
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión e matrícula provisoria no máster | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Matemática Industrial
Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura
Centro onde se imparte:
Facultade de Matemáticas
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n. Campus sur
15782
Santiago
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
Data de publicación no BOE:
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: VAZQUEZ CENDON, MARIA ELENA
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
SiListaxe de profesores da titulación
O obxectivo xeral do Máster Interuniversitario en Matemática Industrial é formar profesionais que sexan capaces de desempeñar adecuadamente o exercicio profesional no desenvolvemento e aplicación das tecnoloxías matemáticas no ámbito da Industria. O Máster está orientado á formación avanzada, con carácter multidisciplinar, cunha formación básica suficiente, de modo que se permita alcanzar tanto unha especialización académica e/ou profesional como a iniciación en tarefas investigadoras.
O programa pretende que os estudantes adquiran coñecementos avanzados sobre esta disciplina, dominando un conxunto de principios teóricos, métodos científicos e ferramentas formais, que lles capaciten para levar a cabo traballos de investigación, desenvolvemento e innovación nesta área. Búscase un enfoque flexible, de modo que se promova a súa adaptación a unha contorna tan rápidamente cambiante como é o da Matemática Industrial.
Para alcanzar estes obxectivos, un estudante que finalice a titulación de Máster Interuniversitario en Matemática Industrial debería ser capaz de aproximarse a calquera problema industrial con rigor científico, aproveitando todos os coñecementos, habilidades e actitudes necesarias dentro do noso ámbito de estudo, pero simultáneamente sendo conscientes de que a súa aplicación práctica ten unhas consecuencias que afectan á sociedade, incluíndo a dimensión ética.
Doutra banda, a formación de titulados de Máster en Matemática Industrial require a adquisición de competencias no campo do modelado e no campo da simulación numérica. Desde logo, ambos campos están fortemente relacionados entre si e todos os titulados do Máster en Matemática Industrial terán que adquirir unhas competencias básicas en ambos campos pero, ao mesmo tempo, cando se considera unha formación avanzada neles, como se fai neste Máster, presentan aspectos claramente diferenciados. Isto fai necesario contemplar a existencia de dúas especialidades dentro do Máster en Matemática Industrial, cada unha delas centrada nun destes campos e denominadas “Especialidade en Modelado” e “Especialidade en Simulación Numérica”.
Desta forma, o interese científico/tecnolóxico do Máster Interuniversitario en Matemática Industrial apóiase en tres alicerces básicos:
1. Ampliar a capacidade analítica e os coñecementos dos estudantes que conformarán os equipos de investigación e profesionais futuros.
2. Proporcionar habilidades concretas no relativo ao deseño, construción e manexo de software específico dun dos sectores industriais polo menos.
3. Introducir aos estudantes nos temas de investigación e desenvolvemento relacionados coas materias que conforman o presente programa.
Estes aspectos permiten conformar un máster en Matemática Industrial vivo, capaz de evolucionar de acordo coas esixencias do mercado europeo, de modo que se capacite aos estudantes para integrarse en equipos profesionais e de investigación multidisciplinar.
CE1: Alcanzar un coñecemento básico nun área de Enxeñaría/Ciencias Aplicadas, como punto de partida para un adecuado modelado matemático, tanto en contextos ben establecidos como en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos e multidisciplinares.
CE2: Modelar ingredientes específicos e realizar as simplificaciones adecuadas no modelo que faciliten o seu tratamento numérico, mantendo o grado de precisión, de acordo con requisitos previamente establecidos.
CE3: Determinar se un modelo dun proceso está ben planificado matemáticamente e ben formulado desde o punto de vista físico.
CE4: Ser capaz de seleccionar un conxunto de técnicas numéricas, linguaxes e ferramentas informáticas, adecuadas para resolver un modelo matemático.
CE5: Ser capaz de validar e interpretar os resultados obtidos, comparando con visualizacións, medidas experimentais e/ou requisitos funcionais do correspondente sistema físico/de enxeñaría.
Competencias da especialidade “Modelización”
CM1: Ser capaz de extraer, empregando diferentes técnicas analíticas, información tanto cualitativa como cuantitativa dos modelos.
CM2: Saber modelar elementos e sistemas complexos ou en campos pouco establecidos, que conduzan a problemas ben planificados/formulados.
Competencias da especialidade “Simulación numérica”
CS1: Coñecer, saber seleccionar e saber manexar as ferramentas de software profesional (tanto comercial como libre) máis adecuadas para a simulación de procesos no sector industrial e empresarial.
CS2: Saber adaptar, modificar e implementar ferramentas de software de simulación numérica.
Desde a primeira edición do Máster en Enxeñaría Matemática (curso 2006-2007) aos nosos egresados informámolos de ofertas de traballo que recibimos, cursos e seminarios relacionados co tema e xa nos visitaron representando as empresas nas que traballan no Taller de Problemas Industriais.
Desde maio de 2012 creamos un grupo en Linked In Master en Enxeñaría Matemática – Egresados, con máis de 80 membros, que esperamos se conforme como un espazo colaborativo en rede para seguir en contacto entre todos os titulados e ao que engadiremos os egresados en M2i.
Estas son algunhas das Empresas nas que están traballando as persoas tituladas no Máster en Enxeñaría Matemática.
Na enquisa realizada aos egresados do Máster en Enxeñaría Matemática o 95,3% recomendaría cursarlo a unha persoa que finalice este ano os seus estudos de grado/licenciatura ou enxeñaría.
En M2i manteremos estas actuacións de fidelización cos egresados.
O Máster Universitario en Matemática Industrial (M2i) é unha fusión de dous títulos oficiais, o Máster en Ingeniería Matemática, nacido no marco do programa de Posgrao Interuniversitario “Métodos Matemáticos e Simulación Numérica en Ingeniería e Ciencias Aplicadas”, que se vén impartindo nas Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo desde o curso 2006-07, e do Máster Universitario en Matemática Industrial, que se vén impartindo na Universidad Carlos III de Madrid desde o curso 2010-11, ambos integrados en programas de posgrao con mención de calidade ou vinculados a programas de doutoramento con esta mención nas convocatorias abertas durante o periodo de impartición. Na proposta actual participan, ademais das universidades responsables dos dous programas anteriores, a Universidade Politécnica de Madrid, que fundiu nesta proposta un borrador de proposta que estaba en elaboración, buscando aproveitar sinerxias e unificar materias que xa se imparten en másteres específicos de enxeñaría cun alto contido matemático, como, por exemplo, o Máster Universitario en Ingeniería Aeroespacial, tamén integrado nun posgrao con mención de calidade. Desde esta perspectiva, búscase xuntar esforzos desde enfoques converxentes e complementarios, aforrando medios humanos e materiais e promovendo sinerxias entre os grupos propoñentes. As universidades propoñentes teñen medios e experiencia no uso de videoconferencia no ensino presencial.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 20
Demanda do ano anterior: null
Perfil de ingreso: Titulacións recollidas no apartado de admisión
Criterios de acceso e admisión:
Criterio de valoración de méritos para a admisión no máster: criterios xerais, expediente académico.
Orden de preferencia das titulacións:
1. Titulados - licenciados ou graduados - en Matemáticas, Física e Enxeñaría
2. Se quedan vacantes, resto de titulacións das grandes áreas de Enxeñaría e Arquitectura, e Ciencias
3. Se ainda quedasen vacantes, titulados –licenciados ou graduados- en Economía e Administración de Empresas
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster:
Plan de Acción Titorial:
Prácticas en empresas:
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4151101 | Métodos Numéricos e Programación | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4151102 | Ecuacións diferenciais Ordinarias/Sistemas Dinámicos | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4151103 | Ecuacións en Derivadas Parciais | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4151104 | Métodos Numéricos para Ecuacións en Derivadas Parciais | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4151201 | Mecánica de fluídos | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4151202 | Mecánica de sólidos | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4151203 | Electromagnetismo e Óptica | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4151204 | Mecánica Cuántica e Física do Estado Sólido | 6.00 | OP | 2SG | 1 | NI/NM | P4151205 | Acústica | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4151206 | Modelos Matemáticos en Medio Ambiente | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4151207 | Modelos Matemáticos en Finanzas | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4151208 | Taller de Modelización Matemática na Ciencia e a Industria I | 6.00 | OP | 2SG | 1 | NI/NM |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4151209 | Métodos de perturbacións | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4151210 | Combustión | 6.00 | OP | 2SG | 1 | NI/NM | P4151211 | Transferencia de calor e masa | 6.00 | OP | 2SG | 1 | NI/NM | P4151212 | Turbulencia | 6.00 | OP | 2SG | 1 | NI/NM | P4151213 | Modelos Matemáticos en Control Térmico | 6.00 | OP | 2SG | 1 | NI/NM | P4151214 | Transporte Electrónico en Micro e Nano estruturas | 6.00 | OP | 2SG | 1 | NI/NM | P4151215 | Modelización en Mecánica de Sólidos | 6.00 | OP | 2SG | 1 | NI/NM | P4151216 | Taller de Modelización Matemática na Ciencia e a Industria II | 6.00 | OP | 2SG | 1 | NI/NM | P4151243 | MEMS fluidotérmicos e Power-MEMS | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4151217 | Optimización e Control | 6.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4151218 | Métodos Estatísticos | 6.00 | OP | 2SG | 1 | NI/NM | P4151219 | Análise Variacional de Ecuacións en Derivadas Parciais | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4151220 | Estabilidade de Sistemas Físicos | 6.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4151221 | Estabilidade Hidrodinámica | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4151222 | Problemas inversos e reconstrución de imaxes | 6.00 | OP | 2SG | 1 | NI/NM |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4151223 | Mecánica de Medios Continuos | 6.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4151224 | Software Profesional en Finanzas | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4151225 | Software Profesional en Mecánica de Fluídos | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4151226 | Software Profesional en Mecánica de Sólidos | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4151227 | Software Profesional en Electromagnetismo e Óptica | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4151228 | Software Profesional en Acústica | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4151229 | Software Profesional en Medio Ambiente | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4151230 | Deseño asistido por ordenador | 6.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4151231 | Métodos numéricos estocásticos | 6.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4151232 | Cálculo científico avanzado con MATLAB | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4151233 | Seminario de métodos numéricos | 6.00 | OP | 2SG | 1 | NI/NM | P4151234 | Ampliación de elementos finitos | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4151235 | Ampliación de volumes finitos | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4151236 | Métodos de elementos de contorno | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4151237 | Métodos numéricos para grandes sistemas de ecuacións | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4151238 | Programación en C++ | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4151239 | Cálculo paralelo | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4151240 | Redes de computadores e computación distribuída | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4151241 | Arquitectura de Computadores e Sistemas Operativos | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4151242 | Software para o cálculo científico | 6.00 | OP | 2SG | 1 | NI/NM |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4151105 | Traballo Fin de Máster | 30.00 | OB | TFGM | 2 | NI/NM |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable