Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Humanidades  »  Información da Materia

G5091424 - Literatura Hispanoamericana do século XX (Maior en Lingua e Literatura Españolas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
  • Áreas: Literatura Española
  • Centro: Facultade de Humanidades
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CHOUCIÑO FERNANDEZ, ANA GLORIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo de exameExamesTeóricosNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1.- Coñecer, a través dun enfoque histórico, as principais etapas, movementos, autores e obras da Literatura Hispanoamericana do século XX.
    2.- Exercitarse no comentario de textos literarios da etapa estudada para identificar os matices temáticos, formais e estilísticos máis frecuentes e salientrables das letras hispanoamericanas.
    3.-Coñecer e manexar os principais materiais documentais e fontes bibliográficas (primarias e secundarias) para acadar autónomamente un máis profundo dominio da disciplina.
    4.- Descubri-las características e particularidades básicas da cultura hispanoamericana do século XX (históricas, intelectuais, artísticas) a través dos seus textos literarios.
    5.-Comprender e valorar a contribución hispanoamericana do século XX ao conxunto das culturas hispánica e occidental.

    Contidos
    Tema 1. O Modernismo Hispanoamericano
    1.1.- Introducción ao movemento modernista.
    1.2.- Os primeiros modernistas: José Martí, Manuel Gutiérrez Nájera
    1.3. A obra poética de Rubén Darío.
    1.4.- A última etapa do Modernismo: Leopoldo Lugones, Julio Herrera y Reissig, Enrique González Martínez.
    1.5.- Textos para prácticas. (Serán oportunamente indicados polos profesores)

    Tema 2. A narrativa hispanoamericana do primeiro tercio de século.
    2.1.- A narrativa rexionalista (I): a novela da terra. Rasgos e principais títulos e autores.
    2.2.- Narrativa rexionalista (II): a novela da Revolución Mexicana. Mariano Azuela y Los de abajo:
    2.3.- Narrativa rexionalista (III): a novela indixenista. Rasgos e principais autores.
    2.4.- La narrativa de vanguardia. Características, principais autores e obras.
    2.5.- Textos para prácticas. (Serán oportunamente indicados polos profesores)


    Tema 3. A nova narrativa hispanoamericana.
    3.1- O realismo marabilloso: Alejo Carpentier.
    3.2- Narrativa do cono sur: a literatura fantástica: Borges.
    3.3- O neoindixenismo. José María Arguedas e Augusto Roa Bastos.
    3.4- A obra de Juan Rulfo
    3.5- Textos para prácticas. (Serán oportunamente indicados polos profesores)


    Tema 4.- Dende ol “boom” ás últimas tendencias da narrativa hispanoamericana.
    4.1.- O contexto sociohistórico nos anos 60. O "boom": características, autores.
    4.2.- Julio Cortázar.
    4.3.- Carlos Fuentes.
    4.4.- García Márquez.
    4.5.- Da parodia á novela da violencia: Mario Vargas Llosa Pantaleón y las visitadoras. La virgen de los Sicarios de Fernando Vallejo.
    4.6.- Textos para prácticas. (Serán oportunamente indicados polos profesores)


    Tema 5.- A poesía hispanoamericana do século XX: Principais autores.
    5.1.- O vangardismo poético en Hispanoamérica. Caracterización dos vangardismos hispanoamericanos. Cronoloxía.
    5.2.- O creacionismo. A poesía de Vicente Huidobro
    5.3.- A poesía afroantillana: Nicolás Guillén.
    5.4.- A poesía de César Vallejo.
    5.5.- A traxectoria poética de Jorge Luis Borges.
    5.6. - A poesía de Pablo Neruda.
    5.7.- Textos para prácticas. (Serán oportunamente indicados polos profesores)


    Tema 6- A poesía hispanoamericana dende a metade do século XX.
    6.1.- Líneas xerais da poesía na 2ª metade de século: do hermetismo neobarroco á poesía conversacional.
    6.2.- La obra poética de Octavio Paz
    6.3.- O Neobarroco: Lezama Lima.
    6.4.- A poesía conversacional: Ernesto Cardenal
    6.5.- A Antipoesía: Nicanor Parra.
    6.6.- Do interés pola história á preocupación ecolóxica: José Emilio Pacheco.
    6.7- Textos para prácticas. (Serán oportunamente indicados polos profesores)




    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica (lecturas obrigatorias)
    -Rubén Darío, Azul...Cantos de vida y esperanza. Cátedra, 1995.
    -Jorge Luis Borges selección de cuentos. Reprografía
    -Juan Rulfo, Pedro Páramo, Cátedra, 1995 // El Llano en llamas. Cátedra, 1997.
    -Alejo Carpentier, El reino de este mundo. Alianza, 2009.
    -Julio Cortázar, selección de textos. Reprografía
    -García Márquez: Los funerales de la mamá grande. Plaza y Janés, 1998.
    -Vargas Llosa: Pantaleón y las visitadoras. Alfaguara, 2004.
    -Fernando Vallejo: La Virgen de los sicarios. Alfaguara, 1998.
    -Selección de poemas de Huidobro, Guillén, Borges e Vallejo, Pablo Neruda, y Octavio Paz na Antología de la poesía hispanoamericana contemporánea de José Olivio Jiménez. Poemas de Ernesto Cardenal e/ou José Emilio Pacheco (Reprografía)

    Bibliografía complementaria fundamental.
    Aínsa, Fernando. Historia de la literatura hispanoamericana. Siglo XX. T. Barrera (coord.). Madrid, Cátedra, 2008.
    Brushwood, John. La novela hispanoamericana del siglo XX. Una vista panorámica. México, FCE, 1984.
    Debicki, Andrew, Poetas hispanoamericanos contemporáneos. Punto de vista, perspectiva, experiencia, Madrid, Gredos, 1976.
    Fernández, Teodosio, La poesía hispanoamericana del siglo XX, Madrid, Anaya, 1991.
    Fernández Moreno, César, América Latina en su literatura. México, Siglo XXI y UNESCO, 1972.
    Gálvez, Marina, La novela hispanoamericana del S.XX. Madrid, Cincel, 1981.
    González Echeverría, Roberto y Puppo Walker, E. Historia de la literatura hispanoamericana (vol. II). Madrid: Gredos, 2010.
    Oviedo, José Miguel, Historia de la literatura hispanoamericana, Madrid, Alianza, 1997-2003 (4 vols.).
    Rama, Angel, Transculturación narrativa en América Latina, México, siglo XXI, 1982.
    Shaw, Donald, Nueva narrativa hispanoamericana, Madrid, Cátedra, 1981.
    Sucre, Guillermo, La máscara, la transparencia. Ensayos sobre poesía hispanoamericana, México, Fondo de Cultura Económica, 1985.
    Villanueva, D. Y Viña Liste, J.M, Trayectoria de la novela hispanoamericana actual. Madrid, Espasa Calpe, 1991.
    VV.AA. La poesía nueva en el mundo hispánico. Madrid: Visor, 1994.
    Yurkiewich, Saúl, Fundadores de la nueva poesía latinoamericana, Barcelona, Ariel, 1984.

    Competencias
    1.- Capacidade de estudo organizado (e distribuido ó longo dun cuatrimestre) dos contidos conceptuais duhna materia e de relacionalos con outros adquiridos nas materias cursadas anteriormente.
    2.- Aptitude para percibir as características da literatura hispanoamericana do século XX a través das súas manifestacións documentais.
    3.- Posta en valor da contribución hispanoamericana do século XX ao conxunto das culturas hispánica e occidental.
    4.- Coñecemento, selección, análise, clasificación e síntesis das fontes bibliográficas da disciplina que permitan ao alumno autonomía na aprendizaxe da mesma.

    Competencia específica:
    5.- Perfeccionamento da análise crítica ca práctica do comentario de textos literarios hispanoamericanos do século XX. Para esto é necesario o reforzo do hábito de lectura e a sistematización da práctica do comentario.

    Metodoloxía da ensinanza
    As horas presenciais serán teóricas e prácticas.
    As clases teóricas seguirán os temas propostos a través dunha panorámica histórica das épocas ou períodos a estudar. Os profesores realizarán unha breve presentación dos contextos histórico-culturais e da traxectoria dos principaiss xéneros, tendencias ou escoelas, autores e obras do século XX.

    As clases prácticas (INTERACTIVAS) poderán basearse en diversas actividades según a marcha do curso. Cabe a posibilidade de realizar algunhas das seguintes, que serían anunciadas oportunamente:

    1º.- Comentarios (escritos) de textos literarios.
    2ª.- Posta en común e discusión de textos críticos
    3º.- Exposicións orais
    4º.- Titorías persoalizadas

    Horas Presenciais:
    24 horas teóricas: 6 temas
    18 horas de prácticas de comentario de texto
    2-4 horas para titorías persoalizadas.
    4 horas para exame.
    Total: 48-50 Horas

    Sistema de evaluación
    CRITERIOS DE AVALIACIÓN.
    Realizaráse un exame final que computará o 60% da cualificación global do curso. A parte práctica contabilizará o 40% restante.

    O exame será escrito. Consistirá en duas ou tres preguntas teóricas e máis un ou dous comentarios de textos sobre unha pasaxe dunha de las obras de lectura obligatoria. La prueba medirá el dominio de los diferentes niveles de análisis textual, la asimilación de los conceptos teóricos y la expresión.

    O exame poderá conter tamén unha proba de lectura que consistirá na identificación e clasificación dunha serie de citas e fragmentos das obras de lectura obrigatoria.

    Valoraráse muy positivamente a lectura das obras recomendadas.

    ***Nas convocatorias extraordinarias aplicaránse os mesmos requisitos e criterios de avaliación que na ordinaria, debendo entregar o alumno os exercicios prácticos indicados polos docentes da materia no día do exame.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    As horas de traballo autónomo adicaránse fundamentalmente á lectura dos textos obrigatorios, realización de comentarios de texto, a o estudio da materia e a preparación das clases presenciais.

    Horas de traballo autónomo.
    50-52 horas (aprox.) de lectura comprensiva das obras literarias.
    Lectura de novelas (Los de abajo, 3 horas; Pedro Páramo// “El llano”, 10 horas; Pantaleón y las visitadoras,10 horas; La virgen de los sicarios 3 horas ) Total 26.
    Lectura de contos e poemas (Azul...Cantos de vida y esperanza 10 horas; Selección de contos de Borges 3 horas, “Los funerales de la Mamá Grande” 3 horas Antología de la poesía de J.O. Jiménez e outros poemas) 10 horas. Total 26 horas.

    12 horas de lectura de bibliografía secundaria para a ampliación da materia: 6 temas.
    12 horas de realización de comentarios de texto. 3 comentarios.
    24 horas de estudio da materia e preparación examen: 6 temas.

    Total: 98-100 Horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Espérase que o alumno prepare adecuadamente as clases (debe ler ás obras e textos con anterioridade á presentación dos temas) e faga unha participación activa, informada e pertinente nas clases prácticas (interactivas).


    Recoméndase revisar ou poñerse ao día nas técnicas de comentario de textos, incluíndo cuestións de métrica e recursos retórico. Xa que estas técnicas se veñen practicando dende primeiro curso, considéranse capacidades xa coñecidas e adquiridas.
    Observacións
    Para máis información, pódese consultar a guía docente da materia.