P1141205 - Ecuacións da Mecánica do Continuo (Módulo II: Materias Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Matemática Aplicada
- Áreas: Matemática Aplicada
- Centro: Facultade de Matemáticas
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia(1) Familiarizarse coas ecuacións da mecánica dos medios continuos.
(2) Coñecer os principios fundamentais da mecánica dos medios continuos, nas formas integrais e diferenciais.
(3) Comprender o significado físico dos diferentes términos das ecuacións centrais do curso.
Contidos(1) Leis de conservación: masa, momento lineal, momento angular.
(2) Hipóteses constitutivas. Fluídos ideais. Fluídos elásticos.
(3) Fluídos newtonianos. Ecuacións de Navier-Stokes.
(4) Elasticidade finita. Elasticidade lineal.
(5) Introdución ás ecuacións da Termomecánica.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica para os temas (1)-(4): capítulos V-X de MORTON E. GURTIN, An Introduction to Continuum Mechanics. Academic Press, New York, 1981.
Bibliografía básica para o tema (5): partes seleccionadas de ALFREDO BERMÚDEZ, Continuum Thermomechanics. Progress in Mathematical Physics, Vol. 43, Birkhäuser, Basel [etc.], 2005.
Lectura de interés (bibliografía complementaria): R. BYRON BIRD, WARREN E. STEWART, EDWIN N. LIGHTFOOT, Transport Phenomena. Second edition, John Wiley & Sons, Inc., New York [etc.], 2002. Primeira edición: 1960; 62ª impresión: 2001. Existe tradución ó castelán (México D. F.: Reverté, cop. 2006).
Competencias(1) Ser capaz de recoñecer os fundamentais modelos matemáticos da Mecánica do Continuo.
(2) Ser capaz de establecer vínculos entre os términos matemáticos das ecuacións e os fenómenos físicos que representan.
Metodoloxía da ensinanza Clases teóricas e prácticas de encerado.
Sistema de evaluaciónO sistema de avaliación contempla, por un lado, unha avaliación final (AF) e, por outro, unha avaliación continua (AC). Con excepción dos non presentados, a cualificación final (CF) de cada estudante virá dada pola aplicación da fórmula CF=MAX{AF,0.75*AF+0.25*AC}, entendendo que tanto AF como AC están dados na escala 0-10.
A avaliación final faise mediante un exame escrito.
A avaliación continua consiste en probas de coñecemento que, sen anuncio previo, se efectuarán dentro do horario reservado para a materia.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA: 24 horas.
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO: 51 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaRequisitos previos recomendados: álxebra matricial, cálculo diferencial e integral nunha e varias variables e integración sobre curvas e superficies. Para unha idea máis precisa poden consultarse os contidos do libro Cálculo Vectorial de Marsden e Tromba, e os capítulos 0 e 1 do libro Matrix Analysis, de Horn e Johnson.
Indicación metodolóxica específica para a materia: a asistencia ás clases, as discusións co profesor, a reflexión persoal, a realización dos exercicios propostos e as lecturas complementarias son actividades que facilitan a superación da materia.