Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Humanidades  »  Información da Materia

G5091442 - Comentario literario de textos hispánicos (Materias optativas especificas do grao) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 16.00
  • Clase Interactiva Seminario: 32.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
  • Áreas: Literatura Española
  • Centro: Facultade de Humanidades
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FERNANDEZ FERNANDEZ, LUIS MIGUEL.SI
PATIÑO EIRIN, CRISTINA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1. Coñecemento de textos fundamentais da literatura española.
    2. Coñecemento e dominio da técnica do comentario de texto, das distintas formas de achegamento crítico ao texto literario, cun plantexamento fundamentalmente filolóxico e comunicativo.
    3. Desenvolvemento da capacidade interpretativa do alumno para a análise literaria e o afondamento no significado dos textos escritos.
    4. Adquisición da terminoloxía básica para a realización de comentarios de textos literarios.

    Contidos
    1. Concepto e modelos do comentario literario de textos hispánicos.

    2. Achegamento á bibliografía hispánica sobre o comentario de textos.

    3. Fases e niveis do comentario:
    Exame previo.
    Análise intratextual (fondo ou contido, forma ou expresión, estrutura).
    Análise extratextual (histórico-literaria, histórico-social...)

    4. Análise e interpretación de textos literarios seleccionados de distintas épocas, xéneros e autores hispánicos.
    Comentario de textos poéticos, en prosa, teatrais e outros xéneros.


    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA SOBRE O COMENTARIO LITERARIO

    Carrasco, I y G. Fernández Ariza, eds., El comentario de textos, Universidad de Málaga, 1998.
    Díez Borque, José María, Comentario de textos literarios. Métodos y práctica, Madrid, Playor, 1977.
    Domínguez Caparrós, José, Introducción al comentario de textos, Madrid, MEC, 1977.
    Lázaro Carreter, F. y G. Correa Calderón, Cómo se comenta un texto literario, Madrid, Cátedra, 1974.
    López-Casanova, A., El texto poético. Teoría y metodología, Salamanca, El Colegio de España, 1994.
    López-Casanova, A. y Alonso, E., Poesía y novela. Teoría, método de análisis y práctica textual, Valencia, Bello, 1982.
    Navarro Durán, R., La mirada al texto. Comentario de textos literarios, Barcelona, 1995.
    Paraíso, Isabel, el comentario de textos poéticos, Madrid, Júcar, 1988.
    Rubio Martín, M., R. de la Fuente Ballesteros y F. Gutiérrez Flórez, El comentario de textos narrativos y teatrales, Salamanca, Eds. del Colegio de España, 1994.
    Villanueva, Darío, El comentario de textos narrativos: novela y cuento, Madrid, Mare Nostrum, 2006.
    VV. AA., El comentario de textos, Madrid, Castalia, 4 vols., 1973-1983.


    MANUAIS DE TERMINOLOXÍA E RETÓRICA

    Azaustre Galiana, A. y Casas Rigall, J., Manual de retórica española, Barcelona, Ariel, 1997.
    Estébanez Calderón, D., Diccionario de términos literarios, Madrid, Alianza, 1996.
    Frenzel E., Diccionario de argumentos de la literatura universal, Madrid, Gredos, 1976 (1970 en alemán).
    Frenzel E., Diccionario de motivos de la literatura universal, Madrid, Gredos, 1980 (1976 en alemán).
    Lapesa, R., Introducción a los estudios literarios, Barcelona, Rauter, 1947; Salamanca, Anaya, 1964; Madrid, Cátedra, 1986.
    Lázaro Carreter, F., Diccionario de términos filológicos, Madrid, Gredos, 1968.
    Lausberg, H., Elementos de retórica literaria, Madrid, Gredos, 1975.
    Marchese, A. y J. Forradellas, Diccionario de retórica, crítica y terminología literaria, Barcelona, Ariel, 1986.
    Platas Tasende, A. Mª, Diccionario de términos literarios, Madrid, Espasa-Calpe, 2000.


    MANUAIS DE MÉTRICA

    López Estrada, F., Métrica española del siglo XX, Gredos, Madrid, 1970.
    Navarro Tomás, T., Métrica española, Nueva York, Las Américas, 1966; Madrid, Guadarrama, 1974.
    Quilis, Antonio, Métrica española, Madrid, Alcalá, 1973; Barcelona, Ariel, 1984.
    Spang, Kurt, Ritmo y versificación: teoría y práctica del análisis métrico y rítmico, Universidad de Murcia, 1983.


    MATERIAIS PARA O COMENTARIO

    Proporcionarase o material axeitado para o desenvolvemento do curso e indicarase a forma de acceso aos diferentes textos.

    Competencias
    Esta asignatura pretende que o alumno desenvolva a súa capacidade para:
    1. Entender a literatura hispánica a través dos seus textos.
    2. Identificar e interpretar os elementos do texto que determinan o seu carácter literario nas distintas épocas e xéneros.
    3. Adquirir, e aplicar ao texto, conceptos e terminoloxía relacionados coa estrutura, o estilo, a retórica, a métrica.
    4. Redactar de xeito correcto, coherente e ben argumentado comentarios literarios, que conterán a análise obxectiva dos seus aspectos máis salientables, pero tamén o punto de vista persoal do alumno respecto á interpretación e valoración do texto obxecto da análise.
    5. Expoñer oralmente a súa análise e interpretación dos textos literarios.
    6. Participar nos posibles debates que se susciten na aula sobre temas relacionados coa materia e o comentario literario.
    7. Eventualmente, traballar en grupo e de xeito coordenado con outros alumnos, na análise dun texto.

    Metodoloxía da ensinanza
    Aínda que a meirande parte das sesións presenciais son expositivas, a natureza da asignatura aconsella dotala dun acusado carácter práctico: mesmo a explicación de contidos teóricos conlevará a devandita compoñente, isto é, irá acompañada da reflexión e o comentario a propósito dos textos literarios concretos.
    Cómpre dicir por iso que as explicacións do profesor/da profesora tomarán como punto de partida os textos, para, a partir do comentario práctico dos mesmos, extraer as nocións teóricas que o alumno poderá aplicar despois a outros textos, no ámbito da aula ou fóra dela.
    En lóxica consecuencia, necesítase que o alumno adopte unha actitude participativa durante as sesións presenciais.

    Sistema de evaluación
    A avaliación do alumno realizarase mediante un exame final, que terá lugar na data oficial fixada pola Facultade. A devandita proba escrita consistirá nun comentario dun texto literario, no que o alumno deberá demostrar a súa capacidade analítica segundo as pautas explicadas nas sesións presenciais, e tamén a adquisición da terminoloxía e os conceptos básicos para o comentario literario e, de maneira especial, a súa madurez no canto de redactar un texto en español e de explicar o significado do texto analizado.
    Na nota final poderá terse en conta a participación do alumno nas actividades propostas durante o curso.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Ademáis das 50 horas de carácter presencial, repartidas en 15 sesións expositivas, 30 de seminario, 4 de probas de avaliación e 1 de titoría programada, o alumno deberá adicar á materia alomenos 100 horas de actividade non presencial. O devandito traballo individual poderase distribuir nos seguintes tipos de actividades:
    1. Estudo e preparación de actividades programadas na clase: 50 horas.
    2. Realización de traballos de diverso tipo: 20 horas.
    3. Lecturas: 20 horas.
    4. Preparación de exames: 10 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    1. É imprescindible a práctica da lectura de textos literarios para asegurar o dominio da comprensión escrita.
    2. Dado o carácter eminentemente práctico da asignatura, recoméndase ao alumno que manteña unha actitude participativa nas clases, con intervencións e exposicións orais durante as sesións.
    3. O alumno deberá realizar unha lectura moi detida, previa ás sesións expositivas e interactivas, de tódolos textos contidos na antoloxía que o profesor/a profesora entregará para o traballo na aula, para unha máis sinxela comprensión das explicacións e un máis eficaz traballo práctico sobre os mesmos.
    4. É fundamental a consulta da bibliografía recomendada, especialmente para a adquisición da terminoloxía e dos conceptos básicos no comentario literario.
    Observacións
    Os contidos e a orientación da asignatura aconsellan que o alumno posúa unha boa competencia lingüística en español, pois só así poderá abordar a análise e a interpretación dos textos literarios.
    No caso de que a meirande parte dos alumnos matriculados nesta materia procedesen de culturas nas que a língua española non fose a primeira língua, intentarase efectuar as modificacións pertinentes para axustar o programa ás necesidades da docencia e da súa avaliación.
    Se se tratase de alumnos de intercambio que non acadasen un nivel de comprensión suficientemente axeitado á dificultad dos textos presentados, tratarase de adecuar o nivel de esixencia e de dificultade aos materiais de traballo.

    Titorías Despacho 217

    Martes
    13.OO – 14.00
    16.00 – 17.00

    Mércores
    16.00 – 18.00

    Xoves
    16.00 – 18.00

    Titorías Despacho 224

    Mércores
    9-10
    12-15

    Xoves
    9-10
    12-14