Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Matemáticas  »  Información da Materia

P1061215 - Introdución á Teoría de Xogos (Módulo III: Investigación Operativa (A)) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 5.00
  • Total: 5.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 15.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 20.00
  • Horas de Titorías: 5.00
  • Total: 40.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Estatística e Investigación Operativa, Departamento Externo
  • Áreas: Estatística e Investigación Operativa, Área Externa para o postgrao oficial
  • Centro: Facultade de Matemáticas
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo deste curso é presentar os principais modelos, conceptos e resultados da teoría de xogos, así como algunhas aplicacións de dita teoría nas ciencias sociais, con especial énfase na economía.
    Contidos
    1. Introducción á teoría da utilidade: utilidade ordinal, utilidade linear.
    2. Xogos en forma estratéxica: definición, equilibrio de Nash, estratexias mixtas en xogos finitos, xogos bimatriciais, xogos bipersonais de suma nula, xogos matriciais, refinamentos do equilibrio de Nash, equilibrio correlado.
    3. Xogos en forma extensiva: definición, equilibrio de Nash, equilibrio perfecto en subxogos.
    4. Modelos de negociación: a solución de Nash, a solución de Kalai-Smorodinski.
    5. Xogos cooperativos: introducción ós xogos TU, o core, o valor de Shapley.

    Bibliografía básica e complementaria
    Aumann R. and Hart S. (1992). Handbook of Game Theory (Vol. 1). North-Holland.
    Aumann R. and Hart S. (1994). Handbook of Game Theory (Vol. 2). North-Holland.
    Aumann R. and Hart S. (2002). Handbook of Game Theory (Vol. 3). North-Holland.
    Gibbons R. (1992). Un Primer Curso de Teoría de Juegos. Antoni Bosch Editor.
    Ichiishi T.(1983). Game Theory for Economic Analysis. Academic Press.
    Mas-Colell A., Whinston M.D. and Green J.R. (1995). Microeconomic Theory. Oxford University Press.
    Myerson R. (1991). Game Theory. Analysis of Conflict. Harvard University Press.
    Osborne M. and Rubinstein A. (1994). A Course in Game Theory. The MIT Press.
    Owen G. (1995). Game Theory. Academic Press.
    Peters H. (1992). Axiomatic Bargaining Theory. Kluwer Academic Publishers.
    Tijs S. (2003). Introduction to Game Theory. Hindustan Book Agency.
    van Damme E. (1991). Stability and Perfection of Nash Equilibria. Springer-Verlag.

    Competencias
    - Coñecemento dos resultados teóricos incluidos no programa.
    - Capacidade para aplicar correctamente os resultados obtidos á modelización e resolución de problemas de toma de decisións en interacción con outros decisores.
    - Competencia para utilizar os coñecementos adquiridos na análise e a interpretación dos problemas xurdidos no ámbito das ciencias sociais.


    Metodoloxía da ensinanza
    - Clases de teoría e de problemas (aproximadamente, en proporción catro a un). Nas clases de problemas os estudiantes corrixirán na pizarra os problemas propostos.
    - Utilizarase pizarra e cañón de vídeo. Os estudiantes terán á súa disposición na web os apuntes do profesor e algúns exámes resoltos.
    - Fomentarase a participación dos estudiantes na clase.
    - Farase fincapé nas relacións entre a teoría de xogos e as ciencias sociais.
    De cada crédito ECTS 10 horas se corresponderán con docencia presencial, 5 horas con realización de exercicios por parte do alumno e 10 horas con estudio persoal do alumno.

    Sistema de evaluación
    Exame escrito que inclúe preguntas de teoría, cuestións e problemas. O exame será valorado de 0 a 10 puntos. Para aprobar son necesarios cinco puntos. Poderán considerarse procedemientos complementarios de avaliación, como a realización de traballos.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    50 horas de docencia presencial, 25 horas de realización de exercicios por parte do alumno e 50 horas de estudio persoal do alumno.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Para superar esta materia é aconsellable a asistencia ás clases, e a resolución e revisión dos exercicios propostos.