Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Matemáticas  »  Información da Materia

P4151229 - Software Profesional en Medio Ambiente (Materia: Software profesional de simulación numérica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Matemática Aplicada, Departamento Externo
  • Áreas: Matemática Aplicada, Área Externa para o postgrao oficial
  • Centro: Facultade de Matemáticas
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Rodríguez Iglesias, Carmen.SI
Vilar Rivas, Miguel �ngel.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Introducir ao alumno no campo da simulación numérica resolvendo problemas relacionados co medioambiente en medios con augas pouco profundas (rías, lagoas, etc.).
    Contidos
    I) Software MIKE21
    1. Introdución: marco de traballo.
    2. Programa comercial MIKE21.
    • Xeneralidades.
    • Módulo HD (modelo hidrodinámico bidimensional das augas pouco profundas).
    • Incorporación de datos observados: batimetrías, datos de marea, vento, etc.
    • Visualización e extracción de resultados.
    • Módulo AD (modelo de transporte bidimensional advectivo/dispersivo).
    • Módulo ECO Lab (modelos de calidade de augas).
    • Introdución ao módulo ST (transporte de sedimentos non cohesivos).
    • Introdución ao módulo MT (transporte de sedimentos cohesivos).

    II) Introducción ao uso doutros paquetes de software en medioambiente.

    III) Introdución á metodoloxía de resolución e control de problemas medioambientais con FreeFem++
    1. Formulación dun problema medioambiental (Eutrofización de grandes masas de auga).
    2. Resolución numérica con FreeFem++
    Bibliografía básica e complementaria
    The Mathematics of Models for Climatology and Environment, Nato ASI Series. I 48, (Díaz, J. I. ed.), Springer Verlag, Berlin, Heidelberg. 1997.

    D. Francisco Javier Fernández Fernández, “Análisis teórico de ciertos problemas de control y aplicación de la Derivación Automática en su resolución Numérica” Tesis. Dpto. Matemática Aplicada.Universidad de Santiago de Compostela. 2004

    García Chan, Nestor. “Diferentes estrategias para el análisis y resolución numérica de problemas de gestión medioambiental en zonas costeras”. Tesis. Dpto. Matemática Aplicada. Univ. de Santiago de compostela, 2009.

    Hervouet, Jean-Michel. "Hydrodinamics of free surface flows". John Wiley & Sons, 2007

    Kundu, “Fluid Mechanics”, Academia Press, 1990.

    Partheniades, Emmanuel "Cohesive sediments in open channels". Elsevier, 2009

    Samallo Celorio, María Luisa. “Desarrollo e integracion de modelos numéricos de calidad del agua en un sistema de información geográfica".Tesis. Dpto. de Ciencias y Técnicas del agua y del medio ambiente. Univ. de Cantabria. 2011.

    Stoker, J. J. “Water Waves”. Interscience, New York, 1957.

    Vázquez-Méndez, M. E. “Análisis y control óptimo de problemas relacionados con la dispersión de contaminantes”.Tesis. Dpto. Matemática Aplicada.Universidad de Santiago de Compostela. 1999.

    Winterwerp, Johan C.-Van Kesteren, Walther G. M. "Introduction tho the physics of cohesive sediment in the marine environment". Elsevier 2004.

    Zhen-Gang Ji, "Hidrodinamics and water quality. Modeling rivers, lakes and estuaries". John Wiley & Sons, 2008



    Manuais e bibliografía asociada ao software.

    Traballos diversos relacionados directamente co contido da materia.

    Nota.- Como apoio, proporcionaranse algunhas notas elaboradas especificamente para este curso.

    Competencias
    - Ser capaz de seleccionar un conxunto de técnicas numéricas, linguaxes e ferramentas informáticas, adecuadas para resolver un modelo matemático
    - Ser capaz de validar e interpretar os resultados obtidos, comparando con visualizacións, medidas experimentais e/ou requisitos funcionais do correspondente sistema físico de enxeñería
    - Coñecer, saber seleccionar e saber manexar as ferramentas de software profesional (tanto comercial como libre) más adecuadas para a simulación de procesos no sector industrial e empresarial.
    - Saber adaptar, modificar e implementar ferramentas de software de simulación numérica
    Metodoloxía da ensinanza
    As clases impartiranse necesariamente nunha aula de informática. Nelas, o profesorado exporá o tipo de problemas que se pretenden resolver, mostrará os modelos matemáticos correspondentes e sinalará os elementos que considere importantes relacionados con ditos modelos e coa resolución numérica dos mesmos. Dirixirá ao alumnado no manexo do software, co que se realizarán simulacións numéricas sobre problemas concretos.
    Cada estudante realizará as tarefas que se establezan nas clases de maneira individual. O profesorado atenderá as cuestións presentadas polo alumnado e levará un seguimento dos traballos realizados por cada un dos seus membros.

    Sistema de evaluación
    Tarefas que serán avaliadas:

    -Asistencia a clases: a asistencia a clases é obrigatoria. Favorecerá a interrelación do alumno co profesor, quen poderá así realizar un mellor seguimento do mesmo.

    -Exercicios individuais: exercicios que o profesor proporá ao longo do curso.

    -Exame: o exame consistirá na simulación dun caso práctico.


    Puntuación:

    Tarefas : Puntuación máxima
    Exame : 7
    Traballos: 3
    Total : 10

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas de tempo presencial do alumno (teoría, laboratorio, exame): 47 h.
    Horas de traballo do alumno (teoría, laboratorio, traballos) : 103 h.
    TOTAL: 150 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    -Levar a materia ao día.

    -Participar activamente nas clases.