Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Matemáticas  »  Sistema Titorial  »  Aula de Matemáticas

Aula de Matemáticas 2011-12

A Aula de Matemáticas agrupa o conxunto de actividades formativas de apoio ao alumnado do Grao en Matemáticas.


Actividade para 4º curso de Grao e 5º de Licenciatura

  • Curso

SistemaTitorial_CursoTrebellos

TREBELLOS PARA MATEMÁTICOS NO SÉCULO XXI
Prof. Manuel Ladra
Dirixido a: alumnado de 4º curso do Grao en Matemáticas e 5º curso da Licenciatura en Matemáticas. Terá preferencia o alumnado matriculado no Traballo Fin de Grao. As prazas restantes (ata un máximo de 30) completaranse por orde de expediente.

Inscrición: a inscrición no curso é gratuíta e deberá realizarse no Decanato da Facultade de Matemáticas ata o día 01/02/2012, ás 14:00 horas.
Na inscrición debe indicarse se o/a alumno/a vai utilizar un ordenador propio ou un equipo da aula e achegará unha copia do expediente.
O día 02/02/2012 farase pública a lista de admitidos/as no curso, no taboleiro do Decanato da Facultade de Matemáticas.
Horario: as clases impartiranse do 06/02/2012 ata o 17/02/2012, de 10:00 a 12:00, na Aula de Informática 4.

Boletín de inscrición


Actividades xerais para o Grao en Matemáticas

  • Conferencia

Aula Matematicas_06_10_11

DATA, HORA e LUGAR:Xoves 6 de outubro de 2011 ás 17 h. na Aula Magna

CONFERENCIANTE: Adolfo Sánchez Valenzuela

TÍTULO: "Hai simetría en todas partes,... ata nos sudokus!"

 

RESUMO: Principios de simetría e unha aplicación entretida: os sudokus Trátase dunha introdución sinxela e autocontida ao concepto de simetría. Exemplifícase a manifestación de simetría na xeometría dos triángulos equiláteros e dos cadrados. O concepto tradúcese a un sistema alxebrico -GRUPO- no que se poden resolver ecuacións de maneira única. Discútense as propiedades das "tablas de multiplicar" dos grupos e determínanse todos os grupos de 2, 3 e 4 elementos. Aplícanse os principios de simetría e a "produción en masa" de sudokus 4x4 e discutense métodos sinxelos para encontrarlles solución. 

 

Nota:A conferencia é de carácter divulgativo, dirixida a un público amplo.

ORGANIZADA POLA FACULTADE DE MATEMÁTICAS E O INSTITUTO DE MATEMÁTICAS 

 


Actividades para Primeiro Curso

  • Curso

SistemaTitorial_seminario_LaTeX

Obxectivos:O obxectivo deste seminario é introducir ao alumnado na edición de textos matemáticos con LaTeX.
Duración:4.5 horas
Lugar: Aulas de Informática 2, 3 e 4.
Inscrición: Na secretaría da Facultade ata o 2 de Febreiro de 2012.
Datas e horas: A asignación dos grupos publicarase o venres 3 de Febreiro de 2012. O horario dos grupos pode sufrir algunha modificación.

 

 
GRUPO 1
GRUPO 2
GRUPO 3
1ª SESIÓN
Luns 6
Aula Inf. 4
16:00 a 17:30
Luns 13
Aula Inf. 3
16:00 a 17:30
Mércores 8
Aula Inf. 3
17:30 a 19:00
2ª SESIÓN
Martes 7
Aula Inf. 2
16:00 a 17:30
Martes 14
Aula Inf. 3
16:00 a 17:30
Luns 13
Aula Inf. 3
17:30 a 19:00
3ª SESIÓN
Mércores 8
Aula Inf. 3
16 a 17:30
Mércores 15
Aula Inf. 3
16:00 a 17:30
Mércores 15
Aula Inf. 3
17:30 a 19:00

Contidos:

  1. Estrutura dun documento LaTeX.
  2. Creación dun documento básico tipo article.
  3. Partes dun documento tipo book.

Bibliografía:

  1. La introducción no-tan-corta a LATEX2. Tobias Oetiker, Hubert Partl, Irene Hyna y Elisabeth Schlegl. Documento con licenza GNU.
  2. ww.cervantex.es . Páxina de usuarios de LaTeX en español. Interesante su FAQ

  • Resolvendo problemas: razoamento plausible

Obxectivos:Anque o que singulariza ás matemáticas entre as demais ciencias é o método demostrativo, nestas sesións trataremos de poñer de manifesto que tamén é unha ciencia inductiva, na que a experimentación xoga un papel importante. Veremos cales son os principios que interveñen na toma de decisións, e o tipo de actitude a manter, á hora de resolvermos problemas. Seminario destinado a orientar, apoiar e asesorar ao alumnado no seu proceso formativo

SistemaTitorial_seminario_BUSC_2011_12

 

Data: 15 de Novembro de 2011

Hora: 16:00 (duración 1 hora)

Lugar: Aula Magna

 


  • Seminario BUSC(Biblioteca USC) para alumnado de 1 curso

SistemaTitorial_seminario_BUSC_2011_12

 

LUNS 26/09/2011           13-14h. Inf.3 CLIL4 e CLIL5

MARTES 27/09/2011, 13-14h. Inf.2 CLIL2 e CLIL3

MÉRCORES 28/09/2011, 13-14h. Inf.2 CLIL1 e CLIL6

 


  • Seminario sobre USC Virtual

Obxectivos:O obxectivo deste seminario é familiarizar ao alumnado cos servizos da área TIC (Secretaría Virtual, Rede de Aulas de Informática, información na web) e coa plataforma de ensino Blackboard, que será utilizada polo profesorado do Grao en Matemáticas.

Datas:  14/09/2011

Duración:    90 minutos

SistemaTitorial_14_09_11

 

Grupo 1: (de P a Z) 13:00-14:30h. Aula Informática 4

Grupo 2: (de A a Fe) 16:00-17:30h. Aula Informática 3

Grupo 3: (de Fi a O) 17:30-19:00h. Aula Informática 3

 



Actividades para Segundo Curso

 

 


Actividades para Terceiro Curso

 

 



Actividades para Cuarto Curso

 

 

1º e 2º ciclo (en extinción)