G5091443 - Variación e cambio na lingua española (Materias optativas especificas do grao) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Lingua Española
- Áreas: Lingua Española
- Centro: Facultade de Humanidades
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaFamiliarizarse cos obxectivos e métodos dunha aproximación á variación lingüística na que se busca unha visión relativamente unitaria ós fenómenos estudiados tradicionalmente pola gramática histórica, a dialectoloxía e a sociolingüística, aplicando a todos eles a perspectiva propia da lingüística baseada na análise de corpus.
Contidos1. A variación lingüística.
2. O estudio tradicional da variación lingüística: lingüística histórica, dialectoloxía e sociolingüística.
3. A visión unificada: variación e cambio nas linguas.
4. Análise de distintos fenómenos fónicos, gramaticais e léxicos de especial importancia en español.
Bibliografía básica e complementariaBaker, Paul: Sociolinguistics and Corpus Linguistics. Edimburgo: Edinburgh University Press, 2010.
Blas Arroyo, José Luis: Sociolingüística del español. Desarrollos y perspectivas en el estudio de la lengua española en contexto social. Madrid: Cátedra, 2005.
Cano Aguilar, Rafael (1988): El español a través de los tiempos, Madrid:Arco/Libros, 1988.
Cano, Rafael (coord.): Historia de la lengua española. Barcelona: Ariel, 2004. OJO: segunda edición.
Chambers, J. K. & Peter Trudgill: Dialectology. Cambridge: Cambridge University Press, 19982. Trad. esp. de Carmen Morán González con adaptación e anotación de Eugenio Bustos Gisbert: La dialectología. Madrid: Visor, 1994.
Chambers, J. K., Peter Trudgill & Natalie Schilling-Estes (eds.): The Handbook of Language Variation and Change. Oxford: Blackwell, 2002.
Conde Silvestre, Juan Camilo: Sociolingüística histórica. Madrid: Gredos, 2007.
Echenique Elizondo, Mª Teresa e M.ª José Martínez Alcalde (2000): Diacronía y gramática de la lengua española, Valencia, Tirant lo Blanch, 2000, 20112.
Labov, William: Principles of Linguistic Change. Oxford: Wiley-Blackwell, 3 vols., 2001 – 2010. Hai trad. esp. dos dous primeiros.
Lapesa, Rafael (1942): Historia de la lengua española, Escelicer, Madrid, 1942. Novena edición, correxida e aumentada, Madrid: Gredos, 1981.
Leech, Geoffrey, Marinanne Hundt, Christian Mair & Nicholas Smith: Change in Contemporary English. Cambridge: Cambridge University Press, 2009.
López Morales, Humberto: Sociolingüística. Madrid: Gredos, 20043.
Penny, Ralph: Variation and Change in Spanish. Cambridge: Cambridge University Press, 2000. Hai trad. esp. de Juan Sánchez Méndez: Variación y cambio en español. Madrid: Gredos, 2004.
Romaine, Susanne: Language in Society. An Introduction to Sociolinguistics. Oxford: Oxford University Press, 1994.
Silva-Corvalán, Carmen: Sociolingüística. Teoría y análisis. Madrid: Alhambra, 1989.
Trudgill, Peter & J. M. Hernández Campoy: Diccionario de sociolingüística. Madrid: Gredos, 2007.
CompetenciasO curso está organizado coa finalidade fundamental de introducir ós estudantes na análise da variación lingüística e aproveitar eses coñecementos para potenciar a súa capacidade de análise técnica de problemas lingüísticos. En consecuencia, terán que examinar e resolver, na medida de súa capacidade, diferentes problemas da evolución do español, das súas características gramaticais e léxicas, así coma da súa diversificación actual en distintas variedades.
Metodoloxía da ensinanza Dacordo co sinalado anteriormente, o curso alternará o desenvolvemento máis teórico das cuestións tratadas (tanto metodolóxicas coma dos fenómenos obxecto de estudio) coas aplicacións á descrición do que se pode mellorar na análise dos corpus existentes.
Sistema de evaluaciónLevarase a cabo mediante a realización dun traballo derivado do tratado nas sesións teóricas e prácticas de cada un dos dous módulos.
Tempo de estudo e traballo persoalO desenvolvemento do curso está calculado para que un estudiante de tipo medio poida realizar o traballo necesario nun tempo equivalente ó invertido nas clases presenciais. Máis importante que o número de horas adicadas, resulta o carácter do traballo, que ten que ser realizado en paralelo ó desenvolvemento do curso.
Recomendacións para o estudo da materiaÉ un curso cun enfoque metodolóxico no sentido máis amplo da expresión, polo que haberá que reflexionar continuamente sobre os fenómenos estudiados nas diferentes materias da especialidade (especialmente nas de carácter histórico) e contrastar os coñecementos adquiridos cos datos que se poidan obter da análise dos textos reais.
Normalmente, o traballo está organizado por semanas e vaise construindo a partir do estudiado anteriormente. Requírese, polo tanto, que os estudantes leven a cabo no momento correspondente as tarefas encomendadas, para que a semana seguinte poida comezar con esa parte xa resolta e, no caso necesario, coa discusión das dúbidas.