G5091426 - Literatura española : das Vangardas ao século XXI (Maior en Lingua e Literatura Españolas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Áreas: Literatura Española
- Centro: Facultade de Humanidades
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1) Preparar ao alumno para que afronte o estudo da literatura española do
período que abarca o programa (das vangardas á literatura actual) coa axuda dos
métodos filolóxicos axeitados e os repertorios bibliográficos.
2) Ofrecer coñecementos e habilitar a capacidade para: xerarquizar
correctamente os contidos académicos; realizar guións e esquemas que faciliten o seu
estudo; afondar no comentario de textos literarios; mellorar a expresión oral e escrita.
3) Examinar a producción literaria española posterior á I Guerra Mundial (1918)
e até a actualidade no seu desenvolvemento histórico e nos seus específicos marcos
socio-culturais, recoñecendo o carácter interdisciplinar da materia.
4) Coñecer as correntes de pensamento así como os movementos estéticos máis
relevantes do período
5) Abordar e debater cuestións relacionadas cos problemas de periodización
literaria, correntes, tendencias e escolas do período estudado.
6) Coñecer os escritores e obras máis importantes e representativas, así como os
xéneros propios de cada momento, a súa evolución e características.
7) Ler e analizar obras literarias representativas de autores e xéneros do período
estudado de forma rigorosa e axustada á terminoloxía especializada das disciplinas
literarias e con métodos que permiten a comprensión crítica dos textos.
Este curso impartese:
Maior do Grao en Lingua e Literatura Españolas. Obrigatoria (6 créditos ECTS)/ segundo semestre/ 4º curso.
ContidosSECCIÓN TEÓRICA
TEMA I.- España, 1914/18-1939. A cultura de entreguerras.
TEMA II.- As vangardas: o concepto de vangarda artística. Os “ismos” europeos.
Orixes e desenvolvemento. O fenómeno vangardista español: do creacionismo ao
surrealismo. Antecedentes.- A Xeración do 27 e o Grupo Poético do 27. Conceptos,
orixes e evolución. Integrantes. Manifestacións xenéricas.
Lecturas íntegras e obrigatorias:
1) Antología del Grupo Poético del 27, ed. de Gaos y Sahagún (Madrid:
Cátedra, 1982) / García de la Concha (Madrid: Espasa-Calpe, Austral).
2) García Lorca, La casa de Bernarda Alba, ed de García Posada (Madrid:
Castalia Didáctica, 1983)/ Domingo Yndurain (Madrid: Espasa-Calpe)/
Josephs e Caballero (Madrid: Cátedra, 1990, 17ª ed.)/ Francisca Vilches (Madrid:
Cátedra, 2005).
TEMA III.- A literatura española na época da II República e a Guerra Civil, 1931-
1939. A literatura, arma de combate. O exilio: a “España Peregrina”.
TEMA IV.- A literatura española 1939-1975. A cultura española durante a dictadura
franquista. Rumbos da literatura de posguerra: etapas e tendencias. Compromiso e
literatura social. A renovación dos años 60. O experimentalismo dos 70.
Lecturas íntegras e obrigatorias:
3) Camilo José Cela, La Colmena, ed. Villanueva (Barcelona: Noguer, 1983)
Raquel Asún (Madrid: Castalia, 1987)// Urrutia (Madrid: Cátedra, 1988).
4) Martín Santos: Tiempo de silencio, ed. Rey Alvarez (Barcelona: Crítica, 2005)
5) Buero Vallejo, La Fundación, ed. Díez de Revenga (Madrid: Espasa-Calpe,
2009, 25ª ed.)
TEMA V.- O fin da “Era de Franco”: o proceso democrático. Contexto políticocultural.-
A literatura española da “transición” ao século XXI.- O regreso dos exiliados.-
Novela, teatro e poesía: os novos nomes.- Mulleres e literatura.
Lecturas íntegras e obrigatorias:
6) Muñoz Molina, Plenilunio (Madrid: Santillana, 1997)
7) Sanchís Sinisterra, ¡Ay, Carmela!, ed. M. Aznar (Madrid: Cátedra, 1991)
8) Antología de la poesía española (1939-1975), José Enrique Martínez
(Madrid: Castalia Didáctica, 1989) y Poesía española reciente (1980-2000),
ed. de Cano Ballesta (Madrid, Cátedra, 2005). Selección de ámbalas dúas
antoloxías.
SECCIÓN PRÁCTICA
Presentación do programa: organización das prácticas. Lecturas: orientacións e controis
periódicos. Traballos escritos de prácticas: tipoloxía e calendario.
- Recursos bibliográficos de especial interese para o estudo da literatura española no
período indicado.
- Traballo I: Pautas para a elaboración dun guión sobre un autor e a súa obra
- Lectura e comentario de textos “doctrinais” das vangardas.
- Comentario: selección de textos do Grupo do 27.
- Control de lectura: Antología de la poesía del 27; e García Lorca, La casa de
Bernarda Alba.
- Comentario: selección de textos 1931-1939.
- Comentario narrativo: La Colmena e Tiempo de silencio
- Control de lectura: La colmena, Tiempo de silencio e La Fundación.
- Comentario dramático: La Fundación
- Comentarios: fragmentos narrativos e teatrais posteriores a 1975.
- Control de lectura: Plenilunio e ¡Ay, Carmela!
- Traballo II: Selección dun autor das antoloxías poéticas do programa (1939-2000) e análise de dous poemas do autor elixido.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Primaria
a) Textos literarios de lectura obligatoria e controlada. Véxanse as lecturas asociadas a cada tema do programa.
b) Selección de textos complementarios para traballar nas sesións de seminarios, que ofrecen alternativas varias (indicadas con doble barra) en función da marcha dos mesmos. A seleción será preparada polos profesores da materia e facilitaráselle fotocopiada -ou por outros medios- oportunamente aos estudiantes.
- J. Brihuega: Manifiestos, proclamas, panfletos y textos doctrinales. Las vanguardias artísticas en España, 1910-1931 (Madrid: Cátedra, 1979). Seleción.
- Pasaxes de La deshumanización del arte, de Ortega y Gasset
- O teatro como praxis educativa na II República: documentos de “La Barraca”// “El Buho” // “Misiones pedagógicas”.
- Seleción de textos poéticos de Miguel Hernández.
- La “España Peregrina” (textos Francisco Ayala // Sender // Aub).
Censura e educación no franquismo: documentos.
- Seleción de textos ensaísticos 1939-1975 (Castellet, La hora del lector/ Goytisolo: El furgón de cola / Sastre, Anatomía del realismo).
-Seleción de pasaxes de novelas (Sánchez Ferlosio // Delibes // Torrente Ballester// Goytisolo// Almudena Grandes// Javier Marías).
- Seleción de textos teatrais (Arrabal // Alfonso Sastre // Nieva).
Secundaria: recoméndase a consulta das seguintes obras, sin perxuicio das selecións bibliográficas específicas de cada tema:
Obras de consulta de carácter xeral
-Ariès, Philippe y GeorgeDuby, Historia de la vida privada. 5. De la Primera Guerra Mundial hasta nuestros días, Madrid: Taurus, 2000.
-Azaustre Galiana, Antonio y Juan Casas Rigall, Manual de retórica española, Barcelona, Ariel, 1997.
-Gullón, Ricardo, dir., Diccionario de literatura española e hispanoamericana, pról. de F. Lázaro, Madrid, Alianza, 1993, 2 vols.
-Hormigón, J. A.(dir.), Autoras en la historia del teatro español. Vols.II-IV; Madrid, Publicaciones de la ADE, 2000.
-Jauralde Pou, Pablo, Manual de investigación literaria. Guía bibliográfica para el estudio de la literatura española, Madrid, Gredos, 1981.
-Martínez Cachero, José Mª, Diccionario de escritores célebres, Madrid: Espasa-Calpe, 1995.
-Navarro Durán, Rosa, Enciclopedia de escritores en lengua castellana, Barcelona, Planeta, 2000.
-Pedraza, Felipe y Milagros Rodríguez, Las épocas de la literatura española, Barcelona, Ariel, 1997.
-Platas Tasende, Ana, Diccionario de términos literarios, Madrid, Espasa-Calpe, 2004, 3ª ed.
-Quilis, Antonio, Métrica española, Barcelona, Ariel, 1988.
-Villanueva, Darío y Margarita Santos Zas, Cronología de la literatura española. Siglo XX (Cátedra)
Manuales e historias da literatura
-Abellán, José Luis (ed.), El exilio español 1939, Madrid: Taurus, 1979.
-Alvar, Carlos, José-Carlos Mainer y Rosa Navarro, Breve historia de la literatura española, Madrid: Alianza, 1997.
-Gracia, Jordi y Domingo Ródenas, Historia de la literatura española. Siglo XX: 1939-2010, Barcelona: Crítica, 2011.
-Jones, Roy O. (ed.), HLE (Ariel): vols. 6 (Brown, Siglo XX) y 6/1 (Santos Sanz Villanueva, Literatura actual)
-Mainer, José Carlos, Historia de la literatura española.6. Modernidad y nacionalismo 1900-1936, Barcelona: Crítica, 2010.
-Oliva, César, Historia básica del artre escénico, Madrid: Cátedra, 1992
-Oliva, César, El teatro español en el siglo XX, Madrid: Síntesis, 2001.
-Oliva, César, La última escena (Teatro español de 1975 a nuestros días), Madrid: Cátedra, 200
CompetenciasO coñecemento riguroso dos instrumentos e os métodos filolóxicos axeitados para o análise e interpretación dos textos máis senlleiros da literatura española desde as Vangardas ao século XXI é un obxectivo da materia, que implica:
-Capacidade de análise e interpretación dos textos literarios.
-Coñecemento dos conceptos fundamentais relativos á retórica, métrica, estructura dispositiva e á língua das obras.
-Precisión da terminoloxía crítica.
-Uso correcto das fontes da materia e da bibliografía específica dos temas.
Metodoloxía da ensinanza No ámbito docente, as clases teóricas virarán en torno da lección maxistral,
mentres que as clases prácticas basearanse fundamentalmente no comentario de textos.
En ambos os casos, os profesores brindarán oportunas orientacións académicas e
bibliográficas, tanto nas aulas como nas titorías personalizadas. Antes do día 15 de
febreiro, o alumno entregará unha ficha cos seus datos persoais aos profesores, onde estes irán rexistrando os resultados da actividade do estudante.
No dominio discente, nas clases teóricas espérase do alumno a participación
activa nas sesións, tanto en demanda de aclaracións e ampliacións durante as leccións
maxistrais, como por mor das cuestións concretas que o profesor exporá expresamente ao fío da explicación. Nas clases prácticas, onde a actitude participativa resultará
igualmente básica, será obrigada a realización de dous traballos escritos e dos controis
de lectura prefixados. O estudo individual é, loxicamente, crucial tanto na sección
teórica como na práctica.
Sistema de evaluaciónO conxunto da materia está consituído por clases teóricas e prácticas, cun peso
na cualificación final do 60% e o 40% respectivamente, en todas as convocatorias, a de xuño e a de xullo. As calificacións basearanse tamén na axeitada expresión e ortografía.
Na convocatoria de xuño-xullo, para a parte teórica o alumno realizará un
EXAME FINAL, que terá lugar na data establecida pola facultade. O seu valor será o 60% da nota final.
En canto á parte práctica, será requisito imprescindible a participación regular
nas actividades programadas, absolutamente obrigatoria nas sesións de control de
lecturas e a entrega de dous TRABALLOS ESCRITOS, cuxas normas de presentación
facilitaranse en clase e valoraranse, xunto coas demais actividades breves desenvolvidas
e encargadas nas aulas, como o 40% da nota final, e manterase tanto en xuño como en xullo.
Tempo de estudo e traballo persoalDacordo có tipo de actividades programadas: PRESENCIAIS [sesións expositivas (28 horas), sesións de seminario (14 horas), de titorías programadas (3 horas) e de avaliacións (4 horas)], que supoñe un total de 49 horas de traballo de aula; as actividades NON PRESENCIAIS [estudio e preparación de actividades programadas (40 horas), elaboración de traballos (20), lecturas complementarias (20) e preparación de exames (21)], estimase o traballo persoal do alumno en 101 horas.
Recomendacións para o estudo da materia-A lectura das obras que figuran no programa como obrigatorias, antes da súa explicación nas clases, xa que é a forma de asimilar as explicacións teóricas e os comentarios prácticos.
-A consulta da bibliografía e materiais recomendados coas precisións indicadas.
-A preparación ao día das tareas encomendadas nos seminarios interactivos.
ObservaciónsHorario de clases (segundo cuatrimestre)
Martes: 12-14h
Mércores: 12-13
Horario de tutorías (segundo cuatrimestre)
Prof. Claudio Rodríguez Fer
Martes
11.00 – 12.00
16.00 – 20.00
Mércores
13.00 – 14.00
Prof. Luis Miguel Fernández:
Martes, 10-11 y 16-19h
Mércores, 13-14h
Xoves: 13-14h
*Estes horarios poderán ser reaxustados.