Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Humanidades  »  Información da Materia

G5091602 - Sociolingüística e planificación das linguas (Linguas e comunicación . Aplicacións) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
  • Áreas: Lingüística Xeral
  • Centro: Facultade de Humanidades
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    1. Informar sobre as nocións e eidos de investigación da Sociolingüística e da Planificación lingüística.
    2. Dar conta da vitalidade destas disciplinas dentro dos estudos lingüísticos e, en xeral, no conxunto do coñecemento.
    3. Mellorar a capacidade de interpretar os datos das investigacións en materia sociolóxica.
    4. Desenvolver xuízo crítico, a través da análise en profundidade dos conceptos e dos procesos que se observan, e a exposición de argumentos e refutacións acaídas, contribuíndo así á formación de individuos con opinión autorizada.

    Contidos
    Tema 1. Caracterización xeral do saber coñecido como Sociolingüística. Conceptos, métodos, correntes.
    1.1. O concepto de variación en lingüística. Abstracción e materialidade no estudo da linguaxe. A variación e criterios para delimitala.
    1.2. A sociolingüística como campo de investigación. Lingüística non social vs. Sociolingüística. Historia interna da disciplina. Causas do seu pulo nas últimas décadas. Obxecto de estudo: variante lingüística e variábeis sociais. Vocación multidisciplinar da Sociolingüística: conexións con outras disciplinas.
    1.3. A fala como interacción social. Clase social, estatus e poder. A noción de mercado lingüístico. Cortesía e fórmulas de tratamento. Solidariedade e cohesión social. As variábeis e os métodos cuantitativos. Comunidades de fala e modelos individuais. A conversa: cooperación fronte a conflitividade. A fala como traballo experto.

    Tema 2: Lingua e comunidade histórica e cultural.
    2.1. Hipótese de relativismo lingüístico. A fala como identidade. Identidade nacional. Identidade de xénero. Crenzas e actitudes sociais ante a lingua. Prexuízos e estereotipos.
    2.2. Linguas en contacto: Diglosia, bilingüismo e substitución lingüística, pidgins e crioulos.
    2.3. Eco-lingüística: linguo-diversidade e dereitos dos pobos. Linguas minorizadas: lexislación en materia lingüística. A Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos.
    2.4. Linguas colonizadoras: procesos de internacionalización no uso das linguas , linguas francas e linguas artificiais.

    Tema 3. Planificación lingüística. A intervención real sobre as linguas.
    3.1. Bases fundacionais do campo como disciplina autónoma.
    3.2. Planificación de estatus. Contexto, alcance e campos de aplicación da planificación social das linguas: o debate ideolóxico. Sectores sociais implicados na planificación lingüística. Observación da realidade: o empirismo. Formulación de obxectivos: planes para intervir nunha lingua. Avaliación das intervencións.
    3.3. Planificación de corpus. Escolma dos datos, depuración e selección. A interferencia lingüística. Codificación ortográfica: alfabetos e reformas. Codificación fonética: pronuncia estándar e subestándares. Codificación gramatical. Codificación semántica: recursos léxicos externos e internos. Neoloxía e terminoloxía. Innovación léxica e semántica: préstamo e calco.
    3.4. Autoridade lingüística e corrección. Purismo. O papel da descrición e da prescrición. Prestixio literario e prescriptivismo. Diversificación estilística. Aspectos sintácticos e léxicos.
    3.5. Teoría lingüística e Planificación. Consecuencias de traballarmos nun eido aplicado.

    Bibliografía básica e complementaria
    Tema 1. Caracterización xeral do saber coñecido como Sociolingüística. Conceptos, métodos, correntes.
    Bibliografía básica (de lectura obrigatoria)
    -Rotaetxe Amusategi, Karmele (1996): “Lenguaje y sociedad: la sociolingüística” en Carlos Martín Vide (ed.): Elementos de lingüística. Barcelona: Octaedro. 307-339.
    Bibliografía complementaria
    -Calvet, Louis-Jean (1993): La Sociolinguistique. Paris: Presses Universitaires de France. Trad. gal. de Alberte Allegue Leira: A (socio)lingüística. Santiago: Laiovento. 1998 (2ª ed.).
    -Guy, Gregory R. (1988): “Language and social class”. En Frederick J. Newmeyer: Linguistics: The Cambridge Survey. IV: Language: The Socio-Cultural Context. Cambridge: Cambridge University Press. 75-99. Trad. esp. de Mª Luisa Martín Rojo: “Lenguaje y clase social”. Panorama de la lingüística moderna de la Universidad de Cambridge. IV: El lenguaje: Contexto socio-cultural. Madrid: Visor. 1992. 57-86.
    -Koerner, Konrad (1986): “Aux sources de la sociolinguistique”. Linguisticae Investigationes 10(2). 381-401.
    -Romaine, Suzanne (1994): Language in Society. An Introduction to Sociolinguistics. Oxford: Oxford University Press.

    Tema 2: Lingua e comunidade histórica e cultural.
    Bibliografía básica (de lectura obrigatoria)
    -Moure, Teresa (2010): “Falarmos galego as mulleres, por que non?”. En Xesús Manuel Mosquera Carregal (ed.): Lingua e xénero. VI Xornadas sobre lingua e usos. A Coruña: Universidade da Coruña. 147-169.
    -Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos [http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Ref.int-3_DeclUnivDtosLgtcos.pdf]
    Bibliografía complementaria
    -Bastardas i Boada, Albert & Emili Boix (dirs.) (1994): ¿Un estado, una lengua? La organización política de la diversidad lingüística. Barcelona: Octaedro.
    -Dalby, Andrew (2002): Language in Danger. London: Penguin Books.
    -Moreno Cabrera, Juan Carlos (2000): La dignidad e igualdad de las lenguas. Madrid: Alianza.
    -Moreno Fernández, Francisco (1998): “Actitudes lingüísticas”. En Principios de sociolingüística y sociología del lenguaje. Barcelona: Ariel. 2009 (4ª ed. rev.). Cap. 10.
    -Moure, Teresa (2003): “A batalla das linguas no mundo actual. Multilingüismo e antiglobalización”. Grial 160. 19-29.
    -Moure, Teresa (2010): Ecolingüística. Entre a ciencia e a ética. A Coruña: Universidade da Coruña.

    Tema 3: Planificación lingüística. A intervención real sobre as linguas
    Bibliografía básica (de lectura obrigatoria)
    -Cooper, Robert L. (1989): Language Planning and Social Change. Cambridge: Cambridge University Press. Trad. esp. de José María Perazzo: La planificación lingüística y el cambio social. Madrid: Cambridge University Press. 1997. Cap. 1.
    Bibliografía complementaria
    -Christian, Donna (1988): “La planificación de las lenguas desde el punto de vista de la lingüístca”. Panorama de la lingüística moderna de la Universidad de Cambridge. IV: El lenguaje: Contexto socio-cultural. Madrid: Visor. 1992. 233-252.
    -García Negro, Mª Pilar (2000): Direitos lingüísticos e control político. Santiago de Compostela: Laiovento.
    -Sanmartín Rei, Goretti (2009): Nos camiños do entusiasmo. Calidade de lingua e planificación. Vigo: Xerais.
    -Sanmartín Rei, Goretti (coord.) (2010): Lingua e futuro. Santiago: Laiovento.
    -Skutnabb-Kangas, Tove (ed.) (1995): Multilingualism for all. Lisse: Swets & Zeitlinger. 221-256.
    Competencias
    1. Desenvolvermos até o final o concepto de diversidade lingüística e do seu alcance, subliñando a consideración desta riqueza como parte do patrimonio cultural da humanidade.
    2. Reflexionarmos sobre a situación de conflito lingüístico vixente no contexto real inmediato, as súas causas e o seu papel na conformación do tecido social.
    3. Salientarmos o papel das linguas na interacción social dos individuos e das súas relacións e analizarmos os factores que regulan os intercambios comunicativos.
    4. Reflexionar sobre os fenómenos sociais da identidade e do poder e a súa manifestación lingüística.
    5. Chegar a adquirir un coñecemento acaído dos métodos de traballo vixentes en Sociolingüística, tanto na reflexión e na indagación académica como nas intervencións planificadas sobre as linguas.
    6. Elaborar argumentos e nocións con que defender as propias ideas a través do debate e da expresión escrita con que, ademais de se expresaren, as/os alumnas/os conseguirán revisar o sustento e a orixinalidade das súas ideas. Neste sentido, xunto a diferentes exercicios e prácticas, deberán realizar unha reflexión máis extensa, baixo a forma dun diario de clase. Non se pretende obter deste traballo a simple reprodución dos argumentos da bibliografía nin a presentación das fórmulas académicas de documentación. Ao contrario, preténdese que a/o estudante demostre que reflexiona por si mesma/o e que desenvolve as súas capacidades de discernimento e argumentación.

    Metodoloxía da ensinanza
    A materia distribuirase en tres horas semanais: unha sesión expositiva (2 horas) e unha sesión seminario (1 hora). Periodicamente introduciranse titorías programadas en grupos pequenos. Haberá unha sesión de titoría programada para cada tema. A materia está concibida para estudantes que asisten regularmente ás aulas e pretenden tirar proveito delas. Non se pensa no curso coma nun trámite burocrático que se pode eludir ou cumprimentar sen atención nin interese. Ao contrario, as aulas imaxínanse coma un lugar de encontro onde facermos en conxunto a tarefa común da aprendizaxe. A profesora será unha guía mais non reproducirá un saber encapsulado para a imitar, senón que ofrecerá interpretacións discordantes, suxerirá camiños para a pescuda persoal e procurará provocar un enfrontamento produtivo entre o individuo e as opcións de coñecemento que se brindan na aula.

    Utilizaremos o entorno da USC-Virtual para a organización das actividades non presenciais, a entrega de documentos aos alumnos e a comunicación virtual entre todos os membros da aula.


    Sistema de evaluación
    PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
    Cada estudante realizará un diario da clase. Trátase dun traballo persoal e creativo, onde poderán incluírse materiais diversos, desde esquemas dos asuntos tratados na aula, a comentarios ou reflexións persoais, demostrando que se adquiriu sobre a materia coñecemento novo e non trivial. A clase contará desde o comezo cun foro virtual, onde cadaquén poderá facer públicos fragmentos do seu diario ou proporá cuestións para debater. A participación asidua no foro suporá un 25% da cualificación final, a participación activa na aula sumará outro 25% e o diario, que será entregado ao final de curso, suporá o 50% restante.

    SEGUNDA OPORTUNIDADE: A convocatoria de xullo efectuarase exclusivamente a través do diario escrito, que se entregará na data estabelecida pola Facultade para exame.

    ALUMNADO REPETIDOR:
    Deberá seguir o mesmo sistema de avaliación da primeira oportunidade.

    ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA TEÓRICA:
    Os estudantes que teñan concedida polo Decanato a dispensa de asistencia a clase e, polo tanto, non poidan seguir a avaliación continua, deberán falar coa profesora na primeira semana do semestre para establecer un plan de traballo alternativo.

    ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL:
    O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por razóns de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo á profesora, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria).
    URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/integracion.html

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O Sistema de Transferencia do Crédito Europeo (ECTS) establece que un crédito equivale a 25 horas de traballo total do alumno. Por tanto, nesta materia de 6 créditos establecemos 150 horas de traballo total ao longo de todo o semestre. O reparto destas 150 horas nas diferentes tarefas debe corresponderse co seguinte esquema:
    * Sesións expositivas: 32 horas presenciais + 64 non presenciais (total: 96 horas).
    * Sesións interactivas: 16 horas presenciais + 32 non presenciais (total: 48 horas).
    * Sesións de titoría: 3 horas presenciais + 3 non presenciais (total: 6 horas).
    TOTAL: 51 horas presenciais + 99 non presenciais = 150 horas totais.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Resulta moi recomendable o estudo continuado da materia a medida que esta se desenvolve, de maneira que é moi conveniente para o alumnado a asistencia regular ás clases expositivas e interactivas. En definitiva, o traballo constante é o factor clave para unha boa aprendizaxe.