P1061104 - Proxecto Fin de Carreira ou Traballo Tutelado (Módulo VI: Obrigatorio (Traballo Fin de Máster)) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 10.00
- Total: 10.0
- Horas ECTS
- Clase Interactiva Seminario: 21.00
- Horas de Titorías: 63.00
- Total: 84.0
Outros Datos
- Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Estatística e Investigación Operativa, Departamento Externo
- Áreas: Estatística e Investigación Operativa, Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Facultade de Matemáticas
- Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO Proxecto Fin de Carreira consiste no desenrolo dun traballo de carácter teórico ou aplicado. En moitos dos proxectos teóricos preténdese que o alumno faga unha revisión crítica da algúns traballos de investigación de recente publicación nos campos correspondentes á temática de cada traballo, comparando as distintas alternativas existentes ou, incluso, propoñendo novas alternativas que podan ser estudiadas máis profundamente nunha futura tese doutoral. Os proxetos de tipo aplicado consisten na análise, estudio e resolución de problemas con datos reais nos que se deben aplicar modernas técnicas da Estatística e a Investigación Operativa.
ContidosDada a singularidade desta materia, non resulta posible especificar uns contidos xerais válidos para todos os Proxectos Fin de Carreira que hai que desenvolver. Os contidos dependen de cada proxecto e estarán especificados nas diferentes propostas de proxectos aprobadas pola Comisión de Académica do Master. A continuación detállanse os títulos dos proxectos dos que son responsables os profesores da USC:
Bootstrap en modelos funcionales. Responsable: Febrero Bande, Manuel
Estimación de conjuntos bajo restricciones de forma de tipo convexo. Responsable: Rodríguez Casal, Alberto
Modelos de regresión con datos direccionales y aplicaciones. Responsable: González Manteiga, Wenceslao
Cadenas de Markov en la investigación del genoma. Responsable: Ángeles Casares de Cal
Sobre a condición de Markov no espazo. Responsables: Pedro Faraldo Roca, Rosa María Crujeiras Casais
Modelos de regresión con respuesta multinomial. Modelos lineales generalizados, no lineales, y modelos flexibles. Aplicaciones a la Biomedicina. Responsables: Carmen María Cadarso Suárez y César Andrés Sánchez Sellero
Una aplicación para la obtención de diversas soluciones para juegos matriciales . Responsable: García Jurado, Ignacio
Algoritmos heurísticos en optimización. Responsables: Mª Luisa Carpente Rodríguez, Balbina Casas Méndez
Pagos colaterales, contratos y estrategias. Responsable: García Jurado, Ignacio
Bibliografía básica e complementariaDadas as peculiaridades desta materia, resulta imposible especificar unha bibliografía xeral válida para todos os Proxectos Fin de Carreira que se van desenvolver.
A bibliografía específica de cada proxecto estará especificada nas diferentes propostas de proxectos aprobadas pola Comisión de Académica.
CompetenciasAs competencias específicas que se desenvolven durante a realización do proxecto fin de carreira dependen da temática concreta de cada proxecto concreto. As competencias xerais que se desenvolven durante a realización do proxecto fin de carreira son: capacidade de análise e síntese, capacidade de organización e planificación, comunicación oral e escrita na lingua nativa, razoamento crítico, coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo, aprendizaxe autónoma, creatividade e resolución de problemas.
Metodoloxía da ensinanza Non parece razoable establecer unha metodoloxía xeral válida para todos os Proxectos Fin de Carreira que se van desenvolver. A metodoloxía específica de cada Proxecto estará indicada nas diferentes propostas de Proxectos aprobadas pola Comisión Académica.
Sistema de evaluaciónA avaliación dos Proxectos Fin de Carreira realizarase mediante a defensa pública ante un tribunal proposto pola Comisión Académica da titulación. O regulamento do Proxecto Fin de Carreira e as disposicións, resultado da súa interpretación, realizadas pola Comisión de Proxectos indicarán as condicións necesarias para poder realizar a presentación dos proxectos.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia ten dez créditos ECTS. Dependendo do tipo de proxecto serán necesarias máis ou menos sesións co titor. Valórase en 1-2 créditos ECTS a preparación destas sesións e un créditos ECTS a preparación da presentación final. O resto corresponde a traballo persoal do alumno necesario para completar con éxito o proxecto proposto.
Recomendacións para o estudo da materiaCada titor fará as recomendación que considere oportunas ao seu estudante.
ObservaciónsA Comisión Académica da titulación é a responsable de velar polo correcto desenvolvemento de todos os aspectos relacionados con esta materia. Recoméndase ao estudante o seguimento da información que a Comisión Académica faga pública fundamentalmente a través da folla web propia do master en http://www.udc.es/dep/mate/mte/