Martes, 17 de setembro de 2013 Marcos Franco Vázquez
A nosa intención e analizar un conxunto de cidades que, sendo diversas na sua orixe,
estructura urbana ou estatuto xurídico, presentan en común ter sido fundadas/escollidas
expresamente para representar o poder romano. Son sedes da administración estatal, acollen ao
gobernador provincial de forma periódica ou permanente, albergan as suas estruturas administrativas
(arquivos) e aos funcionarios imperiais que controlan a administración (libertos e escravos
imperiais, procuratores, etc.). Coñecido o seu papel esencial, o institucional-administrativo,
pretendemos analizar aquí qué hai alén do poder, se tiveron ou non outras funcións como as
económicas, de transformación territorial ou social, formas de vida, impacto sobre as comunidades
indíxenas, sociedades, etc. A todo iso agregaremos una visión comparativa do que acontece
noutras provincias do imperio e o propio proceso de creación destas redes.
Para cumplir estes obxectivos reunimos a 24 ponentes procedentes de 17 Universidades
españolas e extranxeiras (Alemania, Francia, Italia e Portugal), que actualmente son considerados
os mais destacados investigadores nestes ámbitos. Durante tres días (do 23 ao 25 de Outubro de
2013) reuniránse na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo para expoñer os seus traballos e
debater sobre eles.
O programa detallado e toda a información sobre o Coloquio poden encontrarse no programa
adxunto. A matrícula está aberta ata o 15 de Outubro. Para que sexa efectiva deberáse cubrir
o boletín de inscrición que aparece nesta web e envialo, acompañado dunha copia do ingreso
bancario, a calquera das seguintes direccións de correo electrónico:
mdolores.dopico@usc.es
manuel.villanueva@usc.es
ou ben enviar unha copia impresa do boletín, debidamente cuberto, xunto coa copia do ingreso
bancario, á dirección
COLOQUIO INTERNACIONAL HISPANIA
Facultad de Humanidades
Complejo Docente, Campus Universitario s/n
Universidad de Santiago de Compostela
LUGO 27002
Arquivos adxuntos: