Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Matemáticas  »  Información da Materia

P1141105 - Temas Actuais na Investigación Matemática (Módulo I: Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
  • Clase Interactiva Seminario: 6.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Análise Matemática, Álxebra, Xeometría e Topoloxía
  • Áreas: Análise Matemática, Álxebra, Xeometría e Topoloxía
  • Centro: Facultade de Matemáticas
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Cordero Rego, Luis Angel.SI
GOMEZ PARDO, JOSE LUIS.NON
OTERO ESPINAR, MARIA VICTORIA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    1. Familiarizarse cos conceptos, métodos e cuestións matemáticas clásicas e a súa contextualización no panorama matemático actual.
    2. Coñecer algunhas liñas relevantes de investigación actuais en matemáticas.
    3. Familiarizarse coas aplicacións e a utilidade das matemáticas en distintos ámbitos.


    Contidos
    Estudarase a evolución histórica e o estado actual dalgúns conceptos matemáticos, facendo especial fincapé nos problemas matemáticos e liñas de investigación actuais relevantes así como nas aplicacións a distintas ciencias (Arte, Arquitectura, Bioloxía, Ciencias Sociais, Enxeñería, Física, Informática, Música, Química, Bioinformática) e en matemáticas.
    Organizaranse varias conferencias que versarán, entre outros, sobre os seguintes temas:
    • Variedades alxébricas
    • Aplicacións da Álxebra e da Teoría de Números
    • Métodos computacionais en Álxebra
    • Xeometría Riemanniana e semi – Riemanniana
    • Teoría de foliacións
    • Estruturas xeométricas en mecánica clásica e teoría de campos
    • Sistemas dinámicos continuos e discretos
    • Teoría cualitativa de ecuacións diferenciais
    • Análise Funcional


    Bibliografía básica e complementaria
    V. ARNOLD, M. ATIYAH, P. LAX, B. MAZUR, (eds) Mathematics: Frontiers and perspectives, American Mathematical Society, 2000.
    J. CARLSON, A. JAFFE, A.WILES (Eds.) The Millennium Prize Problems, Clay Institute/American Mathematical Society, 2006.
    B. ENGQUIST, W. SCHMID, Mathematics Unlimited 2001 and Beyond: 2001, Springer, 2001.
    G. TEMPLE, 100 years of mathematics, Duckworth, 1981.
    R. WILSON, J. GRAY, Mathematical conversations, Selections from the Mathematical Intelligencer, Springer, 2001.

    Bases de datos de Mathematical Reviews: http://www.ams.org/mathscinet/search.html
    Bases de datos de Zentralblatt für Mathematics: http://zmath.cesga.es/ZMATH/es/full.html


    Competencias
    1. Coñecer o amplo panorama da matemática actual, tanto nas súas liñas de investigación, como en metodoloxías, recursos e problemas que aborda en diversos ámbitos.
    2. Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xenerais e específicos de Matemáticas, incluíndo o acceso por Internet.


    Metodoloxía da ensinanza
    A asistencia ás charlas e conferencias programadas é obrigatoria. As discusións cos conferenciantes e o profesorado, a reflexión persoal, a realización dos resumos e traballos propostos son actividades que facilitan a superación da materia.
    Sistema de evaluación
    Asistencia ás charlas e conferencias programadas (60%). Realización de traballos, resumos e conclusións (40%).
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Clases con ordenador/laboratorio: 5 horas
    Titorías en grupo: 5 horas
    Asistencia a charlas, exposicións ou outras actividades recomendadas: 25 horas
    Estudo autónomo individual ou en grupo: 20 horas
    Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 20 horas
    Total horas traballo presencial no aula: 35 horas
    Total horas traballo persoal do/a alumno/a: 40 horas


    Recomendacións para o estudo da materia
    Coñecementos de matemáticas a nivel de Grao ou Licenciatura.