G5091520 - Historia da lingua galega (Introducción ao estudo da lingua e a literatura galegas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega
- Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
- Centro: Facultade de Humanidades
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaNo marco dos obxectivos xerais do módulo de formación e do grao en que se integra, o obxectivo principal que se persegue coa materia de Historia da Lingua Galega é que o alumno coñeza o proceso de formación da lingua galega e as dinámicas sociolingüísticas que caracterizaron o seu percorrido histórico desde as orixes ata a actualidade.
Como obxectivo práctico perséguese que os alumnos sexan capaces de analizar e interpretar as características lingüísticas dos textos, conectándoas de maneira crítica cos contextos históricos propios dos períodos en que foron elaborados.
Preténdese ademais que os alumnos adquiran coñecementos suficientes para, en cursos superiores, enfrontarse ás materias que analizan o cambio lingüístico interno da lingua galega: Fonética e Fonoloxía Históricas do Galego e mais a Morfosintaxe Histórica do Galego.
Contidos1. Conceptos básicos. Bilingüismo e diglosia. Diglosia funcional e diglosia social. Lingüificación e dialectalización das variedades lingüísticas. Aplicación ao caso galego.
2. Formación da lingua galega: latinización, substratos e superestratos
3. Emerxencia e declive do romance galego durante a Idade Media
3.1. Marco histórico
3.2. Do latín tardío ao romance galego
3.2.1. A disgregación da Romania e a aparición dos primeiros textos en romance galego
3.2.2. A maduración da concepción individualizada do romance galego e dos romances ibéricos circundantes
3.3. Galego e portugués na Idade Media
3.4. O cultivo da lingua galega do século XIII ao século XVI (2,5 sesións)
4. A dialectalización da lingua galega (séculos XVI-XVIII)
4.1. O Reino de Galicia durante o Antigo Réxime
4.2. A limitada penetración do castelán
4.2.1. Os axentes castelanizadores
4.2.2. As disposicións oficiais en materia lingüística
4.2.3. O alcance real da castelanización
4.3. Menosprezo e apoloxía da lingua galega
4.3.1. O galego como dialecto
4.3.2. Apoloxía da lingua galega
4.4. Cultivo e estudo da lingua galega
4.5. As mudanzas lingüísticas
5. A reemerxencia contemporánea (sécs. XIX, XX e XXI)
5.1. A tardía transformación de Galicia e a construción do Estado nacional español
5.1.1. Panorama xeral
5.1.2. A transformación política e administrativa
5.1.3. A transformación socioeconómica e cultural
5.2. A tardía caída do monolingüismo en galego
5.3. A ampliación funcional
5.4. A gramatización e a elaboración formal do galego
5.5. O aumento da variación social e contextual
5.6. A evolución da conciencia lingüística
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Mariño Paz, R. (1998): Historia da lingua galega. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.
Mariño Paz, R. (2008). Historia de la lengua gallega: München: Lincom.
Monteagudo, H. (1999): Historia social da lingua galega. Vigo: Galaxia.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Á[lvarez] B[lanco], R. / F[ernández] R[ei], F. / X[ove] F[erreiro], X. [1980]: "Galego", in Gran Enciclopedia Galega, vol. 14, pp. 222-255 [esp. pp. 239-255].
Beramendi, J. González (2007): De provincia a nación. Historia do galeguismo político. Vigo: Xerais.
Costa Rico, A. (2004): Historia da educación e da cultura en Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Freixeiro Mato, X. R. (1997): Lingua galega: normalidade e conflito. Santiago de Compostela: Laiovento.
Mariño Paz, r. (2003): "Historia da lingua", capítulo da voz "Galego", in B. Ledo (ed.): Enciclopedia Galega Universal. Vigo: Ir Indo, tomo 9, pp. 354-360.
Mariño Paz, R. (2003): "Galego", in B. Casal Vila (dir.): Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Lugo: El Progreso / El Diario de Pontevedra, vol. 20, pp. 80-99.
M[ariño] P[az], R. / X. V[arela] B[arreiro] (2000): "Historia da lingua galega", in Apéndice da Gran Enciclopedia Gallega, tomo XXXIV, pp. 213-238.
Villares, R. (2004): Historia de Galicia. Vigo: Galaxia.
Competencias• Coñecer a historia lingüística do noroeste ibérico desde a Antigüidade ata a culminación da romanización e a latinización.
• Coñecer as dinámicas sociolingüísticas do galego na Idade Media, con atención ás súas relacións co latín, co castelán e co portugués.
• Coñecer o proceso de penetración do castelán en Galicia despois da Idade Media e as dinámicas de reafirmación lingüística do galego que o devandito proceso suscitou.
Metodoloxía da ensinanza Especifícanse a seguir as metodoloxías que se seguirán en cada un dos tres tipos de actividades presenciais que están programadas.
6.1. Sesións expositivas
Nestas sesións o profesor impartirá os coñecementos teóricos e metodolóxicos que os alumnos deberán aprender nesta materia. As exposicións acompañaranse regularmente do comentario de textos e documentos de cronoloxía e natureza diversa.
6.2. Sesións interactivas
Nestas sesións traballaranse de maneira aplicada algúns dos contidos do programa que son especialmente relevantes. Con este fin realizaranse comentarios de textos preparados polo profesor para o desenvolvemento da materia, de textos producidos por distintos autores nas tres etapas básicas da historia da lingua galega e de artigos ou capítulos de libros publicados recentemente en que se analizan algúns aspectos importantes do programa. Estes comentarios serán dirixidos polo profesor, mais contarase sempre coa participación dos estudantes, que será obxecto de avaliación. Antes do desenvolvemento da maioría das sesións entregaránselles aos alumnos uns cuestionarios que deberán responder con concisión e brevidade e que entregarán ao profesor antes do desenvolvemento de cada sesión. Durante estas clases o profesor requirirá dos alumnos respostas orais ás preguntas formuladas no cuestionario e previamente respondidas por escrito.
6.3. Titorías programadas
As datas das dúas titorías programadas serán fixadas entre o profesor e os alumno. Estas titorías dedicaranse a orientar os alumnos sobre a realización de dous breves traballos relacionados coa lectura das seguintes obras:
1. Ramón Villares (2004): Historia de Galicia. Vigo: Galaxia. Todos os alumnos deberán elaborar un breve cadro-resumo desta obra.
2. Ademais da anterior, todos os alumnos lerán unha das seguintes dúas obras:
• Carme Hermida (1992): Os precursores da normalización. Defensa e reivindicación da lingua galega no Rexurdimento (1840-1991). Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
• Xesús Alonso Montero (2003): A batalla de Montevideo. Agravios lingüísticos denunciados na UNESCO en 1954. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Os alumnos entregaranlle ao profesor unha recensión do libro lido que non teña unha extensión superior aos 3 folios escritos con interliñado sinxelo e letra de corpo 12.
Para o desenvolvemento da docencia desta materia utilizaranse os recursos que ofrece o Campus Virtual da USC.
Sistema de evaluaciónPara o cálculo da nota final adoptaranse os seguintes criterios:
1. O exame final valerá o 60% da nota final.
2. As respostas por escrito aos cuestionarios que se repartirán nas clases interactivas e a participación activa nelas supoñerán o 20%. Se nalgún destes cuestionarios o alumno tivese menos de 4 puntos, deberá repetilo para poder superar a materia.
3. Lecturas obrigatorias: 20%.
Os alumnos que teñan unha dispensa de asistencia a clase ou que por algunha razón DOCUMENTALMENTE XUSTIFICADA non poidan asistir ás aulas entregarán os exercicios anteriormente mencionados nas datas previstas e, posteriormente, concertarán co profesor unha entrevista na que este requirirá deles algunhas respostas ou algúns comentarios sobre algúns aspectos destes traballos.
Os alumnos repetidores entregarán tamén as respostas aos cuestionarios e as recensións das lecturas obrigatorias nas datas que se fixen. Poderán entregar os mesmos exercicios que xa fixeran o curso anterior, mais recoméndase que fagan o esforzo de os realizaren de novo para así superaren con máis brillantez a materia.
Non se farán medias con cualificacións inferiores a 4,5 puntos nalgunha destas tres partes, e a media das tres partes debe ser como mínimo de 5 puntos para poder superar a materia.
Os alumnos que deban presentarse ao exame da convocatoria de xullo (4/7/2013) e que non alcanzasen un mínimo de 4,5 puntos nalgunha das partes citadas, deberán repetir os traballos que sexan necesarios para chegar a esta nota, e entregalos o mesmo día do exame de xullo.
Dado que os alumnos que cursan o Grao en Lingua e Literatura Galegas deben conseguir un perfecto dominio oral e escrito do idioma galego, nos traballos e exames valorarase o bo uso da lingua, polo que puntuarán negativamente as faltas de ortografía e os erros gramaticais, léxicos, etc. que se cometan, así como as incorreccións da expresión oral que se observen nas distintas intervencións que os alumnos fagan na aula.
Tempo de estudo e traballo persoalACTIVIDADES PRESENCIAIS (indícase o número de horas)
- Clases expositivas: 30.
-Clases interactivas: 15.
-Titorías programadas: 2.
- Exames: 5
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS
- Estudo: 50.
- Preparación das sesións interactivas: 20.
- Lecturas: 20.
- Preparación de exames: 10.
Recomendacións para o estudo da materia1. Recoméndase que os alumnos desta materia teñan certos coñecementos sobre a historia de Galicia.
2. Recoméndase tamén que a preparación da materia vaia acompañada da lectura do maior número posible de obras que se inclúen na bibliografía detallada da guía docente.