Esta páxina web da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela pretende informar da realidade da Facultade, difundir a súa oferta formativa e ofrecer información xeral de utilidade para o alumnado, profesorado e persoal de administarción e servizos: orientacións sobre o plan de estudos, a programación docente do curso, os calendarios, os horarios, as datas de exames, os regulamentos e normativas, os programas de intercambio, o funcionamento da administración e servizos, ...
Ademais do título de Grao en Matematicas, adaptado ás directrices do Espazo Europeo de Educación Superior e implantado desde o curso 2008/09, na Facultade impártese docencia conducente aos títulos de: Máster en Matemática Industrial (continuación do Máster en Exeñaria Matemática, implantado no curso 2006/07), Máster en Técnicas Estatísticas (implantado no curso 2007/08) e Máster en Matemáticas (implantado no curso 2009/10).
Sendo as matemáticas unha ciencia imprescindible nunha sociedade desenvolvida, a persoa que se titula en Matemáticas na nosa Facultade pode optar ás categorías máis altas da función pública e está cualificada para a formulación matemática, análise, resolución e, no seu caso, tratamento informático de problemas en diversos campos interdisciplinares das ciencias básicas, ciencias sociais e da vida, enxeñaría, finanzas, consultoría, etc..., con vistas ás aplicacións, á investigación e/ou á docencia.
A Facultade de Matemáticas da USC, reafirma a súa vontade decidida de mellora da calidade dos seus servicios educativos e esfórzase en dar resposta nas mellores condicións ás demandas da sociedade en formación e investigación, que axuden a incentivar o tecido productivo do noso entorno. Confiamos firmemente que a capacidade do noso profesorado, a progresiva mellora dos medios materiais, as vindeiras reformas cara á converxencia do espacio educativo europeo e a iniciativa decidida da Facultade, permitirán aspirar con optimismo a esas metas nun clima de apertura ao exterior e de convivencia entre profesorado, alumnado e persoal de administración e servizos.