G5091612 - Cine e literatura (Os estudos literarios na actualidade) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Áreas: Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Centro: Facultade de Humanidades
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia-Establecer a importancia dos trasvases entre os ámbitos literario e cinematográfico ao longo da historia do século XX, con especial atención aos xéneros narrativo e dramático.
-Acceder aos instrumentos básicos da análise dos textos cinematográficos e verificar as coincidencias deses instrumentos coa análise literaria.
-Coñecer os elementos fundamentais na escrita do guión cinematográfico desde unha perspectiva interartística a través dos manuais más empregados nese campo.
-Adquirir, en xeral, conceptos e métodos que axuden a localizar a presencia intermedial do cinematográfico na obra literaria, tanto no que atinxe a técnicas como a contidos.
-Ampliar o campo de estudo do alumnado cara ás esferas problemáticas do comparatismo actual, é dicir, cara aos eidos que tan só esta disciplina ten como propios.
Contidos1. As relacións históricas entre a literatura e o cinema. O pre-cinema.
2. Do cinema silencioso ao sonoro. A imaxe en cine e poesía.
3. Cinema e teatro: o falso amigo. Códigos semiolóxicos compartidos.
4. Aspectos da articulación estrutural das linguaxes fílmica e literaria. Teoría da narración audiovisual e narratoloxía comparada.
5. Análise do guión cinematográfico. A adaptación da obra literaria.
6. Estudos de caso: Macbeth. Morte en Venecia.
Bibliografía básica e complementaria-Balló, Jordi, y Xavier Pérez, La semilla inmortal: los argumentos universales en el cine, Barcelona: Anagrama, 2002.
-Becerra, Carmen (ed.), Cine y teatro, Vigo: Academia del hispanismo, 2009.
-Bloom, Harold, Shakespeare. La invención de lo humano, Barcelona: Círculo de Lectores, 2002.
-Bluestone, George, Novels into film, Baltimore: Johns Hopkins University Press, 2003.
-Bordwell, David, El arte cinematográfico: una introducción, Bardelona: Paidos, 2006.
Bluestone, George, Novels into film, Baltimore: Johns Hopkins University Press, 2003.
-Chatman, Seymour, Historia y discurso. La estructura narrativa en la novela y el cine, Madrid: Taurus, 1990.
-Faro Forteza, Agustín, Películas de libros, Zaragoza: Prensas Universitarias de Zaragoza, 2006.
-Felipe, Fernando de, e Iván Gómez, Adaptación, Barcelona : Blanquerna, 2008.
-Field, Syd, El libro del guión, Madrid: Plot, 1994.
-Gaudreault, André, El relato cinematográfico: cine y narratología, Barcelona: Paidós, 1995.
Hutcheon, Linda, A theory of adaptation, New York: Routledge, 2006.
-Gubern, Roman, Historia del cine, Barcelona: Lumen, 2006.
-Hutcheon, Linda, A theory of adaptation, New York: Routledge, 2006.
-Iglesias Simón, Pablo, De las tablas al celuloide: trasvases discursivos del teatro al cine primitivo y al cine clásico de Hollywood, Madrid : Fundamentos, 2007.
-Manzano Espinosa, Cristina, La adaptación como metamorfosis: transferencias entre el cine y la literatura, Madrid: Fragua, 2008.
-McKee, Robert, El guión. Sustancia, estructura, estilo y principios de la escritura de guiones, Barcelona: Alba Editorial, 2002.
-Peña-Ardid, Carmen, Literatura y cine: una aproximación comparativa, Madrid: Cátedra, 1999.
-Pérez Bowie, José Antonio (ed.), La adaptación cinematográfica de textos literarios: teoría y práctica, Salamanca: Plaza Universitaria Ediciones, 2003.
-Pérez Bowie, José Antonio, Leer el cine: la teoría literaria en la teoría cinematográfica, Salamanca: Universidad, 2008.
-Piñera Tarque, Ismael, Mundos narrativos: relato literario y relato fílmico, Kassel: Reichenberger, 2006.
-Romera Castillo, José (ed.), Del teatro al cine y la televisión en la segunda mitad del siglo XX, Madrid: Visor, 2002.
-Sánchez Noriega, José Luis, De la literatura al cine: teoría y análisis de la adaptación, Barcelona: Paidós, 2000.
-Stam, Robert, Literature through film: realism, magic, and the art of adaptation, Malden: Blackwell, 2005.
-Stam, Robert (comp.), Teorías del cine: una introducción, Barcelona: Paidós, 2005.
-Stam, Robert, Burgoyne, R. y Flitterman-Lewis, s. (comp.), Nuevos conceptos de la teoría del cine, Barcelona: Paidós, 1999.
-Vilariño Picos, Teresa, e Patricia Fra (eds.), Literatura y cine. Boletín Galego de Literatura, 27, 1, 2002.
-Visconti, Luchino, Muerte en Venecia, Barcelona: Aymá, 1973
-Vogler, Cristopher, El viaje del escritor, Barcelona: Robinbook, 2002.
-Villanueva, Darío, Imágenes de la ciudad: poesía y cine, de Whithman a Lorca, Valladolid : Universidad de Valladolid, Servicio de Publicaciones, 2008.
Competencias- Incorporar o estudo das relacións entre cine e literatura ao ámbito da Litertura Comparada e da Teoría da Literatura.
-Recoñecer o interese do estudo interdisciplinar, isto é, o estudo de fenómenos que se sitúan a medio camiño entre dúas ou más disciplinas.
-Aquilatar a importancia da análise textual concreta dos textos literarios e cinematográficos.
-Poñer en relación conceptos e métodos que teñen abordado o literario desde o cinematográfico, e á inversa.
-Asimilar unha noción ampliada do concepto de "texto" e das análises correlativas.
-Desenvolver a capacidade de reflexión crítica e de argumentación sobre o feito literario e cinematográfico a partir do manexo dunha terminoloxía teórica sólida e ben asimilada.
Metodoloxía da ensinanza Combinaranse as sesións expositivas (30 horas) coa proxección e comentario de textos literarios e cinematográficos nas sesións prácticas (24 horas). O resto do curso dedicarase á clarificación máis personalizada de dúbidas ou á aprofundización nalgún dos conceptos empregados (6 horas).
A materia estrúturase en seis temas, que ocuparán un tempo similar no desenvolvemento do curso. A temporalización proposta, é de 5 sesións expositivas e de 3 interactivas dunha hora por tema. Salvo elementos agora mesmo imponderabeis, cada tema ocupará dúas semanas do cadrimestre, a razón de 4 horas semanais. Ao anterior cómpre engadir unha sesión expositiva de carácter introdutorio por tema.
Sistema de evaluaciónExame final (60%), valoración da participación en clase (10%), elaboración de traballos e exposicións (30%).
Á parte do exame final, valorarase a participación nas clases expositivas e interactivas, a redacción dun traballo individual consistente na elaboración dun pequeño guión fílmico a partir dun relato curto ou un poema, a capacidade de interactuar cos compañeiros e a execución doutras actividades prácticas.
Serán obxecto de estimación positiva a corrección ortográfica e gramatical e a propiedade na expresión oral e escrita, así como a coherencia lóxica do discurso e a capacidade de síntese.
Os criterios expostos manterán validez nas calificacións de maio e nas de xullo. Excepcionalmente, estimaranse circunstancias individuais que condicionen o seguimento estrito das tarefas programadas no día a día.
Tempo de estudo e traballo persoalEstudo e preparación de actividades programadas na clase: 30 horas.
Realización de traballos de diverso tipo: 30 horas.
Lecturas: 25 horas.
Preparación de exames: 15 horas.
Total de horas de actividade non presencial: 100
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase unha asistencia regular e puntual ás clases, o seguimento diario das tarefas programadas, a lectura serea e crítica dos textos de traballo e o uso de todas as canles comunicativas co profesor/a e coas fontes de aprendizaxe. En particular aconséllase ao alumnado o aproveitamento das horas de titoría, onde a aprendizaxe pode ser máis personalizada.
ObservaciónsPara obter un pleno rendemento na materia, é recomendábel unha posta ao día dos coñecementos básicos relacionados coa cultura audiovisual, e un repaso dos conceptos adquiridos en anos anteriores no ámbito da Teoría da Literatura.