Sistema Titorial
O Sistema Titorial do Grao en Matemáticas da USC comprende unha serie de actividades dedicadas á orientación dos estudantes no ámbito persoal, académico e profesional, cos seguintes obxectivos:
- Orientar, apoiar e asesorar ao alumnado no seu proceso formativo.
- Facilitar a integración do alumnado de novo ingreso.
- Informar ao alumnado sobre aspectos académicos e profesionais que lle permitan planificar o seu itinerario académico e o seu futuro profesional.
- Realizar un seguimento personalizado do alumnado.
- Animar ao alumnado á participación na vida da Facultade de Matemáticas e da Universidade de Santiago de Compostela.
- Identificar as dificultades de aprendizaxe e organizativas no Grao en Matemáticas, para poder analizalas e darlles solución.