Mércores, 17 de abril de 2013 Marcos Franco Vázquez
Estamos xa ante a IX edición do Curso de Primavera que A USC co patrocinio do Lugo
Cultural, vén programando anualmente en colaboración coa Facultade de Humanidades dende o ano 2005,
co obxectivo de complementar a formación humanística do estudantado universitario e achegar a
poboación lucense, artéllase como un foro de debate e presentación das novidades en investigación
sobre o tema elixido cada ano.
En edicións anteriores as cuestións que centraron o Curso de Primavera foron, entre outras, o
IV centenario da publicación do Quijote, a realidade e as perspectivas das Humanidades, a dinámica
das relacións Oriente-Occidente, os dereitos humanos, os camiños de peregrinaxe, a historia e
cultura da cidade ou vida e letras milenarias.
O tema elixido para esta IX edición do Curso de Primavera é
A crise de Occidente, unha visión multidisciplinar, o seu obxectivo específico é estudar e
analizar, desde diferentes disciplinas, a crise máis profunda que afecta ao mundo actual.
Coordinadores:
Xaquín Rodríguez Campos
Beatriz Fernández Herrero
Elena Freire Paz
Datas: 8, 9 e 10 de maio
20 de maio
(Conferencia Carlos Taibo Arias)
17 de xuño
(Conferencia Federico Mayor Zaragoza)
Lugar: Salón de Actos, Facultade de Humanidades, Campus de Lugo.
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:
ATA O 26 DE ABRIL, ou ata que se cubran as prazas por rigorosa orde de inscrición
Na Área de Cultura. Campus de Lugo.
TAXAS:
XERAL: 10 € / REDUCIDA: 5 € (aplicable a: estudantes de calquera Universidade e de Formación
Profesional, persoal de Administración e Servizos e persoal Docente e Investigador da USC,
desempregados e pensionistas)
RECOÑECEMENTO ACADÉMICO:
1. ACTIVIDADE RECOÑECIDA CON 1 CRÉDITO DE LIBRE CONFIGURACIÓN E CON 1 CRÉDITO ECTS (PARA
CALQUERA TITULACIÓN)
2. DIPLOMAS: expediráselle un certificado de asistencia e aproveitamento a quen asista, como
mínimo, ao 80 % das horas lectivas. A entrega farase ao remate do curso.
3. HOMOLOGACIÓN PARA O PROFESORADO DO ENSINO PRIMARIO E SECUNDARIO: solicitada a homologación
á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Pendente de resolución.
Arquivos adxuntos: