
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión ao grao | ||
| Admisión para continuación dende univ. españolas | 01/07/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión para continuación dende univ. estranxeiras | Solicitude na unidade de xestión correspondente. Dende o 1 de xullo | 31/07/2013 |
| 6ª convocatoria CIUG | 16/10/2013 | 18/10/2013 |
| Matrícula de continuación para alumnos USC | 28/01/2014 | 07/02/2014 |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. españolas | Prazo de matrícula notificado individualmente ao alumno | |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. estranxeiras | Matrícula en la unidad de gestión correspondiente hasta el 31 de Julio | |
| Listaxe de admitidos en continuación de estudos para alumnos de universidades españolas | 02/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Grao en Matemáticas
Rama de coñecemento: Ciencias
Centro onde se imparte:
Facultade de Matemáticas
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n. Campus sur
15782
Santiago
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 154/2008 do 17 de xullo (DOG 30/08/2008)
Data de publicación no BOE: 16 de febreiro de 2009
Data da última acreditación: 08/05/2008
Responsable do título:
Coordinador do título: OTERO ESPINAR, MARIA VICTORIA
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:Non
1. Formar graduados que coñezan a natureza, os métodos e os fins máis relevantes das distintas ramas das Matemáticas, posibilitando o seu acceso ao mercado de traballo en postos cun nivel medio-alto de responsabilidade ou continuar estudos posteriores cun alto nivel de autonomía en disciplinas científicas ou tecnolóxicas.
2. Desenvolver nos estudantes as capacidades analíticas e de abstracción, a intuición e o pensamento lóxico e rigoroso a través do estudo da Matemática
3. Transmitir aos estudantes unha visión das Matemáticas como parte integrante da educación e a cultura que lles permita recoñecer a súas presenza na natureza a través da ciencia, a tecnoloxía e a arte.
4. Transmitir aos estudantes o respecto aos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, o respecto e a promoción dos dereitos humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade.
1. Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das Matemáticas
2. Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes para obter conclusións en problemas científicos, tecnolóxicos ou de outros ámbitos que requiran ferramentas matemáticas.
3. Aplicar os coñecementos e capacidades adquiridas na formulación e resolución de problemas en contextos académicos e profesionais.
4. Comunicar, por escrito e oralmente, coñecementos e ideas matemáticas.
5. Aprender de forma autónoma novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
1. Comprender e utilizar a linguaxe matemática.
2. Coñecer demostracións rigorosas dalgúns teoremas clásicos.
3. Saber abstraer as propiedades e feitos substanciais dun problema, distinguíndoas daqueloutras puramente circunstanciais.
4. Propoñer, validar e interpretar modelos matemáticos de situacións reais sinxelas.
5. Planificar e executar algoritmos e métodos matemáticos para resolver problemas.
6. Utilizar aplicacións informáticas de análise estatística, cálculo numérico e simbólico, optimización e software científico, para experimentar en matemáticas e resolver problemas.
Os estudos de matemáticas, nas súas diferentes especialidades, ofrecen unhas expectativas laborais moi atractivas, de amplo espectro, alén do ámbito comunmente asignado da Docencia e Investigación, sendo os máis destacados:
-Administración de Empresas
-Calidade
-Produción e I+D
-Finanzas e Banca
-Informática e Telecomunicacións
-Enxeñaría
-Técnicas de Mercadotecnia e Comunicación
Créditos totais: 240.00
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Recoñecemento actividades transversais:
Os estudantes poderán obter ata un máximo de 12 créditos polo recoñecemento das actividades contempladas no artigo 12.8 do RD 1393/2007 e das competencias transversais da USC. Considéranse competencias transversais para todas as titulacións de Grao da USC o coñecemento instrumental de (i) linguas estranxeiras; (ii) lingua galega, e (iii) tecnoloxías da información e da comunicación.. En todo caso o máximo de créditos recoñecibles polas actividades do artigo 12.8 do RD 1393/2007 será de 6.
Adaptacións: A adaptación da anterior titulación está regulada polas resolucións reitoriais:
Resolución de adaptación ao Grao en Matemáticas [pdf - 1029 kb][Actualizado: 7/10/10]
Número de prazas de novo ingreso: 120
Demanda do ano anterior: 5.362 nota de corte en preinscrición curso 2012-2013
Perfil de ingreso: Dado que non se esixe ningunha formación previa específica, xa que os alumnos poden ser admitidos na titulación de Grao de Matemáticas se reúnen os requisitos de acceso que marca a lei e posto que non se estabelece un límite de prazas, recoméndase para o ingreso no Grao en Matemáticas que a formación do alumno sexa de perfil científico-tecnolóxico. Dentro dese perfil, ademais das matemáticas, resulta recomendábel, pero non imprescindíbel, cursar materias de bioloxía, física e química.
Calidades desexábeis do futuro estudante do Grao de Matemáticas:
- Gusto por resolver problemas
- Habilidade no cálculo
- Rapidez mental
- Visión xeométrica no espazo
- Capacidade de razoamento lóxico
Criterios de acceso e admisión: Os xerais para as Titulacións de grao. Non se contemplan condicións nin probas especiais de acceso.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
3.- A permanencia estará supeditada á superación do 50% dos créditos matriculados nos tres primeiros anos de estudos consecutivos ou alternos
Información sobre o curso ponte: Non se contempla.
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Para iniciar estudos en titulacións de grao con límite de prazas, os alumnos de Galicia que rematan o ensino medio deben realizar Probas de Acceso, organizadas por unha comisión mixta entre a Xunta de Galicia e as tres universidades galegas. Tales probas convócanse e realízanse nos meses de xuño e setembro. Podes consultar o calendario para este proceso na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
• A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
• A supresión gradual da impartición da docencia.
• Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: Os alumnos poderán inscribirse unha vez superados 192 créditos obrigatorios. Para poder presentalo deberán ter superados, cando menos, 228. A Facultade ofrecerá traballos de fin de grao en ambos os dous cuadrimestres.
Prácticas en empresas: Segundo o Art. 12.6 do R.D. 1393/2007, os estudantes poderán obter recoñecemento académico dun máximo de 6 créditos optativos por realización de prácticas externas relacionadas co título. As prácticas externas non forman parte da oferta académica permanente da Facultade, aínda que esta colaborará cos órganos responsables da Universidade na organización destas como oferta académica complementaria na formación dos seus estudantes.
Plan de Acción Titorial:
A USC ten un programa de alumnos titores para as titulacións de grao, de forma que alumnos de últimos cursos, logo dunha formación que lles facilita a Universidade, realizan tarefas de orientación aos alumnos que inician os estudos.
Información programa alumnos titores:
Programa alumnos titores
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012.
Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao).
Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón:
Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións.
O texto completo da norma pode consultarse en:
Normativa de avaliación
Resultados:
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G1011106 | Espacios Vectoriais e Cálculo Matricial | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G1011221 | Álxebra Linear e Multilinear | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G1011229 | Xeometría Linear | 6.00 | OB | 2SG | 2º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G1011104 | Continuidade e Derivabilidade de Funcións dunha Variable Real | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G1011105 | Introdución á Analise Matemática | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G1011108 | Integración de Funcións dunha Variable Real | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G1011422 | Variable Complexa | 6.00 | OB | 1SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G1011225 | Diferenciación de Funcións de Varias Variables Reais | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G1011228 | Series Funcionais e Integración de Riemann en varias Variables Reais | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G1011321 | Cálculo Vectorial e Integración de Lebesgue | 6.00 | OB | 1SG | 3º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G1011226 | Introdución ás Ecuacións Diferenciais Ordinarias | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G1011322 | Ecuacións Diferenciais Ordinarias | 4.50 | OB | 1SG | 3º | G1011329 | Series de Fourier e Introdución ás Ecuacións en Derivadas Parciais | 4.50 | OB | 2SG | 3º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G1011323 | Ecuacións Alxébricas | 6.00 | OB | 2SG | 3º | G1011326 | Estruturas Alxébricas | 6.00 | OB | 1SG | 3º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G1011224 | Curvas e Superficies | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G1011327 | Teoría Global de Superficies | 6.00 | OB | 2SG | 3º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G1011222 | Análise Numérica Matricial | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G1011223 | Cálculo Numérico nunha Variable | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G1011328 | Métodos Numéricos en Optimización e Ecuacións Diferenciais | 6.00 | OB | 1SG | 3º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G1011101 | Elementos de Probabilidade e Estatística | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G1011227 | Programación Linear e Enteira | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G1011324 | Probabilidade e Estatística | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G1011325 | Inferencia Estatística | 6.00 | OB | 2SG | 3º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G1011110 | Topoloxía dos Espazos Euclidianos | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G1011330 | Topoloxía Xeral | 4.50 | OB | 1SG | 3º | G1011331 | Topoloxía de Superficies | 4.50 | OB | 2SG | 3º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G1011421 | Modelización Matemática | 6.00 | OB | 1SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G1011102 | Bioloxía Básica | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G1011103 | Informática | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G1011107 | Linguaxe Matemática, Conxuntos e Números | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G1011109 | Química Básica | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G1011201 | Física Básica | 6.00 | FB | 1SG | 2º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G1011441 | Códigos Correctores e Criptografía | 6.00 | OP | 1SG | 4º | G1011442 | Análise Funcional en Espazos de Hilbert | 6.00 | OP | 1SG | 4º | G1011443 | Fundamentos de Astronomía | 6.00 | OP | 1SG | 4º | G1011444 | Modelos de Regresión e Análise Multivariante | 6.00 | OP | 1SG | 4º | G1011445 | Taller de Simulación Numérica | 6.00 | OP | 2SG | 4º | G1011446 | Variedades Diferenciables | 6.00 | OP | 1SG | 4º | G1011447 | Álxebra, Números e Xeometría | 6.00 | OP | 2SG | 4º | G1011448 | Análise Numérica de Ecuacións en Derivadas Parciais | 6.00 | OP | 1SG | 4º | G1011449 | Ecuacións Diferenciais | 6.00 | OP | 2SG | 4º | G1011450 | Historia da Matemática | 6.00 | OP | 2SG | 4º | G1011451 | Teoría de Xogos | 6.00 | OP | 2SG | 4º | G1011452 | Topoloxía Alxébrica | 6.00 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G1011423 | Traballo Fin de Grao | 12.00 | OB | TFGM | 4º |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable