G5091523 - Introdución á literatura norteamericana (Estudos ingleses 1) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
- Áreas: Filoloxía Inglesa
- Centro: Facultade de Humanidades
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaPercorrido introdutorio da historia da literatura norteamericana, que inclúe a obra de ficción dalgúns dos seus escritores máis representativos, tanto en relato curto como en poesía ou en teatro. Nas primeiras seccións do programa, reflexionaremos sobre os acontecementos literarios máis importantes ocorridos en Norteamérica dende o establecemento das primeiras colonias británicas, e así leremos tanto sermóns escritos polos Puritanos como textos pertencentes á tradición oral nativo-americana ou ensaios e cartas que describen a era da Revolución. Das unidades 3 á 7, centrarémonos nos diversos movementos literarios que aterraron na cultura norteamericana, dende a “New England Renaissance” e o Romanticismo, ao Realismo e ao Naturalismo no século XIX, así como a literatura escrita por mulleres ou a literatura de entreguerras. O obxectivo principal é proporcionarlles aos estudantes un espectro amplo do que se coñece como “Literatura Norteamericana”, e que conforma unha base esencial de preparación para a comprensión das obras e movementos incluídos nos programas das materias “Literatura Norteamericana I e II”.
ContidosUNIDADE 1. INTRODUCCIÓN Á LITERATURA NORTEAMERICANA
UNIDADE 2. O PERÍODO COLONIAL ATA 1776
- The Iroquois Creation Story (Norton Anthology, vol. 1)
- JOHN SMITH'S "General History of Virginia": Excerpts
- JOHN WINTHROP, “A Model of Christian Charity” Ending.
- ANNE BRADSTREET: “The Author to Her Book"; "To My Dear and Loving Husband", "Here Follows Some Verses upon the Burning of Our House July, 10th, 1666" (1650);
-MARY ROWLANDSON. "A Narrative of the Captivity and Restoration of Mrs. Mary Rowlandson": Excerpts
UNIDADE 3. AS ORIXES DEMOCRÁTICAS E OS ESCRITORES DA REVOLUCIÓN (1776-1820)
- ST JEAN DE CREVECOEUR. Letter III, from "Letters from an American Farmer" (1782)
- BENJAMIN FRANKLIN, "Remarks Concerning the Savages of North America"
- OLAUDAH EQUIANO. "From the Interesting Narrative of the Life of Olaudah Equiano, or Gustavus Vassa, the African". Excerpts
- PHILLIS WHEATLEY, “On Being Brought from Africa to America”; "To His Excellency General Washington"
UNIDADE 4. ROMANTICISMO E TRANSCENDENTALISMO
- WASHINGTON IRVING, " Rip Van Winkle"
- RALPH WALDO EMERSON, "Nature". Introduction
- EDGAR ALLAN POE, "The Fall of the House of Usher", "The Raven"
- NATHANIEL HAWTHORNE, "My Kinsman, Major Molineux"
- WALT WHITMAN, Selected Poems de "Song of Myself". Sections 1, 5, 11, 21.
-FREDERICK DOUGLASS. "Narrative of the Life of Frederick Douglass" Excerpts
-HARRIET JACOBS. "Incidents in the Life of a Slave Girl", Excerpts
- EMILY DICKINSON, 249 ["Wild Nights, Wild Nights"], 448 ["This was a Poet— It is That"], 712 ["Because I could not stop for Death"]
UNIDADE 5. REALISMO E NATURALISMO
- MARK TWAIN, "The Man that Corrupted Hadleyburg"
- HENRY JAMES, "Daisy Miller"
UNIDADE 6. MULLERES ESCRITORAS DE FINAIS DO SÉCULO XIX
- MARY WILKINS FREEMAN, "A New England Nun" (1891)
- CHARLOTTE PERKINS GILMAN, "The Yellow Wallpaper" (1892)
UNIDADE 7. LITERATURA DE ENTREGUERRAS 1914-1945
- SUSAN GLASPELL. "Trifles"
-WILLIAM FAULKNER. "A Rose for Emily"
UNIDADE 8. TEATRO EN NORTEAMERICA DESPOIS DA 2ª GUERRA MUNDIAL
-TENNESSEE WILLIAMS. A Streetcar Named Desire
-ARTHUR MILLER. The Crucible
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica e complementaria
Bibliografía básica:
-BAYM, Nina (ed) "The Norton Anthology of American Literature" New York: Norton, 2008 (5th ed.) 84 NORTO 1 & 2
-BERCOVITCH Sacvan (ed), The Cambridge History of American Literature, vol. 1: 1590-1820, vol. 2: 1820-1865, Cambridge U.P., Cambridge, 1994. 82(73).09 BER 1; 82(73).09 BER 2
- CONN, Peter, Literature in America: An Illustrated History, Cambridge UP., Cambridge, 1989.
- ELLIOTT, Emory (ed.), Columbia Literary History of the United States, Columbia University Press, Nova York, 1988.
-LAUTER, Paul (gral. ed.) The Heath anthology of american literature. Lexington, Massachusetts : Heath and Company, cop. 1990. 82 HEAT 1 1 & 2
- RULAND, Richard e Malcolm BRADBURY, From Puritanism to Postmodernism: A History of American Literature, Routledge, Londres e Nova York, 1991.
Bibliografía complementaria:
- ABEL, Darrel, The Moral picturesque: studies in Hawthorne's fiction West Lafayette, Purdue University Press, Indiana, 1990 [82(73).09 ABE-2]
- ADERMAN, Ralph M. (ed.), Critical Essays on Washington Irving, G. K. Hall, Boston, 1990.
- ALLEN, Gay Wilson, The Solitary singer: a critical biography of Walt Whitman, The University of Chicago Press Chicago, 1985 [82.09 ALLEN-1]
- AMMONS, Elizabeth , "Writing Silence: 'The Yellow Wallpaper.'" Conflicting stories: American women writers at the turn into the twentieth century, pp. 34-43 e 207-208, Oxford University Press, Nova York, 1992 [82(73).09 AMM-1]
- AUERBACH, Jonathan, The Romance of failure: first-person fictions of Poe, Hawthorne, and James, Oxford UP, Nova York, 1989.
- BEER, Janet, Kate Chopin, Edith Wharton and Charlotte Perkins Gilman: Studies in Short Fiction, St. Martin’s, Nova York, 1997.
- DEVOTO, Bernard, Mark Twain's America, University of Nebraska Press, Lincoln, 1997 [82(73).09 DEVO-1]
- DEWEY, Joseph e Brooke HORVATH (eds. lits.), The Finer thread, the tighter weave : essays on the short fiction of Henry James West Lafayette, Purdue, University Press Indiana, 2001.
-FERGUSON, James Faulkner’s Short Fiction. Knoxville: The U of Tennessee P. (1991) [82(73).09 FERG 1]
- FREEDMAN, Jonathan (ed.), The Cambridge Companion to Henry James, Cambridge UP, Cambridge, 1998.
- GOLDEN, Katherine (ed.), The Captive Imagination: A Casebook on “The Yellow Wallpaper”, The Feminist Press, Nova York, 1992.
-HAYES, Kevin J. The Cambridge companion to Edgar Allan Poe Cambridge ; New York : Cambridge UP, 2002 [82(73).09 HAY 1]
JOHNSON, Ivonne. The voices of African American women: the use of narrative and authorial voice in the Works of Harriet Jacobs, Zora Neale Hurston and Alice Walker. New York: Peter Lang, 1998. [82(73).09 JOH.Y 1]
- KILCUP, Karen L. (ed. lit.), Nineteenth-century American women writers: a critical reader, Blackwell, Oxford, 1998.
- MARTIN, Wendy (ed), The Cambridge companion to Emily Dickinson, Cambridge University Press, Cambridge, 2002 [82(73).09 MAR 2]
- MAY, Charles E., Edgar Allan Poe: A Study of the Short Fiction, Twayne, Boston, 1991 [82(73).09 MAY-1]
- MACINTOSH, James (ed.), Nathaniel Hawthorne's tales: authoritative texts, backgrounds, criticism, W. W. Norton & Company, 1987 [82 HAW-15]
- PAPKE, Mary E., Verging on the abyss: the social fiction of Kate Chopin and Edith Wharton, Greenwood, Nova York, 1990 [82(73).09 PAP-1]
- PEEPLES, Scott , Edgar Allan Poe Revisited, Twayne, Nova York, 1998 [82(73).09 PEE-1]
- PETRY, Alice Hall, “Freeman's New England Elegy” Studies in Short Fiction 21.1, 1984, pp. 68-70.
CompetenciasCompetencias
- Dominio dos rexistros culturais utilizados na literatura en Norteamérica dende o establecemento das colonias ata finais do século XX.
- Dominio das técnicas utilizadas para a análise de textos.
- Fomento da discusión e defensa das diferentes interpretacións dos textos mediante a análise detallada de relatos/poemas concretos.
Metodoloxía da ensinanza Metodoloxía da ensinanza
Unha combinación de clases maxistrais nas sesións teóricas e das prácticas de análise de textos nas sesións interactivas.
Tamén empregaremos materiais audiovisuais para as presentacións na clase.
Fomentaremos a participación activa nas discusións e a interpretación individual mediante a lectura da bibliografía complementaria e a preparación e entrega de preguntas chave sobre os textos que haberá que analizar.
Así mesmo, fomentarase a toma de responsabilidade dos estudantes mediante a presentación oral de traballos na clase.
Sistema de evaluaciónSistema de avaliación da aprendizaxe
O mesmo sistema de avaliación será aplicado nas dúas convocatorias ordinarias (xaneiro e xullo)
Teránse en conta os seguintes criterios
-Asistencia e Participación activa (10 % da nota, ata 1 punto). Na avaliación final dos alumnos terase en conta a súa participación activa durante as clases. A valoración deste aspecto realizarase sobre a base dos exercicios e probas de comentario que se realicen oralmente ou por escrito durante o curso.
-Traballo escrito obrigatorio (ata 2 puntos) sobre algún dos textos analizados no programa do curso. Estes traballos faranse, ou individualmente ou en grupos de ata tres alumnos, baixo a estreita supervisión do profesor e deberán ser entregados ao remate do primeiro cuadrimestre (derradeira semana de xaneiro). Estes traballos son de carácter obrigatorio e a obtención dunha cualificación de “apto” é un requisito indispensable para a superación da materia.
-A presentación oral dos traballos por parte dos seus autores diante da clase será obxecto de avaliación, e a aportación dos grupos que a realicen se valorará con ata un 10% (ata 1 punto) da nota final. Os estudantes que teñan máis de 4 faltas sen xustificar non poderán optar a presentar o traballo
- Exame escrito final (ata 6 puntos). O grao de asimilación dos contidos do curso por parte dos alumnos avaliarase por medio dunha proba escrita final que se celebrará nas datas fixadas de forma oficial polo centro para as convocatorias de xaneiro e xullo.
Todos os exercicios e probas realizaranse en inglés, alomenos os alumn@s do grao en lingua e literatura inglesa. Os alumnos do Campus de Lugo poderán facer tamén as probas en español ou galego. Valorarase positivamente a capacidade crítica e de síntese, a estruturación adecuada dos ensaios e a claridade no manexo dos conceptos. Valorarase, asímesmo, globalmente a corrección no uso da lingua. A acumulación de erros gramaticais, ortográficos, etc. suporá unha penalización na nota final de ata 3 puntos.
Tempo de estudo e traballo persoalTempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala
- De 4 a 6 horas á semana para a lectura das obras incluídas no programa e a bibliografía recomendada.
-Recoméndase que os grupos se formen durante a primeira semana de curso, de ser posible, e que se reúnan frecuentemente para preparar os traballos, as presentacións, etc. Todas as incidencias do grupo serán anotadas na avaliación do traballo
Recomendacións para o estudo da materiaRecomendacións para o estudo da materia
- Asistencia regular ás clases e participación activa nelas. Recoméndase a lectura dos textos previamente á explicación e discusión na clase.
- Preparación do traballo e presentación na clase, mediante a lectura da bibliografía complementaria recomendada pola profesor e a asistencia ás titorías personalizadas e en grupo.