Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Humanidades  »  Información da Materia

G5091601 - Semiótica das linguas e da comunicación (Linguas e comunicación . Aplicacións) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
  • Áreas: Lingüística Xeral
  • Centro: Facultade de Humanidades
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GONZALEZ PEREIRA, MIGUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Esta materia forma parte do Módulo Complementario “Linguas e comunicación. Aplicacións”, cuxo obxectivo é proporcionar unha formación axeitada para se desenvolver na comprensión e a análise de diferentes niveis de comunicación, e que conduce á obtención do “Minor en Lingüística Xeral”. En concreto, o sentido da materia consiste en ofrecer unha panorámica das bases e fundamentos semióticos dos signos e os sistemas de signos, a súa significación (semiótica da significación) e o seu papel central na comunicación no seu sentido máis amplo (semiótica da comunicación), non restrinxida, dese xeito, á linguaxe (verbal ou de signos xestuais) nin aos sistemas semióticos humanos (a comunicación mediante códigos exténdese ao reino animal). Deste xeito, a materia pretende introducir os principios e a metodoloxía da Semiótica, tratando a organización, as bases referenciais e a función dos códigos en diferentes medios e soportes, de modo que o estudante sexa quen de analizar semioticamente de maneira autónoma os principais aspectos de moi variados códigos comunicativos, animais ou humanos, e dentro de estes, códigos lingüísticos e non lingüísticos.
    En concreto, os obxectivos da materia consisten basicamente en adquirir competencias básicas para analizar os fundamentos semióticos, tanto dende una perspectiva intrínseca, como aplicados ao eido da comunicación.

    Contidos
    TEMA 1. A SEMIÓTICA
    OBXECTIVOS: Caracterizar a Semiótica como disciplina, e tamén o seu obxecto de estudo.
    GUIÓN
    1.1. Caracterización da Semiótica como disciplina.
    1.2. Obxecto de estudo: semiose e signos.
    1.3. Información e comunicación.
    1.4. Divisións e tipos de Semiótica.

    TEMA 2. FUNDAMENTOS DE SEMIÓTICA
    OBXECTIVOS: Ofrecer unha síntese dos principais fundamentos e nocións semióticas, que serán aplicadas no tema 3 a sistemas concretos.
    GUIÓN
    2.1. Comunicación e representación.
    2.2. Significación e tipos de sinais.
    2.3. Indicialidade, arbitrariedade e iconicidade.
    2.4. Códigos e os seus tipos. Canais.

    TEMA 3. CÓDIGOS SEMIÓTICOS E COMUNICACIÓN
    OBXECTIVOS: Ofrecer unha panorámica dos principais sistemas semióticos (lingüísticos e non lingüísticos, así como humanos e non humanos), con especial atención ao eido comunicativo, que permita contemplalos e analizalos a partir dos fundamentos ofrecidos no tema anterior
    GUIÓN
    3.1. Comunicación animal e humana.
    3.2. Semiose humana como semiose socio-cultural.
    3.3. Semiose non lingüística.
    3.4. Semiose lingüística. O signo lingüístico. Tipos de semiose lingüística: linguaxe oral, de signos, escritura.

    Bibliografía básica e complementaria
    BÁSICA
    Dicionarios e panorámicas de Semiótica
    BOUISSAC, P. (ed.) (1998): Encyclopedia of Semiotics. New York: OUP.
    COBLEY, P. (ed.) (2001): The Routledge companion to semiotics and linguistics. London: Routledge.
    GREIMAS, A. e J. COURTÈS (1979): Semiótica: Diccionario razonado de la teoría del lenguaje. Madrid: Gredos, 1982.
    MOUNIN, G. (1970): Introducción a la semiología. Barcelona: Anagrama, 1972.
    SEBEOK, T. (ed.) (1986): Encyclopedic dictionary of semiotics. 3 vols. Berlin: de Gruyter.

    Introducións á Semiótica e a comunicación
    BAYLON, C. e X. MIGNOT (1994): La comunicación. Madrid: Cátedra, 1996.
    BOVES NAVES, Mª.C. (1989): La semiología. Madrid: Síntesis.
    CHANDLER, D. (2002): Semiotics: The basics. London: Routledge.
    CLARK, H. (1996): Using language. Cambridge: CUP.
    JOHANSEN, J. e S. LARSEN (2002): Signs in use. An introduction to Semiotics. London: Routledge.
    LEEUWEN, T. van (2005): Introducing social semiotics. New York: Routledge.
    NIÑO ROJAS, V.M. (2007): Fundamentos de Semiótica y Lingüística. 5ª ed. Bogotá: Ecoe.
    SEBEOK, T. (1996): Signos: una introducción a la semiótica. Paidós: Barcelona, 1996.
    SERRANO, S. (1984): La semiótica. Barcelona: Montesinos.
    SERRANO, S. (1999): Comprender la comunicación. Barcelona: Paidós, 2000.

    COMPLEMENTARIA
    ANDERSON, S. (2004): Doctor Dolittle’s delusion. New Haven: Yale UP.
    BARTHES, R. (1990): La aventura semiológica. Barcelona: Paidós.
    BELTRÁN MARTÍNEZ, A. et al. (2001): Semiótica del arte prehistórico. Valencia: Diputación.
    CESTERO MANCERA, A.Mª. (1999): Repertorio básico de signos no verbales del español. Madrid: Arco/Libros.
    ECO, U. (1975): Tratado de semiótica general. Barcelona: Lumen, 1988.
    ECO, U. (1997): Kant y el ornitorrinco. Barcelona: Lumen, 1999.
    EMMOREY, Karen (2002): Language, cognition, and the brain. Insights from sign language research. Mahwah: Erlbaum.
    HAARMAN, H. (1990): Language in its cultural embedding. Berlin: de Gruyter.
    HALLIDAY, M. (1978): El lenguaje como semiótica social. Méjico: FCE, 2001.
    HARRIS, R. (1995): Signos de escritura. Barcelona: Gedisa, 1999.
    HAUSER, M. (1996): The evolution of communication. Cambridge: MIT Press.
    LIUNGMAN, Carl G. (1995): Thought signs. The semiotics of symbols – Western non-pictorial ideograms. Amsterdam: IOS Press.
    LOCK, A. e C. PETERS (eds.) (1996): Handbook of human symbolic communication. Oxford: Blackwell.
    MCNEILL, D. (ed.) (2000): Language and gesture. Cambridge: CUP.
    MORRIS, C. (1938): Fundamentos de la teoría de los signos. Barcelona: Paidós, 1985.
    PEIRCE, C. (1987): Obra lógico-semiótica. Madrid: Taurus.
    POYATOS, F. (1994): La comunicación no verbal. Madrid: Itsmo, 3 vols.
    RIBA, C. (1990): La comunicación animal. Un enfoque zoosemiótico. Barcelona: Anthropos.
    RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, María Ángeles (1992): Lenguaje de signos. Barcelona: ONCE.
    SAUSSURE, Ferdinand de (1916): Curso de lingüística general. Madrid: Akal, 1980.
    SEBEOK, T. (ed.) (1977): How animals communicate. Bloomington: Indiana UP.
    SEBEOK, T. e M. DANESI (2000): The forms of meaning. Modelling Systems Theory and semiotic analysis. Berlin: de Gruyter.
    SIMONE, R. (1990): Fundamentos de lingüística. Barcelona: Ariel, 1993.
    VERON, E. (1987): La semiosis social. Buenos Aires: Gedisa.

    Competencias
    (1) Dominar conceptos e fundamentos esenciais para o estudo das bases semióticas dos elementos significativos (semiótica da significación) e dos sistemas comunicativos (semiótica da comunicación)
    (2) Obter unha visión ampla dos principios xerais da Semiótica que permitan situar a linguaxe humana no seo dos diferentes sistemas de comunicación
    (3) Entender o papel fundamental do proceso de semiose para calquera ámbito da existenza
    (4) Manexo de recursos semióticos básicos para analizar con desenvoltura aspectos como os diferentes tipos de sinais, os variados tipos de códigos, etc., de xeito que se podan aplicar a moi diferentes ámbitos
    (5) Entender que a comunicación non é un fenómeno exclusivo da linguaxe nin do eido humano
    (6) Comprender as diversas formas de comunicación e interacción e os procesos cos que se desenvolven
    (7) Recoñecer as diversas clases de signos que interveñen na vida social do ser humano e o seu papel fundamental nas sociedades e na comunicación
    (8) Desenvolver a capacidade de lectura crítica e interpretación de signos no eido social

    Metodoloxía da ensinanza
    A materia está concibida para alumnos que asisten con regularidade ás sesións de clase. Distribúese en tres horas semanais, divididas en dúas sesións expositivas e unha sesión seminario en grupos reducidos dependendo do número de matriculados. Ademáis, está prevista a realización dunha sesión de titorías programadas de 3 horas de duración en grupos de 10 alumnos aproximadamente, que se anunciará con antelación. A conxunción dos diferentes tipos de sesión (expositivas, seminario e titorías en grupo) pretende facilitar ao alumnado unha base sólida para a adquisición de coñecemento (teórico e práctico) sobre a materia, e tamén guiar o seu traballo autónomo.
    Sistema de evaluación
    OPORTUNIDADE DE XANEIRO: Realizarase mediante avaliación continua. O 50% da cualificación corresponderá ás actividades e traballos realizados e presentados nas sesións de seminario e na titoría programada. O 50% restante corresponderá ao exame da materia, que abranguerá os contidos das sesións expositivas e as lecturas obrigatorias. O examen farase na data establecida oficialmente pola Secretaría do Centro ao final do período lectivo do primeiro cuadrimestre.

    OPORTUNIDADE DE XULLO: A avaliación para a oportunidade de xullo realizarase exclusivamente mediante un exame que incluirá cuestións teóricas e prácticas (correspondentes ás sesións expositivas e seminario). O exame realizarase na data establecida oficialmente pola Secretaría do Centro no mes de xullo.



    Tempo de estudo e traballo persoal
    Sesións expositivas: 32 horas presenciais + 64 non presenciais (96 horas)
    Sesións seminario: 16 horas presenciais + 32 non presenciais (48 horas)
    Sesións titoría programada: 3 horas presenciais + 3 non presenciais (6 horas)
    Total: 51 horas presenciais + 99 non presenciais (150 horas)