Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Humanidades  »  Información da Materia

G5091610 - Traxectorias da literatura europea (Os estudos literarios na actualidade) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
  • Áreas: Teoría da Literatura e Literatura Comparada
  • Centro: Facultade de Humanidades
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ALONSO PEREZ, SILVIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo básico da materia “Traxectorias da literatura europea” é familiarizar ao estudante dos graos en linguas e literaturas con algúns dos principais problemas asociados á noción de literatura europea. Non se trata de ofrecer unha sinopse dos “clásicos europeos”, senón de introducir ao estudante nunha lectura crítica de obras que susciten una reflexión sobre o sentido da fórmula “literatura europea” baixo enfoque comparatista. A materia presta especial atención tanto á propia traxectoria histórica da idea de literatura europea coma á súa redefinición actual no marco do proceso de integración europea e ao papel da literatura nas novas identidades.
    Contidos
    1. Introdución. Europa e a Literatura comparada.
    2. Historiografía da idea de literatura europea.
    3. Caso de estudo: a pastoral europea.
    4. A tradución na construción da literatura europea.
    5. Europa posnacional: literatura europea e Unión Europea.
    6. Caso de estudo: O “Grand Tour”. Unha formación europea.
    Bibliografía básica e complementaria
    Anselmi, Gian Mario, ed. Mapas de la literatura europea y mediterránea.
    Barcelona: Crítica, 2000.
    Backès, Jean-Louis. La Littérature européenne. Paris: Belin, 1996.
    Bemong, N., M. Truwant y P. Vermeulen, eds. Re-Thinking Europe. Literature and
    (Trans)National Identity. Amsterdam: Rodopi, 2008.
    Benoit-Dusausoy, Annick y Guy Fontaine. Histoire de la literature européenne.
    Paris: Hachette, 1992.
    Benoit-Dusausoy, Annick y Guy Fontaine, eds. Lettres européennes. Manuel
    universitaire d'histoire de la littérature europénne. Bruxelles, de Boeck, 2007.
    Curtius, Ernst Robert. Ensayos críticos sobre la literatura europea. Barcelona:
    Seix Barral, 1972.
    Dainotto, Roberto M. Europe (In Theory). Durham: Duke UP, 2007.
    Didier, Béatrice, ed. Précis de littérature européenne. Paris: PUF, 1998.
    Fendler, Susan e Ruth Wittlinger, eds. The Idea of Europe in Literature. London:
    MacMillan, 1999.
    Fumaroli, Marc et al. Identité littéraire de l'Europe. Paris: Presses
    Universitaires de France, 2000.
    García Picazo, Paloma. La idea de Europa: historia, cultura, política. Madrid:
    Tecnos, 2008.
    Gnisci, Armando e Dionýz Durišin, eds. Il Mediterraneo. Una rete
    interletteraria. Roma: Bulzoni, 2000.
    Leerssen, J. T. e K. U. Syndram, eds. Europa Provincia Mundi. Essays in
    Comparative Literature and Europea Studies Offered to Hugo Dyserinck on the
    Occasion of His Sixty-Fifth Birthday. Amsterdam: Rodopi, 1992.
    Lützeler, Paul Michael. Europäische Identität und Multikultur: Fallstudien zur
    deutschsprachigen Literatur seit der Romantik. Tübingen: Stauffenburg, 1997.
    Marino, Adrian. The Biography of the “Idea of Literature”. From Antiquity to
    Baroque. New York: State U of New York P, 1996.
    Montandon, A., ed. Moeurs et images: études d'imagologie européenne.
    Clermont-Ferrand: Université Blaise Pascal, 1997.
    Moretti, Franco. Atlas de la novela europea, 1800-1900. Madrid: Trama, 1997.
    Sinopoli, Franca. Il mito della letteratura europea. Roma: Meltemi, 1999.
    Sinopoli, Franca. La letteratura europea vista dagli altri. Roma: Meltemi, 2003.
    Sinopoli, Franca. La dimensione europea nello studio letterario. Milano: Bruno
    Mondadori, 2009.
    Competencias
    Coñecer as aplicacións da Literatura Comparada ao entendemento crítico do concepto de literatura europea.
    Adquirir os instrumentos básicos para unha reflexión sobre a idea de literatura europea nun contexto mundial.
    Aplicar o instrumental teórico-comparado á análise de textos literarios e outros artefactos culturais.
    Aprehender algúns dos problemas centrais na investigación e análise literario-cultural.
    Metodoloxía da ensinanza
    A materia implica unha importante dimensión teórica e conceptual que no sedesatenderá no desenvolvemento do programa. Porén, a docencia orientarase cara unha dimensión fundamentalmente analítica e crítica tanto desde unha perspectiva histórica coma desde outra moito más ligada á unha situación estritamente contemporánea. Con este propósito, buscarase conciliar equilibradamente a
    exposición dos marcos de análise e a presentación das ferramentas metodolóxicas oportunas co labor máis práctico e concreto, concentrado sobre todo nas sesións expositivas.
    Parte destacada da función dos profesores será proporcionar materiais de traballo axeitados aos obxectivos da materia e manter un seguimento do traballo dos alumnos, que é en último termo o elemento central na planificación da materia. A estes efectos, a aula virtual será un instrumento do que se procurará tirar o mellor partido posible.
    Os alumnos deberán desenvolver un traballo persoal constante e sostido ó longo do cuadrimestre. Unha primeira dimensión deste traballo se fundamentará na preparación da materia, seguindo as indicacións dos profesores e as liñas de indagación presentadas nas sesións expositivas. Unha segunda dimensión será a elaboración de traballos e a preparación consistente de debates e exposicións, cuxo marco preferente serán as sesións interactivas. A asistencia puntual ás
    sesións expositivas e interactivas, así como as titorías colectivas, son parte fundamental e inescusable.
    Sistema de evaluación
    Un 50 % da cualificación final dependerá da realización dun exame. O 30 % da participación e da realización de traballos e outras tarefas asignadas polos docentes. Este factor estará directamente ligado á actividade nas sesións interactivas. Por último o 20 % resérvase á asistencia. Resérvase a posibilidade de valorar así mesmo a participación en distintas actividades, como conferencias, que se poidan programar eventualmente ao longo do período lectivo.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    As horas presenciais divídense en 25 horas de sesións expositivas e 15 horas de sesións prácticas interactivas. Engádense a estas sesións as dedicadas as titorías colectivas (tres horas). Como no ensino reglado polos créditos ECTS é protagonista a aprendizaxe do alumno e o seu labor persoal, multiplícase por factores variábeis a presencialidade en horas de traballo asignado aos alumnos.
    En concreto, aplícase un factor 2 ás sesións expositivas e 1,5 ás interactivas, o que implica que se atribúe ao alumno un traballo adicional de 50 horas en relación ás expositivas e de 30 en relación ás interactivas.