
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Matrícula directa no máster | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Matemáticas
Rama de coñecemento: Ciencias
Centro onde se imparte:
Facultade de Matemáticas
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n. Campus sur
15782
Santiago
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: 434/2009 do 3 de decembro (DOG 15/12/2009)
Data de publicación no BOE: 24/08/2010
Data da última acreditación: 12/03/2010
Responsable do título:
Coordinador do título: Nieto Roig, Juan José
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
1. Proporcionar unha formación especializada e avanzada en Matemáticas, que capacite para a incorporación a grupos de investigación competitivos ou para impartir docencia superior.
2. Introducir na investigación aos e as estudantes, como parte integrante dunha formación profunda, preparándoos para a eventual realización posterior dunha tese doutoral.
3. Formar profesionais capaces de resolver problemas de moi diversa índole no mundo da industria, da empresa e da administración utilizando a linguaxe e as ferramentas que proporciona a matemática, que lles permita o acceso a postos de traballo altamente cualificados e a incorporación a equipos multidisciplinares, especialmente os que requiran un alto nivel de destreza en formulación e resolución de problemas, capacidade de análise, síntese e pensamento abstracto.
COMPETENCIAS XERAIS
a. Adquisición de ferramentas matemáticas de alto nivel para diversas aplicacións cubrindo as expectativas de graduados en matemáticas e outras ciencias básicas.
b. Coñecer o amplo panorama da matemática actual, tanto nas súas liñas de investigación, como en metodoloxías, recursos e problemas que aborda en diversos ámbitos.
c. Capacitar para a análise, formulación e resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos, dentro de contextos máis amplos.
d. Preparar para a toma de decisións a partir de consideracións abstractas, para organizar e planificar e para resolver cuestións complexas.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
a. Capacitar para o estudo e a investigación en teorías matemáticas en desenvolvemento.
b. Aplicar as ferramentas da matemática en diversos campos da ciencia, a tecnoloxía e as ciencias sociais.
c. Desenvolver as habilidades necesarias para a transmisión da matemática, oral e escrita, tanto no que respecta á corrección formal, como en canto á eficacia comunicativa, salientando o uso das TIC apropiadas.
d Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xenerais e específicos de Matemáticas, incluíndo o acceso por Internet.
e Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
f Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinarias.
A investigación en Matemáticas en Galicia experimentou un importantísimo avance e pulo nos últimos anos con repercusións non só a nivel teórico senón tamén tecnolóxico. Os investigadores matemáticos colaboran activamente en diversos campos tanto relacionados coa investigación básica como coas súas aplicacións, co que as matemáticas pasaron de ser un instrumento básico na ciencia e tecnoloxía cun alto compoñente teórico, a ser tamén unha ferramenta indispensable en calquera proceso científico e tecnolóxico. Unha mostra deste feito é a participación de varios membros do equipo docente e investigador do Programa en diversas redes temáticas.
En liñas xerais os estudos de matemáticas, nas súas diferentes especialidades, ofrecen unhas expectativas laborais moi atractivas, de amplo espectro, máis aló do ámbito comunmente asignado da Docencia e Investigación, sendo os máis destacados Administración de Empresas, Calidade, Produción e I+D, Finanzas e Banca, Informática e Telecomunicacións, Enxeñería e Técnicos de Mercadotecnia e Comunicación.
A investigación en Matemáticas en Galicia experimentou un importantísimo avance e impulso nos últimos anos con repercusións non só a nivel teórico senón tamén tecnolóxico. Os investigadores matemáticos colaboran activamente en diversos campos tanto relacionados coa investigación básica como coas súas aplicacións, co que as matemáticas pasaron de ser un instrumento básico na ciencia e tecnoloxía cun alto compoñente teórico, a ser unha ferramenta indispensábel en calquera proceso científico e tecnolóxico.
Con este máster preténdese que o alumno complete a súa formación en distintos temas matemáticos, que teña a oportunidade de cursar materias de carácter interdepartamental e interdisciplinar, e que se aproxime a aspectos das matemáticas actuais e obteña unha visión global. O master tamén lle proporcionará unha base para cursos de capacitación profesional noutras áreas en que as matemáticas teñen unha presenza cada vez maior.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 25
Demanda do ano anterior: null
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
a. Titulacións da área de Ciencias Experimentais
b. Titulacións da área de Ciencias da Saúde
c. Titulacións da área de Ensinanzas Técnicas
d. Licenciados/Graduados en Economía
e. Licenciados/Graduados en Administración de Empresas
Consultar a información actualizada en cada convocatoria anual de matrícula.
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: Para iniciar o Traballo de Fin de Máster será necesario superar todas as materias obrigatorias do primeiro cuadrimestre. Cada proposta de Traballo de Fin de Máster podería incluír indicacións sobre materias optativas relacionadas que sería aconsellable cursar por parte do alumno. No momento da presentación do traballo o alumno deberá ter superado todos os demais créditos necesarios para o título. O Traballo de Fin de Máster poderá ser presentado, con carácter xeral, no segundo cuadrimestre, e de forma excepcional no primeiro por alumnos matriculados a tempo parcial, con matrícula de continuación de estudos, ou con materias validadas.
Plan de Acción Titorial: Durante os primeiros días de clase, e con obxecto de manter aberta de forma dinámica unha vía de comunicación permanente cos alumnos, a Comisión Académica nomeará un titor para cada un dos alumnos, que non terá que ser necesariamente o seu futuro director de tese, e cuxas funcións principais serán a de atender o seu tutorando, derivando as cuestións que este lle suscite ás canles adecuadas, e a de facer un seguimiento que permita localizar posíbeis dificultades académicas co adianto suficiente para seren corrixidas.
Prácticas en empresas: Non se contemplan
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1141101 | Álxebra Conmutativa | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1141102 | Análise Funcional | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1141103 | Análise Real e Complexo | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1141104 | Xeometría e Topoloxía de Variedades | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1141105 | Temas Actuais na Investigación Matemática | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1141201 | Álxebra Categórica | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1141202 | Astrodinámica | 6.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1141203 | Biomatemática | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1141204 | Cálculo Simbólico | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1141205 | Ecuacións da Mecánica do Continuo | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1141206 | Xeometría de Riemann | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1141207 | Sistemas Dinámicos | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1141208 | Cohomoloxía de Variedades | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1141209 | Ecuacións en Derivadas Parciais | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1141210 | Xeometría Alxebraica | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1141211 | Métodos Matemáticos da Física | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1141212 | Probabilidade e Procesos Estocásticos | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1141213 | Teoría de Grafos | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1141106 | Traballo Fin de Máster | 18.00 | OB | TFGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable