Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Humanidades  »  Información da Materia

G5091603 - Pragmática intercultural (Linguas e comunicación . Aplicacións) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
  • Áreas: Lingüística Xeral
  • Centro: Facultade de Humanidades
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Adquirir conceptos e recursos para:
    (a) reflexionar sobre a interacción comunicativa en diversos contextos;
    (b) valorar a fluidez e eficacia comunicativa;
    (c) analizar os diferentes patróns comunicativos culturais nas comunidades e nas relacións interpersoais;
    (d) xestionar conflitos ligados á comunicación intercultural;
    (e) deseñar materiais comunicativos para a docencia de linguas nos actuais contextos multiculturais.


    Contidos
    TEMA 1. O ámbito da Pragmática intercultural.
    1.1. Inicios e evolución da Pragmática. O ámbito da Pragmática intercultural. Relacións e conexións con outras disciplinas.
    1.2. A pragmática: unha disciplina para o estudo da acción e a interacción comunicativa. Compoñentes da comunicación. A enunciación.
    1.3. Pragmática contrastiva e análise da comunicación intercultural.
    1.4. As principais dimensións da comunicación intercultural. A comunicación verbal e non verbal en diferentes culturas.

    TEMA 2. O estudo pragmático das prácticas comunicativas interculturais.

    2.1. Actos de fala. Definición. Enunciados constatativos e realizativos. Actos locutivos, ilocutivos e perlocutivos. Tipos de actos ilocutivos. A indirección na comunicación intercultural.
    2.2. Interpretación e inferencia. O principio de cooperación e as máximas conversacionais. A universalidade do principio de cooperación.
    2.3. Cortesía. Diferencias comunicativas e valores socioculturais.
    2.4. Turnos de fala. A xestión da conversa en contextos multilingües e interculturais.


    TEMA 3. Aplicacións da Pragmática intercultural.

    3.1. Os recursos pragmáticos como instrumentos para valorar a eficacia comunicativa e detectar conflitos comunicativos. Os novos perfís profesionais.
    3.2. Os problemas de comunicación intercultural nas empresas e servizos públicos.
    3.3. Aplicacións da pragmática intercultural á elaboración de materiais para o ensino de linguas en contextos multiculturais.


    Bibliografía básica e complementaria
    1. Introducións á Pragmática, panorámicas e diccionarios

    BERTUCCELLI PAPI, Marcella (1993): Qué es la Pragmática. Madrid: Paidós.
    ESCANDELL VIDAL, Mª Victoria (1996): Introducción a la pragmática. Barcelona: Ariel.
    GUTIÉRREZ ORDÓÑEZ, Salvador (1996): Presentación de la Pragmática. León: Universidad de León.
    HERNÁNDEZ SACRISTÁN, Carlos (1990): "Pragmática". En Ángel López García et alii: Lingüística general y aplicada. Valencia: Universitat de València. 243-272.
    LEECH, Geoffrey N. (1983): Principles of Pragmatics. London: Longman. Tradución española de Felipe Alcántara Iglesias: Principios de Pragmática. Logroño: Universidad de La Rioja. 1998.
    LEVINSON, Stephen C. (1983): Pragmatics. Cambridge: Cambridge University Press. Tradución española de África Rubiés Mirabet: Pragmática. Barcelona: Teide. 1989.
    MEY, Jacob L. (1993): Pragmatics. An Introduction. Cambridge: Blackwell. 20022.
    MOESCHLER, Jacques & Anne Reboul (1999): Diccionario enciclopédico de pragmática. Madrid: Arrecife.
    ÖSTMAN, Jan-Ola and Jef VERSCHUEREN (2010): Handbook of pragmatics. .Amsterdam: J. Benjamins
    REYES, Graciela (1990): La pragmática lingüística. Un estudio del uso del lenguaje. Barcelona: Montesinos.
    REYES, Graciela (1995): El abecé de la pragmática. Madrid: Arco Libros.
    VERSCHUEREN, Jef (1999): Understanding Pragmatics. London: Arnold. Tradución española de Elisa Baena Pedraza & Marta Lacorte: Para entender la Pragmática. Madrid: Gredos. 2002.
    VERSCHUEREN, Jef & Marcella BERTUCCELLI-PAPI (eds.) (1987): The Pragmatic Perspective: selected papers from the 1985 International Pragmatics Conference. Amsterdam: John Benjamins.

    2. Introducións á comunicación intercultural

    ASANTE, Molefi Kete et alii (eds.) (2008): The Global Intercultural Communication Reader. New York: Routledge.
    GRUPO CRIT (2003): Claves para la comunicación intercultural. Análisis de interacciones comunicativas con inmigrantes. Castellón: Universitat Jaume I.
    GRUPO CRIT (2006) Culturas cara a cara. Relatos y actividades para la comunicación intercultural. Madrid: Edinumen. Libro + DVD.
    GUDYKUNST, William & Young Yun KIM (1992): Communicating with Strange. New York: Mcgraw Hill Higher Education.
    HERNÁNDEZ SACRISTÁN,Carlos (1999): Culturas y acción comunicativa. Introducción a la pragmática intercultural. Valencia: Octaedro.
    KOTTHOFF, Helga & Helen SPENCER-OATEY (eds.) (2007): Handbook of Intercultural Communication. Berlin: Mouton de Gruyter.
    MARTIN, Judith, Thomas NAKAYAMA & Lisa FLORES (eds.) (2001): Readings in Intercultural Communication: Experiences and Contexts. Boston: McGraw Hill.
    MARTÍN ROJO, Luisa (2010): Constructing inequality in multilingual classrooms. Berlin: Mouton de Gruyter.
    PAN, Yuling, Suzanne Wong SCOLLON & Ron SCOLLON (2002): Professional Communication in International Settings. Malden, Massachusetts: Blackwell.
    PILLER, Ingrid (2011): Intercultural Communication: A Critical Introduction. Edinburgh: Edinburgh University Press.
    RAGA GIMENO, Francisco (2005): Comunicación y cultura. Propuestas para el análisis transcultural de las interacciones comunicativas cara a cara. Madrid/Frankfurt: Iberoamericana/Vervuert.
    RODRIGO ALSINA, M. (1999): Comunicación intercultural. Barcelona: Anthropos.
    SCOLLON, Ron & Suzanne Wong SCOLLON (2000): Intercultural Communication: A Discourse Approach. Oxford: Blackwell.
    TING-TOOMEY, Stella (1999): Communicating across Cultures. New York: Guilford.
    WIERZBICKA, Anna (1991): Cross-cultural pragmatics. Amsterdam.

    Competencias
    (1) O estudante debe ser capaz de aplicar os procesos pragmáticos desde unha perspectiva transcultural.
    (2) Comprensión e análise do entorno cultural e das diversas formas de comunicación e interacción.
    (3) Coñecemento da comunicación intercultural e da sensibilidade cara á comunicación con persoas de diversas culturas no mundo global.
    (4) Capacidade para analizar as diferenzas na comunicación multilingüe e intercultural e as súas manifestacións en diversos entornos.
    (5) Comprensión dos procesos de produción e interpretación propios da interacción entre falantes de diversas linguas e culturas en contextos variados (escolar, sanitario, administrativo, etc.).
    (6) Aplicación da competencia intercultural a diversos contextos multiculturais.
    (7) Habilidades para valorar a eficacia comunicativa dos diferentes recursos lingüísticos en función das coordenadas contextuais e socio-culturais.
    (8) Aplicar os coñecementos pragmáticos a ámbitos profesionais como: a tradución e o trasvase comunicativo, a mediación intercultural, a mediación e planificación comunicativa, a docencia de linguas ou a elaboración de materiais didácticos.


    Metodoloxía da ensinanza
    A materia distribuirase en tres horas semanais: dúas horas de sesións expositivas e unha sesión seminario (1 hora). Ademais, desenvolveranse dúas titorías programadas en grupos reducidos co obxectivo de guiar o traballo autónomo dos alumnos.
    Utilizaremos o entorno da USC-Virtual para a organización das actividades non presenciais, a entrega de documentos aos alumnos e a comunicación virtual entre todos os membros da aula.


    Sistema de evaluación
    1ª OPORTUNIDADE (MES DE XANEIRO): Realizarase por avaliación continua: o 50% da cualificación corresponderá ás actividades e traballos realizados e/ou programados nas sesións interactivas. O 50% restante corresponderá á realización do exame oficial na data asignada pola Secretaría da Facultade.

    Os aspectos, criterios e instrumentos de avaliación serán os seguintes:

    1º Aspecto: Asistencia, participación e aproveitamento das clases presenciais.
    -----Criterios: (1) Participación activa nas clases.
    ----------------(2) Calidade científica dos traballos: asimilación de contidos, comprensión dos textos, análises e interpretacións adecuadas
    -----Instrumentos: Traballos escritos entregados ou expostos nas sesións interactivas.
    -----Valor: 50%

    2º Aspecto: Conceptos, métodos e ferramentas aprendidos durante todo o curso.
    -----Criterios: (1) Dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia.
    ----------------(2) Aproveitamento das lecturas obrigatorias.
    -----Instrumento: Exame escrito que incluirá cuestións teóricas e prácticas (correspondentes ás sesións expositivas e ás sesións interactivas).
    -----Valor: 50%

    2ª OPORTUNIDADE (MES DE XULLO): Efectuarase exclusivamente a través dun exame escrito que incluirá cuestións teóricas e prácticas (correspondentes ás sesións expositivas e ás sesións interactivas). Este exame realizarase na data establecida pola Secretaría da Facultade para o mes de xullo.

    ALUMNADO REPETIDOR:
    Deberá seguir o mesmo sistema de avaliación da primeira oportunidade.

    ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA TEÓRICA:
    Os estudantes que teñan concedida polo Decanato a dispensa de asistencia a clase e, polo tanto, non poidan seguir a avaliación continua, deberán falar coa profesora na primeira semana do semestre para establecer un plan de traballo alternativo.

    ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL:
    O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por razóns de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo á profesora, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria).
    URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/integracion.html

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O Sistema de Transferencia do Crédito Europeo (ECTS) establece que un crédito equivale a 25 horas de traballo total do alumno. Por tanto, nesta materia de 6 créditos establecemos 150 horas de traballo total ao longo de todo o semestre. O reparto destas 150 horas nas diferentes tarefas debe corresponderse co seguinte esquema:
    * Sesións expositivas: 32 horas presenciais + 64 non presenciais (total: 96 horas).
    * Sesións interactivas: 16 horas presenciais + 32 non presenciais (total: 48 horas).
    * Sesións de titoría: 3 horas presenciais + 3 non presenciais (total: 6 horas).
    TOTAL: 51 horas presenciais + 99 non presenciais = 150 horas totais.

    Recomendacións para o estudo da materia
    A asistencia á clase é fundamental para o seguimento da materia. O traballo constante é o factor clave.

    (1) As explicacións detalladas dos contidos do programa no aula facilitan a aprendizaxe. A información recibida directamente na clase pódese converter en coñecemento automaticamente coa vantaxe da interacción na dinámica das sesións de seminario.

    (2) Sustentar os contidos proporcionados na aula mediante a consulta de fontes bibliográficas específicas para cada tema. A autoaprendizaxe, que será guiada nas titorías programadas, é importante; e a lectura selectiva segundo as pautas marcadas para cada apartado dos temas fornece os mecanismos de autocoñecemento e reflexión crítica.

    (3) A posta en práctica dos conceptos e das técnicas de análise é imprescindible para asentar e madurar a preparación na materia mediante a realización dos exercicios propostos.

    (4) O estudo é un proceso continuado con resultados de aprendizaxe paulatina e dilatados no tempo.