
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión ao grao | ||
| Admisión para continuación dende univ. españolas | 01/07/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión para continuación dende univ. estranxeiras | Solicitude na unidade de xestión correspondente. Dende o 1 de xullo | 31/07/2013 |
| 6ª convocatoria CIUG | 16/10/2013 | 18/10/2013 |
| Matrícula de continuación para alumnos USC | 28/01/2014 | 07/02/2014 |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. españolas | Prazo de matrícula notificado individualmente ao alumno | |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. estranxeiras | Matrícula en la unidad de gestión correspondiente hasta el 31 de Julio | |
| Listaxe de admitidos en continuación de estudos para alumnos de universidades españolas | 02/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Grao en Lingua e Literatura Españolas [L]
Rama de coñecemento: Artes e Humanidades
Centro onde se imparte:
Facultade de Humanidades
Complexo docente do campus de Lugo.
27002
Lugo
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 385/2009 do 27 agosto (DOG 16/09/09)
Data de publicación no BOE: BOE de 5 de marzo de 2010; corrección de erros no BOE do 6 de xullo de 2010
Data da última acreditación: 27/07/2009
Responsable do título:
Coordinador do título: GONZALEZ REY, Mª ISABEL
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:Non
1. Formar graduados que dominen coñecementos, métodos científicos e recursos de análises para o estudo avanzado lingüístico e literario do español e as súas literaturas e para o estudo básico/medio dunha segunda lingua e a súa literatura, de Filoloxía Románica, de Lingüística Xeral ou de Teoría da Literatura e Literatura Comparada
2. Manexar recursos de selección crítica de fontes bibliográficas así como fomentar a capacidade de síntese e xestión de documentación complexa.
3. Ter acceso ás ferramentas, recursos e técnicas necesarios para desenvolverse de forma adecuada nun futuro profesional (docencia en literatura, docencia en español, asesoría e corrección lingüística, planificación lingüística, mediación comunicativa, tradución, lingüística clínica, actividades editoriais, etc.).
4. Xerar hábitos de identificación de problemas e de procura de solucións que sexan aplicables tanto en contextos académicos como profesionais.
5. Desenvolver a capacidade analítica e crítica dos estudantes a través da aplicación de diversos enfoques e técnicas que permitan: (a) a análise lingüística de textos e discursos literarios e non literarios; (b) a súa interpretación e comprensión crítica; (c) a súa valoración e avaliación.
6. Pór en práctica a intuición e o pensamento lóxico, a través do estudo da gramática e da literatura españolas.
7. Manexar procedementos racionais e críticos para examinar a produción literaria en lingua española no seu desenvolvemento histórico e nos seus específicos marcos socio-culturais.
8. Adquirir a capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións, especialmente no ámbito da lingua e a literatura españolas, a un público especializado e non especializado.
9. Mellorar a capacidade oral e escrita da lingua materna e desenvolver competencias básicas nunha lingua estranxeira polo menos
10. Recoñecer a importancia do dominio de habilidades lingüísticas e discursivas en actividades científicas, académicas e na vida cotiá.
11. Desenvolver a sensibilidade, o espírito analítico e crítico para interpretar a obra literaria; valorar positivamente as diferentes manifestacións lingüísticas de distintas comunidades de fala.
12. Transmitir aos estudantes o respecto aos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, o respecto e a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade.
1. Adquisición e comprensión de coñecementos, métodos científicos e recursos de análises para (a) o estudo avanzado lingüístico e literario do español e as súas literaturas; (b) o estudo básico/medio dunha segunda lingua e a súa literatura, de Filoloxía Románica, de Lingüística Xeneral ou de Teoría da Literatura e Literatura Comparada. 2. Habilidades para aplicar eses coñecementos e métodos para recoñecer, identificar e resolver problemas tanto no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios como no seu ámbito profesional: docencia de linguas e de literatura, asesoría e corrección lingüística, planificación lingüística, mediación comunicativa, tradución, lingüística clínica, actividades editoriais, etc
3. Capacidade de reflexión e de pensamento crítico para describir, interpretar e valorar os feitos lingüísticos e literarios.
4. Capacidade para aplicar o razoamento indutivo e dedutivo, ao combinar a análise dos datos coa argumentación teórica.
5. Capacidade de abstracción, síntese e análise, ao extraer xeneralizacións a partir da descrición dos datos.
6. Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións sobre cuestións relativas á lingua e a literatura españolas a un público especializado e non especializado.
7. Dominio da expresión oral e escrita, en español e noutras linguas, en distintos contextos.
8. Habilidade no manexo de ferramentas informáticas e no uso de redes que permitan establecer contactos nacionais e internacionais, así como para traballar en colaboración e en contextos multiculturais e multilingües
9. Aprendizaxe autónoma de novos coñecementos e técnicas de análises.
1. Dominar as bases teóricas, enfoques e recursos elementais de análises do ámbito da Lingüística xeneral imprescindibles para (a) abordar o estudo da linguaxe e das linguas; (b) analizar e contrastar a organización fónica, gramatical, léxico-semántica e pragmática en diferentes tipos de linguas
2. Dominar as bases teóricas, métodos e conceptos do ámbito da Teoría da Literatura e Literatura Comparada, necesarios para fundamentar a análise crítica de textos literarios nos niveis formal-estrutural, semiótico, hermenéutico, cultural e sistémico.
3. Posuír coñecementos básicos / medios na gramática, literatura e cultura dunha segunda lingua, ou en Filoloxía románica.
4. Identificar e comprender aqueles elementos (obxecto de estudo, metodoloxía, linguaxe e terminoloxía crítica especializada, etc.) que definen e articulan os estudos lingüísticos e literarios como disciplinas científicas no ámbito das Humanidades.
5. Recoñecer o carácter interdisciplinar dos estudos lingüístico-literarios.
6. Aplicar a metodoloxía científica que permita abarcar os distintos tipos de estudos lingüísticos e literarios.
7. Dominar os diversos enfoques e métodos que permiten a comprensión crítica da obra literaria.
8. Coñecer os escritores e obras máis importantes e representativas de xéneros, correntes ou tendencias de cada un dos períodos da historia da literatura.
9. Mellorar o coñecemento da lingua española mediante o estudo da gramática, a reflexión sobre os usos discursivos e a análise de textos literarios.
10. Comprender a complexidade dos feitos lingüísticos e das obras literarias, aprender a apreciar os seus valores estéticos e extraer o caudal informativo que encerra o texto literario.
11. Ser capaz de aplicar os coñecementos técnicos e activos da gramática da lingua española, tanto na súa vertente sincrónica como diacrónica.
12. Interpretar con rigor as obras máis importantes e representativas de xéneros, correntes ou tendencias de cada un dos períodos da historia da literatura española.
13. Coñecer a teoría e o pensamento estético no seu discorrer histórico en tanto condicionante de xéneros, estilos, morfoloxía e técnicas do discurso literario.
14. Ser capaz de recoñecer as variedades internas da lingua española (temporais, espaciais, sociais e situacionais).
15. Coñecer as características das diversas manifestacións da creación literaria, incardinándoas no contexto socio-cultural no que se xestan e conectándoas con outras formas de expresión artística.
16. Adquirir habilidades no manexo de novas tecnoloxías que faciliten o estudo da lingua e a literatura españolas.
17. Empregar ferramentas de procura de recursos bibliográficos para o estudo da lingua española e manexar as fontes documentais e bibliográficas propias da literatura.
18. Desenvolver a competencia comunicativa.
19. Ser capaz de realizar posteriores estudos especializados, tanto nunha disciplina filolóxica como en calquera das ciencias e técnicas que requiran bos fundamentos filolóxicos.
O perfil docente é o maioritario nos actuais licenciados, que, en todo caso, para poder desenvolver esta actividade no ensino secundario deberán realizar a formación posgraduada específica establecida. Dentro deste ámbito pódese engadir o ensino do español como lingua estranxeira, a inmigrantes, a educación permanente e a formación de adultos ou a docencia de Lingua, Literatura e Cultura españolas en Centros e Universidades estranxeiras
Adicionalmente existen prefiles asociados a actividades profesionais relacionadas co mundo editorial e coa prensa, como a edición de textos, a crítica literaria e textual, a produción editorial, a corrección literaria ou de probas, o asesoramento, a tradución, a redacción e colaboración en medios de comunicación, etc., así como as relacionadas coas industrias da lingua, sobre todo no ámbito das novas tecnoloxías, e tamén noutras áreas como a mediación lingüística (intercultural, empresarial, interprofesional) ou o tratamento do multiculturalismo social ou as relacións transculturales.
Outras saídas profesionais poden ser: o asesoramento lingüístico (comercial, xurídico, forense, técnico-profesional), a peritaxe xudicial en lingüística forense, a intervención e avaliación das patoloxías da linguaxe, a xestión cultural e artística e a política e planificación lingüísticas. Xunto a elas cabe citar a investigación lingüística e literaria en universidades españolas e estranxeiras, en institutos de filología e lingüística ou en arquivos e bibliotecas e, por suposto, a docencia de gramática española, lingüística, teoría literaria e literatura española en escolas superiores, universidades e outros organismos, como os Institutos Cervantes.
Créditos totais: 240.00
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Os estudantes poderán obter ata un máximo de 12 créditos polo recoñecemento das actividades contempladas no artigo 12.8 do RD 1393/2007 e das competencias transversais da USC. Considéranse competencias transversais para todas as titulacións de Grao da USC o coñecemento instrumental de (i) linguas estranxeiras; (ii) lingua galega, e (iii) tecnoloxías da información e da comunicación.. En todo caso o máximo de créditos recoñecibles polas actividades do artigo 12.8 do RD 1393/2007 será de 6.
Adaptacións: A adaptación da anterior titulación está regulada polas resolucións reitoriais:
Número de prazas de novo ingreso: 25
Demanda do ano anterior: 5.528 nota de corte en preinscrición curso 2012-2013
Perfil de ingreso: Aínda que non se esixe unha formación previa específica, é recomendábel que o estudante tivese cursado durante o bacharelato a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais (R. D. 1467/2007). Tamén é recomendábel que posúa as seguintes características persoais e académicas:
-Curiosidade intelectual
-Hábito de lectura
-Sensibilidade estética
-Capacidade analítica
-Capacidade crítica
-Constancia e responsabilidade no traballo
-Capacidade para o traballo en equipo
-Competencia en expresión oral e escrita
-Competencia lingüística básica nalgunha lingua estranxeira
-Competencia básica en instrumentos informáticos
Criterios de acceso e admisión: Os xerais para as titulacións de grao.
Non se contemplan condicións nin probas de acceso especiais
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
3.- A permanencia estará supeditada á superación do 50% dos créditos matriculados nos tres primeiros anos de estudos consecutivos ou alternos
Información sobre o curso ponte: Non se contempla.
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Para iniciar estudos en titulacións de grao con límite de prazas, os alumnos de Galicia que rematan o ensino medio deben realizar Probas de Acceso, organizadas por unha comisión mixta entre a Xunta de Galicia e as tres universidades galegas. Tales probas convócanse e realízanse nos meses de xuño e setembro. Podes consultar o calendario para este proceso na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
• A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
• A supresión gradual da impartición da docencia.
• Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: Un Traballo de Fin de Grao de 12 créditos, en que o estudante deberá demostrar que adquiriu as competencias asociadas ao título ao longo dos catro anos de estudo.
Prácticas en empresas: Poderase obter recoñecemento académico dun máximo de 6 créditos optativos pola realización de prácticas externas relacionadas co título. Para iso, a Facultade realizará anualmente unha convocatoria pública da oferta existente, co fin de os estudantes interesados poderen solicitar acollerse a esta posibilidade. Os estudantes que desexen optar á realización de prácticas externas deberán superar 150 créditos, entre eles todos os correspondentes aos dous primeiros cursos da titulación
Plan de Acción Titorial:
A USC ten un programa de alumnos titores para as titulacións de grao, de forma que alumnos de últimos cursos, logo dunha formación que lles facilita a Universidade, realizan tarefas de orientación aos alumnos que inician os estudos.
Información programa alumnos titores:
Programa alumnos titores
Mobilidade: A participación dos estudantes do grao en Lingua e Literatura Españolas nos programas de mobilidade terá unha grande relevancia no seu desenvolvemento persoal e académico, en particular no que ten a ver coas súas competencias interculturais e lingüísticas. Do mesmo modo, terá unha influencia decisiva na súa futura incorporación a un mercado laboral cada vez máis competitivo.
A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012.
Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao).
Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón:
Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións.
O texto completo da norma pode consultarse en:
Normativa de avaliación
Resultados:
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5091101 | Lingüística 1 | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G5091102 | Lingua Española 1 | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G5091111 | Teoría e Crítica Literarias | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G5091112 | Lingua Española 2 | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G5091201 | Lingüística 2 | 6.00 | FB | 1SG | 2º | G5091202 | Conceptos fundamentais de Teoría Literaria e Literatura Comparada | 6.00 | FB | 2SG | 2º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5091104 | Lingua Francesa 1 | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G5091114 | Lingua Francesa 2 | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5091105 | Lingua Inglesa 1 | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G5091115 | Lingua Inglesa 2 | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5091108 | Lingua Galega 1 | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G5091118 | Lingua Galega 2 | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5091110 | Lingua Latina 1 | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G5091120 | Lingua Latina 2 | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5091341 | Ensinanza do español como lingua extranxeira | 6.00 | OP | 1SG | 3º | G5091342 | Textos de literatura española 1 | 6.00 | OP | 1SG | 3º | G5091343 | Curso monográfico de lingüística española | 6.00 | OP | 2SG | 3º | G5091344 | Textos de literatura española 2 | 6.00 | OP | 2SG | 3º | G5091441 | Español de América | 6.00 | OP | 1SG | 4º | G5091442 | Comentario literario de textos hispánicos | 6.00 | OP | 1SG | 4º | G5091443 | Variación e cambio na lingua española | 6.00 | OP | 2SG | 4º | G5091444 | Textos de literatura española 3 | 6.00 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5091501 | Textos Gregos 1 | 6.00 | OB | 2º | NI/NM | G5091502 | Textos Gregos 2 | 6.00 | OB | 2º | NI/NM | G5091503 | Textos Latinos 1 | 6.00 | OB | 3º | NI/NM | G5091504 | Textos Latinos 2 | 6.00 | OB | 3º | NI/NM |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5091505 | As linguas da Romanía | 6.00 | OB | 2º | NI/NM | G5091506 | A literatura románica medieval no contexto europeo | 6.00 | OB | 2º | NI/NM | G5091507 | Fundamentos da Literatura Románica Medieval | 6.00 | OB | 3º | NI/NM | G5091508 | Principios de lingüística románica | 6.00 | OB | 3º | NI/NM |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5091509 | Lingua alemá 3 | 6.00 | OB | 3º | NI/NM | G5091510 | Cultura dos países de fala alemá | 6.00 | OB | 2º | NI/NM | G5091511 | Lingua alemá 4 | 6.00 | OB | 3º | NI/NM | G5091512 | Lingua alemá 5 | 6.00 | OB | 3º | NI/NM |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5091513 | Historia da Literatura Francesa 1 | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G5091513 | Historia da Literatura Francesa 1 | 6.00 | OP | 1SG | 3º | G5091514 | Introducción á gramática francesa | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G5091514 | Introducción á gramática francesa | 6.00 | OP | 2SG | 3º | G5091515 | Lingua Francesa 3 | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G5091515 | Lingua Francesa 3 | 6.00 | OP | 1SG | 4º | G5091516 | Cultura francesa 1 | 6.00 | OB | 2SG | 3º | G5091516 | Cultura francesa 1 | 6.00 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5091517 | Introdución á literatura galega 1 | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G5091517 | Introdución á literatura galega 1 | 6.00 | OP | 1SG | 3º | G5091518 | Introdución á literatura galega 2 | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G5091518 | Introdución á literatura galega 2 | 6.00 | OP | 2SG | 3º | G5091519 | Introdución á gramática galega | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G5091519 | Introdución á gramática galega | 6.00 | OP | 1SG | 4º | G5091520 | Historia da lingua galega | 6.00 | OB | 2SG | 3º | G5091520 | Historia da lingua galega | 6.00 | OP | 4º | NI/NM |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5091521 | Lingua inglesa 3 | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G5091521 | Lingua inglesa 3 | 6.00 | OP | 1SG | 3º | G5091522 | Introdución á literatura inglesa | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G5091522 | Introdución á literatura inglesa | 6.00 | OP | 2SG | 3º | G5091523 | Introdución á literatura norteamericana | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G5091523 | Introdución á literatura norteamericana | 6.00 | OP | 1SG | 4º | G5091524 | Tradución directa e inversa (inglés) | 6.00 | OB | 2SG | 3º | G5091524 | Tradución directa e inversa (inglés) | 6.00 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5091525 | Lingua italiana 3 | 6.00 | OB | 2º | NI/NM | G5091526 | Lingua italiana 4 | 6.00 | OB | 2º | NI/NM | G5091527 | Literatura italiana: Correntes e movementos | 6.00 | OB | 3º | NI/NM | G5091528 | Gramática italiana 1 | 6.00 | OB | 3º | NI/NM |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5091529 | Literaturas de lingua portuguesa | 6.00 | OB | 2º | NI/NM | G5091530 | Cultura portuguesa | 6.00 | OB | 2º | NI/NM | G5091531 | Lingua portuguesa 3 | 6.00 | OB | 3º | NI/NM |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5091601 | Semiótica das linguas e da comunicación | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G5091601 | Semiótica das linguas e da comunicación | 6.00 | OP | 1SG | 3º | G5091602 | Sociolingüística e planificación das linguas | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G5091602 | Sociolingüística e planificación das linguas | 6.00 | OP | 2SG | 3º | G5091603 | Pragmática intercultural | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G5091603 | Pragmática intercultural | 6.00 | OP | 1SG | 4º | G5091604 | Teoría da tradución | 6.00 | OB | 2SG | 3º | G5091604 | Teoría da tradución | 6.00 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5091605 | Panorámica das ideas lingüísticas | 6.00 | OB | 2º | NI/NM | G5091605 | Panorámica das ideas lingüísticas | 6.00 | OP | 3º | NI/NM | G5091606 | Tipoloxía lingüística | 6.00 | OB | 2º | NI/NM | G5091606 | Tipoloxía lingüística | 6.00 | OP | 3º | NI/NM | G5091607 | Psicolingüística | 6.00 | OB | º | NI/NM | G5091607 | Psicolingüística | 6.00 | OP | 4º | NI/NM | G5091608 | Lingüística computacional | 6.00 | OB | 3º | NI/NM | G5091608 | Lingüística computacional | 6.00 | OP | 4º | NI/NM |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5091609 | Literatura comparada | 6.00 | OB | 2SG | 3º | OF/MR | G5091609 | Literatura comparada | 6.00 | OP | 2SG | 4º | OF/MR | G5091610 | Traxectorias da literatura europea | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G5091610 | Traxectorias da literatura europea | 6.00 | OP | 1SG | 3º | G5091611 | Teorías literarias contemporáneas | 6.00 | OB | 1SG | 3º | OF/MR | G5091611 | Teorías literarias contemporáneas | 6.00 | OP | 1SG | 4º | OF/MR | G5091612 | Cine e literatura | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G5091612 | Cine e literatura | 6.00 | OP | 2SG | 3º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5091613 | Estudos teatrais | 6.00 | OB | 2º | NI/NM | G5091613 | Estudos teatrais | 6.00 | OP | 3º | NI/NM | G5091614 | Análise cultural | 6.00 | OB | 2º | NI/NM | G5091614 | Análise cultural | 6.00 | OP | 3º | NI/NM | G5091615 | Texto, imaxe, cibertexto | 6.00 | OB | 3º | NI/NM | G5091615 | Texto, imaxe, cibertexto | 6.00 | OP | 4º | NI/NM | G5091616 | Socioloxía da literatura | 6.00 | OB | 3º | NI/NM | G5091616 | Socioloxía da literatura | 6.00 | OP | 4º | NI/NM |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5091701 | Literatura Grega 1 | 6.00 | OP | 3º | NI/NM | G5091702 | Literatura Latina 1 | 6.00 | OP | 3º | NI/NM | G5091703 | Literatura Grega 2 | 6.00 | OP | 4º | NI/NM | G5091704 | Literatura Latina 2 | 6.00 | OP | 4º | NI/NM |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5091705 | Novas tecnoloxías nos estudos lingüísticos e literarios románicos | 6.00 | OP | 3º | NI/NM | G5091706 | A literatura románica medieval na cultura contemporánea | 6.00 | OP | 3º | NI/NM | G5091707 | A emerxencia das linguas románicas | 6.00 | OP | 4º | NI/NM | G5091708 | Mitos da literatura románica medieval na cultura contemporánea | 6.00 | OP | 4º | NI/NM |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5091709 | Panorama da Literatura Alemá I | 6.00 | OP | 3º | NI/NM | G5091710 | Gramática Alemá I | 6.00 | OP | 3º | NI/NM | G5091711 | Lingua Alemá 6 | 6.00 | OP | 4º | NI/NM | G5091712 | Tradución directa e inversa 1 (alemán) | 6.00 | OP | 4º | NI/NM |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5091713 | Historia da Literatura Francesa 2 | 6.00 | OP | 3º | NI/NM | G5091714 | Lingua Francesa 4 | 6.00 | OP | 3º | NI/NM | G5091715 | Cultura Francesa 2 | 6.00 | OP | 4º | NI/NM | G5091716 | Tradución directa e inversa 1 (francés) | 6.00 | OP | 4º | NI/NM |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5091717 | Dialectoloxía galega | 6.00 | OP | 3º | NI/NM | G5091718 | Gramática textual do galego | 6.00 | OP | 3º | NI/NM | G5091719 | Pragmática do galego e análise do discurso | 6.00 | OP | 4º | NI/NM | G5091720 | Sociolingüística galega | 6.00 | OP | 4º | NI/NM |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5091721 | Historia e cultura dos países de fala inglesa | 6.00 | OP | 1SG | 3º | G5091722 | Fonética e Fonoloxía inglesas | 6.00 | OP | 2SG | 3º | G5091723 | Técnicas de expresión escrita en lingua inglesa | 6.00 | OP | 1SG | 4º | G5091724 | Literatura inglesa 1 (séculos XVIII-XIX) | 6.00 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5091725 | Gramática italiana 2 | 6.00 | OP | 3º | NI/NM | G5091726 | Xéneros literarios italianos: narrativa | 6.00 | OP | 3º | NI/NM | G5091727 | Xéneros literarios italianos: teatro | 6.00 | OP | 4º | NI/NM | G5091728 | Xéneros literarios italianos: lírica | 6.00 | OP | 4º | NI/NM |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5091729 | Relacións Galicia- Lusofonía | 6.00 | OP | 3º | NI/NM | G5091730 | Cultura do Brasil | 6.00 | OP | 3º | NI/NM | G5091731 | Cultura dos PALOP | 6.00 | OP | 4º | NI/NM | G5091732 | Literatura brasileira 2 | 6.00 | OP | 4º | NI/NM |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5091801 | Lingua Catalá 1 | 6.00 | OP | 3º | NI/NM | G5091802 | Cultura e literatura catalás 1 | 6.00 | OP | 3º | NI/NM | G5091803 | Lingua catalá 2 | 6.00 | OP | 4º | NI/NM | G5091804 | Cultura e literatura catalás 2 | 6.00 | OP | 4º | NI/NM |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5091805 | Lingua danesa 1 | 6.00 | OP | 3º | NI/NM | G5091806 | Lingua danesa 2 | 6.00 | OP | 3º | NI/NM | G5091807 | Lingua danesa 3 | 6.00 | OP | 4º | NI/NM | G5091808 | Lingua danesa 4 | 6.00 | OP | 4º | NI/NM |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5091809 | Lingua occitana 1 | 6.00 | OP | 3º | NI/NM | G5091810 | Literatura occitana 1 | 6.00 | OP | 4º | NI/NM | G5091811 | Lingua occitana 2 | 6.00 | OP | 3º | NI/NM | G5091812 | Literatura occitana 2 | 6.00 | OP | 4º | NI/NM |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5091813 | Lingua romanesa 1 | 6.00 | OP | 3º | NI/NM | G5091814 | Lingua romanesa 2 | 6.00 | OP | 3º | NI/NM | G5091815 | Literatura romanesa 1 | 6.00 | OP | 4º | NI/NM | G5091816 | Literatura romanesa 2 | 6.00 | OP | 4º | NI/NM |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5091427 | Traballo Fin de Grao | 12.00 | OB | TFGM | 4º |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable