Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Matemáticas  »  Información da Materia

G1011109 - Química Básica (Formación Básica Transversal) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 30.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 22.00
  • Clase Interactiva Seminario: 6.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 60.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Química Inorgánica
  • Áreas: Química Inorgánica
  • Centro: Facultade de Matemáticas
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
GARCIA TASENDE, Mª SOLEDAD.NON
SANCHEZ GONZALEZ, Mª ANGELES.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_06OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    -Introducir os conceptos básicos sobre a estructura electrónica dos átomos e relacionar as propiedades periódicas coa estructura.

    -Entender o concepto de enlace químico e os distintos modelos que o describen.

    -Discutir as propiedades das moléculas e as interaccións intermoleculares sobre a base da súa estructura.

    -Adquirir os coñecementos básicos da Termodinámica.

    -Adquirir coñecementos suficientes acerca dos fundamentos teóricos dos distintos equilibrios químicos que teñen lugar en disolución acuosa.



    Contidos
    Lección 1. Bases da moderna teoría do átomo. Aplicación elemental da mecánica ondulatoria. Os números cuánticos. Estructuras dos átomos polielectrónicos. Periodicidad das estructuras electrónicas atómicas. Enerxía de ionización. Electroafinidade. Táboa periódica dos elementos. 0,3 créditos.

    Lección 2. Planteamento xeral do enlace. Teoría de Lewis. Electronegatividade e polaridade de enlace. Introducción á xeometría molecular: TRPECV. Momento dipolar en sistemas poliatómicos. 0,3 créditos.

    Lección 3. Modelo do enlace de valencia: hibridación. Tª OM en moléculas diatómicas: aproximación CLOA. 0,4 créditos.

    Lección 4. Enlace iónico: aspectos estructurais. Consideracións enerxéticas: enerxía reticular.
    0,2 créditos.

    Lección 5. Forzas de enlace débiles, forzas intermoleculares: de orientación, de inducción e de dispersión. Enlace de hidróxeno. 0,1 créditos.

    Lección 6. A materia: estados de agregación . 0,1 créditos.

    Lección 7. Fundamentos da Termodinámica química. Cambios de calor e termoquímica. Espontaneidade dos cambios físicos e químicos. 0,2 créditos.

    Lección 8. Equilibrio químico en disolución. Ácidos e bases: definicións. Forza ácido-base. Constantes de acidez. Equilibrio de autodisociación da auga. Exemplos específicos de ácidos e bases fortes e débiles. 0,5 créditos.

    Lección 9. Comportamento das sales en disolución acuosa: hidrólise. Disolucións reguladoras.
    0,4 créditos.

    Lección 10. Reaccións de oxidación-reducción. Aspectos cualitativos e revisión de conceptos fundamentais. Aspectos cuantitativos. Potenciais redox. Efectos da concentración. Exemplos específicos de oxidantes e reductores. 0,5 créditos.

    Programa de prácticas:
    Práctica 1. Separación dos compoñentes dunha mezcla.
    Práctica 2. Precipitación e filtración.
    Práctica 3. Equilibrio químico. Principio de LeChatelier.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:
    -Petrucci, R.H., Harwood, W.S. e Herring, F.G.: Química General, 8ª ed.; Prentice Hall, 2008.

    Bibliografía complementaria:
    -Atkins, P. e Jones, L.: Principios de Química, 3ª ed.; Ed. Médica Panamericana, 2006.
    -Chang, R: Química, 9ª ed.; McGraw-Hill, 2007.
    -Gillespie, R.J., Humphreys, D.A., Baird, N.C. e Robinson, E.A.:Química; Reverté, 1990.
    -Kotz, J.C. e Treichel, P.M.: Química y reactividad química, 5ª ed.; Thomson, 2003.
    -Masterton, W.L. e Hurley, C.N.: Química. Principios y reacciones, 4ª ed.; Paraninfo Cengage Learning, 2003.
    -Whitten, K.W., Davis, R.E. e Peck, M.L.: Química General, 5ª ed.; McGraw-Hill, 2002.

    Competencias
    Competencias xerais:
    -Coñecer os conceptos e métodos básios e os resultados más importantes da Química, tendo certa perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
    -Comunicación escrita e oral de coñecementos, procedementos, resultados e ideas xerais en Química.
    -Capacidade de aprendizaxe autónomo, con organización de tempo e recursos, sobre novos coñecementos e técnicas de calquera disciplina científica ou tecnolóxica.

    Competencias específicas:
    -Comprender o concepto de orbital atómico e relacionar os valores dos números cuánticos coas propiedades e enerxías de ditos orbitais.
    -Escribir as configuracións electrónicas dos átomos.
    -Debuxar a estructura de Lewis de moléculas e ions. Predicir a súa xeometría e o seu carácter polar ou apolar.
    -Describir a estructura dunha molécula poliatómica en termos de orbitais híbridos.
    -Utilizar a teoría de orbitais moleculares para describir o enlace en moléculas diatómicas.
    -Coñecer os distintos tipos de forzas intermoleculares e explicar como estas forzas determinan as propiedades das moléculas.
    -Coñecer os fundamentos teóricos da Termodinámica.
    -Coñecer os conceptos de ácido, base e pH.
    -Realizar os cálculos de solubilidade en sistemas heteroxéneos, tendo en conta os factores que poidan modificala (efecto de ión común, efecto salino), así como a influencia do pH e da formación de complexos.
    -Coñecer e manexar o material de laboratorio.
    -Coñecer as normas básicas de seguridade no laboratorio.

    Competencias transversais:
    -Comprender temas químicos de carácter xeral.
    -Utilizar bibliografía e ferramentas de búsqueda de recursos bibliográficos xerais de Química.
    -Ler textos científicos de carácter químico xeral, tanto na lingua propia como en outras, particularmente en inglés.
    -Aprendizaxe de traballo en grupo interdisciplinar, tanto sobre aspectos teóricos como prácticos.

    Metodoloxía da ensinanza
    Clases de pizarra en grupo grande (clases expositivas):
    O profesor, coa axuda dos medios audiovisuais axeitados, desenvolverá os contidos teóricos do programa da materia. Cando sexan necesarios, a medida que se introducen novos conceptos e ecuacións, incluiranse tamén problemas de tipo práctico co obxecto de manexar os aspectos cuantitativos. Para cada tema proporase unha colección de cuestións e problemas para resolver nos seminarios (clases interactivas), con participación dos alumnos.

    -Clases de pizarra en grupo reducido (clases interactivas ou seminarios):
    Clases teórico/prácticas baseadas na participación do alumno e nas que se resolverán cuestións, problemas, exercicios, propostos polo profesor para cada tema do programa. Estas cuestións serán formuladas polo profesor coa antelación suficiente para que o alumno poida traballar sobre elas. Este traballo persoal do alumno será avaliado polo profesor mediante a realización dunha pequena proba (5-10 minutos) na clase interactiva.

    -Clases de laboratorio (clases prácticas):
    Inclúense aquí catro sesións, de aproximadamente 3 horas cada unha. Na primeira sesión informarase o alumno das normas de traballo e seguridade nun laboratorio e revisarase o contido (obxectivo, fundamento, cálculos,...) das prácticas a realizar nas tres sesións de laboratorio.

    -Titorías en grupo moi reducido:
    Supoñen 2 horas para cada alumno por cuadrimestre e empregaranse fundamentalmente para revisar aqueles aspectos nos que se observe que os alumnos mostran maiores dificultades e para a aclaración de dúbidas sobre teoría, prácticas e problemas formulados ao longo do curso.

    -Todo o material didáctico ( presentacions ppt, problemas, exercicios) empregado o longo do curso estará a disposición dos alumnos na plataforma virtual da USC.

    Sistema de evaluación
    A cualificación de cada alumno realizarase mediante avaliación continua e realización dunha proba final. A avaliación continua farase por medio de controles escritos, traballos entregados, participación na aula, prácticas de laboratorio e titorías. A cualificación do alumno non será inferior á da proba final nin á obtida ponderándola coa avaliación continua, con contribucións que se indican a continuación.

    A avaliación deberá apoiarse principalmente na realización dunha proba final escrita e común para todos os alumnos (60%). Terase tamén en conta a participación individualizada dos alumnos nas clases e seminarios e na realización dos diferentes exercicios que se presentarán ao longo do curso (20%) e a realización dunha proba ó remate das prácticas de laboratorio (20%).

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo presencial na aula horas Traballo persoal do alumno horas

    Clases de pizarra para grupo 30 Estudio autónomo, individual 50
    grande ou en grupo

    Clases de pizarra para grupo 6 Escritura de exercicios, conclusións 15
    reducido e outros traballos

    Clases con ordenador/laboratorio 9 Programación/experimentación 25
    en grupo reducido e outros
    traballos en ordenador/laboratorio

    Titorías en grupo reducido sen 8
    ordenador/laboratorio

    Titorías en grupo reducido con 5
    ordenador/laboratorio

    Titorías en grupos moi reducidos 2
    ou individualizadas

    Total horas traballo presencial 60 Total horas traballo persoal 90
    na aula do alumno

    Recomendacións para o estudo da materia
    Aconséllase a asistencia ás clases e o seguimento das explicacións, coa utilización dos libros de texto recomendados e coa realización dos exercicios, traballos e prácticas propostos.