G1011443 - Fundamentos de Astronomía (Materias Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 23.00
- Clase Interactiva Seminario: 5.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 60.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Matemática Aplicada
- Áreas: Astronomía e Astrofísica
- Centro: Facultade de Matemáticas
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiai) Coñecer os temas fundamentais da Astronomía de posición e Mecánica Celeste.
ii) Manexar a ferramenta matemática básica para resolver problemas astronómicos.
iii) Familiarizarse a nivel tanto teórico como observacional coa Astronomía
iv) Utilización de instrumentación astronómica
v) Capacitar ao alumnado para recibir coñecementos de Astrodinámica, Astronomía Xeral e Astrofísica a nivel superior
Contidos- Mecánica Celeste básica
- Trigonometría esférica.
- A Terra: forma e movementos.
- A esfera celeste. Sistemas de coordenadas astronómicas.
- Nocións sobre a medida do tempo.
- Problemas elementais de Astronomía de posición.
- Instrumentación astronómica.
- Iniciación á Astrofísica
- Estrelas dobres
Bibliografía básica e complementaria1. A. ABAD, J. A DOCOBO e A ELIPE.: “Curso de Astronomía”, Prensas Universitarias de Zaragoza, 2002
2. R. M. ALLER. “Introducción a la Astronomía” C.S.I.C. 1957
3. R. CID PALACIOS “Curso de Astronomía” Zaragoza : Universidad, D.L. 1970
4. R. M. GREEN “Spherical Astronomy” Cambridge University Press, 1985
5. A. E. ROY: “Astronomy: Principles and Practice” Bristol : Adam Hilger, 1982
6. W. M. SMART: “Textbook of Spherical Astronomy” Cambridge University Press, 1977
7. T. VIVES: “Astronomía de posición: espacio y tiempo”, Madrid, Alhambra, 1971
8. J. A. DOCOBO e A. ELIPE: “Astronomía: 280 problemas resueltos” Santiago, 1983
9. VORONTOSOV e B. A. VELIAMINOV: “Problemas y ejercicios prácticos de Astronomía” Moscú Mir. 1979
10. J. M. A. DANBY: "Fundamentals of Celestial Mechanics" New York : MacMillan Company, 1970
11. L. G. TAFF: "Celestial Mechanics", New York : John Wiley and Sons, cop. 1985
12. M. REGO e M. J. FERNANDEZ: "Astrofísica", Madrid : EUDEMA, 1988
13 P. I. BAKULIN, E. V. KONONOVICH, e V. I. MOROZ: "Curso de Astronomía General" , Editorial MIR, Moscova, 1985
14. M. A. SEEDS: "Fundamentos de Astronomía", Barcelona Omega, 1989
15. H. KARTTUNEN y otros: "Fundamental Astronomy", Berlin Springer-Verlag,1994
16. D. GALADÍ-ENRIQUEZ e J. GUTIERREZ: "Astronomía General" Barcelona Omega D.L. 2001
Competencias1) Contribuír á mellora da percepción espacial.
2) Comprensión da cosmografía e da xénese de cuestións astronómicas fundamentais.
3) Coñecemento das escalas de tempo rotacional ata chegar a definir a hora que debe marcar o noso reloxo.
4) Manexar as ferramentas matemáticas necesarias para o estudo da Mecánica Celeste básica.
5) Oportunidade de manexar instrumentación astronómica de calidade e transmisión dos conceptos elementais para o seu correcto manexo.
6) Capacitar o alumnado para a realización de diversas observacións astronómicas e outros traballos relacionados coa materia.
É importante que o alumnado saiba que se trata dunha materia de iniciación, onde se van transmitir conceptos básicos de especial utilidade sobre todo para cursar a materia de Astrodinámica (Máster de Matemáticas) pero tamén para levar a cabo Traballos de Fin de Gao o Máster.
Metodoloxía da ensinanza 0. Presentación. Unidades de distancia en Astronomía (Expositivas: 1 hora. Interactivas: 0 horas)
1. Introducción á Mecánica Celeste. Repaso de diversas nocións de Mecánica Clásica. Leis de Kepler e Lei da Gravitación. O problema de dous corpos. Ecuación de Kepler. Elementos orbitais (Expositivas: 7 horas. Interactivas: 3 horas)
2. Trigonometría esférica. (Expositivas: 3 horas. Interactivas: 3 horas)
3. Forma e dimensións da Terra. Coordenadas xeográficas e xeocéntricas. (Expositivas: 2 horas. Interactivas: 1 hora)
4. Esfera celeste. Movemento diurno aparente. Rotación da Terra. Movemento orbital da Terra. A Eclíptica. (Expositivas: 2 horas. Interactivas: 0 horas)
5. Sistemas de coordenadas astronómicas. Transformacións de coordenadas. Fenómenos que inflúen na variación das coordenadas ( Expositivas: 6 horas. Interactivas: 5 horas)
6. Medida do Tempo. Tempo Rotacional e Escalas Modernas (Expositivas: 3 horas. Interactivas: 2 horas)
7. Algúns problemas elementais en Astronomía de Posición. (Expositivas: 2 horas. Interactivas: 2 horas)
8. Radiación electromagnética. Parámetros estelares. Magnitudes. Clasificación espectral. Diagrama H-R. (Expositivas: 2 horas. Interactivas: 2 horas)
9. Estrelas dobres. Tipos e órbitas (Expositivas: 2 horas. Interactivas: 0 horas)
3 Prácticas nocturnas:
O Observatorio Astronómico Ramón María Aller. Observación e clasificación de obxectos que se poden ver no ceo a simple vista e con telescopios (duración 2h)/ Utilización dun telecopio altazimutal automatizado de campo (1h 30m de duración)/ Identificacion de Constelacións, planetas e outros obxetos astronómicos (2h de duración).
3 Prácticas diurnas:
Montaxe dun telescopio refractor portátil (1h 30m de duración)/ Anuarios, Efemérides Astronómicas. Manexo do Planisferio. Instrumentos de observación. Colocación de coordenadas (2h de duración)/ Visualización de vídeos de Astronomía (1h de duración).
_____________________________________________________________
No desenvolvemento de cada tema, as clases de problemas mestúranse coas de teoría co obxecto de poñer inmediatamente en práctica os coñecementos acadados.
Paralelamente, o alumnado participa nas distintas clases prácticas de observación astronómica e de gabinete a fin de familiarizarse cos métodos básicos empregados en Astronomía.
Ao dispor esta materia dun curso virtual, os matriculados nela teñen un acceso inmediato ás distintas táboas e fórmulas, que son esenciais no seu seguimento, e os recursos multimedia, que permiten mellorar a visión espacial de conceptos explicados no encerado, así como a posibilidade de poñerse en contacto cos profesores a través das ferramentas de comunicación para solucionar dúbidas puntuais.
Sistema de evaluaciónA cualificación da materia non será inferior á do examen final nin á obtida ponderándoa
coa evaluación continua, dándolle a esta última un peso
non inferior ao 30%.
Este traballo pode comprender algunha ou todas as seguintes posibilidades:
a) avaliación dos apuntamentos persoais
b) participación nas clases de teoría e de problemas
c) asistencia activa ás clases prácticas
d) programación de algoritmos
e) elaboración de problemas orixinais
f) participación na mellora do curso virtual
g) outras achegas.
Haberá controis liberatorios, sen previo aviso, dos seguintes bloques da materia.
Bloque A (temas 0 e 1)
Bloque B (temas 2, 3, e 4)
Bloque C (temas 5 e 6)
Bloque D (temas 7, 8, e 9)
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais:
- Expositivas: 30
- Interactivas: 28
- De titorias: 2
Horas non presenciais: 4h á semana: 2h de teoría e 2h de problemas
10h preparación do control
20h de avaliación dos traballos persoais (10 das cales poden ser de preparación do exame final, se é o caso).
Total volume de traballo: 150 horass
Recomendacións para o estudo da materiaDado o carácter que se lle quere imprimir á materia, é imprescindible unha participación directa do alumnado, o que leva consigo un seguimento ao día co obxecto de que a avaliación continua poida ser efectiva.
Para un correcto aproveitamento, os alumnos deberán posuír unha calculadora, non programable, que dispoña das funcións circulares e as súas inversas e que se aconsella leven todos os días á clase, independentemente que esta sexa de problemas ou non.
A materia conta con apoio virtual, que lles facilita aos alumnos o uso de recursos informáticos e multimedia para reforzar e ilustrar en maior detalle os conceptos expostos nas clases presenciais.