Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Humanidades  »  Información da Materia

G5091519 - Introdución á gramática galega (Introducción ao estudo da lingua e a literatura galegas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Galega
  • Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
  • Centro: Facultade de Humanidades
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ARES VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    •Ser capaz de realizar pequenas análises lingüísticas.

    •Coñecer os conceptos básicos da gramática e ser capaz de aplicalos en traballos de creación propia.

    •Reflexionar sobre a estrutura da lingua galega.

    Contidos
    1. Fonética articulatoria: os segmentos fonéticos. A transcrición fonética.

    2. A palabra e a súa estrutura interna.
    2.1. A noción de estruturas paralelas.
    2.2. Definicións de morfoloxía. Relacións entre fonoloxía e morfoloxía; entre morfoloxía e sintaxe.
    2.3. Breve repaso dos conceptos básicos.
    2.4. Teoría clásica do morfema. Problemas.
    2.5. A noción de paradigma e as propiedades morfosintácticas. Tipos.
    2.6. As clases de palabras
    2.7. Problemas na distinción entre flexión e derivación.
    2.8. Composición.

    3. A sintaxe
    3.1. ¿Que é a sintaxe?
    3.2. As relacións sintagmáticas.
    3.3. Coordinación e subordinación; unidades simples, complexas e compostas.
    3.4. Tipos de frases. Argumentos e satélites.
    3.5. As funcións sintácticas. Constituíntes e marcas. Relacións da representación sintáctica e a conceptual. As convencións de ligazón.
    3.6. Catálogo de funcións sintácticas.
    3.7. As construcións pasivas, anticausativas.
    3.8. A estrutura informativa.

    Bibliografía básica e complementaria

    Álvarez, R. e X. Xove (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.
    Álvarez, Rosario / Xosé Luís Regueira / Henrique Monteagudo (1986): Gramática galega. Vigo: Galaxia.
    Andrade, A.e M.do Céu Viana (1996): “Fonética”, en Isabel Hub Faria et alii: Introdução à Linguistica Geral e Portuguesa. Lisboa: Caminho, pp. 115-167.
    Azuaga, L. (1996): “Morfologia”, en Isabel Hub Faria et alii (eds.): Introdução à Linguistica Geral e Portuguesa, Lisboa: Caminho, pp. 215-246.
    Catford, J. C. (1988): A practical introduction to phonetics. Oxford: Clarendon Press.
    Culicover, P. (2008): Natural Language Syntax. Oxford: OUP.
    Fernández Planas, Ana María (2005): Así se habla: nociones fundamentales de fonética general y española: apuntes de catalán, gallego y euskara, Barcelona: Horsori.
    Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2000): Gramática da lingua galega III. Morfosintaxe. Vigo: A Nosa Terra.
    Freixeiro Mato, Xosé Ramón (1998): Gramática da lingua galega I. Fonética e fonoloxía. Vigo: A Nosa Terra.
    García-Miguel, L. M. E C. Cabeza (2000): “Sintaxe”, en Ramallo et alii (eds.) Manual de ciencias da linguaxe, Xerais: Vigo, pp. 543-584.
    González Pereira, M. e F. Albertuz Carneiro (2000): “Morfoloxía”, en Ramallo et alii (eds.): Manual de ciencias da linguaxe. Vigo: Xerais, pp. 585-627.
    Martínez Celdrán, E. (2001): Introducción á Fonética. Vigo: Galaxia.
    Matthews, P. H. 1991 Morphology. Second Edition. Cambridge: Cambridge University Press. Existe tradución española da primeira edición (1974): Morfología. Madrid: Paraninfo, 1980.
    Pena, J. (1991): “La palabra: estructura y procesos morfológicos”, en Verba 18, pp. 69-128.
    Regueira Fernández, X.L. (Coord.) (1998): Os sons da lingua. Vigo: Xerais.
    Spencer, A. (2000): “Morphology”, en M. Aronoff e J. Rees-Miller The Handbook of linguistics. Oxford: Blackwell, pp. 213-237.
    Vidal Figueiroa, T. (2000): “Fonética e Fonoloxía”, en Ramallo et alii (eds.) Manual de ciencias da linguaxe. Xerais: Vigo, pp. 629-719.

    Competencias
    - Competencias específicas:

    • Ser capaz de crear unha análise lingüística, seguindo un método claro e coherente cunha teoría.
    • Nun nivel básico, ser capaz de avaliar a coherencia e resultado dos traballos de investigación lingüística galega.


    - Competencias transversais:

    • Localizar e seleccionar de forma crítica a información que se precise a nivel de bibliografía e fontes.
    • Elaborar con rigor os traballos de síntese bibliográfica.
    • Elaborar por escrito e/ou expor oralmente os traballos realizados a partir da bibliografía ou fontes.
    • Razoar de forma crítica as principais cuestións que os textos ou as fontes achegan.



    Metodoloxía da ensinanza
    - Sesións expositivas: para a introdución dos conceptos teóricos e metodolóxicos de análise lingüística, aplicados a datos da lingua galega. A explicación apoiarase moitas veces na lectura e comentario de textos e na exposición e comentario de exemplos.

    - Sesións de seminario: traballaranse algúns contidos vistos nas sesións expositivas. Faranse comentarios de lecturas, exposicións de traballos e exercicios de diverso tipo. N.B.: as lecturas e traballos que se encarguen son de realización obrigatoria. Escusa vir ós seminarios quen non teña as lecturas e exercicios feitos.

    - Titorías personalizadas: serán de asistencia obrigatoria, dentro das posibilidades docentes. Dedicaranse ó comentario de textos de lectura e coñecemento obrigatorio e á resolución das posibles dúbidas. N.B.: Escusa vir ás titorías quen non teña as lecturas feitas.

    - Actividades do curso: exercicios, traballos, exposicións, comentarios... de carácter obrigatorio que serán recollidos nas aulas. Algúns deles terán carácter non presencial e deberán ser entregados nas datas que no seu momento se indiquen. Constitúen un elemento fundamental na avaliación e na nota final do curso.

    - Lecturas: elemento fundamental. Ao longo do curso encargarase unha serie de lecturas obrigatorias, que se deberán preparar en horas non-presenciais. Sobre elas traballarase posteriormente nas sesións presenciais.

    - Platarforma Moodle: Usarase a plataforma Moodle da USC para o traballo coa materia. Os alumnos deberán estar atentos ó seu correo rai.usc.es.



    Sistema de evaluación
    A avaliación da consecución das competencias esixidas terá en conta:

    A) A asistencia ás clases é obrigatoria; valorarase a participación nas clases. Valorarase a asistencia ás clases así coma a participación do alumno nas mesmas a través de comentarios, exercicios, reflexións.... Só se permiten 5 faltas sen xustificar. Esta parte suporá un 10% da cualificación global.

    B) Actividades do curso: Ao longo do curso, o profesor recollerá diversos traballos e exercicios, tanto de elaboración presencial como non-presencial e ben individuais, ben feitos en grupo. Así mesmo, será obrigatoria a realización de exposicións. Valorarase a calidade e, no seu caso, a orixinalidade, así como o deseño e presentación. A avaliación destas actividades supoñerá un 30% da nota final.

    C) Contidos da materia: realizarase un exame escrito. Valorarase o dominio do código normativo, da coherencia e cohesión textual e dos contidos teórico-prácticos. O exame escrito un 60%. É imprescindible obter unha cualificación igual ou superior a 4 para superar a materia.

    D) Os alumnos que non poidan asistir regularmente á clase deben obter unha dispensa outorgada polo Decanato e deberán realizar unha serie de traballos e lecturas personalizadas, a maiores das que fan os compañeiros que asisten regularmente ás clases. A profesora porá datas límites para a entrega destes traballos; non se recollerán traballos máis alá do último día das clases; cada traballo non entregado sumará 0 nas notas. Deben comunicar á profesora esta situación antes do 15 de outubro. Neste caso, os traballos sumarán o 40% da nota final; o 60% restante obterase nos exames oficiais correspondentes.

    A aqueles alumnos que suspendan a materia en xaneiro e que deban acudir á convocatoria do mes de xullo gardaráselles as notas (A) de participación e (B) das actividades do curso. N.B.: As notas de participación nas aulas (A) e as das actividades de curso (B) serán as usadas para computar a nota da convocatoria de xullo, xunto coa que obteñan nese exame. Os que suspendan en xaneiro deberán, polo tanto, repetir só o exame (C) de contidos da materia. Aprobar o exame escrito final de xullo é unha condición necesaria pero non suficiente para aprobar a materia. O mesmo vale para os alumnos con dispensa de asistencia: o 40% da nota corresponderase coa obtida nos traballos de curso, tanto na convocatoria de xaneiro coma na de xullo.

    ATENCIÓN: Os alumnos que superen as faltas de asistencia sen xustificar perderán o dereito á avaliación continua. Isto significa que terán 0 nas notas de asistencia e de traballos de clase (aínda que entregasen traballos e tivesen cualificacións positivas nestes apartados, terán 0 de tódolos xeitos). A súa nota final calcularase co 0 de asistencia, o 0 de traballo de clase e o 60% da nota do exame.





    Tempo de estudo e traballo persoal
    O cálculo da carga docente para esta materia queda so seguinte xeito:

    Horas de estudo e preparación de actividades: 150
    Sesións de seminario: 16
    Sesións expositivas: 32
    Sesións de titoría programadas: 3
    Sesións de avaliación: 3
    Realización de traballos de diverso tipo: 30
    Lecturas: 25
    Preparación de exames: 35
    Outras actividades: asistencia a cursos, conferencias, etc. 6

    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase a asistencia ás clases presenciais, nas que se darán as pautas e orientacións precisas para a realización do traballo autónomo e permitirán levar un seguimento continuado do traballo realizado polo alumnado mediante a participación na aula e a realización dos diversos traballos.