Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Matemáticas  »  Información da Materia

P1141106 - Traballo Fin de Máster (Módulo III: Proxecto Fin de Máster) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 18.00
  • Total: 18.0
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Seminario: 31.50
  • Horas de Titorías: 108.00
  • Total: 139.5

Outros Datos

  • Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Análise Matemática, Matemática Aplicada, Álxebra, Xeometría e Topoloxía, Estatística e Investigación Operativa, Matemática Aplicada
  • Áreas: Análise Matemática, Matemática Aplicada, Álxebra, Xeometría e Topoloxía, Estatística e Investigación Operativa, Astronomía e Astrofísica
  • Centro: Facultade de Matemáticas
  • Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Realización do traballo de fin de máster correspondente ao Máster en Matemáticas.

    Contidos
    Traballo Fin de Máster.
    Dada a singularidade desta materia, non resulta posible especificar uns contidos xerais válidos para todos os traballos que hai que desenvolver. Os contidos dependen de cada proxecto e estarán especificados nas diferentes propostas de proxectos aprobadas pola Comisión de Académica do Master.
    Bibliografía básica e complementaria
    Non é posible especificar unha bibliografía xeral válida para todos os Traballos Fin de Máster que se van desenvolver.
    A bibliografía específica de cada traballo estará especificada nas diferentes propostas de proxectos aprobadas pola Comisión de Académica do Máster.

    Competencias
    As competencias específicas que se desenvolven durante a realización do proxecto fin de carreira dependen da temática concreta de cada proxecto concreto. As competencias xerais que se desenvolven durante a realización do proxecto fin de carreira son: capacidade de análise e síntese, capacidade de organización e planificación, comunicación oral e escrita na lingua nativa, razoamento crítico, coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo, aprendizaxe autónoma, creatividade e resolución de problemas.
    Metodoloxía da ensinanza
    Non parece razoable establecer unha metodoloxía xeral válida para todos os Traballos Fin de Máster que se van desenvolver. A metodoloxía específica de cada Proxecto estará indicada nas diferentes propostas dos traballos aprobadas pola Comisión Académica do Máster.
    Sistema de evaluación
    A avaliación dos Traballos Fin de Máster realizarase mediante a defensa pública ante un tribunal proposto pola Comisión Académica da titulación. A Comisión Académica do Máster indicará as condicións necesarias para poder realizar a presentación do Traballo Fin de Máster.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia ten 18 créditos. Dependendo do tipo de traballo serán necesarias máis ou menos sesións co titor.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Cada director/a de un traballo fará as recomendación que considere oportunas ao seu estudante.
    Observacións
    Para iniciar o Traballo de Fin de Máster será necesario superar todas as
    materias obrigatorias do primeiro cuadrimestre. Cada proposta de Traballo de Fin
    de Máster podería incluír indicacións sobre materias optativas relacionadas que
    sería aconsellable cursar por parte do alumno. No momento da presentación
    do traballo o alumno deberá ter superado todos os demais créditos necesarios
    para o título. O Traballo de Fin de Máster poderá ser presentado en ambos os
    cuadrimestres.
    A Comisión Académica da titulación é a responsable de velar polo correcto desenvolvimiento de todos os aspectos relacionados con esta materia.