Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Humanidades  »  Novedades  »  Xornadas "A Curta tamén é Cine. Obradoiro de Crítica Audiovisual."

Xornadas "A Curta tamén é Cine. Obradoiro de Crítica Audiovisual."

Mércores, 27 de marzo de 2013 Marcos Franco Vázquez

Cartel Xornadas Curtas  

A Facultade de Humanidades e o grupo Fonmiñá de Lugo organizan os días 3 e 4 de abril unhas xornadas sobre curtas cinematográficas co título " A Curta tamén é Cine. Obradoiro de Crítica Audiovisual". Aínda que as actividades destas xornadas están pensadas para alumnos do centro e do campus lucense, a entrada será libre e gratuita.

Tralos visionados das curtas, que teñen acadado diversos premios internacionais, realizaranse debates nos que poderá participar todo o público asistente. Os moderadores serán Manuel Curiel Fernández (Grupo Fonmiñá), Silvia Alonso e Ángeles Rodríguez Fontela (Área de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Facultade de Humanidades).

Datas: 3 e 4 de abril.
Hora: 17 a 20h.
Lugar de celebración: Facultade de Humanidades, Salón de Actos.

 

Arquivos adxuntos: