G1011102 - Bioloxía Básica (Formación Básica Transversal) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 13.00
- Clase Interactiva Seminario: 15.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 60.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Bioloxía Celular e Ecoloxía, Bioloxía Celular e Ecoloxía
- Áreas: Bioloxía Celular, Ecoloxía
- Centro: Facultade de Matemáticas
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO obxectivo xeral é o de proporcionar aos estudantes de Matemáticas cun conxunto de conceptos e ideas claves nas principais áreas da Bioloxía que resultan imprescindibles na formación de calquera profesional universitario. Preténdese tamén que o alumnado comprenda a importancia da aplicación dos coñecementos das matemáticas na Bioloxía e de como a Bioloxía pode ofrecer aos matemáticos un inmenso campo de investigación en moitas facetas teóricas e aplicadas. Por último, prepararase ao alumnado para que observen e pensen, dunha maneira informada, sobre as implicacións que as Ciencias Biolóxicas teñen para as súas vidas e para o mundo no cal viven.
ContidosPrograma de Teoría
Bloque 1. ECOLOXÍA
1. Ecoloxía e Evolución
2. Conceptoe básicos en Ecoloxía
3. O organismo e o seu ambiente
4. Ecoloxía de poboacións
5. Interaccións entre especies
6. Estrutura e dinámica de comunidades
7. Funcionamento do ecosistema
Bloque 2. INTRODUCCIÓN Á VIDA
8. Breve historia da Citoloxía e Histoloxía. A Teoría Celular. A Citoloxía e Histoloxía actual e a súa relación con outras ciencias.Unidade e diversidade das células. Concepto de sincitio e plasmodio. Multicelularidade. Concepto de tecido.
9. Organización dos procariotas e eucariotas. A célula procariota. A célula eucariota: núcleo, orgánulos e as súas membranas. Evolución celular.
10. Compoñentes químicos da célula. Auga. Biomoléculas: hidratos de carbono, lípidos, proteínas, ácidos nucleicos.
11. Metabolismo celular. Catálise encimática. Cinética de reaccións. Moléculas transportadoras activadas e síntese de polímeros.
Bloque 3. FLUXO DA INFORMACIÓN XENÉTICA
12. ADN e cromosomas. Cromosomas. A dobre hélice e a herdanza. Replicación, reparación e recombinación do ADN.
13. Do ADN ao ARN: Transcrición. Procesado e tipos de ARN. Exportación.
14. Do ARN á proteína: Tradución. Código xenético. ARNs de transferencia e ARNt-aminoaciltransferases. Ribosomas e ciclo ribosómico.
15. Control da expresión xénica. Regulación da tradución. Pregamento, modificación, regulación da función e degradación das proteínas.
Bloque 4. ESTRUTURA E FUNCIÓNS CELULARES
16. Membrana plasmática e a súa organización. Lípidos e proteínas de membrana e as súas propiedades. Transporte de moléculas pequenas. Permeabilidade. Difusión pasiva. Difusión facilitada. Canles iónicas. Sinalización nerviosa. Transportadores. Transporte activo. Bombas de membrana.
17. Compartimentos e transporte intracelular. Transporte vesicular. Vía secretora e vía endocítica.
18. Citoesqueleto e movemento celular. Filamentos de actina. Microtúbulos. Filamentos intermedios.
19. Bioenerxética. Mitocondrias. Cloroplastos.
Bloque 5. DIVISIÓN CELULAR
20. Ciclo celular eucariota. Fases do ciclo celular. Regulación do ciclo celular. Mitose. Fases da mitose. Regulación da mitose. Citocinese en células animais e vexetais.
21. Meiose. Fases da meiose: primeira e segunda división meióticas. Significado biolóxico da meiose. Comparación entre mitose e meiose.
Programa de Prácticas
1. Tratamento de datos I
2. Tratamento de datos II
3. Crecemento xeométrico e exponencial
4. Modelos loxísticos poboacionais
5. Táboas de vida e curvas de supervivencia
6. Modelos matriciais poboacionais
7. Modelos de dinámica depredador-presa
8. Modelos de competencia
9. Índices de Diversidade biolóxica
10. Modelos de Bioxeografía insular
11. Modelos de sucesión
12. Circulación de nutrintes en ecosistemas terrestres e acuáticos
13. Modelo de dinámica do fitoplancton de Margalef
Bibliografía básica e complementariaALBERTS B. et al., 2005. Introducción a la Biología Celular, 2ª Edición, Editorial Medica Panamericana.
BEGON, M., HARPER, J.L. & TOWNSEND, C.R. 1999. Ecología. Individuos, poblaciones y comunidades (3a ed.). Omega. Barcelona.
COOPER, G.M., HAUSMAN, R.E. 2010. La Célula, 5ª Edición, Marbán.
DONOVAN, T.M., WELDEN, CH.W. 2001. Spreadsheet Exercises in Ecology and Evolution. Sinauer, Massachusetts, USA.
KREBS, C.J. 1986. Ecología. Análisis experimental de la distribución y abundancia. Pirámide. Madrid.
KREBS, C.J. 2001. Ecology: the experimental analysis of distribution and abundance (5 th Ed). Benjamín Cummings Addison Wesley longman. Inc. New York.
LODISH et al., 2007. Biología Celular y Molecular, 5ª Edición, Editorial Medica Panamericana,
MARGALEF, R. 1992 a. Ecología. Omega. Barcelona.
MARGALEF, R. 1992 b. Planeta azul, Planeta verde. Prensa Científica. Barcelona.
McNAUGHTON, S.J. Y WOLF, L.L. 1984. Ecología general. Ediciones Omega S.A. Barcelona.
NIKLAS, K.J. Plant Allometry. 1994. The Scaling of Form and Process. The University of Chicago Press, Chicago, USA.
PIÑOL, J., MARTÍNEZ-VILALTA, J. 2006. Ecología con Números. Lynx Edicions, Barcelona.
RAVEN et al., 2008. The Science of Biology, 7/e Edition, McGraw-Hill.
REISS, M.J. 1991. The allometry of Growth and Reproduction. Cambridge University Press, Cambridge, U.K.
RICKLEFS, R.E. 1990 (3ª edición). Ecology. Freeman and company. New York.
RICKLEFS, R.E. 1998. Invitación a la Ecología. La economía de la Naturaleza. Ed. Médica Panamericana. Buenos Aires, Madrid.
SMITH, R.L.; SMITH, T.M. 1990 (4ª edición). Elements of Ecology. Addison Wesley Longman, San Francisco.
SMITH, R.L.; SMITH, T.M. 2002. Ecología. Pearson Educación S.A. Addison Wesley Longman.Madrid.
STRYER et al., 2008. Bioquímica, 6ª edición, Editorial Reverté.
TERRADAS J. 2001. Ecología de la vegetación. Omega. Barcelona.
Enlace de interese para buscas biomédicas en revistas, libros, bases de datos de proteínas, xenes, xenoma, etc: http://www.ncbi.nlm.nih.gov/sites/entrez
CompetenciasCoñecer o impacto da Bioloxía nas Matemáticas e viceversa.
Comprender a importancia da aplicación dos coñecementos das Matemáticas na Bioloxía e de cómo a Bioloxía pode ofrecer aos matemáticos un inmenso campo de investigación en moitas facetas teóricas e aplicadas.
Coñecer e comprender os principios básicos da Bioloxía Molecular e Celular, da Bioloxía de Organismos e Sistemas, da Xenética e a Ecoloxía.
Metodoloxía da ensinanza Axustarase á indicación metodolóxica xeral do Grao, que establece que as clases de pizarra consistirán basicamente en leccións impartidas polo profesor, dedicadas á exposición dos contidos teóricos e resolución de problemas ou exercicios. En ocasións, o modelo aproximarase á lección maxistral e outras, sobre todo nos grupos reducidos, procurarase unha maior implicación do alumno, primando unha pedagoxía máis activa e personalizada. As clases con ordenador/laboratorio permitirán, nuns casos, a adquisición de habilidades prácticas e noutros,servirán para a ilustración inmediata dos contidos teóricos-prácticos, mediante a comprobación interactiva ou a programación. Tódalas tarefas do alumno (estudio, traballos, programas de ordenador, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas…) serán orientadas polo profesor nas sesións de titoría en grupo reducido. Con respecto as titorías individualizadas ou en grupo moi reducido, atenderase os estudantes para discutir cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dúbida.
Un importante recurso didáctico cara a lograr os obxectivos educativos será poñer a disposición dos alumnos una gran cantidade de material multimedia (textos, transparencias, vídeos, follas de cálculo, etc.) para o que se empregará o soporte proporcionado pola plataforma da USC virtual. A atención individualizada ao estudante nas titorías permitirá nalgunha medida personalizar a ensinanza. O nivel das clases teóricas será abordable para os estudantes con una preparación académica e intelectual media. Os estudantes por debaixo da media serán obxecto de atención titorial, namentres que os que se atopen por riba da media poderán satisfacer seus maiores desexos de coñecementos co acceso a recursos e bibliografía máis especializada.
Sistema de evaluaciónComo en tódalas materias do Grao, a cualificación do alumno farase mediante:
. Avaliación continua, que contribuirá nun 40% a cualificación final. A avaliación continua farase por medio de controles escritos, traballos entregados e participación do estudante nas clases, seminarios e titorías.
. Realización dun exame final que contribuirá nun 60 % á cualificación final.
Para aprobar a materia necesítase un mínimo de 4 puntos sobre 10 no exame final. A cualificación do alumno será a do exame final se esta é superior á que resulta de ponderala coa cualificación da avaliación continua.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA(Horas)
Clases de pizarra en grupo grande (30)
Clases de pizarra en grupo reducido (15)
Titorías en grupo reducido en ordenador/laboratorio (13)
Titorías en grupos moi reducidos ou individualizadas (2)
Total horas traballo presencial no aula (60)
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO (Horas)
Estudio autónomo individual ou en grupo (50)
Escritura de exercicios, conclusións, traballos (25)
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar (5)
Preparación de presentacións orais, debates ou similar (10)
Total horas traballo persoal do alumno (90)
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase a asistencia e participación activa nas clases e seminarios programados. E importante resolver no momento as dúbidas que xurdan, así como revisar e completar as notas de clases despois destas. As titorías representan unha oportunidade excelente para mellorar a aprendizaxe e resolver dúbidas. O estudio da materia verase facilitado pola consulta do material que se poñerá a disposición dos alumnos na páxina web da USC Virtual. E importante tamén a lectura da bibliografía recomendada para cada tema.