Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Humanidades  »  Información da Materia

G5091425 - Diacronía da gramática e do discurso (Maior en Lingua e Literatura Españolas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Lingua Española
  • Áreas: Lingua Española
  • Centro: Facultade de Humanidades
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Folgar Fariña, Carlos.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Proporcionar ao alumno os instrumentos teóricos e prácticos que lle permitan:
    a) A correcta interpretación das linguas funcionais non adscritas á etapa actual do español.
    b) A adquisición de técnicas de estruturación, organización e desenvolvemento do comentario filolóxico.
    c) A identificación da interface gramática-discurso e a subseguinte distinción entre fenómenos gramaticais e pragmáticos.
    d) A posta en práctica dos coñecementos adquiridos sobre a base dos textos medievais e clásicos.
    Contidos
    1. O comentario filolóxico: cuestións teóricas.
    1.1. Cuestións fonéticas, fonolóxicas, morfolóxicas e sintácticas.
    1.2. Entre a oración e o enunciado. Criterios de distinción.
    1.3. Organización do comentario filolóxico: organización, disposición, estruturación e conclusións.
    2. A práctica do comentario filolóxico.
    2.1. O español medieval.
    2.1.1. Textos do español arcaico.
    2.1.2. Textos da época de Berceo.
    2.1.3. Textos da época de Afonso X.
    2.1.4. Textos do século XIV.
    2.2. O español preclásico: textos do século XV.
    2.3. O español clásico: textos dos séculos XVI e XVII.
    Bibliografía básica e complementaria
    A) Obras xerais.
    Cano Aguilar, R., El español a través de los tiempos, Madrid, Arco/Libros, 1988.
    ----- (coord.), Historia de la lengua española, Barcelona, Ariel, 2004.
    Gutiérrez Tuñón, M., Diccionario de castellano antiguo, Cuenca, Alfonsípolis, 2002.
    Herrera, M. T. (dir.), Diccionario español de textos médicos antiguos, Madrid,Arco/Libros, 2 vols., 1996.
    Kasten, L. A. & F. J. Cody, Tentative Dictionary of Medieval Spanish, 2ª ed. moi alargada, Nova Iorque, Hispanic Seminary of Medieval Studies, 2001.
    Lapesa, R., Historia de la lengua española, Madrid, Gredos, 1981.
    Menéndez Pidal, R., "Cantar de Mio Cid". Texto, gramática y vocabulario, Madrid, Espasa-Calpe, 3 vols., 1944-46.
    Torrens Álvarez, M. J., Evolución e historia de la lengua española, Madrid, Arco/Libros, 2007.

    B) Recompilacións de textos.
    González Ollé, F., Lengua y literatura españolas medievales (Textos y glosario), Madrid, Arco/Libros, 1993.
    Menéndez Pidal, R., Crestomatía del español medieval, Madrid, Seminario Menéndez Pidal/Gredos, 2 vols., 1971-76.
    Real Academia Española, Corpus diacrónico del español (CORDE), accesíbel en http://corpus.rae.es/cordenet.html.

    C) Modelos de comentario filolóxico.
    Alarcos Llorach, E. et al., Comentarios lingüísticos de textos, Valladolid, Univ. de Valladolid, vol. 1, 1979.
    Ariza, M., El comentario filológico de textos, Madrid, Arco/Libros, 1998.
    ----- et al., Comentario lingüístico y literario de textos españoles, Madrid, Alhambra, 1981.
    Cano Aguilar, R., Análisis filológico de textos, Madrid, Taurus, 1991; reed. co título Introducción al análisis filológico, Madrid, Castalia, 2000.
    -----, "Pragmática lingüística e historia de la lengua", Cauce, 18-19, 1995-96, 703-719. Na rede: .
    -----, Comentario filológico de textos medievales no literarios, Madrid, Arco/Libros, 1998.
    Carrasco, P. M. Crespillo (eds.), Comentario lingüístico de textos, Málaga, Univ. de Málaga, 1997.
    Folgar, C., "Toledo, ciudad productora y receptora de cultura: notas lingüísticas sobre La fazienda de ultramar", en C. Baliñas Pérez & G. F. Fernández Suárez (eds.), Sub Urbem. Historia, sociedade e cultura da cidade, Santiago de Compostela, Univ. de Santiago de Compostela, 2012, 125-140.
    Girón Alconchel, J. L., Comentario de textos de clerecía: Alexandre y Apolonio, Madrid, Arco/Libros, 2002.
    Marcos Marín, F., El comentario lingüístico. Metodología y práctica, Madrid, Cátedra, 1977.
    Montero Cartelle, E., "Comentario filológico de un texto de la Estoria de España", en I. Carrasco & G. Fernández Ariza (eds.), El comentario de textos, Málaga, Univ. de Málaga, 1998, 15-35.
    Narbona, A. (coord.), Textos hispánicos comentados, Córdoba, Univ. de Córdoba, 1984.
    Rodríguez Barreiro, A., "Hacia un comentario sintáctico del castellano medieval: un fragmento de Castigos e documentos", Moenia, 7, 2001, 419-438.
    Sánchez-Prieto Borja, P. (coord.), Textos para la historia del español, Alcalá de Henares, Univ. de Alcalá, vols. 1 e 2, 1991-95.
    Urrutia Cárdenas, H. et al., Comentario filológico-lingüístico de textos castellanos, Bilbao, Univ. de Deusto, 1995.
    Competencias
    1. Competencias xerais
    - Capacidade de comprensión, análise e síntese.
    - Capacidade de comunicación oral e escrita.
    - Capacidade reflexiva, crítica e asociativa.
    - Dominio instrumental avanzado da lingua española. Para un alumno non nativo non será posible acceder á lingua medieval ou clásica se non alcanza un nivel B2.

    2. Competencias específicas
    - Coñecementos de fonética, fonoloxía, morfoloxía e sintaxe do español correspondentes ao cuarto curso de grao.
    Metodoloxía da ensinanza
    Dadas as características da materia, unha vez facilitados os instrumentos de análise, as clases serán esencialmente prácticas e estarán centradas nos comentarios de textos feitos dentro ou fóra da aula, sempre no nivel de coñecementos adquiridos en cada fase da materia. Isto permitirá ao alumno pór en práctica o apreso e entrar en discusión sobre aqueles aspectos que poida considerar problemáticos. Así mesmo, este sistema permitirá ao profesor o control do traballo do alumno ao longo do curso.
    Sistema de evaluación
    1ª oportunidade (xuño):
    A avaliación será continua, con tres aspectos avaliables cuxo nivel porcentual é o seguinte: a) Asistencia a clase e participación activa do alumno: 5% do total (porcentaxe mínima de asistencia para que este aspecto sexa tido en conta: 80%). b) Exercicios de comentario: 25% do total. c) Entrega dun texto comentado na data do exame: 70% do total.

    2ª oportunidade (xullo):
    Exame presencial escrito dun comentario de texto ao que se aplicarán os coñecementos adquiridos en clase e que suporá o 100% da cualificación.

    Alumnado con dispensa de asistencia:
    Para os alumnos que obteñan a dispensa de asistencia á clase e a acrediten debidamente, a avaliación limítase ao exame final, que suporá o 100% da nota e que se realizará nas datas oficiais que fixe a Facultade. Este sistema de avaliación aplicarase tanto na primeira como na segunda oportunidade.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Aínda que o tempo de traballo varía dependendo de cuestións de comprensión, atención e organización individuais, é posible calcular que o traballo persoal do alumno supón unha hora e media por cada hora de clase a cargo do profesor, e unha hora por cada clase práctica. Se todo isto se leva a cabo correctamente, a preparación do traballo final, na opción de avaliación continua, requirirá o tempo da súa elaboración; na opción de exame final, a preparación do mesmo pode supor entre catro e seis horas.
    Recomendacións para o estudo da materia
    A aprendizaxe da materia esixe un traballo continuado e acumuativo, pois non é posible a comprensión, estruturación, organización, conclusións e datación dun texto se non se ten en conta cada unha das disciplinas sobre as que se asenta o comentario e, sobre todo, se os coñecementos non se levan á práctica con regularidade.
    Observacións
    Idioma no que se impartirán as sesións lectivas: español.