P1141204 - Cálculo Simbólico (Módulo II: Materias Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Álxebra
- Áreas: Álxebra
- Centro: Facultade de Matemáticas
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaManexo de software adecuado á investigación en matemáticas (Maxima, SAGE).
Dar solucións de problemas matemáticos coa axuda de sistemas de computación alxébrica.
ContidosPROGRAMA:
Representacións gráficas en dimensións 2 e 3.
Docencia Presencial: 3
Horas estudo / traballos / programación e experimentación : 3 / 2 / 2
Titoría: 0.4
Teoría de grafos.
Docencia Presencial: 2
Actividades de aprendizaxe autónomo:
Horas estudo / traballos / programación e experimentación : 2 / 1 / 2
Titoría: 0.3
Matrices.
Docencia Presencial: 2
Horas estudo / traballos / programación e experimentación : 2 / 1 / 2
Titoría: 0.3
Diferenciación e integración.
Docencia Presencial: 3
Horas estudo / traballos / programación e experimentación : 2 / 2 / 2
Titoría: 0.4
Ecuacións diferenciais.
Docencia Presencial: 3
Horas estudo / traballos / programación e experimentación : 3 / 2 / 3
Titoría: 0.4
Cálculo vectorial.
Docencia Presencial: 3
Horas estudo / traballos / programación e experimentación : 3 / 2 / 2
Titoría: 0.4
Xeometría diferencial.
Docencia Presencial: 2
Horas estudo / traballos / programación e experimentación : 2 / 1 / 2
Titoría: 0.4
Ideais polinómicos. Bases de Gröbner.
Docencia Presencial: 3
Horas estudo / traballos / programación e experimentación : 3 / 2 / 3
Titoría: 0.4
Bibliografía básica e complementariaA. Casamayou, G. Connan, et al. Calcul mathématique avec Sage, 2011. http://sagebook.gforge.inria.fr/.
D. Joyner, W. Stein, et al. SAGE Tutorial, 2008. http://www.sagemath.org/.
J. G. Rainbolt, J. A. Gallian. Abstract Algebra with GAP, 2010 Version. http://math.slu.edu/~rainbolt/manual2.html.
CompetenciasCOMPETENCIAS XERAIS:
• Adquisición de ferramentas matemáticas de alto nivel para diversas aplicacións cubrindo as expectativas de graduados en matemáticas e outras ciencias básicas.
• Capacitar para a análise, formulación e resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos, dentro de contextos máis amplos.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
• Aplicar as ferramentas da matemática en diversos campos da ciencia, a tecnoloxía e as ciencias sociais.
• Desenvolver as habilidades necesarias para a transmisión da matemática, oral e escrita, tanto no que fai á corrección formal, como no que fai á eficacia comunicativa, salientando o uso das TIC apropiadas.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
• Potenciar a capacidade para o traballo en contornos cooperativos e pluridisciplinarios.
Metodoloxía da ensinanza Combinaranse prácticas de ordenador con traballos e presentacións dos alumnos.
Sistema de evaluaciónValoraranse o manexo de programas así como a realización de traballos no ordenador.
Primeira Convocatoria (febreiro):
Haberá un dobre método de avaliación: a avaliación puntual, mediante unha proba final escrita, o exame, fixado no calendario da universidade, de realización obrigatoria (terá un peso do 60%); e a avaliación continuada, realizada ao longo do curso, baseada principalmente na participación de cada estudante na aula, a realización de controles escritos, traballos entregados, titorías e outros medios. A avaliación continuada terá un peso do 40%.
Para o cómputo da cualificación final (F) terase en conta a avaliación continua (C) e a cualificación do exame final (E) e aplicarase a seguinte fórmula:
F=max (E, 0.4*C+0.6*E)
A puntuación mínima para superar a materia será un 5 (sobre un máximo de 10).
Segunda Convocatoria (Xullo):
Consérvase a puntuación (C) obtida na avaliación continua da primeira convocatoria de febreiro e realizarase unha nova proba final escrita (E).
Para o cálculo da cualificación final (F) terase en conta a avaliación continua (C) e a cualificación do exame final (E) e aplicarase a seguinte fórmula:
F=max (E, 0.25*C+0.75*E)
Considérase “presentado” un alumno en calquera das convocatorias, cando se presente ao exame final ou realice o 75% das actividades programadas na avaliación continua.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases expositivas en grupo grande: 9
Clases interactivas en grupo reducido en aula especializada (informática, laboratorio, prácticas de campo, ...): 12
Titorías en grupo moi reducido: 3
Total horas traballo presencial: 24
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO
Estudo autónomo individual ou en grupo: 20
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 13
Programación/experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio: 18
Total horas traballo persoal do alumno: 51
Recomendacións para o estudo da materiaCoñecementos de matemáticas co nivel do grao.
ObservaciónsExistirá un curso virtual de apoio á docencia desta materia na USC.