teóricas, proporcionadas pola crítica literaria en cada caso, terán sempre unha aplicación práctica reflectida no continuo manexo deses textos concretos.
Sistema de evaluaciónExames escritos obrigatorios. Ofrécense dúas posibilidades: pu ben un exame final de toda a materia ou ben dous exames parciais. O segundo parcial será na data do exame final. A materia é eliminatoria por parciais e compensabel cunha calificación por riba dos 4 puntos. Farase a media entre ambos os dous parciais, ben entendido que se se ten un 4 nun deles haberá que compensalo co outro.
-Traballos opcionais:
Traballo sobre algún aspecto concreto dos textos de lectura obrigatoria. O tema escollido terá que ser comunicado á profesora, que xulgará si a elección é ou non oportuna, e logo se lle presentará un guión do mesmo.
Pequenos traballos (1 ou 2 folios) sobre aspectos concretos propostos pola profesora.
Os traballos son unha axuda. A profesora terá así dúas calificacións, aínda que non teñen o mesmo valor que os exames. Poden acadar ata un valor do 40% da nota.
Tempo de estudo e traballo persoal-Lectura dos textos obrigatorios: 3 horas semanais.
-Estudo teórico-crítico e traballos voluntarios: 4 horas semanais.
Recomendacións para o estudo da materiaAsistir ás sesións lectivas, para seguir o desenvolvemento da materia.
Consultar a bibliografía recomendada-
Concorrer ás titorías para clarexar calquera tipo de dúbidas.
Facer unha primeira lectura -informativa- dos textos propostos e outra segunda complementaria -non total- guiada polas explicacións histórico-críticas da clase.
Levar os textos de lectura obrigatoria á aula.
ObservaciónsNo caso de que o alumno/a non poida asistir regularmente a clase, deberá presentar unha Exención de docencia.